13, Abril 2013

Os dous acontecementos deportivos automobilísticos fan do Carballiño o punto de referencia do fin de semana para os afeccionados galegos ao mundo do motor.

O "V Rali do Lacón Historicos" está organizado polo Club Arenteiro clásicos e partíu na mañá do sábado dende a rúa principal, onde poideron verse auténticas xoias rodantes, iconos do automobilismo como os Mini ou os modelos deportivos Jaguar, entre outros moitos. O expiloto carballiñés José Maria Magdaleno, acompañado do alcalde Argimiro Marnotes e o concelleiro de deportes Rodrígo González, deron a saída aos participantes.

A "XX Subida á Saleta", organizada pola Escudería Motor Club Arenteiro e a Federación Galega de Automobilismo, recupera este ano a súa celebración tras a paréntese dunha década. Puntuable para o campionato galego de montaña desenvolvese no recorrido histórico desta proba, no tramo da estrada de Astureses próximo á capela da Saleta, durante a tarde do sábado e a matinal do domingo.

10, Abril 2013

Dos 70.000 euros de gasto medio dos últimos anos pasaráse a unha factura de 18.618 euros, unha vez que o concello carballiñés formalice o novo contrato.

Ao procedemento de adxudicación aberto polo concello carballiñés presentaronse tres empresas, resolvendose en favor de Vodafone. O contrato será por 2 anos, prorrogable por outros dous, atá un máximo de catro.

A maiores do imporante aforro económico, máis de 51.000 euros de aforro anual en relación ao gasto do últimos anos por este mesmo concepto, o novo adxudicatario introducirá melloras na prestación do servicio. O Alcalde, Argimiro Marnotes, explicou en COPE O Carballiño que "incluiráse no servizo a grabación de todas as chamadas que se efectúen á Policia Local, tal e como marca a lei, que antes non se realizaba, ademáis melloraráse a xestión tanto interna como externa, xa que se poderá chamar directamente o departamento municipal que se queira, axilizando desta maneira a atención".

Vodafone faráse cargo de todos os servizos de toda a  telefonía municipal, tanto fixa como móbil e datos. Outro punto de mellora do novo contrato é a facturación, que a partir do novo contrato faráse nunha única factura.

10, Abril 2013

Marcos Reboredo é o novo responsable local do BNG no Carballiño, trala asemblea local na que se procedeu á renovación do órgano local de dirección.

Como Vicerresponsable local do BNG carballiñés nomeouse a Xosé Manuel Codesido. Completan este novo consello local Manuel Chan Muñoz, Xosé Dobarro e Áurea Francisco, actúal concelleira do Bloque Nacionalista Galego na corporación municipal do Carballiño.

10, Abril 2013

O valor do material roubado ascende a 11.600 euros, según fixo constar o representante da empresa propietaria na súa denuncia ante a Garda Civil do Carballiño.

O roubo rexistrouse durante a noite deste pasado martes no lugar de Prado, na parroquia boborense de Xurenzás. O material, 387 metros de carril de vía férrea, estaba apilado ao lado da estrada.

9, Abril 2013

O concello de Maside debe elaborar un plan de seguridade para permitir a actividade industrial que se pretende iniciar no antigo aparcadoiro da estación de ferrocarril de Maside.

O proxecto industrial promovido por CEPSA contempla o envasado de gas licuado nestas instalacións nas inmediacións da localidade da Touza, nunha zona habitada.

O plan de emerxencia exterior, para cumplir coa directiva europea, asi como a lexislación autonómica e estatal, deberá ter en conta as medidas de información e protección da poboación no caso dun accidente ou calquera suceso incontrolado nas instalacións. Deberá fixarse a zona de intervención e de alerta, e as distancias de afectación. Tamén terán que acometerse medidas de prevención, como a limpeza constante da zona colindante e unha franxa de seguridade, asi como o control dos accesos.

Outro dos aspectos que recolle o plan que deberá aprobarse antes do inicio da actividade industrial é a coordenación das autoridades e os servizos de salvamento.

7, Abril 2013

Reparto de puntos entre dous equipos que necesitaban da victoria, aínda que por motivos ben diferentes, os de Redondela para entrar en postos de ascenso e os carballiñeses para escapar do descenso directo, ao final un punto que deixa tan insatisfeitos a unhos como a outros.

C, D, Arenteiro: Pachi, Xurxo, Carlos Escudero, Pablo Dabarca, Tazos, Gabriel, Alex (Iago), Kennedy (Prada), Martín (Marcos Sotelo), David Soares (Bardelás) e Pablo Piñeiro.

O Partido: Malia que por Espiñedo pasou un dos equipos máis en forma do campionato nos últimos meses e aos 8 minutos mandou un balón ao poste da portería de Pachi, Choco e Arenteiro desputaron un encontro bastante equilibrado e no que ambos -pero máis os verdes- desperdiciaron boas ocasións para levarse os tres puntos. Pero igual que o pasado domingo en Ponteareas, ao Arenteiro fáltalle pólvora nos metros finais, de feito tivo que ser un defensa -Xurxo- quen adiantase aos carballiñeses no marcador no minuto 51. Eso sí, xusto é recoñecer que o equipo loita ata o último minuto de partido.

 

7, Abril 2013

O corredor do Porriño non tivo rival e gañou con facilidade, Santiago López completou os 21.097 metros nun tempo de 1:10:45.

A chuvia acopañou a celebración desta "1ª Maratón do Carballiño-Festa do Pulpo" que organizou na matinal deste domingo o Club Atletismo Carballiño, malia que o tempo non acompañou a carreira foi seguida por numeroso público. Dende a organización, que estivo a un excelente nivel, destacan o éxito de convocatoria, xa que 360 corredores tomaron a saída, unha participación que anima ao club carballiñés a pensar xa na segunda edición, cara o ano que ven.

6, Abril 2013

Os grupos da oposición xustificaron a súa ausencia "porque non fumos invitados a todos os actos, o alcalde ninguneanos". Caamaño lamenta a actitude da oposición e asegura que cada concelleiro paga a comida do seu peto.

A senadora irlandesa Fidelma Healy, que preside a delegación irlandesa desplazada para avanzar nun proxecto de intercámbeo educativo e cultural do que participa o concello de Boborás, asistiu a varios actos organizados pola institución municipal e aos que non acudíu ningún representante da oposición.

"Decidimos non acudir en sinal de protesta polo desprecio do que fumos obxeto os grupos da oposición, non se nos invita nin a misa en Moldes nin o paseo por Pazos de Arenteiro porque o alcalde non quere que a xente non vexa, e tan so recibimos a invitación para o acto do concello, por eso decimos non participar, ademáis consideramos que non é de recibo que nos tempos actuais se gaste diñeiro público nunha comida", manifestou a esta emisora de radio Dolores Cachafeiro, concelleira do BNG "e falo nste caso no nome de toda a oposición". Non obstante, aclarou que "a iniciativa de intercámbeo cultural parécelles ben, pero non asi "as formas que o alcalde emprega coa oposición".

O alcalde de Boborás suliñou que "estamos ante outra proba máis da oposición que temos, de terceira división e moi mala calidade, foron invitados formalmente ó acto institucional no concello que é onde o protocolo indica que teñen que estar, e tamén di o protocolo que o alcalde é o que recibe que para eso é o Presidente da Corporación e ten ese rango". Cipriano Caamaño asegurou que demostrá que "cada ún de nos paga a comida, por eso que non teñan problema".

Xa en canto o acto institucional, o alcalde de Boborás deulle as grazas de maneira especial a Healy Eames por levar a cabo este irmandade entre os concellos de Oranmore e Maree en Irlanda e o de Boborás e O Carballiño en Galicia precisando que se trata "dun reecontro de verdadeiros irmáns".

Explicoulle que "Boborás é unha terra acolledora, con unha paisaxe privilexiada e unha historia fecunda que perduran no tempo con numerosos exemplos como son os seus pazos, igrexas, cruceiros...que o convirten nun lugar ideal para vivir". Ademais fíxolle especial fincapé á senadora irlandesa de que "Boborás dende agora será a túa segunda casa, aquí sempre serás benvida e atoparás as portas abertas para o que precises".

Caamaño quixo recoñecer o papel de Miguel Losada Campa, neto do escritor e intelectual galeguista Antón Losada Diéguez, actor fundamental e principal impulsor deste proxecto de irmandade e intercambio cultural.

A senadora Fidelma Healy Eames precisou que o concello de Boborás lle recordaba a súa localidade natal "Maree" recoñecendo que ela é unha "muller rural".

Esta recepeción englobase dentro do programa de actividades programada a raíz da visita da delegación irlandesa coa fin do Irmanamento dos concellos de Boborás e O Carballiño en Galicia e os de Oranmore e Maree en Irlanda e o proxecto de intercambio cultural de 60 nenos e nenas para aprender tanto o inglés como o gaélico así como o castelán e o galego.

A senadora visitou tamén a sede da Fundación, o Pazo Losada en Moldes, onde a familia celebrou unha misa na capela privada e tamén a localidade de Pazos de Arenteiro.

 

4, Abril 2013

A solicitude presentada no rexistro municipal está acompañada dunha moción  do grupo socialista, que será o único punto da orde do dia da convocatoria extrarordinaria da corporación carballiñesa.

O grupo socialista entende que "non procede" a solicitude dun pleno extraordinario -tal como demandaba a Concelleira do BNG- para tratar sobre a imputación do alcalde "porque enrocaríase apelando ó segredo de sumario e non serviría para nada", manifestou en COPE O Carballiño o concelleiro Adolfo Nogueira. Non obstante, defenden os socialistas a necesidade dun debate no que propoñen diversas medidas para mellorar a transparerencia na xestión municipal no concello carballiñés.

Prema no arquivo adxunto para ver a moción socialista:

 

 

2, Abril 2013

O motivo da visita é a sinatura dun acordo de colaboración e intercámbeo cultural coa Fundación Antón Losada Diéguez, que permitirá participar no programa a 30 estudantes dos municipios de Boborás e O Carballiño.

A Senadora Fidelma Healy Eames chegará acompañada dunha avogada do Estado e un profesor, e asistirán a actos intitucionais que se celebrarán por parte dos concellos do Carballiño e Boborás, os próximos dias 5 e 6 de abril, venres e sábado desta semana.

O programa cultural facilitará que 30 estudantes de ambos concellos poidan desplazarse periódicamente a partir de 2014 a Irlanda, con estadías nas que participarán de actividades culturais e lúdicas, co obxetivo de perfeccionar o idioma inglés e coñecer a cultura irlandesa. De igual maneira, o intercámbeo contempla recibir por parte das familias de Boborás e O Carballiño que participen na experiencia a outros 30 estudantes irlandenses.

Coa iniciativa colaborará a Consellería de Cultura da Xunta e o alcalde de Boborás e Presidente da Fundación Antón Losada Diéguez precisou que "terán prioridade aqueles rapaces de familas con menos recursos económicos".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS