15, Marzo 2012

Será necesario, como mínimo, reunir 15.000 firmas para tramitar ante o Parlamento de Galicia esta Iniciativa Lexislativa Popular, que terá como obxetivo paralizar a instalación da incineradora.

A Asociación Medioambiental Incineradora no Deza Non, que xunto as plataformas constituídas no Irixo e O Carballiño, ven distinguindose pola súa súa oposición a este proxecto industrial para o tratamento do lixo, anunciou a posta en marcha dunha campaña de recollida de sinaturas con esta intención, promover unha proposición de lei mediante a presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular. Para elo, ademáis da recollida de firmas -que se extenderá a toda Galicia- tamén prevé a constitución dunha comisión redactora e a apertura dun calendario de negociacións cos grupos políticos do Parlamento de Galicia.

CONCERTOS MUSICAIS "CONTRA A INCINERACIÓN"

Para o vindeiro mes de abril a Asociación Medioambiental Incineradora no Deza Non e a Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non, traballarán na organización de concertos musicais "contra a incineración", cos que pretenden seguir concienciando á poboación sobre a problemática que representa a incineración como modelo para o tratamento do lixo.

Os concertos, nos que participarán varios grupos musicais das comarcas do Carballiño e O Deza, celebraránse os sábados 14 e 21 do vindeiro mes de abril, o primeiro no Irixo e o segundo en Lalín.

13, Marzo 2012

 A unhos dias da apertura da tempada de pesca, o Concelleiro Nacionalista, Luis Pérez Estévez "Ficol" ven de denunciar "a mortandade de troitas e outras especies no rio Avia" ao seu paso polo municipio de Leiro.

O representante do BNG na Corporación de Leiro amosa "publicamente o malestar pola gran cantidade de troitas mortas que están aparecendo no últimos dias no rio Avia ao seu paso por Leiro" e traslada esta preocupación tanto ao Alcalde de Leiro como tamén á Consellería de Medio Ambiente e a Confederación Hidrográfica" para que invstiguen as causas desta alta mortandade e "a contaminación que a está provocando".

Luis Pérez "Ficol" recorda como "o Avia sempre foi un rio moi troiteiro, viñan pescadores de todos os lugares´, e agora dende fai xa unhos cantos anos atrás non se ve case ninguén, e asi Leiro tampouco pode ter ningún futuro turístico", suliña o concelleiro. Tamén pon de manifesto que leva denunciando "esta problemática desde moitos anos atrás, pero nunca se me fixo caso".

13, Marzo 2012

Asi o anunciou hoxe en COPE O Carballiño o Alcalde Argimiro Marnotes "quero que a xente saiba que xa se está a traballar para que calquer veciño poida ver a auditoria na páxina Web do Concello".

Marnotes aclarou que "temos que ser respetuosos e cumplir coa lei de protección de datos, haberá que retirar datos relativos a empresas, pero tan pronto nos sexa posible faráse, porque si se fixo unha auditoria é para que os veciños coñezan a realidade que se manifesta na mesma" e engadíu "os números son os que son, e a débeda é a que se dixo porque asi o poñen de manifesto os auditores".

O Alcalde do Carballiño reafirmouse nos datos que aportou a semana pasada sobre a débeda municipal que se recolle na auditoria "que é de 6,8 millóns, e ademáis hai que explicarlle moi claramente á cidadanía que hai 3 millóns de euros que se viñan arrastrando nos orzamentos de cada ano como cobrables e se temos en conta a realidade contable en xuño de 2011 vemos que o remanente positivo é de 2,68 millóns de euros e estariamos nun deficit aproximado de menos 987.000 euros, e de ahí sae unha diferencia de 3 millós de euros, esa é a liquidez que figuraba nos orzamentos", explicou.

13, Marzo 2012

O Concello do Carballiño deberá remitir ao Ministerio de Facenda antes do 31 do actúal mes de marzo un plan de viabilidade para devolver este diñeiro que agora adiantará o Estado, e que as empresas cobrarán directamente nas entidades bancarias.

O concello carballiñés terá 10 anos para devolver este diñeiro, polo que pagará un xuro do 5%. Finalmente, foron 49 facturas, que suman un importe total de 383.575,13 euros. Esta cantidade é notablemente superior á que estaba contemplada inicialmente, ao engrosar este expediente de recoñecemento extraxudicial  aprobado polo pleno corporativo as facturas presentadas pola empresa que xestionou a Recadación Municipal entre os anos 2001 ao 2007, que suman un importe de 182.000 euros.

O expediente, que agora será remitido ao Ministerio de Facenda, foi aprobado cos votos a favor do Partido Popular e PSdG, e a abstención da concelleira do BNG.

 

12, Marzo 2012

Esta é a interpretación que fai o BNG dos datos aportados polos auditores, e asi o asegurou a Concelleira Áurea Francisco, a débeda do Concello do Carballiño non supera a cifra de 1,2 millóns de euros.

A concelleira nacionalista asegurou en COPE O Carballiño que "os datos que nos achegaron os auditores, cos que estivemos reunidos, indicannos que aos proveedores debemos 3,4 millóns de euros, e 3,9 millóns de euros aos bancos, que suman un total de 7,3 millóns, e eso é o que debe o concello, pero tamén hai que contar os recibos pendientes de cobro, sobre 5 millóns e pico, e cartos que hai en caixa 3,2 millóns de euros", tamèn aclarou como os recibos que tería pendentes de cobro o concello do Carballiño "serían unhos 5 millóns e pico de euros, dos que hai que descontar os que xa están prescritos, descontados éstos quedan pendentes 2,9 millóns de euros que sí aínda se poden cobrar", suliñou.

Desta maneira, para a concelleira do BNG "Se os 7,3 millóns lle descontamos os 6,1, obterémos o saldo negativo do Concello do Carballiño, que é de 1,2 millóns de euros".

Tras facer esta lectura da auditoria, Áurea Francisco considera que a realización da mesma era innecesaria e ademáis "demostrase que o grupo de goberno fixo unha utilización política de todo esto, un dia sí e outro tamén membros do equipo de goberno tiñannos nun sin vivir, alarmando á cidadanía, tampouco se pode faltar o traballo que fan os técnicos, filtrando datos sesgados e alarmando de forma inxustificada", remarcou.

11, Marzo 2012

Un gol de Marcos Sotelo no minuto 90 decidiu para o Arenteiro un partido ante a S.D. Valenzá, cando xa parecía que o marcador sería inamovible, o dianteiro ourensano do Arenteiro conectou un zurdazo desde o borde da área e aínda que o porteiro visitante chegou a tocar o balón, éste foise o fondo da rede.

Asi, cun golpe de fortuna co tempo xa cumplido, o Arenteiro conseguia que os 3 puntos se quedasen en Espiñedo, algo que antes non pudera lograr durante 90 minutos de partido. Os locais volveron xogar un partido moi gris, e cando a afección -que en bó número volveo acudir a Espiñedo- se resignaba co empate do Arenteiro, polo menos de esta vez tería a súa recompensa tras outro partido no que o tedio futbolístico foi indo a máis conforme pasaban os minutos.

Unicamente a incertidume no marcador fixo que o interés da afección se mantivese ata o final. Asi e todo, si algún equipo dispuxo de oportunidades para desequilibrar o marcador foi o Arenteiro. Na primeira parte, por dúas veces, nos minutos 17 e 36, Iglesias gañaba a posición sobre a defensa da S.D. Valenzá, e nas dúas ocasións mandaba o balón fora de portería. Xa no segundo periodo, aos 5 minutos era tamén Iglesias quen cabeceaba ao segundo pau un balón que era medio gol pero o que Prada non conseguíu chegar.

10, Marzo 2012

O concello carballiñés afrontará o pagamento de facturas con recoñecemento extra-xudicial dos últimos 10 anos, por importe de 200.923 euros, trátase dun total de 34 facturas que serán remitidas ao Ministerio de Facenda.

A Corporación Municipal celebrará un pleno extraordinario o martes dia 13 para aprobar o expediente que será enviado a Facenda, que se fará cargo do pagamento das facturas a partir do 1 de maio, antes, atá o 31 de marzo terá de prazo o concello, que deberá presentar un plan de viabilidade para garantir o pagamento deste diñeiro que adiantará o Estado.

Entre as facturas que o concello carballiñés abonará mediante este procedemento, alguna remontase ao ano 2001, como a que aínda estaba pendente de pago á empresa que o concello encargara as obras de traslado dos depósitos de gasoil de edificios do entorno da Alameda e a Praza do Emigrante, cando se construíu o Parking da Alameda e o concello tivo que facerse cargo de ese traslado.

Entre as facturas cunha contía máis elevada figuran unha que se corresponde coa empresa que se ocupou da recadación municipal, por importe de 42.923 euros, e outra que ascende a 30.000 euros, do ano 2007, que o Concello do Carballliño ten pendiente de pago á empresa que realizou traballos de acondicionamento nas instalacións do camping municipal, na edificación onde  se instalou o restaurante.

8, Marzo 2012

O Alcalde de Cea, José Luis Valladares, participou nunha reunión da que saíu unha "fronte común" que reinvidicará a recuperación do proxecto de construcción da autovia A-56.

Nesta xuntanza, que foi promovida polo Concello de Chantada, estiveron presentes representantes da maioria dos concellos polos que pasa o trazado previsto para esta autovia Ourense-Lugo, coa que deberá enlazar o Eixo do Ribeiro á altura do Alto das Lamas, entre os concellos de San Cristovo de Cea e Carballedo. Precisamente, o tramo que afecta a ambos concellos é o único no que as obras xa comezaran e quedaron paralizadas, tralos recortes do primeiro tixeirazo de fondos que afectou o Ministerio de Fomento no ano 2010.

Valladares salientou  en COPE O Carballiño a importancia desta futura autovia para as comarcas do Carballiño e O Ribeiro, asi como para todo o sur de Galicia e o norte de Portugal "xa que a través do Eixo do Ribeiro accederáse a unha via de comunicación pola que transitará o tráfico para o norte de España e Francia, e esto é moi importante para toda a nosa comarca e todo o interior de Galicia", dixo

Na reunión elaborouse un documento que agora será remitido ao Ministerio de Fomento, á Xunta de Galicia, ás Deputacións de Lugo e Ourense e a comisión de fomento do congreso para "reclamar que se reactive este proxecto" que os asinantes consideran "é fundamental para vertebrar o interior de Galicia".

7, Marzo 2012

Por vez primeira desde que se realizan os actos conmemorativos do 8 de marzo no Concello do Carballiño un grupo político non participará nos mesmos. Os Socialistas xustifican esta ausencia dos actos programados para o mediodida deste xoves na casa do concello porque "as diferencias entre o Partido Popular por unha banda e o PSdG e o BNG pola outra, na interpretación do papel da muller na nosa sociedade fixo que nesta ocasión o consenso fose inacadable".

"As politicas de igualdade pasan por feitos e non por propostas ambigüas e baleiras de contido como as que propón o novo goberno de dereitas de Madrid e que son defendidas con vehemencia no Concello do Carballiño, cando estas non supoñen outra cousa que un retroceso e a perda de derreitos adquiridos en materia de igualdade nos últimos anos", afirman os socialistas carballiñeses.

Para o grupo municipal do PSdG no Concello do Carballiño as políticas de igualdade pasan pola defensa "do dereito das mulleres a decidir sobre a súa saúde sexual e reproductiva de acordo doa Lei que o Partido Popular pretende derogar" e tamén  porque "se produza a igualdade nos salarios onde as diferencias coa nova Reforma Laboral se acrecentan", manifestan.

LECTURA DUN MANIFESTO, EXPOSICIÓNS, VÍDEO E FOTOGRAFIA NA CASA DO CONCELLO

As actividades programadas con mitivo do Dia Internacional da Muller pola Área de Benestar Social comezarán as 12 da maña coa lectura dun manifesto institucional , no salón de actos da casa do concello.

Ademáis, proxectaránse os vídeos "Pegadas de muller" editados por FEMURO e realizados por Anxo Santomil, nos que se contan as historias protagonizadas por 3 mulleres do rural da nosa comarca, veciñas das parroquias de Albarellos, O Lago e Santa Uxía de Lobás. Tamén se procederá a entrega os premios do concurso de fotografía "Mulleres no Rural" organizado en colaboración coa "Asociación O Potiños", e inauguraráse unha exposición de murais elaborados polo alumnado dos centros de ensinanza do Carballiño.

 

7, Marzo 2012

Os socialistas de Leiro celebran que por primeira vez fora aprobada neste Concello unha moción presentada polo Grupo Socialista, “algo que non debería ser noticia, pero que para nós é toda unha novedade, un acontecemento motivo de alegría”.

 O portavoz, Manuel Rodríguez, afirma que os socialistas traballan para dar solución aos problemas dos cidadáns, como no caso da moción aprobada no último pleno, sobre a pavimentación da rúa Prado do casco urbano de Leiro, que presentaba un estado lamentable co conseguinte perigo para vehículos e peatóns.

 Rodríguez critica tamén que a entrada do Concello na Mancomunidade do Ribeiro, que preside o alcalde de Leiro, supuxo aos veciños unha suba no coste de servizos como a recollida do lixo, a recadación, os servizos sociais ou protección civil.

 Lembra que o custe ascendeu de 174.000 en 2010 a 195.000 euros  en 2011, o que supón “unha sangría para as arcas municipais”.

O edil socialista destaca que no caso dos servizos sociais esta suba foi de máis do dobre, pasando de pagar 26.255,86 euros en 2010 a 53.000 euros en 2011, cando en teoría entrar na Mancomunidade suporía un abaratamento dos servizos.

 “O alcalde mentiu, incluso dixo que a Xunta aportaría máis diñeiro se o servizo estaba mancomunado”, sinala, ao que engade que a situación empeorará cando Castrelo de Miño abandone a Mancomunidade o vindeiro  mes de abril.

 Ademais, afirma que “os veciños de Leiro terán que pagar o 50% da nova edificación que se está realizando, por moito que diga o presidente da Mancomunidade que se pagará co superávit de anos anteriores”.

 Por último critican “a nefasta xestión económica e política da Mancomunidade, na que só quedan cinco Concellos, mérito do actual presidente e alcalde de Leiro, que dende que entrou as cousas só empeoraron cada vez máis”.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS