24, Xuño 2012

O Concello de Boborás ven de abrir o prazo de matricula para o Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2012-2013. A data límite para facer a inscrición remata o vindeiro 27 de xullo.

 As familias interesadas poderán solicitar información e cubrir a solicitude de inscrición nas oficinas do concello ou no propio Punto de Atención á Infancia situado no recinto do CEIP “Nosa Señora de Xuvencos”.

O prezo para aqueles nenos e nenas que están empadroados/as no concello de Boborás é de 30 euros ao mes por xornada completa, mentres que aqueles/as que non o están teñen un prezo público de 45 euros. Así mesmo existen bonificacións do 25% no caso de familias numerosas e do 50 % cando se ten máis dun/dunha neno/a matriculado/a no PAI.

Para máis información poden chamar as oficinas do concello ao 988402600-988402008 en horario de 8.30 a 14.30 horas.

21, Xuño 2012

 As piscinas municipais do Carballiño están abertas ao público desde o 22 de xuño, prolongando a tempada como é habitual ata o próximo mes de setembro. Durante o día de apertura a entrada será gratuíta, en horario de 11:00 a 20:30 horas. Este será o horario que rexerá durante todo o verán.

Os prezos das entradas durante o presente 2012 serán de 1,10 para os menores de 16 anos, e de 1,80 euros para os maiores desa idade. Tamén, e como en anos anteriores se dará a posibilidade de adquirir bonos mensuais ou de tempada. Os prezos destes bonos, ao igual que os cursos de natación que se impartirán durante o verán estarán a disposición do público nos despachos da propia piscina.

O concello do Carballiño cedeu a explotación destas instalacións municipais a unha empresa, a mesma que durante o pasado verán estivo a animar varios días as piscinas con inchables e outras actividades, e será esta a responsable do seu funcionamento dende o venres 22 de xuño. Entre as esixencias que estableceu o concello están as da seguridade, e por iso contarase cun equipo de 4 socorristas, que velarán polos bañistas durante todo o tempo en que as instalacións estean abertas.

21, Xuño 2012

A Ruta sairá da Praia Fluvial de Valderías facendo un traxecto circular, volvendo ao mesmo sitio, pero percorrendo a Ruta dos Canastros, nunha distancia aproximada de 17,7 quilómetros, estando todo o percorrido sinalizado e con dous puntos de control e avituallamento con auga, bebidas isotónicas e alimentos enerxéticos. A Andaina celebraráse o domingo dia 1 de xullo ás 8,30 da mañá.

Tras a saída da Praia Fluvial de Valderías iremos a Beresmo, chegando á zona coñecida como a Murada onde encontraremos os primeiros hórreos da ruta. Seguiremos por unha parte da zona vella e dende alí iremos ao Couto de Santa Eugenia para ver unhas vistas espectaculares do encoro de Albarellos, seguindo por unha das rutas de sendeirismo que ten habilitadas o Concello. Despois volveremos a Beresmo e iremos a unha eira na que se encontran 26 hórreos restaurados por un obradoiro de emprego, saíndo por Portocarro para coller un sendeiro que nos levará a Cendóns, onde veremos 2 eiras de hórreos tamén recuperadas. Por outro sendeiro rodeado de árbores e vexetación autóctona chegaremos a Cernadas, onde volveremos encontrarnos con máis hórreos antigos e dende aquí a Barroso, pasando polo coñecido como ponte Gabián, non sen antes admirar unha impresionante paisaxe co río Valderías ao fondo discorrendo entre montañas cheas de vexetación frondosa. Tamén poderemos ver o coñecido como "Pozo Negro", famoso pola súa profundidade. Unha vez en Barroso chegaremos a unha das eiras máis grandes de hórreos non só de Galicia senón de Europa, con 29 canastros restaurados. Dende aquí continuaremos por un vello camiño que nos conducirá finalmente de novo á Praia Fluvial de Valderías e con iso fin da Andaina.

Ao rematar, todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa e darán boa conta dunha suculenta comida, ademais dalgunha sorpresa, para facer que unha xornada de exercicio e convivencia remate nunha gran festa.

O prezo da actividade é de 20 €.

O prazo para anotarse remata o próximo 25 de Xuño. Podes facelo no Concello de Avión, na Biblioteca Municipal, na Casa Vermella e no Pavillón Polideportivo.

Para máis información poden falar con Darío Vázquez, no teléfono 609.77.09.73

21, Xuño 2012

O BNG vén de rexistar no Concello de O Carballiño unha moción a favor da constitución dunha Banca Pública Galega e para que se convoque de imediato un referendo que permita á cidadanía pronunciarse ante un rescate ao Estado español que significa un “roubo ao pobo”.

A portavoz municipal do BNG,Àurea Francisco Lorenzo, manifesta que “en realidade, o que se vai rescatar son os bancos -únicos beneficiarios desta operación- e quen vai pagar a factura da operación, en forma de xuros e de novos recortes no seu benestar, é o conxunto da sociedade. E ademais vai significar a destrución do sistema financeiro galego”.

“É por isto que a única alternativa para salvar o aforro galego, e impedir que sexa espoliado por entidades foráneas é a aposta pola Banca Pública Galega, instando á Xunta de Galiza a que demande do Estado a transferencia da participación que o FROB detenta en NGB”, engadiu a portavoz do BNG.

Asemade, Àurea Francisco Lorenzo, manifesta que “queremos que se rescate ás miles de persoas afectadas pola estafa das preferentes, así que con esta moción demandamos unha solución para elas. Solución que non pode ser outra que a da restitución até o último céntimo de todos os seus aforros. Se hai 100.000 millóns de euros para rescatar a banca, debe haber, de existir vontade política, capacidade económica máis que de abondo para devolver o estafado ás vítimas desta xigantesca fraude”.

A depuración das responsabilidades ás que houber lugar polo enorme burato deixado na economía polos xestores do sistema financeiro atopa tamén acomodo na moción do BNG que demanda a creación de comisións de investigación no Parlamento de Galiza e no Congreso dos Deputados. Até agora foron vetadas por un PP que claramente ampara os responsábeis dunha catástrofe financeira que, rescate á marxe, xa lle ten custado ao contribuínte 118.000 millóns de euros (máis de dúas veces o PIB galego).

A moción tamén se preocupa do impacto que a nova reestruturación financeira imposta polo rescate vai ter no cadro de persoal de Novagaliciabanco e na atención aos veciños e veciñas, sobre todo da zona rural. Neste sentido, o BNG demanda a adopción de medidas políticas que permitan que non se destrúa nin un só posto de traballo máis no sistema financeiro galego e se preste atención adecuada aos clientes.

20, Xuño 2012

O Bañiño de Arcos acolleu a presentación da dedicatoria da 50 festa do polbo, un acto que contou coa presenza da maior parte dos patrocinadores da convocatoria gastronómica carballiñesa.

Tamén se achegaron a esta presentación varios membros do grupo de goberno do Partido Popular, e os concelleiros socilalistas Paco Fumega e Manolo Dacal. O Alcalde, Argimro Marnotes, explicou que non era casual que se elixise o Bañiño para este acto "porque queremos simbolizar asi que o termalismo e a gastronomia do pulpo son dous dos eixos fundamentais da nosa economia e do noso potencial turístico, e tamén porque aquí no Bañiño estamos na parroquia de Arcos".

Marnotes suliñou que a deste ano, ao cumplirse a idade de ouro da festa é unha edición moi especial e por eso tamén se pensou "nunha dedicatoria moi especial, plantexamonos a quén podia dedicarse esta 50 edición, preguntámonos quen podia merecelo, qué institución ou cidade, acaso unha persoa, producto ou país, e chegamos a conclusión de que ninguén mellor podía simbolizar os 50 anos de tradición festiva como os propios pulpeiros e pulpeiras, porque ésta é a súa festa", dixo.

O rexedor municipal asegurou ademáis que "estamos en contacto case diario có Ministerio, porque a nosa intención é que cando chegue o dia da festa deste ano poidamos contar xa coa declaración de interés turístico nacional para unha festa que sabemos consta xa co recoñecemento internacional". Marnotes rematou o acto agradecendo a colaboración que prestan os patrocinadores a unha festa " que é certo, e témolo que decir todos os anos e sentirnos orgullosos delo, é a festa gastronómica máis importante de Galicia".

19, Xuño 2012

Comezaron os traballos que se inclúen dentro do acordo ao que chegaron a Deputación e o concello do Carballiño, dirixido principalmente á reparación e mellora de varias rúas e camiños do municipio.

 As primeiras actuacións leváronse a cabo na rúa Serra Martiñá, onde se executaron traballos de tratamento integral do asfaltado, e corrixiuse un problema existente na zona coas augas pluviais, colocando unha nova canalización para recoller estas augas.

Os traballos extendese á rúa Beariz, onde ademais do tratamento integral do asfaltado se está a proceder ao ancheado nalgunhas zonas para mellorar a circulación, tanto de vehículos coma de peóns. Dentro do mesmo acordo coa Deputación vanse levar a cabo outras actuacións nas rúas Leiro, Castelao e Corzos. En todas estas rúas executaranse os mesmos traballos de asfaltado, canalización de pluviais e ancheado onde sexa necesario. Na rúa Castelao executaranse tamén tarefas de rebacheo.

Este acordo coa Deputación consiste en que a institución provincial achega a maquinaria e os operarios especializados nas tarefas concretas a realizar, e o concello achega o material. Co que o concello pode executar unhas obras necesarias, e solicitadas polos propios veciños, a un custo reducido. As obras antes mencionadas non serán as únicas que se executen dentro deste convenio, pendentes só do plan de actuación que propoña o concello e o calendario de actuacións da Deputación

17, Xuño 2012

As Secretarias de Medio Ambiente e Medio Rural do PSdeG, Susana Bayo e Ana Doval, protagonizaron o acto "Enarborar o Bosque" que  en defensa do medio rural galego que tivo lugar no concello de Beariz.

O PSdeG-PSOE reclama ao goberno Feijóo, e en concreto ao departamento de Medio Rural, que non mire para outro lado ante a petición dos grupos da oposición e de numerosos colectivos sociais para que retire a Lei de Montes que se aprobará a finais deste mes. “Unha lei que abre a porta a especulación co noso patrimonio ambiental e que non valoriza os recursos forestais”, afirman.

 Precisamente cando o goberno galego acaba de publicar o decreto para a declaración da tempada de risco de incendios na nosa comunidade, os socialistas recordan que o PP non quixo aceptar o Pacto polo Monte Galego presentado polos Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Pachi Vázquez,  que recollía medidas para a prevención dos lumes e para unha maior coordinación dos efectivos dispoñibles en época de crise.  Neste punto recordan que "por cada euro que se destina a prevención, gástanse 3 en apagar incendios e 1,5 en rexenerar o monte ardido".

A responsable de Medio Rural, Ana Doval considera que “nun momento no que a crise e unha maior conciencia ambiental están a provocar un tímido retorno ao medio rural, o Goberno galego debe artellar medidas que respondan ás demandas actuais, en lugar de gobernar cun programa electoral de hai 8 anos que non ten solucións nin propostas de ningún tipo para problemas como a seca, a necesidade de maior superficie agraria para os gandeiros ante os retos da PAC, ou o millón de hectáreas abandonas de monte en Galicia”.

ENARBORAR O BOSQUE é unha actividade organizada por varios colectivos medioambientais e culturais co obxectivo de facer unha defensa do medio rural en Galicia, e en concreto na Terra de Montes. Este ano queren manifestar a oposición a unha posible mina a ceo aberto no concello de Beariz e parte de Forcarei, u proxecto no que está interesado unha multinacional canadiense, que está levando a cabo prospeccións nunha área de 3.690 hectáreas entre as parrquias de Rubillón e Presqueiras. Tamén denuncian a tala indiscriminada de especies protexidas por parte do concello de Cerdedo.

17, Xuño 2012

A Casa da Cultura do Carballiño acolleu  a primeira Convención de Populares do Carballiño, a que asistiu tamén o presidente provincial do PPOU, Manuel Baltar, quen deixou claro que esta é a primeira convención do partido politico que mais se parece á sociedade do Carballiño ".

 O obxecto desta xuntanza foi dar conta, por parte dos membros do Goberno Municipal do Carballiño, da xestión levada a cabo neste primeiro ano de mandato. Asemade, tamén serviu para que os afiliados, militantes e simpatizantes populares aportasen ideas e suxerencias ao alcalde e mailos concelleiros.

 

O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, deu as grazas ao público asistente e aos membros do eu equipo de goberno, lembrando "o incansable traballo que se está levando a cabo a prol dos intereses do Carballiño". Tamén recordou os avances que se están desenvolvendo en política de Persoal do Concello (área asumida dende a Alcaldía), así como coa necesaria Auditoría para coñecer o estado real do Concello: Era un clamor na rúa, era unha promesa e é unha realidade, pero o seu resutado é unha cruda realidade. Catro milons de débeda financiera, 2,8 millons de débeda a proveedores, e tres millóns que temos que dar por prescritos por unha deficiencia no sistema de cobro. Esto tradúcese nun problema de casi 10 millons. Para unhs seica é pouca débeda. Pero para nos é moito. So é pouca débeda para os que ata ese momento tiveron a desfachatez de ter un gran número de facturas ata sin dar por boas, cando o traballo está realmente executado, xa non digo pagadas, pero alomenos recoñecidas. Menos mal que nos somos xente de tirar para diante, que si nos temos que parar nalgunha desas facturas non avanzamos, só nos enzarzamos, e ese non é o noso estilo”, sinalou o rexedor, “feita a auditoría aparece o plan de pagos a proveedores, que sendo que sabemos que é un sacrificio para todos os veciños do pobo pois temos que pagar 1,6 millons a 10 anos, o certo é que si este plan non existise, os provedores terían moi complicado poder cobrar do Concello nun tempo prudente. É un plan do que alguen da oposición chegou a decir que era incrementar a débeda, como si so se puidese contar como débeda o que se lle debe aos bancos, como si eses mesmos euros debidos a empresas non fose débeda. Así lles ía aos proveedores”.

 

Tamén explicou Argimiro Marnotes a actual xestión económica, coa recente aprobación dos orzamentos  que baixan un 15% pasando de 10 millons a 8,2 millons, e mellorando as actividades que se viñan facendo, e conseguindo que por primeira vez logo de moitos anos o capítulo 1 dos orzamentos referido a gastos de persoal, xa non sexa o capítulo mais elevado do orzamento do Concello do Carballiño. “Estamos a facer mais con menos, demostrando que non por gastar mais se poden facer mellores cousas, senón que gastando con criterio, se gasta menos e se poden facer mais e mellores activiades e servicios. Estamos a aforrar en múltiples aspectos, dos que seguro xa vos diron boa conta. Facemos descontos por domiciliar recibos, e o que tamén é importante procuramos poñer ao día os cobros, para que todos paguen, pois é de xustiza que así sexa, asunto este que non estaba a suceder”, sinalou o alcalde.

 

Por último, Argimiro Marnotes agradeceu a súa presencia e colaboración dende a Deputación ao presidente provincial, Manuel Baltar, afirmando que “hoxe O Carballiño está incorporado á recollida de residuos solidos urbans xestionada pola Deputación e o servicio mellorou moitísimo, sin ter incremento de coste para os usuarios. sabemos da pronta incorporación da canceira como canceira piloto para a rede provincial de canceiras. A colaboración da Deputación en diversas actividades ao longo deste ano como formación, ou turismo co congreso internacional que se celebrará en Novembro, ou as máquinas da deputación que xa traballan nas nosas rúas, entre outras, foron, son e serán importantes para Carballiño”, anunciando para finalizar que “facémonos partícipes do PLAN 92 da Deputación de Ourense como parte dese 92 eue somos todos os concellos da Provincia e sabes que colaboraremos para que os servicios se poidan optimizar, pois é imprescindible para sobrevivir. O Carballiño, nese senso está a facer o posible para unha pronta incorporación na mancomunidade que leva o seu nome e que esperemos que para principios do vindeiro ano sexa unha realidade.”

14, Xuño 2012

Aconteceu na noite- madrugada deste xoves 14 de xuño, os ladrós conseguiron entrar en dous locais das galerias Ango e noutro máis sito na rúa Principal do Carballiño.

Nos tres casos, os ladróns accederon ao interior dos establecementos tras forzar a porta de entrada. Na tenda de chucherías "Golosos", nas galerias Ango, levaronse 700 euros en diñeiro efectivo, tras esnaquizar a caixa rexistradora. Nestas mesmas galerias comerciais, a escasos metros, entraron nunha perruquería, da que se levaron 30 euros en moedas.

Finalmente, un 3º roubo cometeuse esta pasada noite na tenda de roupa "Urban", na rúa Tomás María Mosquera. Tamén neste caso, o único que lle interesou aos ladróns foi o diñeiro, apoderandose do que atoparon na caixa rexistradora deste comercio.

13, Xuño 2012

A maior contía, algo máis dun millón de euros, destinase á contrucción dun centro de día na localidade de Leiro. Tamén reciben achegas económicas as residencias de maiores e tempo libre do Carballiño, e un proxecto medio-ambiental nos municipios do Irixo e Avión.

As distintas asignacións económicas fixanse nunha resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e que se materializará por medio dun convenio coa Xunta de Galicia, para a execución de accións de dinamización das zonas rurais.

No municipio do Carballiño, destinanse 652.000 euros para a instalación de maquinaria e equipación na Residencia de Maiores, construída no Cornubal. O edficio, promovido na etapa do bipartito, atópase rematado desde fai dous anos, e desde entón permanece sen actividade. A Xunta aínda non aclarou a súa funcionalidade, aínda que inicialmente fora concebida como unha residencia para dar asistencia a persoas dependentes.

O convenio fixa unha contía de 342.000 para a Residencia do Tempo Libre. O Alcalde,  Argimiro Marnotes, avanzou  no transcurso dunha intervención en COPE O Carballiño "que se trata de achegas económicas finalistas, polo tanto terán que ir destinadas as actuacións concretas que se fixan no convenio, e no caso da Residencia do Tempo Libre, será para acometer obras de modernización nas súas instalacións". Marnotes tamén confirmou que, cunha achega de 27.900 euros, vai realizarse unha adecuación no Centro Socio-Comunitario do Carballiño.

 ACTUACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS NOS MUNICIPIOS DE AVIÓN E O IRIXO

Os Montes do Testeiro, no Irixo, e a Serra do Suído, no municipio de Avión, que forman parte da Rede Natura, beneficiaránse dunha actuación que terá como obxetivo a reforestación destas zonas, que se completarán con traballos de desbroce e limpeza, nos que se investirán 550.000 euros.

CENTRO DE DIA PARA AS COMARCAS DO RIBEIRO E O CARBALLIÑO

O proxecto promovido polo Concello de Leiro recibirá ún millón 4 mil euros con destino á contrucción e equipamento dun Centro de Dia de atención ás persoas maiores, que ofrecerá este servizo ás dúas comarcas.

O Alcalde da localidade, Francisco Fernández, manifestou en COPE O Carballiño a súa satisfacción "porque con esta noticia podemos xa confirmar que en 2014 estará aberto este centro de dia, tal como tiñamos comprometido". O Centro terá unha capacidade para 79 prazas, e ubicaráse nun solar na rúa Gabino Bugallal, a altura da estrada de Osebe, na propia vila de Leiro. Os terreos xa foron postos a disposición da Xunta polo Concello de Leiro.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS