O BNG de O Carballiño presentou no Concello unha moción para denunciar que a Xunta ten recortado en 61 millóns de euros as axudas ás corporacións municipais para políticas activas de emprego e para a contratación de paradas e parados.
A portavoz municipal do BNG, Àurea Francisco Lorenzo manifesta que “esta drástica redución dos fondos públicos aos concellos para combater o paro é especialmente antisocial nun momento en que, precisamente a consecuencia das políticas despregadas polo PP en Galiza, o paro no noso país medra a un ritmo superior do que no Estado”.
Ademais, Àurea Francisco dixo que “neste contexto resulta absolutamente inconcebíbel que se reduzan as partidas económicas que permitían aos concellos desenvolver políticas activas de emprego, actividades de formación e contratación de parados e paradas en servizos municipais”.
Finalmente, Àurea Francisco declarou que “o Partido Popular, por tanto, insiste en políticas contrarias ás maiorías sociais e contrarias a calquera hipótese de saída xusta da crise. Non só recorta as axudas para a creación de emprego, senón que, mediante a contrarreforma laboral, ten abaratado o despedimento, o que até agora se ten traducido, como advertía o BNG, nun brutal incremento do desemprego tanto en Galiza como no Estado”, remarcou.
As últimas incorporacións que se suman ás xa anunciadas con anterioridade son as de Borja Lorenzo "Tazos", Roberto Dacosta e a renovación de Kennedy, que fora inicialmente descartado.
"Tazos" procede do Ourense B, ainda que este mesmo ano xogou varios partidos co primeiro equipo do C.D. Ourense, xoga de lateral e ten 22 anos. Tamén se confirma a continuidade de Kennedy, que chegou na súa segunda etapa ao Arenteiro mediada a pasada tempada.
Roberto Dacosta chega ao Arenteiro para reforzar a zona de creación do equipo, procedente da A.D. Covadonga da 1ª autonómica, aínda que anteriormente militara en categorias superiores co Ponte Ourense, e mesmo co C.D. Ourense en 3ª división, ten 31 anos.
A DÉBEDA DO CLUB REDUCESE EN 18.000 EUROS
Cerrada a contabilidade do último exercicio, o club que dirixe José Antonio "Cadavid" logrou reducir a débeda en 18.000 euros, polo que a débeda actúal queda en 53.000 euros, según os datos facilitados desde o propio club.
Xa cara a vindeira tempada, os carnés de socio terán un prezo de 80 euros para homes e 40 euros para mulleres. O orzamento previsto para a tempada 2012-2013 rondará os 120.000 euros, esperando que a xestión económica permita seguir rebaixando a débeda actúal.
O Carballiño contará no próximo curso futbolístico con dous novos equipos en competición federada. O Arcos F.C. e o Sporting Casino militarán na vindeira tempada na 3ª autonómica.
No caso do Arcos F.C. trátase dun regreso ás competicións, nas que xa participou atá chegar á 2ª autonómica, e chegando incluso a ser ún dos equipos punteiros da segunda categoria provincial. En canto ao Sporting Casino Carballiño, o mesmo tomará parte en competición federada por vez primeira, e nace ao amparo do Casino Cultural do Carballiño, como unha nova alternativa deportiva impulsada desde a propia entidade.
Os socialistas de Leiro pediron ao alcalde que se lles informe por escrito sobre o futuro próximo do colexio público e a posible reagrupación de alumnos e supresión dunha aula.
O portavoz socialista, Manuel Rodríguez Vázquez, preguntou entre outros temas polas brigadas de cooperación, da que a piques de rematar o mes xuño aínda non se sabe nada, salvo a redución prevista polo Goberno central dun 75% do orzamento para estos programas.
Rodríguez acusou de facer demagoxia ao alcalde respecto da reapertura do antigo Balneario de Berán, ao que nun momento se negou porque supostamente as cañerías estaban oxidadas, cando a realidade é que a súa nefasta xestión fixo que durante anos estiveran pechadas estas instalacións e as novas estean en mans da Xustiza.
Ademais, os socialistas criticaron as normas provisionais sobre o uso de terrazas para bares e cafeterías, que deberían estar regulamentadas por unha ordenanza municipal, e pediron “que a próxima Festa da Vendima non se converta de novo nunha festa do Partido Popular”.
O ALCALDE ATRIBÚE AS MANIFESTACIÓNS SOCIALISTAS A " UNHA CAMPAÑA DE INTOXICACIÓN "
O Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, difundíu un comunicado de prensa no que "fai saber que consultada dita información relativa á posible supresión dunha aula no colexio público de Leiro ante á Consellería, a mesma resulta errónea, xa que non se pretende suprimir ningunha aula no colexio público Emilia Pardo Bazán de Leiro e ademáis espérase que para o próximo curso escolar aumente o número de escolares, circustancia que non se dará na maioría dos municipios da zona, o que augura a continuidade do noso colexio", suliña.
"Por todo isto, o que se aprecia é a mala fe do grupo socialista de Leiro, e sobre todo a falta de interese por contrastar a información derivada de rumores e facilitada aos medios en nome da veciñanza de Leiro, e con único fin de continuar coa súa campaña de intoxicación dirixida á poboación de Leiro, son unhos auténticos intoxicadores ", manifesta o rexedor municipal.

Fin de semana de moita actividade na vila de Cea. O sábado dia 30 ás 11,30 horas inauguranse as novas instalacións do campo de fútbol do Lodairo, e o domingo 1 de xullo o campo da Saleta acolle unha nova edición da Festa do Pan de Cea.
O novo Lodairo é agora un moderno campo de fútbol de herba sintética preparado para distintas modalidades deportivas, como o fútbol -5, o fútbol-7, ou o máis convencional, o fútbol-11. Ademáis, tamén se reformaron os vestiarios, a grada e acometeronse melloras en todo o seu contorno. No proxecto investironse 300.000 euros, aportados pola Deputación e o propio Concello de Cea. O Alcalde, José Luis Valladares, recordou en COPE O Carballiño "a evolución deste campo desde aqueles tempos nos que aquelo era un pedregal, por alí pasaba un camiño e houbera que retirar unhos postes da luz, eu daquela era directivo do C.D.Cea, e tiveramos que amenazar a Fenosa, recordo que nos esixiran un convenio por importe de 100.000 pts, e o final só pagarámos unha peseta".
Valladares mostrou a súa satisfacción por ver realizada unha obra "que nos estaban demandando os xóvenes, a partir de agora xa poden disfrutar destas novas instalacións". O rexedor ceano tivo palabras de agradecemento para o Ex-Presidente da Deputación José Luis Baltar "porque se non fose pola colaboración da Deputación non housemos podido acometer este proxecto", suliñou.
XXI FESTA DO PAN DE CEA
O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea e o Concello de San Cristovo de Cea esperan que o evento siga cumplindo o seu obxetivo: promocionar o producto estrela da localidade, unha industria artesán que manteñen hoxe activa un total de 18 fornos, aos que logo se sumarán dous novos productores.
Para ver a programación desta XXI Festa do Pan de Cea entra en www.concellodecea.com
Este sábado 30 de junio se celebra el XV Encuentro Autonómico de Voluntariado de Cruz Roja que reunirá en O Carballiño a más de 350 personas procedentes de las diferentes sedes que la Institución tiene en Galicia. Es uno de los actos más importantes del año y se ha preparado un completo programa para compartir una jornada que tiene como objetivos reconocer la importante labor que realiza día a día el voluntariado y sensibilizar sobre su valor y su papel en la sociedad.
El acto de inauguración del Encuentro se celebrará a las 11 de la mañana en el Centro Multifuncional de O Carballiño y estará presidido por Carmen Colmeiro Rojo, presidenta autonómica de Cruz Roja en Galicia, que estará acompañada por Ovidio Rodeiro Tato, director xeral de Xuventude e Voluntariado de la Xunta de Galicia, Argimiro Marnotes Fernández, alcalde de Carballiño, y Teresa Rodríguez Babarro, presidenta provincial de Cruz Roja en Ourense.
Este año se han concedido 14 distinciones de la Institución, que se entregarán a continuación de la inauguración y que han recaído en:
Medalla de Oro: Rufino Constantino Pérez Outes (ex presidente de la Asamblea Comarcal de Santiago de Compostela).
Medallas de Plata: Rocío Soto Canosa (ex presidenta de la Asamblea Local de Vimianzo); Antonio Soto García (voluntario de la Asamblea Local de Burela); Andrea Cumanda Ayala Flores (presidenta comarcal de O Ribeiro), Manuel Vázquez Gallego (voluntario de la Asamblea Comarcal de Pontevedra) y el Concello de Carballiño.
Diplomas: Albino Dieguez Gómez, Mónica Míguez Rey, Mª del Carmen Rey Rionegro, Guadalupe Vizcaya González, Luis Saul Cid Verna, Teresa Iglesias Pérez, Mª Evangelina Atienza Lobos y Mª José Fernández Devesa.
A las 12:30, Cándido Pazó hará un monólogo titulado “Solidaridad en tiempos de crisis: voluntariado saludable”. Posteriormente Fernando Prado, del departamento de Salud y Socorros de Oficina Central, hablará de los Equipos de Respuesta Inmediata en Emergencias (ERIEs), ya que después se visitará una exposición, instalada en el parque de Carballiño, en la que se podrán ver los materiales que emplean estos equipos especializados y preparados para intervenir en catástrofes o emergencias que se produzcan en la geografía nacional como ocurrió, por ejemplo, en la tragedia del Orzán o en el terremoto de Lorca. El programa se completa con una comida de confraternización y con un paseo guiado al Molino de As Lousas.
Actualmente hay 18.588 voluntarios y voluntarias de Cruz Roja en Galicia, son 5.516 en Pontevedra, 4.889 en A Coruña, 4.170 en Ourense y 4.013 en Lugo.
No transcurso da semana vindeira reuniráse a asemblea de afiliados para proceder á renovación da executiva local do PSdG-PSOE, igual que o farán antes do 10 de xullo o resto das agrupacións locais socialistas.
O actúal portavoz do grupo municipal no concello do Carballiño, Paco Fumega, avanzou a presentación da súa candidatura ao cargo de secretario local coa idea "de implicar a unha boa parte da sociedade carballiñesa nun proxecto que pensamos que ten que ser ilusionanante, un proxecto que pensamos que ten que crear un programa electoral que permita que O Carballiño dentro de 3 anos salga do impasse no que se atopa", suliñou.
Fumega chegou mesmo a calificar como "situación de bloqueo institucional que sufre O Carballiño desde Santiago" e como exemplo do mesmo puxo o proxecto da obra no contorno da Veracruz "que nin está nin se lle espera, dando unha imaxe aos turísticas dun pobo desastroso que perdeu o rumbo e non sabe onde vai", afirmou.
Desta maneira, os socialistas do Carballiño volven apostar por Paco Fumega, xa o fixeron como cabeza de cartel nas pasadas eleccións municipais e volven a facélo agora confiándolle o máximo cargo orgánico do partido a nivel local, en sustitución de Guillermo Dopazo.
Os catro primeiros xogadores en asinar a súa ficha para a tempada que ven na preferente son David Soares, Cristian Dacosta, Xurxo Bouzo e Iago Garrigo.
Son os catro primeiros, e nos próximos dias chegarán máis. David Soares -dianteiro centro- de 28 anos de idade, procede do C.D. Lalín, equipo do que foi ún dos seus máximos goleadores nas últimas tempadas. Tamén é dianteiro Cristian Dacosta, que xogou esta pasada tempada no Ourense B, e que agora estará ás órdes do seu primo e adestrador do C.D. Arenteiro, Ramón Dacosta.
Regresan ó Carballiño Xurxo e Iago, defensa e medio centro, que xa xogaron no Arenteiro de fai dúas tempadas en preferente. Ambos estiveron este ano ligados ao Sp. Celanova.
En canto a baixas, están xa confirmadas as de Gele, Viñas, Vilachá, Kennedy e César. Esta relación de baixas aínda está pendiente de cerrarse, toda vez que o club quere manter a varios xogadores da tempada pasada, ainda que negocia con eles unha posible cesión a equipos da comarca.
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, avanzou esta mañá ao alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, que a Secretaría Xeral de Ordenación de Territorio e Urbanismo vén de emitir a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Leiro.
Esta decisión foi comunicada ao rexedor municipal no transcurso dunha reunión de traballo celebrada esta mañá na Casa consistorial, xornada na que tamén se visitou a estación de tratamento de auga potable de Leiro.
O conselleiro destacou que os técnicos da Secretaría analizaron a integridade e suficiencia dos documentos do plan, a conformidade do mesmo coa lexislación urbanística vixente e a adecuación das súas determinacións á protección do medio rural, así como a incidencia do plan sobre as materias de competencia autonómica e sobre as políticas autonómicas de desenvolvemento sostible.
O concello ten unha superficie de 3.830 km2, da cal un 95% é de solo rústico de protección, e un 3,21% é solo de núcleo rural. En relación cos solos urbanizables, o plan xeral prevé un total de cinco para completar a trama entre os núcleos existentes.
Tamén sinalou que neste municipio ordénanse máis de 85.000 m2 de solo de espazos libres e zonas verdes e máis de 50.000 m2 dedicados ao equipamentos comunitario. Unhas cifras que son o dobre no caso dos espazos libres e e máis do triplo no caso dos comunitarios, e que superan os mínimos establecidos por lei (39.500 para espazo libres e preto de 30.000 para o equipamento comunitario.
Hernández engadiu que en relación coas novas vivendas previstas, o PXOM cuantifica 900 novas vivendas que, sumadas ás vivendas existentes, fan un total de 2.401. Estas repártense do seguinte xeito:
- Núcleos rurais: 1.780 vivendas nos 31 núcleos rurais (74 % do total)
- Solo urbano: 474 vivendas no núcleo urbano de Leiro, que é o núcleo principal e á súa vez o único urbano existente (20% do total)
- Solo urbanizable: 147 vivendas (6% do total)
Recordou o conselleiro que a Xunta destinou un total de 118.000 euros para a a redacción do planeamento.
Os responsables municipais esperan que no transcurso da semana se adxudiquen por parte da Deputación as obras na rúa Ourense, de tal maneira que o inicio dos traballos sexa inminente.
O problema da focha aberta nesta rúa remontase a fai case dous anos. Aínda que o actúal grupo de goberno anunciou como prioritarira esta obra ao pouco tempo de tomar posesión, non obstante a mesma non pudo executarse polo seu elevado coste, unhos 50.000 euros, polo que optouse por incluila nos planos provinciais da Deputación.
A obra consistirá en repoñer o colector existente por un novo (a avaría produciuse precisamente polo estado do anterior colector, que era moi antigo e deterioraba todo o ámbito con continuas avarías). Así mesmo procederase á reparación de todos os ramais e enganches dese colector. Os traballos ampliaranse nuns 70 metros lineais, co que se garante un arranxo total da zona de actuación.
Argimiro Marnotes e Magín Daparte, alcalde e concelleiro de obras respectivamente, mantiveron unha reunión cos veciños afectados por esta obra, aos que explicaron a situación de proxecto e as xestións realizadas polo concello para solucionar o problema. Neste sentido o alcalde agradecía a todos os veciños a comprensión que en todo momento mostraron neste asunto "temos que agradecerlles a paciencia durante este tempo, pero eles entenderon tamén que a nosa intención era facer un proxecto bo, e non algo que tivésemos que arranxar en pouco tempo".
A actuación non se centrará só en tapar a focha, senón no cambio do colector e da rede da zona, e ao mesmo tempo unha mellora da capa de rodadura nese tramo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 682
- 683
- 684
- 685
- 686
- 687
- 688
- 689
- 690
- …
- seguinte ›
- última »