7, Xaneiro 2013

O contrato adxudicaráse mediante concurso público, as empresas interesadas teñen de prazo ata o dia 17 deste mes de xaneiro para presentar as súas ofertas.

O prazo de duración do contrato será de 2 anos, prorrogables por outros 2, e o orzamento base de licitación é de 115.702,48 euros, que sumados aos 24.297,52 euros de IVE, fan un total de 140.000 euros.

Con esta medida, adxudicando todos os servizos de telefonía, tanto fixa como móbil e conexión de datos, a un único operador, os responsables municipais esperan obter un aforro de ata o 50% en relación ao gasto que neste concepto ven tendo o concello do Carballiño durante os últimos anos.

7, Xaneiro 2013

Os ladróns levaronse xoias valoradas en 3.800 euros e 485 euros en diñeiro efectivo, según fixo constar na súa denuncia ante a Garda Civil M.G., de 47 anos de idade, veciño de Maside.

O roubo rexistrouse o sábado dia 5 pola tarde, aproveitando a ausencia da vivenda dos seus propietarios, os ladróns accederon ao interior da vivenda por unha ventá.

6, Xaneiro 2013
Resultados Xornada 19
Pontellas 1 -3 Arosa Sc    
Verín 1 -0 Gondomar Cf    
Choco 0 -1 Marín Cf    
Ponte Ourense 0 -2 Ribadumia Cf    
Valladares 0 -1 Club Xuventú    
Estradense 2 -3 Mondariz Cf    
Barco 1 -1 Pontevedra    
Cultural Areas 3 -1 Ud Atios    
Portonovo 2 -1 Cd Arenteiro    
Lalin 2 -0 Usd O Grove    

 

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20
 CLASIFICACION
  Equipo Pts PG PE PP GF GC
Cultural Areas 38 11 5 3 44 24
Club Xuventú 38 11 5 3 30 17
Portonovo Sd 37 11 4 4 31 20
Gondomar Cf 34 10 4 5 35 19
Cd Barco 34 10 4 5 34 27
Arosa Sc 31 9 4 6 30 22
Cd Choco 30 9 3 7 30 17
Ud Atios 30 8 6 5 31 24
Cd Valladares 29 7 8 4 20 14
Ribadumia Cf 28 7 7 5 34 26
Verín Cf 27 7 6 6 25 23
Cd Estradense 22 5 7 7 21 23
Usd O Grove 22 6 4 9 26 36
Mondariz Cf 21 5 6 8 17 24
Pontevedra Cf B 20 4 8 7 25 30
Cd Pontellas 19 5 4 10 21 34
Cd Lalín 18 4 6 9 20 24
Marín Cf 16 3 7 9 13 34
Cd Arenteiro 15 4 3 12 17 33
Ponte Ourense Cf 8 1 5 13 13 46

 

 

 

5, Xaneiro 2013

A tarde de sol invernal que tivemos no Carballiño e a coincidencia deste 5 de xaneiro en dia sábado fixeron que a tradicional cabalgata de reis tivese este ano un extraordinario ambiente.

Por segundo ano consecutivo, Melchor, Gaspar e Baltasar fixeron máxico acto de aparición na torre do templo da Veracruz, unha iniciativa coa que desde o concello quixo dárselle identidade carballiñesa a este espectáculo, promocionando a xoia arquitectónica de Palacios.

Tanto na rúa Evaristo Vaamonde, desde onde partíu a comitiva,como durante o seu recorrido polas rúas carballiñesas, asi como finalmente na Praza Maior, un público moi hetereoxéneo, nenos, pais e abós, acompañaron aos reis durante a súa estanza no Carballiño.

2, Xaneiro 2013

No inventario de bens municipais do concello do Irixo, en trámite de aprobación, figuran un total de 525 bens inmobles.

Non son poucos os veciños que están recibindo con sorpresa e disgusto a intención dos gobernantes municipais de incorporar a este inventario municipal infraestructuras que incluso estiveron promovidas e financiadas polos veciños, como ocorre coas fontes públicas dalgunhos pobos. Tamén chama a atención que no inventario figuren eiras de titularidade veciñal ou comunal, e mesmo varios cruceiros, que nunca tiveron carácter municipal.

Desde a Coordenadora Veciñal desonfian da actitude do Alcalde Manuel Penedo, ao entender que a tramitación de todo o procedemento -aprobouse inicialmente no pleno da corporación e agora está pendiente da súa publicación oficial no Boletín Oficial da Provincia- estáse a facer con falla de información e sen consultar para nada cos veciños a súa opinión ao respecto.

Alberto González, ún dos membros da Coordenadora Veciñal, manifestouse sorprendido coa xustificación dada polo rexedor municipal "díxonos que facía esto para poder pedir subvencións á Xunta, pero nós pensamos que ésta é unha expropiación de bens que se fai por parte do concello e ademáis unha expropiación sen pagar nada a cámbeo", subliñou no transcurso dunha entrevista en COPE O Carballiño.

 

 

1, Xaneiro 2013

Maside convertese asi nun dos primeiros concellos galegos en adaptar os seus símbolos á nova normativa autonómica.

O decreto que regula os símbolos das entidades locais foi aprobado no Consello da Xunta no ano 2010, e refundiu nunha única norma legal toda a anterior regulación normativa da nosa comunidade na materia de heráldica, facendo así máis áxil e eficiente a elección e aprobación dos símbolos das entidades locais de Galicia, preservando ao máximo o principio da autonomía municipal e establecendo unha nova regulación da súa organización e funcionamento; evitando duplicidades, e empregando unha linguaxe non sexista.

Outro dos aspectos salientables do decreto é que establece amplamente as prohibicións de utilización dos símbolos. Neste sentido, quedan prohibidos os non fosen aprobados polo Consello da Xunta ou que incorporen no seu deseño siglas, anagramas ou logotipos de partidos políticos, sindicatos, organizacións empresariais e demais asociacións e entidades privadas. Tamén prohibe aqueles outros que impliquen vulneración dos principios constitucionais, lesionen dereitos fundamentais, fomenten ou inciten á violencia en calquera das súas manifestacións ou transmitan mensaxes discriminatorias ou degradantes da imaxe da muller.

Segundo establece o decreto, os plenos das entidades locais teñen a facultade de adoptar por maioría absoluta os acordos relativos á adopción, modificación ou rehabilitación dos símbolos das entidades locais a través de dous procedementos: que o Concello solicite a elaboracións das correspondentes propostas á Comisión de Heráldica da Xunta; ou que sexa o mesmo concello o que elabore a súa proposta. En ambas opcións, trala aprobación no pleno da proposta, se somete a información pública, remitíndose o expediente á Comisión Heráldica e aprobándose polo Consello da Xunta.

A Comisión de Heráldica é o órgano consultivo da Xunta, dependente da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e as súas funcións son a emisión de informes vinculantes nos procedementos de aprobación, modificación ou rehabilitación dos símbolos das entidades locais galegas; elaborar propostas en tales procedementos e asesorar aos órganos da Xunta, corporacións locais e entidades públicas ou privadas que soliciten o seu ditame.
 

Os símbolos de Maside na Heráldica e na documentación histórica ( Por Xosé Ricardo Rguez Pérez )

Os colores que acollen o escudo e bandeira municipais de Maside son: o ouro que amén de sinalar o valor antigo e arquitectónico dos dous edificios, Casa do Concello e ponte, está a representar o mineral aurífero que chegaran a explotar os romanos.
 O sínople (verde) do fondo, que representa os espacios naturaís protexidos das Grovas (Puzo do Lago) e da Rañoa, a máis do medio ambiente e das árboredas que dominan as antigas Terras de Maside.
 Os lións engulados e uñados, manchados en gules que representa o sangue que verteron os masidaos, admirable a súa resposta en loita pola supervivencia e para erguer un país independente rescatandoo das mans gabachas, chegando a ter a Xustiza de Maside exército guerrilleiro propio dirixido polo masidao de Garabás ‘Labrador’, que se ata a explusión dos franceses das Terras de Maside exerceo como tal. Guerrilleiros que logo se sumaron á ‘Legión del Ribeiro’ participando, primeiro en escorrenta-los franceses de Ribadavia, e logo en axuda a ‘Cachamuiña’ para liberar Vigo.
 A ponte é a de San Fiz, igualmente en ouro (amarelo), que está no Camiño Real Ourense-Pontevedra pola Costiña de Canedo, e no seu entorno tivo lugar unha das batallas da X. de Maside contra as tropas do francés mariscal Soult. As ondas en azur (azul) e prata, están a representar as augas do río Barbantiño baixo a dita ponte, que fai de separación natural entre As Terras de Maside e as do Chaos de Amoeiro, e tamén o manantial de augas minero-medicináis de A Rañoa.
A torre, tamén en ouro (amarelo), simboliza o mérito de quenes ergueron o edificio consistorial no 1847, na que se ven representados tódolos masidaos, e tamén simboliza o mérito e valor do reloxo que fora do Mosteiro de Oseira, gargado en tan privilexiado berce.

 

 

27, Decembro 2012

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE celebrou este venres o seu centenario cun acto que tivo lugar na Casa da Cultura do Carballiño .  Neste acto, presentado polo actual secretario local Francisco Fumega, foron homenaxeados varios persoeiros relacionados con esta agrupación tanto a nivel local coma do resto da Comarca.

A Agrupación Local do PSOE do Carballiño foi fundada no ano 1912 segundo consta no Anuario Socialista, sendo oficializada no ano1921 atraveso da Sociedade de Canteiros e Carpinteiros, xérmolo tanto desta formación política coma do sindicato UGT. A memoria histórica destes acontecementos repasouna o ex alcalde e historiador Carlos Montes, quen analizou este estudio a partir dos primeiros movementos obreiros na comarca ata a súa formalización e a posterior organización da esquerda a partires da sede da Casa do Pobo.

Os homenaxeados foron todos membros históricos do Partido, tanto na época anterior ao estallido da Guerra Civil coma na refundación realizada no ano 1973 no restaurante o Pote anos antes da caída do réxime franquista. Na mesma estarán presentes aqueles militantes que tiveron algunha responsabilidade política neses tempos de clandestinidade e posterior legalización dos partidos antes das primeiras eleccións democráticas. No acto proxectouse unha montaxe fílmica da memoria socialista así como unha entrevista realizada no ano 1987 ao alcalde republicano socialista do Carballiño entre 1931/34 e 1936 e presidente da Deputación de Ourense no ano 1936 Felisindo Álvarez Xesteira.

 A lista dos homenaxeados históricos foron: os médicos titulares Enrique de los Arcos Fajardo e Evaristo Carballo Nóvoa xunto cos dirixentes sindicais da UGT Manuel Prado Pérez e Leonardo Souto. No acto estarán representados polas súas familias. Dos máis recentes foron recoñeceidos os refundadores do PSOE en Carballiño no ano 1973 que son: Felipe Gallego Oroso, José Martínez Prada e Etelvino Pereira Feijóo, ademais dos dirixentes José Rodriguez “Pucho”, Marina González e Edelmiro Mateo tamén representados polas súas familias.

 Ao acto asistiron o secretario dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, e o secretario provincial Raúl Fernández, ademais doutros membros do Partido tanto a nivel autonómico coma provincial, tanto do PSOE como do sindicato UGT.

27, Decembro 2012

O concello do Carballiño recurrirá á vía xudicial para reclamar os algo máis de 3 millóns de euros en débeda prescrita en concepto de impagos de taxas e impostos municipais nas últimas décadas.

Asi o acordou o pleno da corporación municipal, cos votos a favor do Partido Popular e a abstención de PSdG e BNG. Os gobernantes municipais pretenden asi determinar en sede xudical as posibles responsabilidades por parte das empresas que foron as encargadas da xestión da recadación municipal, desde que se privatizou este servizo no concello carballiñés, entenden no actúal grupo de goberno que "pudo haber deixadez de funcións" e desta maneira ven posible poder recuperar a través desta reclamación xudicial ese "diñeiro, que é patrimonio dos carballiñeses", manifestou o rexedor municipal.

Marnotes sulibñou que "houbo moita vista gorda e xa se verá por parte de quén, no xulgado veráse cál foi o motivo desta vista gorda, poideron ser moitos e variados, xa se irá determinando, o que sí é certo é que aquí sempre hai responsabilidade política, sempre, e é de xustiza sobre todo para os que pagan, que se aclare todo esto", remarcou.

Dende o grupo municipal socialista, Adolfo Nogueira manifestou "estar dacordo con que se trate de arroxar luz sobre este tema", non obstante dixo "non entender as cifras que se manexan" e "que esto non sexa para abrir ningunha guerra efectista para que as empresas digan que non cobraban porque tampouco a eles lles pagaban, xa está ben de luces de cores e fogos de artificio", enfatizou o concelleiro socialista.

Aúrea Francisco matizou que O BNG non pudo facer maís por buscar unha solución en relación a esta problemática no pouco tempo que estiveron gobernando "ésta é unha práctica que foi común en todos os concellos e de todas as cores políticas, que o grupo de goberno faga o que crea conviente, que faga o que teña que facer, pero este problema existe dende sempre".

 

26, Decembro 2012

A casa da cultura de Maside acolleu o acto de presentación en sociedade da nova asociación "A Torre-Foro de Estudos das Terras de Maside".

Ainda que os promotores do novo colectivo, unhas 12 persoas, veñen traballando na súa constitución desde varios meses atrás, foi coincidindo con estas datas do nadal cando procedeuse a súa presentación en público. Ao acto acudiron veciños de Maside, e o seu alcalde Celso Fernández, e mesmo outras persoas relacionadas co mundo da cultura e a investigación chegadas desde fora do concello masidao.

O primeiro Presidente da nova asociación, Xose Ricardo Rodríguez Pérez, convidou a todos os presentes a participar neste novo proxecto cultural.

Adxuntamos o relatorio feito polo Secretario, Óscar González Fernández.

23, Decembro 2012

Os verdes despiden o ano cunha derrota en Espiñedo, un paso atrás que mantén ao Arenteiro en posto de descenso directo na táboa clasificatoria, a falta dun partido para completar a primeira volta do campionato.

C.D. Arenteiro: Pachy, Prada, Gabriel (Bardelás), Dabarca, Tazos, Iago, Piñeiro (Carlos Escudero), Dacosta, Kennedy, Martín e Marcos Sotelo (Pana).

Goles:

0-1. Minuto 28. Gol de falta directa desde o vértice da área grande, o balón colase na portería de Pachy axustado o pau esquerdo.

0-2. Minuto 44. Centro desde a banda e o estradense Unai gaña a acción á defensa local e de expléndido cabezazo fai o segundo gol.

Comentario: Comezou ben o Arenteiro, que dispuxo de dúas boas ocasións para adiantarse no marcador, nun tiro de Marcos Sotelo ao longueiro e noutra xogada con pase de Dacosta a Marcos Sotelo que interceptou o meta visitante. Os locais non aproveitaron as súas oportunidades e sí o fixeron os visitantes, as dúas únicas ocasión que tiveron servironlle para irse ao descanso cunha clara ventaxa no marcador. Na segunda parte foi un querer e non poder do Arenteiro, sen apenas argumentos para polo menos intentar meterse no partido ante un Estradense que sen demostrar moito consigue levarse os 3 puntos de Espiñedo.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS