O deportista paralímpico carballiñés é un dos 13 seleccionados pola Federación Española de Deportes Paralímpicos para representar a España na competición de Boccia.
José Manuel Prado Prado convirtese asi no primeiro deportista carballiñés da historia en participar nunhos xogos paralímpicos, o seu debut en Londres 2012 será o domingo 2 de setembro na competición por equipos, e o dia 5 de setembro na competición individual, asi que o paralímpico carballiñés terá unha doble oportunidade de optar a medalla.
Antes de viaxar a Madrid, onde se incorpora á delegación española, José Manuel Prado agradeceu en COPE O Carballiño o apoio "do Carballiño durante todo este tempo, no concello permitironme adestrar no pavillón de deportes, O Carballiño sempre se portou moi ben conmigo e lévome a Londres unha bandeira na que moitos amigos escribiron e asinaron as súas frases de dádome ánimos".
O Concello do Carballiño recoñeceu na última edición da Gala do Deporte Carballiñés a José Manuel Prado como "o mellor deportista do ano".
As previsións feitas polo conselleiro na súa visita ao futuro Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa apuntan ao primeiro trimistre de 2013 para a inaguración da nova infraestructura cultural, na que a administracción investíu 9,6 millóns de euros.
Tras visitar o edficio que albergará o museo, o Conselleiro reuniuse co Alcalde de San Amaro, Ernesto Péréz, ao obxeto de ultimar o convenio para a xestión e explotación das instalacións, sitas na parroquia de San Cibrán de Lás.
Tal e como explicou o conselleiro de cultura, esta mesma semana publicarase no Diario Oficial de Galicia a licitación das obras de urbanización, por un importe de preto de 299.000 euros. Ademais, xa se teñen contratado, os traballos de soterramento da liña eléctrica, por un importe de 58.000 euros. Por outra parte, o conselleiro sinalou xa está a en marcha o concurso público de dotación de mobiliario do Centro de Interpretación do parque, ao que a Consellería destina máis de 79.000 euros, e cuxa adxudicación está prevista para o mes de setembro.
Deste xeito, Vázquez Abad salientou o traballo realizado pola Consellería de Cultura e Educación na recuperación do valor do xacemento arqueolóxico de San Cibrao de Lás, dentro do programa de actuacións vinculadas á Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico e do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Lás. Neste sentido, Vázquez Abad lembrou que, asemade, o departamento de Cultura da Xunta de Galicia asinou en 2010 convenios de colaboración cos concellos de San Amaro e Punxín que contempla diferentes actuacións de limpeza e mantemento do xacemento, por un importe total de 110.000 euros. En total a Xunta de Galicia ten investido máis de 9,6 millóns de euros no acondicionamento e posta en valor deste xacemento desde o ano 2004.
O xacemento castrexo de ‘A Cidade de San Cibrao de Lás’ é o eixo que vertebra o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, unha das grandes infraestruturas culturais previstas na Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, e que se completa co Centro de Interpretación. Con máis de 3.000 metros construídos este centro albergará unha exposición estable sobre a Cultura Castrexa, a realización de exposicións temporais, aulas didácticas e diversos servizos para os visitantes. Asemade, conta con espazos para o traballo dos arqueólogos e zonas de investigación e documentación.
O xacemento de San Cibrao de Lás é un dos castros escavados mellor coñecidos, con maior monumentalidade e de maior extensión da Comunidade Autónoma. O seu perímetro amurallado e a conformación interna das estruturas de habitación permiten ao visitante unha boa compresión dunha parte significativa da Cultura Castrexa. O Centro de Interpretación posibilitará o coñecemento da cultura castrexa, fortemente influenciada neste caso pola romanización.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o Mosteiro de Santa María A Real de Oseira, co obxectivo de comprobar os traballos de rehabilitación , nos que a Consellería investiu máis de 189.000 euros.
Estas obras son a terceira fase das que vén promovendo a Consellería de Cultura co obxecto de renovar o tellado do Claustro dos Cabaleiros do mosteiro, dando continuidade ás que anteriormente xa se executou nas alas sur e oeste. En total, desde 2005 a Xunta de Galicia ten investido máis de 590.000 euros nestas tres fases. O obxectivo é mellorar o estado de conservación deste espazo singular do cenobio para que a comunidade cisterciense poida recuperalo no seu día para un uso acaído.
Acompañado por membros da comunidade cisterciense do mosteiro, e os representates da Xunta na provincia, Vázquez Abad percorreu os espazos obxecto da mellora. Durante a súa visita, o conselleiro salientou o esforzo que este tipo de traballos supoñen no actual contexto económico, “e que dá conta do compromiso do actual Goberno galego coa conservación do noso patrimonio cultural”.
Tal e como explicou o conselleiro, “estes traballos permitiron deixar nas mellores condicións un dos principais espazos do mosteiro, o Claustro dos Cabaleiros, porta de chegada desde o século XVIII para todos quen chegaban en cabalería”. Situado tras a fachada principal, o claustro presenta unha mesurada composición de arcos de medio punto e fiestras rectas. Na súa planta baixa, ao redor do patio, dispoñíanse as cortes para os cabalos. Este espazo comunícase, ademais con tres salas abovedadas do século XIII que constitúen os únicos restos do mosteiro medieval.
A súa ala norte, obxecto das obras hoxe visitadas polo conselleiro de Cultura e Educación, acolle a zona de entrada ao Mosteiro, con tres plantas, nas que na baixa se atopan os espazos de recepción e salas de visitas. Nas superiores, sen uso na actualidade, situábanse os aposentos do abade e as salas representativas, e na de máis arriba atopábanse os antigos dormitorios dos monxes.
Coas obras de conservación das cubertas da ala norte do Claustro dos Cabaleiros realizáronse, ademais, traballos de reposición dos aleiros da fachada sur da igrexa románica do século XIII, un dos referentes da arte do Císter na Península Ibérica.
A XXIII Festa da Vendima, que se celebra este vindeiro domingo dia 26 de agosto, non terá o xantar oficial que organizaba cada ano o concello de Leiro no Parque do Salgueiral.
"Non é ético este tipo de gastos no contexto económico actúal" comentaron a esta emisora de radio os responsables da organización festiva que nos últimos anos invitaba a autoridades e representantes institucionais e de diversos organismos que acudían a Leiro, tamén se invitaba desde o concello aos coralistas que participaban no "Festival de Polifonía A Vendima no Ribeiro". O concello de Leiro decidíu suprimir este tipo de invitacións e renunciar a organización do xantar institucional.
Non obstante, os que se acheguen ata Leiro con motivo da festa da vendima poderán xantar un menú variado nos restaurantes ambulantes que se instalarán no parque do Salgueiral.
CONCURSO DE CARROZAS E GRAN DESFILE ÁS 12,30 HORAS
A organización mantén na programación a actividade estrela desta convocatoria festiva, o "Gran Desfile de Carrozas e Charangas" que desde as 12,30 da mañá percorrerá a rúa Gabino Bugallal de Leiro. Os organizadores esperan que se manteña o gran nivel de participación popular do ano pasdo, no que se establecera un novo record de participación neste concurso-desfile de carrozas que cada ano convoca a numeroso público.
Antes, as 12 de mediodia a Secretaria de Estado de Sanidade, Pilar Farjas, será a pregoneira da festa na Praza do Cruceiro. Un concurso de acios, un mercado artesanal e xogos populares completan a programación de actividades nesta Festa da Vendima 2012.
Quen vexa o marcador e non vise o partido pudera pensar que foi fácil para o Arenteiro, nada máis lonxe da realidade. O equipo da 1ª autonómica vendeu cara a súa derrota e ata os últimos minutos de partido o Arenteiro non pudo resolver a eliminatoria.
Non obstante, o partido logo se puxo de cara para os carballiñeses que ainda nos primeiros compases da contenda se adiantaban no marcador ao cabecear Iglesias un centro de Cancelas. E pouco máis munha primeira parte na que A Peroxa xa avisou a balón parado enviando un balón á cruceta.
No segundo periodo e cando parecía que a calor e o suposto mellor físico do Arenteiro pasaría factura aos locais e daría ventaxa ao Arenteiro, chegou a reacción da Peroxa que tivo o seu premio mediada esta segunda parte nun trallazo dun xogador local desde o borde da área que se cola por toda a escadra da meta de Macía. O gol espoleou á Peroxa que ata tivo un par de aproximacións á portería do Arenteiro nas que incluso pudo dar a volta ao marcador. Igual que na primeira parte, os carballiñeses cometeron varios erros na defensa.
Apenas a cinco minutos do final e cando parecía que a eliminatoria se ía decidir por penaltis, chegou unha xogada personal de Prada que puxo un balón de ouro a David Soares e o dianteiro carballiñés resolvia con solvencia de tiro cruzado. Co 1-2 no marcador os xogadores locais reclamaron con insistencia un penalti na área do Arenteiro. Xa no tempo de desconto, Prada fixo o terceiro e derradeiro gol dos carballiñeses. Acaso demasiádo premio para o Arenteiro polo visto esta tarde.
C.D. Arenteiro: Macia, Tazos, Xurxo, Dabarca, Pana, Gabriel, Iago, Cancelas, Prada, David Soares e Iglesias. Na 2ª parte tamén xogaron Javi López, Bardelás e Carlos Escudero, que sustituiron a Cancelas, Gabriel e Dabarca.
Asi o confirmou a Concelleira de Industria, Emprego e Promoción Económica do concello carballiñés, Teresa Cerdeira, que tramitou a solicitude ante a Consellería de Economia e Industria.
A subvención destinaráse a instalación de iluminación nunha zona do parque empresarial que aínda carece desta infraestructura nun dos viais e presenta deficiencias noutros.
A Concelleira mostrou en COPE O Carballiño a súa satisfacción pola consecución desta achega económica que permitirá ao concello do Carballiño atender "unha petición dos empresarios, que levaban máis de 3 anos con esta demanda, pretendemos mellorar o nivel das infraestructuras e conseguir un parque empresarial máis competitivo, e tamén outro obxetivo, mellorar a seguridade", subliñou.
A Agrupación local do PSdG-PSOE volve chamar a atención sobre a xestión que o goberno municipal do Partido Popular fai das instalacións do camping e do parque etnográfico do riío Arenteiro.
"En pleno mes de Agosto e resto da tempada estival resulta lamentable ver como a Concellería de Turismo está a abandonar a xestión do cámping municipal e o Parque Etnográfico. Nesta época do ano, onde a xente acostuma a achegarse ata este entorno, é incomprensible como as instalacións do Parque Etnográfico se atopan pechadas en estado de absoluto abandono", subliñan.
Ademáis, -afirman desde o grupo socialista "resulta inquietante ver que o Cámping Municipal non está a ser promocionado e carece da atención suficiente para un servicio destas características, o que desemboca nas continuas queixas dos escasos usuarios que se instalan neste espacio. Resulta frustrante ver baleiras as parcelas do cámping logo do éxito acadado hai dous anos resultado do esforzo do equipo de xestión en mantenimiento do lugar".
Manifestan tamén que "despido do técnico xerente, e a falla de atención por parte da Concellería de Turismo obrigan a esta agrupación local a denunciar o pésimo traballo ou nulo que se está a realizar pola responsable desta área e o do propio alcalde, quen nunca apostou pola continuidade de moitos anos de traballo e do esforzo de moita xente que traballou para facer realidade a área con maior atractivo medioambiental, etnográfico e turístico do Carballliño".
Finalmente, poñen de manifesto que "dende a agrupación local do PsdeG-PSOE esiximos do alcalde do Carballiño que poña a atención necesaria para resucitar este espacio turístico, comezando polo seu manteñemento ata a apertura do Parque Etnográfico e a súa promoción, así como revitalizar e pór en funcionamento eficaz o cámping municipal. Todo iso está a dar unha imaxe moi negativa do Carballiño que é necesaria erradicar".
Entenden que as informacións aparecidas nos medios de comunicación son "a todas luces contradictorias e confusas" polo que demandan "un exercicio de responsabilidade e se fale de forma clara neste asunto".
As 3 Plataformas constituídas para opoñerse á instalación da planta incineradora remitiron un escrito dirixido ao Presidente da Xunta e ó Conselleiro de Medio Ambiente no que lle piden "unha comunicación oficial do seu posicionamento ao respecto e sen ambigüidades nin medias tintas e aclare dunha vez por todas se seguen adiante ou non coa idea de instalar a planta incineradora de residuos no Irixo".
Recordan, ademáis, que desde o pasado mes de decembro de 2011 cando se anunciou este proxecto por parte do Conselleiro de Medio Ambiente "a falta de transparencia foi a tónica dominante" e quedou sobradamente de manifesto como "as movilizacións populares do Irixo, O Carballiño e Lalín denotaron ás claras que a preocupación é máxima e que a xente non está disposta a admitir que se xogue co noso futuro", subliñan.
A baixa de Kennedy, que deixou a disciplina do C.D. Arenteiro por decisión do propio club, será cuberta por Javi López, un xogador que chega O Carballiño despois de militar a tempada pasada no equipo de As Pontes, da 3ª división.
Trátase dun interior esquerdo polivalente, de 26 anos, que con anterioridade xogara no Cidade de Santiago e no C.D. Lalín, e que ata fai unhos dias estaba na órbita do C.D. Ourense, aínda que finalmente as xestións feitas polo Presidente José Antonio Cadavid, fixeron que o xogador dezano se decidira polo Arenteiro. Esta mesma semana incorporase aos adestramentos ás órdes de Dacosta.
O PARTIDO DE COPA NA PEROXA O DOMINGO 19 ÁS 17,30 HORAS
Este pasado mércores dia 15 os carballiñeses desputaban o quinto partido de pretempada en Nogueira de Ramuín, derrotando ao equipo local por 1-3, con dous goles de Cancelas e ún de Iglesias.
O domingo dia 19 de agosto xogaráse o partido de COPA DEPUTACIÓN, eliminatoria a partido único, no campo do Marco ante o equipo local, A PEROXA F.C., a partir das cinco e media da tarde.
Alfredo Cruz, o Ex-Alcalde Socialista de Punxín, manifestou nesta emisora de radio que comparte o malestar veciñal porque a situación que está vivindose neste municipio pola auga "é de cárcere".
Referíase concretamente á problemática que afecta á localidade de Ourantes onde -según o Ex-Alcalde- a auga do abastecemento non reúne as condicións de salubridade necesarias para o consumo humano " temos un problema moi serio co arsénico na auga, esto é moi grave, temos analíticas que demostran que houbo atá un 23% de arsénico, o Alcalde tiña que ter informado aos veciños con bandos, e non se fixo nada, esto é de cárcere, outros por menos están inhabilitados", afirmou Alfredo Cruz.
O Ex- Alcalde está, ademáis, moi molesto coa actitude do actúal rexedor municipal do Partido Popular, por culpabilizalo do incremento nos recibos da auga, xa que o socialista foi o que asinou en 2007 o contrato con Aquagest para a xestión do servizo municipal de auga no municipio de Punxín.
Alfredo Cruz declarou en COPE O Carballiño que "cando nos chegamos ao concello non chegaban 40 mil euros ao ano para mantemento e averias, era algo descomunal, aquelo era unha auténtica desfeita, e pensamos que con Aquagest podiase solucionar todo aquél problema". O Ex-Alcalde explicou que foi daquéla cando "pedimos un informe xuridico á Deputación porque Punxín non ten valor xurídico por ter menos de mil habitantes, por eso foi a Deputación quen fixo o estudio do contrato que asianos con Aquagest, e aquél informe foi favorable", remarcou.
"Despois a partir do 2009 e 2010 empezamos a acusar a crise, e no 2011 antes de deixar nós o concello xa lle comunicamos a Aquagest que tiñamos un problema pola rebaixa nas aportacións do Estado e da Xunta, e que tiñamos que revisar o prego de condicións, que é revisable cada 2 anos, e xa daquéla lle dixemos que había que revisalo e que ademáis non lle ibamos aprobar os incrementos que propoñían", manifestou Alfredo Cruz.
Finalmente, o ex-rexedor socialista recordou como despois de perder as eleccións "e quero recordar que por 8 votos, no primeiro pleno que se celebrou o primeiro que fixo o novo Alcalde foi aprobarlle todo a Aquuagest, e deso nos non podemos ser responsables".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 680
- 681
- 682
- 683
- 684
- 685
- 686
- 687
- 688
- …
- seguinte ›
- última »