O C.D. Arenteiro non soubo resolver un encontro no que foi sempre por diante no marcador e rematou empatando, os carballiñeses poideron sentenciar durante unha primeira parte que dominaron claramente, sen embargo tras o descanso pasou de dominador a deixarse dominar e ao final pagouno perdendo dous puntos.
C.D. Arenteiro: Macia, Prada, Xurxo, Dabarca, Escudero, Iago, Pablo Piñeiro, Dacosta ( Marcos Sotelo ) ( Bardelás ), Kennedy, Martín e David Soares.
Comentario: Paradoxicamente, o Arenteiro non soubo xogar a favor de marcador. Tras unha primeira parte na que foi claramente superior aos locais, creando varias ocasións de gol que desperdiciaron unha e outra vez os dianteiros carballiñeses, houbo que esperar ao minuto 40 para que Kennedy adiantase ao Arenteiro, que se foi co 0-1 ao descanso. No segundo periodo o partido cambeou radicalmente, o Mondariz pasou a dominar e ser o equipo que creaba perigo, tras dous balóns dos locais ao poste, chegou o empate no minuto 25 deste segunda parte. Un minuto despois, Iago volvia poñer ao Arenteiro por diante ao cabecear un saque de esquina. Incompresiblemente, o Arenteiro volveu recuar atrás e propiciou novamente o dominio local, co que chega o empate a 2-2 no minuto 38 de partido. Cando parecía que todo o peixe estaba vendido, aínda chegarían outros goles, ún por cada equipo e ambos de penalti. O primeiro cometido sobre David Soares que se encarga de tranformar Dabarca no 2-3, o segundo a favor dos locais pitado a Pablo Piñeiro, que foi expulsado. O lanzamento é rexeitado por Macia, pero practicamente na mesma xogada chega o empate. Unha magoa e unha oportunidade perdida para o Arenteiro.

A Xunta anunciara recentemente que se suprimirán os GRUMIR naqueles concellos que contan con parques de bombeiros.
No caso do Carballiño prevese que o parque intercomarcal de bombeiros estea operativo neste ano 2013, probablemente no derradeiro trimestre do ano, polo que entraría dentro dos concellos que se quedarían sen este servizo de emerxencias, de tal maneira que ata a posta en marcha do parque de bombeiros, O Carballiño quedaría sen GRUMIR, reducido na actualidade a 3 efectivos.
O Alcalde do Carballiño avanzou nesta emisora de radio que tras entrevistarse co conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, a Xunta asumirá novamente a contratación de 12 traballadores nas mesmas condicións dos últimos anos. Marnotes salientou que "cando prima o sentido común non hai problema, e asi o entendeu o conselleiro, e ésta da seguridade era unha preocupación prioritaria para o concello do Carballiño, de feito incluso estabamos dispostos a contratar a esas persoas a través do capítulo 4 e unha subvención a Protección Civil, se fose necesario".
Desta maneira, O Servizo de Emerxencias do Carballiño volverá a contar próximamente, cando se formalicen os contratos de traballo, cun total de 15 efectivos, os 12 que se incorporarán e os 3 que xa están contratados polo concello.

O deputado da Alternativa Galega de Esquerda David Fernández, acompañado dos resposables locais da coalición, criticaron o estado no que se encontran as instalacións da nova residencia de maiores do Carballiño.
O edficio, que foi construído na etapa do goberno bipartito, e no que se investiran arredor dos 4 millóns de euros, permanece pechado e sen actividade dende que a obra foi rematada, fai agora aproximadamente unhos catro anos atrás. A idea que se avanzara no seu dia era que esta nova residencia de maiores do Carballiño acollese a persoas dependentes, estaba prevista a creación dunhas 100 prazas para residentes, e apuntárase que a súa apertura crearía preto dos 100 postos de traballo.
O deputado de AGE referíuse á partida económica que se contempla nos orzamentos autonómicos de 2013 "sabemos que son 300.000 euros, pero non sabemos para qué fin é esta partida", tampouco pudo aclarar o deputado se o investimento previsto se refire ás novas instalacións ou a actúal residencia de maiores que dende fai anos está aberta nesta mesma zona, no Cornuval.
David Fernández avanzou, en todo caso, que a súa formación vai instar á Xunta "para que proceda de inmediato á apertura desta nova residencia, que sería tan importante para a comarca do Carballiño, pero lamentablemente ésta é a política da actúal Xunta, infraestructuras nas que se investíu e permanecen pechadas e sen ningún tipo de actividade".
Neste mesmo contexto, o deputado de Alternativa Galega de Esquerda, puxo como exemplo a residencia de tempo libre do Carballiño -para a que os orzamentos autonómicos deste ano fixan un investimento de 250.000 euros- lamentando "que só permaneza con actividade unhos poucos meses ó ano".
Asi o afirmou nesta emisora de radio o concelleiro socialista do Irixo, Javier Rodríguez "unha mostra máis das trapalladas desde alcalde, que perdeu completamente o norte", denunciou.
Según a documentación que obra en poder do concelleiro "estas obras pagaronse con diñeiro público procedente dunha subveción da Xunta por importe de 300.000 euros, o grave é que parte dese diñeiro investiuse en 2 eiras privadas no lugar de As Laxas, unha delas propiedade da familia do alcalde".
O sorprendente, según o relato do representante do PSdG na corporación municipal, é que para facilitar esa obra executada con diñeiro público "o concello do Irixo xustificou a cesión dos terreos por parte dunha suposta asociación de veciños, aínda que esa suposta cesión tería sido posterior á execución da obra", afirma.
Javier Rodríguez considera que "éste é un exemplo máis da política do tran-tran e da trapallada que ten por costume practicar o alcalde do Irixo, está mal acostumado a facer o que lle da a gana e asi non se pode gobernar un concello, e outra proba delo é o que está acontecendo coa actualización do inventario municipal, estáse facendo a toda presa e sen informar ós veciños, non sabemos a que ven tanta celeridade neste asunto", manifestou.
Non mereceron os carballiñeses esta derrota ante o colider da categoria no primeiro partido do ano en Espiñedo e tamén primeiro partido da segunda volta da competición de liga na Preferente Autonómica.
C.D. Arenteiro: Macia, Prada, Xurxo ( Escudero ), Dabarca, Tazos, Iago ( Gabriel ), Piñeiro, Dacosta ( Bardelás ), Kennedy, Martín e David Soares.
Comentario: O Club Xuventú de Sanxenxo presentouse en Espiñedo coa idea de levarse os 3 puntos, e por eso de saída fixoo cun plantexamento moi ofensivo, con 3 xogadores en punta de ataque, sen embargo foi o Arenteiro o que tivo varias ocasións para adiantarse no marcador ata que no último minuto da primeira parte o Sanxenxo logrou o seu gol a saída dun corner. Trala reanudación, os visitantes replegaron liñas e aguantaron o empuxe do Arenteiro, ao que a falla de acerto dos seus dianteiros impedíu alomenos lograr a igualada.
O vindeiro día 20 de xaneiro terá lugar o “XIII Cross Popular Concello de Boborás”, que inclúe a proba de Canicross que este ano ao igual que o anterior puntuará dentro da Liga Galega desta modalidade e que vai xa pola súa V edición.
Ademais nesta ocasión tamén haberá unha exhibición canina a cargo de Sergio Sánchez Cuerva, que entre outros títulos foi campión de España nesta modalidade no 2009.
A proba dará comezo ás 10.30 horas, e ao remate das mesma haberá un catering no pavillón polideportivo municipal, a organización corresponde ao concello de Boborás.
As inscricións dos adultos será a través da web: www.championchipnorte.com ata o mércores 16 de xaneiro ás 15.00 horas, mentres que a dos menores de idade poderase facer nas propias oficinas municipais, no teléfono 988402008 ou no correo cultura@boboras.org.
O custo da inscrición é de 4 € para os adultos e 1 € máis polo aluguer do chip só para aqueles que nos dispoñan do mesmo. No caso dos menores de idade o custo é totalmente gratuíto.
E como exemplo puxeron o estado no que se encontra a beirarrúa da estrada de Ribadavia, na localidade do Torrón.
O portavoz do grupo municipal socialista Paco Fumega asegurou que "fai máis dun ano que vimos pedindo que se solucione este problema, fíxémolo por vez primeira no pleno do dia 5 de decembro de 2011, e desde entón sempre foron dando largas ou boas palabras". Referíase Fumega "a estes buratos na beirrúa que continuan abertos e que xa provocaron algún accidente, como o dunha señora que xa tivo lesións ó sufrir unha caída".
O PSdG esixe "unha solución inmediata a este problema que evidencia a inoperancia absoluta do goberno municipal do Partido Popular, algo que coincide co que nos comentan as asociacións de veciños e a cidadanía en xeral", manifestou o portavoz socialista no concello carballiñés.
DOCUMENTACIÓN DO ASFALTADO NAS RÚAS DO CASCO URBÁN
Os socialistas anuncian que solicitarán "toda a documentación relativa ao asfaltado de rúas no casco urbán", refirense concretamente aos traballos de rebacheo e asfaltado que no transcurso dos últimos meses levaronse a cabo nas rúas Aquilino Sánchez e Cerca "que son o exemplo máis claro do que é unha chapuza en toda regla", subliñan.

Varios Policías Locais, en total 11, demandaron ao concello solicitando o aboamento dunhas cantidades en concepto de gratificacións por traballo nocturno e por traballo en domingos e festivos, así como polas horas extras.
Estas cantidades computábanse dende o ano 2008, polos conceptos antes mencionados. Non obstante o avogado do concello alegou que os servizos da Policía Local "teñen carácter permanente durante todos os días do ano, e polo tanto, nos normais días de descanso semana e festivos, deberán establecerse as oportunas quendas".
O representante legal do concello do Carballiño alegou ademáis "que os servizos prestados en días festivos ou domingos ou noites sexan extraordinarios, senón que son ordinarios de todos os corpos policiais, sen que iso supoña dereito ao descanso do que haberán de gozar noutros días non laborables".
A circunstancia de traballo en festivos, nocturnidade e horarios especiais, son elementos a computar no complemento específico, polo que os que desempeñen os postos de traballo en que concorran estas non deberían ter dereito a compensación económica separada do complemento específico, aclara a resolución.
O Xulgado do contencioso de Ourense fallou en contra destes traballadores amparándose nas alegacións do avogado e do propio Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que cualificou estes servizos como estruturais e non como extraordinarios.
Así mesmo na sentenza que desestima as reclamacións aos Policías Locais sinálase que éstes cobran un específico, superior a outros funcionarios de categoría equivalente ou superior, o que significa que se ten en conta a especificade da súa xornada para retribuíla convenientemente.
O Boletín Oficial da Provincia publica no seu número do dia 9 de xaneiro de 2013 o Edicto do Alcalde do Irixo polo que se abre o prazo de exposición pública da actualización do inventario municipal.
O periodo será de 30 dias hábiles, que comezan a contar desde o dia 10 de xaneiro. Esta actualización do inventario municipal foi criticada en algúns dos seus aspéctos pola Coordenadora Veciñal do Irixo, tras a aprobación inicial por parte do pleno da corporación municipal celebrado o pasado dia 18 de decembro de 2012.
Agora, e durante os próximos 30 dias hábiles, poderán presentarse reclamacións a este documento, alegacións que deberán dirixirse por escrito ao alcalde do Irixo. A relación de bens inventariados, 525 en total, pode consultarse nas oficinas nas oficinas municipais do concello do Irixo.
Os axentes sorprenderon aos dous mozos en plena faena, cando estaban forzando a porta de entrada a unha moblería sita no municipio de Maside.
Os dous detidos, de 25 e 29 anos de idade, son veciños da cidade de Vigo. A Garda Civil prendeunos na pasada madrugada como presuntos autores dun delito de roubo con forza, agora pasarán a disposición xudicial.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 666
- 667
- 668
- 669
- 670
- 671
- 672
- 673
- 674
- …
- seguinte ›
- última »