
A competición celebrouse este venres en Budapest, a capital de Hungria. Chema Ferreiro competía cos mellores do mundo na categoria de maiores de 60 anos, na modalidade de 200 metros lisos.
O atleta carballiñés acadou o posto 24 neste campionato do mundo,cun tempo de 30 segundos. Foi o segundo mellor atleta español nesta competición. Ferreiro lucíu na súa vestimenta a "Octavio",o logotipo da festa do polbo do Carballiño.
Os alcaldes da Comarca apoiaron, na reunión convocada polo rexedor carballiñés, crear un grupo de emerxencias de carácter comarcal e, mesmo de forma permanente con independencia da posta en marcha do Parque de Bombeiros.
A esta conclusión chegouse tras escoitar as explicacións do coordinador de Protección Civil do Carballiño, Juan Míguez, asi como a proposta feita polo alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes.
O obxectivo, unha vez concluida a reunión, quedou claro, contar cun grupo de emerxencias que cubra todos os concellos da comarca, e mesmo contando con concellos que non teñen este tipo de servizos nin parque de bombeiros, aínda que non pertenzan á comarca.
Para logralo iniciaranse unha serie de reunións tanto coa Xunta de Galicia coma coa Deputación, para buscar vías de financiamento que axuden a formar este grupo.
Estas reunións serán solicitadas o máis pronto posible para non dilatar no tempo a actual situación da bisbarra en materia de emerxencias.
Á reunión acudiron os alcaldes de Piñor, Maside, O Carballiño, Boborás, e San Amaro, escusando a súa presenza os de Beariz, Punxín e San Cristobo de Cea, aínda que apoiando a decisión que se adoptara. O Irixo estivo representado polo tenente alcalde Manuel Cerdeira.

O actúal portavoz dos socialistas no concello carballiñés é o primeiro candidato en posicionarse como tal na carreira electoral para as municipais de Maio de 2015.
Foi no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio na que Paco Fumega criticaba con belixerancia a xestión do goberno municipal cando manifestou "a miña premisa fundamental para as eleccións municipais, para as que quedan un ano, é ser o alcalde que vai poñer en valor o público, que todos os servizos públicos teñan o menor coste para os cidadáns do Carballiño".
Fumega confirmaba desta maneira, que como en 2011, volverá ser cabeza de cartel do PSdG nas eleccións municipais do ano que ven.

Os verdes suman, con esta, 23 xornadas de liga sen perder, aínda que desta vez desperdiciaron dous puntos no partido xogado esta tarde no campo da Regueiriña, que rexistrou a mellor entrada da tempada, con numerosos afeccionados do Arenteiro.
C.D. Arenteiro: Perdiz, Carlos, Oscar, Diego López, Dabarca, Álex ( Omar, m. 83), M. Sotelo ( Canexón, m. 66 ), Martín, Quiroga, Bardelás ( Manu m.52 ) e Prada ( Tomás, m. 83 )
At. Barbantes: Samuel, Roki, César, Diego Viñas, Chino, Rubén, Mellado, Bomi, Alén, Toni e Bulicas. Tamén xogaron Miguel, Bruno, Pablo e Fredi.
O Partido: O Arenteiro foi o dominador absoluto do partido pero non soupo resolver nos metros finais onde chocou unha e outra vez coa solidez defensiva do equipo local que, sobre todo a partir de quedarse con 10 tras a expulsión de Rubén por doble amarela no m. 34, concedeu o mando do partido ao Arenteiro, un mando que non lle servíu de moito porque os carballiñeses non tiveron a súa tarde, polo que o reparto de puntos pode considerarse xusto. A nota maís negativa para o Arenteiro foi a lesión de Bardelás, que tivo que retirarse do partido tras unha desproporcionada entrada do local Diego Viñas.

Emilio David Cao xa está camiño de regreso a O Carballiño. Tras pasar a disposición xudicial este lúns, a autoridade xudicial decretou a súa posta en libertade e sen cargos.
Forma parte da organización "Estudantes sen Futuro" e desplazouse a Madrid para participar na gran manifestación das marchas da dignidade, celebrada este pasado sábado.
O mozo carballiñés, de 18 anos de idade e detido pola Policia, é alumno do Instituto Chamoso Lamas, atopase "incomunicado e á espera de pasar a disposición xudicial", según informa a organización estudantil á que pertence, que esixe "a súa inmediata posta en libertade e sen cargos".

A andaina organizada pola Concellería de Igualdade e Benestar completou a programación de actividades que este departamento municipal veu desenvolvendo nas últimas semanas con motivo do "Dia Internacional das Mulleres".
A camiñata, dunhos 10 kilómetros, transcorreu polos arredores do Carballiño. Antes de comezar a marcha, gardouse un minuto de silencio para recordar ás cinco mulleres que nos útlimos dias perderon a vida a causa da violencia machista.

Áurea Francisco Lorenzo e a deputada Tareixa Paz deron conta desta iniciativa ante o Parlamento de Galicia na que tamén se pide que a xestión da residencia sexa pública.
A concelleira carballiñesa do BNG considera "indecente e obsceno" que o Partido Popular teña pechada esta residencia construida na etapa do bipartito na Xunta, "esto non ten explicación, pasaron xa dous anos que se tratou esta cuestión en pleno e o Partido Popular aínda non instou á Xunta á apertura da residencia", subliñou.
"Non é un problema de orzamento, non hai que construir dende cero, porque a construcción xa está rematada dende o ano 2010 e despois dun investimento de seis millóns e medio de diñeiro público", puxo de manifesto Tareixa Paz, e tamén que "nun contexto de crise, permitiría a creación no Carballiño de oitenta ou máis postos de traballo, o que aliviaría a presión de desemprego desta comarca".
O proxecto inicial desta residencia do maior do Carballiño contemplaba a creación de 105 prazas para persoas dependentes, con 24 habitacións para persoas asistidas, 20 para psicoxeriatría, 11 para enfermos crónicos e 4 para enfermeiría.
No acto de presentación desta iniciativa parlamentaria tamén participou o responsable local do BNG, Marco Antonio Reboredo.
O alcalde do Carballiño trasladou esta petición aos taxistas ante as numerosas queixas que se reciben no concello, pola deficiente atención do servizo, sobre todo en horario de noite e madrugada.
Tamén os profesionais carballiñeses do taxi presentaron a súa queixa ao concello, neste caso pola proliferación de "ilegais" que están realizando servizos de transporte de viaxeiros dentro do municipio carballiñés. O rexedor comproteuse a estudar esta problemática.
Finalmente, plantexouse a posible reubicación das paradas de taxi no casco urbano "pensando na mellora e funcionalidade do servizo para os usuarios e a comodidade para os propios taxistas". Esta posiblidade someteráse a estudo por parte da concellerería de tráfico e os profesionais do taxi.

O portavoz municipal do PSdeG, Francisco Fumega, lembrou que o grupo de emerxencias (GES) foille denegado ao Carballiño por ter concedido un parque de bombeiros, e que mentres este non entre en funcionamento “estamos desprotexidos ante calquera emerxencia”.
Salientou que xa hai ano e medio os socialistas presentaron unha moción, aprobada en pleno, para crear un grupo de traballo a nivel comarcal que buscase solución a esta situación pero “o alcalde non deu ningún paso dende entón, ou se presentou algunha proposta ante a Xunta non lle fixeron caso”.
Por elo, os socialistas sinalan que “ante a inactividade e ineficacia do grupo de goberno do Carballiño” tomarán a iniciativa, coa colaboración dos alcaldes de Piñor e Maside, e convidarán a todos os alcaldes da comarca a constituír unha mesa de traballo e valorar as opcións.
“Non podemos seguir nesta situación, porque se acontece algunha emerxencia estamos desprotexidos, polo que esiximos ao alcalde do Carballiño que se centre nos problemas da cidadanía, e mais neste caso que falamos de seguridade”, apuntou Fumega.
O alcalde de Piñor, Francisco Fraga, considerou “inxusto e arriscado” que mentres non haxa un parque de bombeiros non se manteña un grupo de emerxencias xa que “se sucede algún incidente quedamos desprotexidos”. Por elo, apostou por “facer forza” entre todos os concellos afectados.
Explicou que a concesión do parque de bombeiros no Carballiño non é incompatible coa necesidade dun GES, que podería estar situado nun concello limítrofe. Destacou que así acontece por exemplo no Ribeiro, que será beneficiario do parque de bombeiros que estará no Carballiño, pero que ademais conta con un GES e un grupo de emerxencias mancomunado.
Salientou que “ata o de agora a comarca beneficiouse do gran traballo realizado polos voluntarios” pero incidiu na necesidade dun GES “que atende emerxencias que non son incompatibles co servizo de bombeiros” polo que defendeu que “a nosa comarca debería contar con ambos”.
Fraga apuntou que O Carballiño, como cabeceira de comarca, debería liderar esta iniciativa, pero vendo que dende hai ano e medio non se deu ningún paso adiante “nos estamos dispostos a facelo, e tomar a iniciativa de poñer en marcha canto antes un grupo de traballo e unir esforzos de todos os alcaldes, independentemente da cor política, e poñernos mans á obra”.
A concelleira do BNG, Áurea Francisco Lorenzo, anuncia que trasladará ao pleno municipal do Carballiño o apoio a esta ILP que propón 100 medidas para a creación de emprego.
O BNG do Carballiño apoia esta campaña e as medidas presentadas pola central sindical e defenderá no pleno do Concello esta iniciativa na que se solicita á corporación municipal manifestar o seu apoio sobre a ILP e animar á veciñanza do concello a animar a asinar a proposta.
A voceira do BNG , Aurea Francisco salientou 'a gran sintonía do BNG coa CIG e coas propostas e as medidas para a creación de emprego que a central sindical quere trasladar para o seu debate nos concellos e no parlamento' engandido que para o BNG a prioridade é o emprego, 'con cada día máis recortes e ataques aos dereitos sociais a falta de emprego empurra a moitas persoas a situacións límite, a moita mocidade á emigración e á nosa cidade a unha situación alarmante, todo o que sexa traballar para pór en marcha mecanismos e medidas que permitan crear emprego de calidade contará co apoio do BNG' indicou.
O levará a pleno o apoio a esta ILP e a medidas para axudar a sentar as bases dun desenvolvemento económico e social máis sustentábel e que suporían un aumento do emprego e unha mellora de dereitos sociais e de calidade de vida para a maioría da poboación "a través doutra política fiscal, do incremento do gasto social, do investimento público, da creación de entidades financeiras públicas ao servizo da cidadanía e de políticas que constrúan unha sociedade máis xusta e democrática", remarcou.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 634
- 635
- 636
- 637
- 638
- 639
- 640
- 641
- 642
- …
- seguinte ›
- última »