
Varios Policías Locais, en total 11, demandaron ao concello solicitando o aboamento dunhas cantidades en concepto de gratificacións por traballo nocturno e por traballo en domingos e festivos, así como polas horas extras.
Estas cantidades computábanse dende o ano 2008, polos conceptos antes mencionados. Non obstante o avogado do concello alegou que os servizos da Policía Local "teñen carácter permanente durante todos os días do ano, e polo tanto, nos normais días de descanso semana e festivos, deberán establecerse as oportunas quendas".
O representante legal do concello do Carballiño alegou ademáis "que os servizos prestados en días festivos ou domingos ou noites sexan extraordinarios, senón que son ordinarios de todos os corpos policiais, sen que iso supoña dereito ao descanso do que haberán de gozar noutros días non laborables".
A circunstancia de traballo en festivos, nocturnidade e horarios especiais, son elementos a computar no complemento específico, polo que os que desempeñen os postos de traballo en que concorran estas non deberían ter dereito a compensación económica separada do complemento específico, aclara a resolución.
O Xulgado do contencioso de Ourense fallou en contra destes traballadores amparándose nas alegacións do avogado e do propio Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que cualificou estes servizos como estruturais e non como extraordinarios.
Así mesmo na sentenza que desestima as reclamacións aos Policías Locais sinálase que éstes cobran un específico, superior a outros funcionarios de categoría equivalente ou superior, o que significa que se ten en conta a especificade da súa xornada para retribuíla convenientemente.
O Boletín Oficial da Provincia publica no seu número do dia 9 de xaneiro de 2013 o Edicto do Alcalde do Irixo polo que se abre o prazo de exposición pública da actualización do inventario municipal.
O periodo será de 30 dias hábiles, que comezan a contar desde o dia 10 de xaneiro. Esta actualización do inventario municipal foi criticada en algúns dos seus aspéctos pola Coordenadora Veciñal do Irixo, tras a aprobación inicial por parte do pleno da corporación municipal celebrado o pasado dia 18 de decembro de 2012.
Agora, e durante os próximos 30 dias hábiles, poderán presentarse reclamacións a este documento, alegacións que deberán dirixirse por escrito ao alcalde do Irixo. A relación de bens inventariados, 525 en total, pode consultarse nas oficinas nas oficinas municipais do concello do Irixo.
Os axentes sorprenderon aos dous mozos en plena faena, cando estaban forzando a porta de entrada a unha moblería sita no municipio de Maside.
Os dous detidos, de 25 e 29 anos de idade, son veciños da cidade de Vigo. A Garda Civil prendeunos na pasada madrugada como presuntos autores dun delito de roubo con forza, agora pasarán a disposición xudicial.
O contrato adxudicaráse mediante concurso público, as empresas interesadas teñen de prazo ata o dia 17 deste mes de xaneiro para presentar as súas ofertas.
O prazo de duración do contrato será de 2 anos, prorrogables por outros 2, e o orzamento base de licitación é de 115.702,48 euros, que sumados aos 24.297,52 euros de IVE, fan un total de 140.000 euros.
Con esta medida, adxudicando todos os servizos de telefonía, tanto fixa como móbil e conexión de datos, a un único operador, os responsables municipais esperan obter un aforro de ata o 50% en relación ao gasto que neste concepto ven tendo o concello do Carballiño durante os últimos anos.
Os ladróns levaronse xoias valoradas en 3.800 euros e 485 euros en diñeiro efectivo, según fixo constar na súa denuncia ante a Garda Civil M.G., de 47 anos de idade, veciño de Maside.
O roubo rexistrouse o sábado dia 5 pola tarde, aproveitando a ausencia da vivenda dos seus propietarios, os ladróns accederon ao interior da vivenda por unha ventá.
|
|||||||||||
Pontellas | 1 -3 | Arosa Sc | |||||||||
Verín | 1 -0 | Gondomar Cf | |||||||||
Choco | 0 -1 | Marín Cf | |||||||||
Ponte Ourense | 0 -2 | Ribadumia Cf | |||||||||
Valladares | 0 -1 | Club Xuventú | |||||||||
Estradense | 2 -3 | Mondariz Cf | |||||||||
Barco | 1 -1 | Pontevedra | |||||||||
Cultural Areas | 3 -1 | Ud Atios | |||||||||
Portonovo | 2 -1 | Cd Arenteiro | |||||||||
Lalin | 2 -0 | Usd O Grove |
|
|||||||||||||||
Equipo | Pts | PG | PE | PP | GF | GC | |||||||||
Cultural Areas | 38 | 11 | 5 | 3 | 44 | 24 | |||||||||
Club Xuventú | 38 | 11 | 5 | 3 | 30 | 17 | |||||||||
Portonovo Sd | 37 | 11 | 4 | 4 | 31 | 20 | |||||||||
Gondomar Cf | 34 | 10 | 4 | 5 | 35 | 19 | |||||||||
Cd Barco | 34 | 10 | 4 | 5 | 34 | 27 | |||||||||
Arosa Sc | 31 | 9 | 4 | 6 | 30 | 22 | |||||||||
Cd Choco | 30 | 9 | 3 | 7 | 30 | 17 | |||||||||
Ud Atios | 30 | 8 | 6 | 5 | 31 | 24 | |||||||||
Cd Valladares | 29 | 7 | 8 | 4 | 20 | 14 | |||||||||
Ribadumia Cf | 28 | 7 | 7 | 5 | 34 | 26 | |||||||||
Verín Cf | 27 | 7 | 6 | 6 | 25 | 23 | |||||||||
Cd Estradense | 22 | 5 | 7 | 7 | 21 | 23 | |||||||||
Usd O Grove | 22 | 6 | 4 | 9 | 26 | 36 | |||||||||
Mondariz Cf | 21 | 5 | 6 | 8 | 17 | 24 | |||||||||
Pontevedra Cf B | 20 | 4 | 8 | 7 | 25 | 30 | |||||||||
Cd Pontellas | 19 | 5 | 4 | 10 | 21 | 34 | |||||||||
Cd Lalín | 18 | 4 | 6 | 9 | 20 | 24 | |||||||||
Marín Cf | 16 | 3 | 7 | 9 | 13 | 34 | |||||||||
Cd Arenteiro | 15 | 4 | 3 | 12 | 17 | 33 | |||||||||
Ponte Ourense Cf | 8 | 1 | 5 | 13 | 13 | 46 |
A tarde de sol invernal que tivemos no Carballiño e a coincidencia deste 5 de xaneiro en dia sábado fixeron que a tradicional cabalgata de reis tivese este ano un extraordinario ambiente.
Por segundo ano consecutivo, Melchor, Gaspar e Baltasar fixeron máxico acto de aparición na torre do templo da Veracruz, unha iniciativa coa que desde o concello quixo dárselle identidade carballiñesa a este espectáculo, promocionando a xoia arquitectónica de Palacios.
Tanto na rúa Evaristo Vaamonde, desde onde partíu a comitiva,como durante o seu recorrido polas rúas carballiñesas, asi como finalmente na Praza Maior, un público moi hetereoxéneo, nenos, pais e abós, acompañaron aos reis durante a súa estanza no Carballiño.
No inventario de bens municipais do concello do Irixo, en trámite de aprobación, figuran un total de 525 bens inmobles.
Non son poucos os veciños que están recibindo con sorpresa e disgusto a intención dos gobernantes municipais de incorporar a este inventario municipal infraestructuras que incluso estiveron promovidas e financiadas polos veciños, como ocorre coas fontes públicas dalgunhos pobos. Tamén chama a atención que no inventario figuren eiras de titularidade veciñal ou comunal, e mesmo varios cruceiros, que nunca tiveron carácter municipal.
Desde a Coordenadora Veciñal desonfian da actitude do Alcalde Manuel Penedo, ao entender que a tramitación de todo o procedemento -aprobouse inicialmente no pleno da corporación e agora está pendiente da súa publicación oficial no Boletín Oficial da Provincia- estáse a facer con falla de información e sen consultar para nada cos veciños a súa opinión ao respecto.
Alberto González, ún dos membros da Coordenadora Veciñal, manifestouse sorprendido coa xustificación dada polo rexedor municipal "díxonos que facía esto para poder pedir subvencións á Xunta, pero nós pensamos que ésta é unha expropiación de bens que se fai por parte do concello e ademáis unha expropiación sen pagar nada a cámbeo", subliñou no transcurso dunha entrevista en COPE O Carballiño.

Maside convertese asi nun dos primeiros concellos galegos en adaptar os seus símbolos á nova normativa autonómica.
O decreto que regula os símbolos das entidades locais foi aprobado no Consello da Xunta no ano 2010, e refundiu nunha única norma legal toda a anterior regulación normativa da nosa comunidade na materia de heráldica, facendo así máis áxil e eficiente a elección e aprobación dos símbolos das entidades locais de Galicia, preservando ao máximo o principio da autonomía municipal e establecendo unha nova regulación da súa organización e funcionamento; evitando duplicidades, e empregando unha linguaxe non sexista.
Outro dos aspectos salientables do decreto é que establece amplamente as prohibicións de utilización dos símbolos. Neste sentido, quedan prohibidos os non fosen aprobados polo Consello da Xunta ou que incorporen no seu deseño siglas, anagramas ou logotipos de partidos políticos, sindicatos, organizacións empresariais e demais asociacións e entidades privadas. Tamén prohibe aqueles outros que impliquen vulneración dos principios constitucionais, lesionen dereitos fundamentais, fomenten ou inciten á violencia en calquera das súas manifestacións ou transmitan mensaxes discriminatorias ou degradantes da imaxe da muller.
Segundo establece o decreto, os plenos das entidades locais teñen a facultade de adoptar por maioría absoluta os acordos relativos á adopción, modificación ou rehabilitación dos símbolos das entidades locais a través de dous procedementos: que o Concello solicite a elaboracións das correspondentes propostas á Comisión de Heráldica da Xunta; ou que sexa o mesmo concello o que elabore a súa proposta. En ambas opcións, trala aprobación no pleno da proposta, se somete a información pública, remitíndose o expediente á Comisión Heráldica e aprobándose polo Consello da Xunta.
A Comisión de Heráldica é o órgano consultivo da Xunta, dependente da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e as súas funcións son a emisión de informes vinculantes nos procedementos de aprobación, modificación ou rehabilitación dos símbolos das entidades locais galegas; elaborar propostas en tales procedementos e asesorar aos órganos da Xunta, corporacións locais e entidades públicas ou privadas que soliciten o seu ditame.
Os símbolos de Maside na Heráldica e na documentación histórica ( Por Xosé Ricardo Rguez Pérez )
Os colores que acollen o escudo e bandeira municipais de Maside son: o ouro que amén de sinalar o valor antigo e arquitectónico dos dous edificios, Casa do Concello e ponte, está a representar o mineral aurífero que chegaran a explotar os romanos.
O sínople (verde) do fondo, que representa os espacios naturaís protexidos das Grovas (Puzo do Lago) e da Rañoa, a máis do medio ambiente e das árboredas que dominan as antigas Terras de Maside.
Os lións engulados e uñados, manchados en gules que representa o sangue que verteron os masidaos, admirable a súa resposta en loita pola supervivencia e para erguer un país independente rescatandoo das mans gabachas, chegando a ter a Xustiza de Maside exército guerrilleiro propio dirixido polo masidao de Garabás ‘Labrador’, que se ata a explusión dos franceses das Terras de Maside exerceo como tal. Guerrilleiros que logo se sumaron á ‘Legión del Ribeiro’ participando, primeiro en escorrenta-los franceses de Ribadavia, e logo en axuda a ‘Cachamuiña’ para liberar Vigo.
A ponte é a de San Fiz, igualmente en ouro (amarelo), que está no Camiño Real Ourense-Pontevedra pola Costiña de Canedo, e no seu entorno tivo lugar unha das batallas da X. de Maside contra as tropas do francés mariscal Soult. As ondas en azur (azul) e prata, están a representar as augas do río Barbantiño baixo a dita ponte, que fai de separación natural entre As Terras de Maside e as do Chaos de Amoeiro, e tamén o manantial de augas minero-medicináis de A Rañoa.
A torre, tamén en ouro (amarelo), simboliza o mérito de quenes ergueron o edificio consistorial no 1847, na que se ven representados tódolos masidaos, e tamén simboliza o mérito e valor do reloxo que fora do Mosteiro de Oseira, gargado en tan privilexiado berce.
A Agrupación Local do PSdeG-PSOE celebrou este venres o seu centenario cun acto que tivo lugar na Casa da Cultura do Carballiño . Neste acto, presentado polo actual secretario local Francisco Fumega, foron homenaxeados varios persoeiros relacionados con esta agrupación tanto a nivel local coma do resto da Comarca.
A Agrupación Local do PSOE do Carballiño foi fundada no ano 1912 segundo consta no Anuario Socialista, sendo oficializada no ano1921 atraveso da Sociedade de Canteiros e Carpinteiros, xérmolo tanto desta formación política coma do sindicato UGT. A memoria histórica destes acontecementos repasouna o ex alcalde e historiador Carlos Montes, quen analizou este estudio a partir dos primeiros movementos obreiros na comarca ata a súa formalización e a posterior organización da esquerda a partires da sede da Casa do Pobo.
Os homenaxeados foron todos membros históricos do Partido, tanto na época anterior ao estallido da Guerra Civil coma na refundación realizada no ano 1973 no restaurante o Pote anos antes da caída do réxime franquista. Na mesma estarán presentes aqueles militantes que tiveron algunha responsabilidade política neses tempos de clandestinidade e posterior legalización dos partidos antes das primeiras eleccións democráticas. No acto proxectouse unha montaxe fílmica da memoria socialista así como unha entrevista realizada no ano 1987 ao alcalde republicano socialista do Carballiño entre 1931/34 e 1936 e presidente da Deputación de Ourense no ano 1936 Felisindo Álvarez Xesteira.
A lista dos homenaxeados históricos foron: os médicos titulares Enrique de los Arcos Fajardo e Evaristo Carballo Nóvoa xunto cos dirixentes sindicais da UGT Manuel Prado Pérez e Leonardo Souto. No acto estarán representados polas súas familias. Dos máis recentes foron recoñeceidos os refundadores do PSOE en Carballiño no ano 1973 que son: Felipe Gallego Oroso, José Martínez Prada e Etelvino Pereira Feijóo, ademais dos dirixentes José Rodriguez “Pucho”, Marina González e Edelmiro Mateo tamén representados polas súas familias.
Ao acto asistiron o secretario dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, e o secretario provincial Raúl Fernández, ademais doutros membros do Partido tanto a nivel autonómico coma provincial, tanto do PSOE como do sindicato UGT.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 667
- 668
- 669
- 670
- 671
- 672
- 673
- 674
- 675
- …
- seguinte ›
- última »