O mellor do partido foi o resultado favorable, que de novo sitúa ao Arenteiro na senda das victorias, un gol en cada periodo que dan aos carballiñeses 3 puntos vitais na loita polo ascenso.
E cando decimos que o mellor ante o C.D.Velle foi o 2-0, tamén estamos concluindo que o Arenteiro volveu a xogar un partido moi gris ante a súa afección, que en bó número volveu acudir a Espiñedo nunha tarde de ambiente invernal, cunha temperatura de apenas 7 graos.
A media hora de partido, e tras varios rexeitamentos sobre a portaría do C.D. Velle, Cancelas acertou a enviar o balón dentro da portería, abrindo o camiño da victoria carballiñesa, nunha primeira parte dominada polos carballiñeses aínda que sin grandes agobios para o porteiro visitante.
No segundo periodo o C.D. Velle foise para arriba en búsqueda do empate, dominando o partido, e cando mellor estaban xogando e máis dificultades tiña o Arenteiro para sacudirse do dominio visitante, chegaría o segundo local por medio de Iglesias, tras unha xogada na que o banquiño e os xogadores do C.D. Velle reclamaron ao árbitro que non pitase unha falta anterior, a xogada continuou e Iglesias colou o balón ao fondo da portería visitante cando xa transcorría o minuto 65 de partido.
Con esta victoria, os carballiñeses conservan a 2ª posición na táboa clasificatoria, aínda que por detrás a tan só 2 puntos Covadonga e Allariz siguen metendo presión, tras as súas respectivas victorias nesta xornada, mentres que o líder Nogueira -que perdeu precisamente có Covadonga- queda agora a 3 puntos dos carballiñeses.
"Como resposta social a aposta da Xunta de Galicia pola inceneración de residuos como modelo de negocio, e a sua intención de instalar unha Incineradora de RSU no Concello de O Irixo" convócase o sábado, 14 de abril un festival protesta "para defender a Reducción, a Reciclaxe e a Reutilización de residuos e loitar contra a instalación de outra incineradora en Galicia", organizado pola Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non e a Asociación Musical 8 Notas do Carballiño.
As actuacións sucederanse dende as 13:30 ata a 1:45, hora a que dará comezo o último concerto. Contaráse con 2 escenarios nos que soará música para todas as idades, sortearanse lotes de productos artesáns e da terrra, haberá servizo de comida e bebida a prezos moi populares e tamén se intalará unha carpa ante as previsións de choiva.
O lugar onde se celebrará é unha carballeira centenaria situada a 3 minutos andando da estación de tren de Irixo, na cal ten lugar a festa da Parroquia do Campo (GPS pobo da Lama).
O Cartel de actuacións previstas é o seguinte:
-Serandeiros de Boborás.
- As Piconas do Irixo.
-Ce Orquestra Pantasma.
-Roberto Sobrado.
-Xosé Constenla e Andrés Fernández.
-Os Varacuncas.
-A Quenlla.
-Atake Skampe.
-Zënzar.
-Skarmento.
-Kambotes.
-A Banda Desarmada.

Asi o acredita a 1ª ondada de 2012 do "Estudio General de Medios" que ven de publicarse esta semana, que ademáis situa a COPE O Carballiño como a 2ª emisora con máis audiencia de radio convencial na provincia de Ourense en horario de mediodia, entre as 13 e 15 horas, incluidas as que emiten desde a capital provincial.
A diario, 7.000 oíntes sintonizan a programación local de COPE O Carballiño, tan só a emisora da Cadena SER en Ourense consigue un dato mellor en todo o ámbito provincial. Nas Comarcas do Carballiño e O Ribeiro, COPE O Carballiño consigue o mellor "share" da súa historia, ao acadar o 78% da audiencia das emisoras de radio das dúas Comarcas.
No ámbito local, no Carballiño o "share´" diario chega ao 90%, é dicir, de cada 10 oíntes 9 sintonizan COPE O Carballiño, según pon de manifesto o EGM.
Ninguén na parroquia de Santa María de Punxín se explica cal pode ser o motivo de tan estraño suceso, tras comprobarse como nos últimos dias varias lápidas do cemiterio apareceron movidas e fora do seu sitio.
A maioria das lápidas correspondianse a panteóns valeiros "aínda que polo menos nun caso tamén apareceu fora do seu sitio a dun nicho que sí está ocupado con restos humanos", manifestou en COPE O Carballiño o Párroco Emilio Outomuro, que ademáis mostrou a súa perplexidade polo que veu sucedendo no transcurso dos últimos dias.
"Había comentarios que poidera ser que estivesen buscando algún tema de droga, pero é moi estraño porque non se ían arriscar a ser descubertos, porque según comentan os veciños tiveron que ir varias noites, tamén se decía que esto tivese que ver con algún ritual satánico, todo esto é moi desagradable para as familias que teñen alí enterrados a seres queridos e se atoparon con esta sorpresa ", comentou o responsable da parroquia.
Propietarios dos panteóns danados presentaron denuncia dos feitos ante a Garda Civil, que está investigando o suceso.
O Portavoz do Partido Popular de Maside, Casimiro Campo, lamentou que "en tempos de bonanza económica, cando se construíu o ave e se despilfarrou en obras inútiles, non se aproveitase para correxir a débeda do concello".
Según os datos revelados no transcurso da súa intervención radiofónica en COPE O Carballiño polo portavoz do Partido Popular, o concello de Maside mantén unha débeda coa empresa AQUAGEST por importe de 435.000 euros "iso é o que figura en facturas pendentes con esta empresa no plan de pagamento aos proveedores que recentemente aprobou o pleno da Corporación".
"O Curioso é que temos máis de 70.000 euros que quedaron sen cobrar en recibos, e eso que estamos a falar de recibos de 4 ou 5 euros, e nin asi se cobraron, asi que non sei que pasará agora cando lle cheguen recibos de 20 e 40 euros aos veciños e negocios coa subida que se aprobou", dixo o portavoz popular.
Casimiro Campo aclarou que "á xente que se lle debe hai que pagarlle, pero se houbese unha boa xestión non se chegaría a esta situación, esta débeda de máis de medio millón de euros hipoteca o futuro do noso concello, porque agora hai que pensar en que durante 10 anos hai que pagar este diñeiro e os seus intereses, e para un concello como Maside estamos a falar dunha cantidade moi elevada".
Ademáis de AQUAGEST, no plan de pagamento aos proveedores do Concello de Maside, tamén se incluiron outras facturas con contias menores, entre elas as que o concello debe a SOGAMA ou FENOSA, por importe de 20.653 ou 31.000 euros respectivamente, e outras a empresas locais. En total, as facturas incluidas polo Concello de Maside neste plan de pagamento aos proveedores suman 564.000 euros.
O Roubo cometeuse en data indeterminada, entres o mércores e o domingo da pasada semana santa, os ladróns aproveitaron a ausencia durante ese tempo dos propietarios para entrar na vivenda, sita na rúa Principal de Maside.
Cando Antonio Iglesias "Cadavid", coñecido empresario masidao, e a súa esposa regresaron o domingo ao seu domicilio atoparonse coas dependencias da casa revoltas e logo poideron comprobar que se trataba dun roubo.
O botín conseguido polos ladróns -según os datos aportados a esta emisora de radio polo propietario da vivenda- foi considerable, xa que se levaron diversas xoias, entre elas reloxios de ouro e outros obxetos de bastante valor, asi como 40.000 euros en diñeiro efectivo que a familia gardaba nunha caixa forte.
O Concello de Avión pon en marcha unha nova actividade: TAI-CHI, que o faremos nas instalacións deportivas da Piscina Municipal do Sifón. Sempre que o tempo o permita será na pista de herba artificial e cando non dentro das propias instalacións climatizadas da Piscina.
O Tai-Chi é unha disciplina milenaria chinesa que combina exercicios corporais, respiratorios e mentais executándose de xeito suave e lentamente, permitindo o desenvolvemento da relaxación mental, concentración, coordinación e respiración consciente e profunda.
Os seus beneficios son accesibles a todas as persoas de todas as idades e capacidades físicas.
Esta actividade desenvolverase todos os martes, de 7 a 7,45 da tarde, comezando o próximo día 17 deste mes de Abril.
Todas aquelas persoas interesadas en vir a Tai-Chi deberán anotarse antes dese día no Pavillón, na Piscina, na Biblioteca ou na Casa Vermella. As prazas son limitadas e admitiranse por rigorosa orde de solicitude.
O prezo será de tan só 10 €uros ao mes, agás este de Abril que será de 5 €uros.
A decisión non é oficial, aínda que ésta é a proposta con máis forza de cantas barallan os responsables municipais, dedicarlle este ano a festa ás polbeiras de Arcos.
A dedicatoria será este ano especial, xa que coincide có 50 aniversario da Festa do Polbo, polo que se xustificaría esta elección para recoñecer a contribución á festa e a esta tradición gastronómica por parte das familias polbeiras da parroquia de Arcos. Ademáis, tamén se cursaría invitación a todas as institucións ás que se dedicou a festa durante as pasadas décadas, coa idea de contar cunha representación de todas elas o vindeiro 12 de agosto no Carballiño.
Doutra parte, todos os escritos oficiais do Concello do Carballiño levarán impreso o logotipo da 50 edición da festa, e traballase na confección dun calendario de actividades para desenvolver tanta na semana anterior á convocatoira festiva como nos meses previos a agosto, unha programación de actividades que estarán dirixidas a todos os públicos e que terán un marcado carácter cultural e gastronómico.
A participación nesta asemblea extraordinaria rebasou todas as expectativas, do total de 230 socios que forman parte da Sociedade acudiron á convocatoria 165, cando a media de asistencia viña situandose arredor do medio centenar.
A Sociedade Deportiva de Cazadores do Irixo, probablemente o colectivo social máis numeroso do municipio, celebrou esta asemblea a petición dun grupo de socios, que facendo valer os estatutos da sociedade, reuniron o número sufiente de firmas para esixir a convocatoria, ante a pasividade do actúal Presidente, que se amosaba reacio á petición dunha parte do colectivo de cazadores que viñan demandando un posicionamento público e oficial da Sociedade en contra da instalación da planta incineradora.
Tras unha breve exposición por parte dos promotores da convocatoria, na que manifestaron a súa postura en contra da incineradora pola súa repercusión negativa na fauna e na flora asi como unha reducción da superficie do TECOR que xestiona a Sociedade, procedeuse a unha votación mediante papeletas dispostas a tal efecto.
Dos socios que acudiron á asemblea, 87 votaron en contra da incineradora e 65 a favor, mentres que outros 13 socios non se pronunciaron. Desta maneira, en porcentaxes, resultou que un 53% dos socios asisntentes posicionaronse en contra da instalación da incineradora. Unha postura maioritaria que será agora comunicada por escrito ao Concello do Irixo.

O Grupo de acción ecoloxista ven de presentar as súas alegacións ao PXOM en materia de patrimonio arqueolóxico. En opinión da Asociación Ecoloxista “ En total son 50 xacementos arqueolóxicos que hai que revisar en situación xeográfica ou en planimetría, dos cales 25 son novos descubrimentos”.
A importación destes descubrimentos é vital para a súa inclusión no Plan Xeral, xa que é a ferramenta imprescindible para evitar a súa destrucción. Entre os novos achádegos hai xacementos das distintas épocas da nosa prehistoria, idade antiga e medievo, En opinión da asoaciación ecologista “ atopamos dende mámoas do neolítico, petroglifos da idade do bronce, minería aurífera a ceo aberto da época romana ata cruces e marcos do medievo”. O Grupo Outeiro destinou todos os medios posibles para a revisión deste PXOM porque é consciente da súa importancia á hora de preservar o noso patrimonio natural e cultural, algo que leva facendo dende máis de 30 anos.
O Grupo Outeiro xa foi protagonista no 2006 co descubrimento da Área Arqueolóxica de Cangues (Irixo), nos terreos dun monte comunal onde estaba ubicada a escombreira das obras do AVE, descubrimento que deu a coñecer as figuras antropomorfas, petroglifos únicos na Galicia interior.
Ademáis dos propios membros do Grupo Outeiro contamos coa colaboración do historiador Xosé Luis Sobrado, que aportou datos fundamentais sobre a mineria romana, tema no que traballou fai algún tempo, Antonio García Reinoso da Asociación Sta Mariña da Cidá, gran coñecedor dos montes do Irixo e Adolfo Otero Loureiro (Presidente da Asociación de veciños de Madarnás).
Á hora de valorar o conxunto do patrimonio do Concello do Irixo En opinión da asociación ecoloxista “ é un concello dunha riqueza extraordinaria, tanto en patrimonio natural como cultural, cun contraste entre vales e montañas que o fai especial dentro da comarca do Carballiño, estes xacementos veñen a confirmar a presenza dos nosos antepasados nestas terras fai máis de 6000 anos, as mámoas como primeira arquitecura monumental da historia, os petroglifos como a máis importante manifestación artística da prehistoria recente e por su posto a minería romana que certifica a chegada dunha nova era”
Sen dúbida é un concello cunha riqueza monumental extraordinaria, igrexas, capelas, cruceiros, pontes medievais e camiños reais, onde aínda se poden ver as pegadas dos carros sobre as laxas, mineria de Wolfram e estaño nos montes do Testeiro e basta lembrar que de Sta Mariña da Cidá é a procedencia dunha arracada ( pendente de ouro) unha xoia que se atopa no museo arqueolóxico de Pontevedra.
A IMPORTANCIA DO PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal)
Para o Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro, un PXOM é a ferramenta imprescindible e necesaria para sentalas bases de prevención dos bens patrimoniais. É o marco legal, no que se ten que fundamentar a protección do patrimonio xa que conta cunha normativa que regula as obras a executar dentro das áreas de respeto dos ben patrimoniais.
"Evidentemente non vale de nada ter unha ferramenta si despois non se usa ou está mal empregada. De ahí a "obrigatoriedade" de contar cun arqueólogo municipal que colla esa ferramenta e lle de uso ". "O PXOM ten que complementar e ampliar o catálogo de bens da Xunta non só co número de xacementos se non tamén coas áreas de protección (integral e de respeto) porque hai catálogos de concellos moi obsoletos que non contan con esas áreas. Evidentemente esto ten que ir acompañado de outras medidas como o de sinalización e revalorización xa que é moi importante que os veciños dun concello coñezan o seu patrimonio cutural", manifestan..
O catálogo do PXOM do Irixo está "na nosa opinión moi incompleto polo que solicitamos sexan aceptadas as nosas alegacións, e deixar aberta a posibilidade de incluir novos achádegos que seguro que irán chegando. O noso patrimonio está en perigo, non polas persoas que o destrúen, se non polas que non fan nada para evitalo. E necesario pasar á accón.", recalcan desde o Grupo Outeiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 694
- 695
- 696
- 697
- 698
- 699
- 700
- 701
- 702
- …
- seguinte ›
- última »