
A Xunta destina 200.000 euros as obras de reforma do centro integral para as persoas de maiores do concello, onde se prestan servizos de atención residencial, de centro de día e de vivenda comunitaria. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe este equipamento de titularidade municipal para comprobar o avance desta actuación recentemente iniciada e estivo acompañado do alcalde, Antonio Montero.
Perfecto Rodríguez sinalou que a actuación financiada consiste en varias reformas interiores, así como na renovación do mobiliario das habitacións e de espazos comúns. Ademais, indicou que a mellora deste centro é unha da vintena de proxectos que forman parte do Plan de Investimentos da Xunta. A través deste Plan, o Goberno galego destina 18,5 millóns de euros de fondos europeos do Mecanismo de Recuperación, Transformación e Resiliencia (MRR) para reforzar a rede de servizos de proximidade que dependen dos concellos. En concreto, con este orzamento estanse construíndo ou ampliando residencias de maiores, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais.
Neste sentido, o xerente do Consorcio apuntou que coa execución deste Plan, acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), porase a disposición das familias que viven en concellos máis rurais e de menor poboación un total de 650 novas prazas públicas para o coidado dos seus maiores.

Outro venres de tertulia en COPE O Carballiño, desta vez con Fátima Gómez, Sebas Lamazares e Manuel Nogueira, xunto a xan Pinal, e coma sempre coa destacada participación da audiencia desta emisora de radio.
Escóitaa aquí:

Os concelleiros do PSdeG-PSOE de Leiro, Pedro José González González e Manuel Rodríguez Vázquez, veñen de rexistrar un escrito dirixido ao alcalde solicitando a colocación urxente da rede de protección lateral na pista polideportiva situada xunto ao Campo da Feira, a carón do río Avia.
Trátase dunha medida que se vén aplicando anualmente nestas datas para garantir a
seguridade das persoas usuarias, especialmente nenos e mozos, e evitar que os balóns
escapen ao leito do río, co risco que iso supón tanto para a integridade física como para a conservación do material deportivo.
“Este ano a rede aínda non foi colocada, e xa nos teñen trasladado varias familias a súa
preocupación. Non se pode esperar a que haxa un susto para actuar. Pedimos que o Concello actúe con responsabilidade e resolva esta situación de inmediato”, sinalaron os concelleiros socialistas.
Desde o PSdeG-PSOE de Leiro insisten na importancia de manter en boas condicións as
instalacións deportivas municipais, facilitando un uso seguro e digno para toda a veciñanza
Cando Espazo Común di que os 10 anos de alcaldía de Francisco Fumega "Foron anos perdidos para O Carballiño difíciles de recuperar".¿Esquecense de que en 4 dises anos iles estiveron o seu carón? Ocupando tenencias de alcaldía e concellerías,máis postos nos órganos de dirección do PSOE carballiñés e ourensán.¿Ou están facendo Unha autoenmenda sobre ises anos que gobernaron xunto Fumega?
Se é o primeiro,sería algo normal pois os humáns tendemos a esquecer con facilidade.Pero se é o segundo,iles mesmos recoñecen que non están capacitados para gobernar iste pobo.
¿Ou somentes hai un culpable nista historia?
Quero decirlle o señor da anterior queixa, que ata que limpen Arcos e parroquias colindantes non se limpará ningún outro sitio antes.

Os vindeiros venres 30 e sábado 31 de maio, a Praza Maior do Carballiño converterase no epicentro da solidariedade con “AMORAS CON CAUSA a favor de I’TICS”, un evento cheo de sabor e corazón que marcará a estrea da FRUITRUCK AMORAS STREET, a nova proposta sobre rodas da Furtaría Amoras, dirixida por Ana Rodríguez García.
A cita celebrarase ambos días en horario de 18:00 a 21:00 horas, e non só presentará esta innovadora Fruitruck de froita saudable, senón que o fará cun fin solidario: apoiar á entidade sen ánimo de lucro I’TICS, Institución Turística Inclusiva Cultural e Social, no seu inspirador e transformador proxecto WeddingPack Solidario Cásate no Camiño.
Co apoio do Concello do Carballiño e a implicación de empresas locais e galegas, este evento invita a veciños e visitantes a gozar de dúas tardes únicas, repletas de actividades para todos os públicos:
-Degustacións solidarias de vasos de froita Amoras.
-Photocall con recordo fotográfico personalizado.
-Música en directo con artistas locais.
-Xogos populares e actividades infantís.
-Sorpresas e propostas lúdicas con fin solidario.
Todo o recadado destinarase integramente a impulsar WeddingPack Solidario Cásate no Camiño, o proxecto que transforma a experiencia da organización dunha voda nun acto de compromiso coas persoas, coa inclusión, a diversidade, a sustentabilidade e o turismo responsable no Camiño de Santiago.
“Amoras con Causa” é máis ca un evento, é unha invitación a transformar momentos cotiáns en oportunidades para axudar e construír unha sociedade máis xusta.
Desde Amoras anímase a toda a veciñanza do Carballiño e da súa contorna a sumarse a esta festa solidaria, onde cada froita compartida será un paso máis cara a un mundo con máis igualdade, máis cultura... e máis amor.

O Club Deportivo Arenteiro prolonga a mellor etapa dos seus 67 anos de historia e por terceira temporada consecutiva seguirá competindo na categoria de bronce do fútbol español, na Primeira RFEF.
Tras certificar a súa permenencia na categoria, Espiñedo continuará a vivir na máxima categoria da RFEF, na antesá da liga de fútbol profesional, para a próxima temporada 2025-26, que arrancará no próximo mes de agosto, e co Arenteiro inmerso no proceso para a súa reconversión en SAD.
A falta de coñecer a composición do grupo no que competirá, sí que xa sabemos que entre os 20 equipos estarán 6 galegos, os 4 que se quedan na categoria: Arenteiro, Celta B, Ourense CF e Lugo, ademáis do Racing de Ferrol descendido de Segunda División e o Pontevedra, ascendido da Segunda RFEF. O Arenteiro continuará por terceiro ano consecutivo entre os mellores equipos galegos, que completan Celta en Primeira División e Deportivo en Segunda División.
Si ya era poco la escasa iluminación q hay en la curva del Cornuval hacia el pabellón, farola q lleva apagada desde hace meses, ahora la maleza del cruce con salida de la Fuente hacia Carballiño no tiene visibilidad suficiente para incorporarse.
estarán esperando a q haya un accidente para limpiar las isletas llenas de hierba q mide más de 50cm al igual q pasa en mas zonas del pueblo, como aceras… todo una selva , aunque no sé por q me sorprende si es lo mismo de todos los años.
Vergüenza de pueblo como está abandonado.
Outra vez volve a romper a mesma tubería na Avenida Calvo Sotelo de O Carballiño inundando o segundo sótano do edificio sito no número 44.
Quen é o responsable? Quen se vai facer cargo dos desperfectos e da limpieza? Van a arranxalo outra vez con "pegamento"?

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Leiro denuncia o estado de abandono absoluto no que se atopa o Salgueiral, unha das principais zonas verdes e de lecer do municipio, e critica a pasividade do alcalde, Francisco José Fernández, así como do seu tenente de alcalde, ambos plenamente coñecedores da situación pero sen tomar medidas efectivas.
O Salgueiral, con máis de 30.000 m² á beira do río Avia, é un espazo de referencia para a veciñanza e visitantes, especialmente nos meses de verán, xa que conta cunha área de baño, zonas de xogos infantís e amplas áreas arboradas. Actualmente, presenta un aspecto lamentable: a herba invade toda a superficie, incluídas as zonas de xogo, hai bancos rotos, papeleiras cheas e inutilizadas, e unha evidente falta de mantemento xeral.
O voceiro socialista, Manuel Rodríguez, e o voceiro adxunto, Pedro José González González, lembran que “na actualidade hai dúas persoas contratadas polo Concello ao abeiro do programa Aprol Rural 2025, cun contrato de catro meses a xornada completa para a obra ‘LIMPEZA DE ZONAS VERDES DE LEIRO’. Polo tanto, non é admisible que o alcalde siga dicindo que está esperando polas brigadas. As persoas xa están contratadas, e o Salgueiral segue igual ou peor”.
Desde o PSdeG-PSOE de Leiro esiximos unha actuación inmediata para recuperar este espazo público, coa roza da vexetación, reparación dos elementos deteriorados e unha planificación seria do mantemento das zonas verdes, sen depender unicamente de contratos temporais.
“O Salgueiral é unha xoia natural e social de Leiro, e non pode seguir neste estado de abandono. A veciñanza merece espazos coidados, seguros e accesibles durante todo o ano”, conclúen Rodríguez e González.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »