
Trátase dun dos sete proxectos en España elixidos por Bruxelas para reducir a dependencia europea de países de fora da UE, para a extraccion, procesado e reciclaxe de materias primas e consideradas como estratéxicas pola Comisión Europea.
O proxecto localizado en montes do concello de Beariz está promovido polo grupo aragonés Samca, a través da filial galega Recursos Minerales de Galicia, e xa completou o trámite de solicitude da concesión ante a Xunta de Galicia. Agora, a Consellería de Industria conta cun prazo de 18 meses para a súa súa avaliación e posterior autorización administrativa.
Prevése para esta mina en Doade-Beariz a construcción dunha explotación baixo terra con galerías entre os 50 e os 300 metros de profundidade, xunto á correspondente pranta de tratamento, ocupando unha superficie total de 13,62 hectáreas.
A finalidade é a extracción de litio, un material altamente cotizado na actualidade e no futuro, xa que é utilizado para a elaboración de dispositivos tecnolóxicos ou as baterías dos vehículos eléctricos.
Unha vez que a Xunta dea luz verde ao proxecto, a intención de Recursos Minerales de Galciia é comezar as obras de inmediato, sería no transcurso do ano 2026, e dous anos máis tarde iniciaríase a extracción de mineral, a un ritmo de medio millón de toneladas anuais, e por un periodo de 40 anos, ao cabo dos que procederíase á restauración dos terreos.
Durante o periodo de construcción, aproximadamente dous anos, a obra daría emprego a unhas 500 persoas, e crearía posteriormente unhos 320 postos de traballos. A inversión do proxecto ascende a 130 millón de euros.
Máis información do proxecto no seguinte enlace:
https://minadoade.gal/es/la-mina-de-litio/

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta mañá, acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na presentación de seis máquinas hidrostáticas polivalentes para as mancomunidades de Verín, O Ribeiro, O Carballiño e Terras de Celanova, así como tamén para o Servizo de Prevención e defensa contra os Incendios Forestais(SPIF). No acto, celebrado no Parque da Maquinaria da Deputación en San Cibrao das Viñas, fíxose unha demostración do funcionamento destes novos aparellos, que permitirán realizar traballos preventivos de roza e extinción.
Luis Menor puxo en valor a “cooperación pioneira” acadada con esta maquinaria “innovadora e útil”, xa que a entrega se enmarca no convenio asinado pola Deputación de Ourense coa Consellería de Medio Rural en materia de prevención de incendios. Neste sentido, o presidente provincial lembrou que a de Ourense é a deputación galega que máis convenios deste tipo asina co goberno autonómico, sendo o asinado para mantemento e conservación de infraestruturas preventivas contra o lume o primeiro que se impulsou en Galicia, xa en 2023.
4,1 millóns para un acordo pioneiro
Este convenio conta cun orzamento de 4,1 millóns de euros para esta anualidade e, ademais da entrega das máquinas hidrostáticas, contempla a adquisición de ata 12 tractores con rozadoiras, maquinaria motoniveladora e incluso a cesión, por parte da Deputación, de maquinaria da súa titularidade aos concellos para a realización de tarefas preventivas.
Tamén ao abeiro deste convenio, poranse en marcha de catro programas piloto para dotar cun total de 16 brigadas de prevención e extinción de incendios por seis meses noutras tantas mancomunidades municipais. Asemade, en virtude deste protocolo, darase formación especializada ao persoal municipal e ás mancomunidades a través do Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén.
Na presentación da nova maquinaria tamén estiveron o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez; así como os presidentes das mancomunidades que se beneficiarán destes vehículos: Jaime Sousa, da mancomunidade de Terras de Celanova; Paco Fernández, da Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro; José Luis Suárez, da comarca de Verín e Fernando Rodríguez, da comarca de Carballiño.
Pola súa banda, a conselleira María José Gómez explicou que se trata de máquinas “innovadoras” que permitirán que os territorios destas mancomunidades estean máis preparados para facer fronte aos lumes forestais. Do mesmo xeito, agradeceu a disposición amosada por parte da Deputación, que colaborou en todo momento para afondar no compromiso do Goberno autonómico de mellorar a prevención dos lumes forestais.
“Boa política” e “espírito de cooperación”
O presidente provincial quixo poñer en valor a “palabra dada” e a “boa política” á hora de abordar un convenio pioneiro coma este, clave para a prevención dos lumes forestais. Neste sentido, lembrou a máxima da “colaboración” e o “espírito de cooperación” entre a Deputación e a Xunta, fronte ás “mensaxes falsas” que negan o investimento do goberno autonómico na provincia de Ourense.
“Dende a Deputación de Ourense sempre chegamos a acordos beneficiosos para a cidadanía”, subliñou Luis Menor.
--

O Consello da Xunta autorizou na súa reunión semanal celebrada este lúns 24 de marzo a licitación das obras de mellora da estrada OU-212 en Avión, que suporán un investimento de preto de 1,5M€. A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé contratar esta actuación nos vindeiros días co fin de comezar a execución das obras no verán.
Esta intervención, cun prazo de execución de 14 meses, correspóndese coa 1ª fase de acondicionamento do tramo de algo máis de 6 quilómetros desta vía autonómica, entre o centro urbano de Beariz, á altura do punto quilométrico 6+250, e o desvío ao núcleo do Couso, no quilómetro 12+620. Os traballos incluirán a rectificación de curvas, a mellora do firme ou a ampliación da plataforma ata os 7 metros.
Ademais, humanizarase a travesía de Liñares, construíndo beirarrúas e bandas de aparcadoiro a un mesmo nivel, cun cambio no acabamento do pavimento e separación por bordo de 10 centímetros de anchura. Este deseño facilita que toda esta superficie poida ser utilizada polos peóns, tamén as bandas de aparcadoiro cando estas non estean ocupadas por vehículos.
A actuación prevé outras melloras complementarias, como o acondicionamento dos accesos existentes á estrada OU-212, a renovación da iluminación e das varandas de protección peonil, así como a reposición de servizos afectados e a renovación da sinalización, adecuándoa ao novo deseño da vía. Ademais, froito das reunións previas cos responsables dos concellos durante a planificación e redacción do proxecto, renovarase a capa de rodaxe de dous tramos da OU-212, para dar homoxeneidade á actuación, entre os puntos quilométricos 10 e 11 e entre os quilómetros 15 e 15+500, dentro do termo municipal de Avión.
Barrio de Flores, para coger pan, meten el coche y eso que es solo residentes.
Cafeterias centro, coche enfrebte en zonas peatonales.
Carnicerias, coches de clientes en zonas peatonales.
Pasteleria calle peatonal, atasco de coches mal aparcados cada vez qye van a comprar.
Farmacia, estanco, reparto....idem
Calle peatonal, bicicletas, patinetes de reparto y hasta motos.
Sirven de algo las señales,las lineas pintadas, las normas, o unos pueden y otros no. Por que asi pidemos aparcar todos. Yo la proxima vez estoy pensando en pasar con el coche por la calle principal, hscer mis recados , e irme....total .

A casa do Concello do Carballiño acolleu a primeira mesa de traballo para a posta en marcha dun club de produto turístico de base gastronómica.
A xuntanza, que reuniu a máis dunha vintena de representantes do tecido empresarial e asociativo da vila e da contorna, supón o punto de partida dun proceso participativo mediante o cal se dará voz ás cadeas de valor turística e enogastronómica na definición das principais liñas mestras do futuro club de produto.
Esta iniciativa, impulsada ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “O Carballiño e a gastronomía do polbo” financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, ten como obxectivo consolidar O Carballiño como un destino turístico sostible, innovador e referente no eido gastronómico.
O polbo, recoñecido como un símbolo da cociña galega, e cun percorrido histórico que avala o seu recoñecemento como referente gastronómico do Carballiño convértese no eixe principal desta actuación. Búscase non só realzar a importancia cultural e histórica do polbo, senón tamén fortalecer a conexión e complementariedade con outro produtos da contorna, como o viño da Denominación de Orixe do Ribeiro e o pan da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea.
Esta primeira xornada de traballo organizouse en catro grupos que debateron sobre a situación actual do turismo no Carballiño, a través da análise das principais fortalezas e ámbitos con marxe de mellora. Os resultados extraídos desta primeira dinámica grupal serán de especial utilidade á hora de definir os obxectivos e liñas de traballo do futuro club de produto.
Calle Principal, viernes 21 de Marzo, 20.00 horas, lloviendo, poca visibilidad, cables mojados a la altura de la cabeza de la gente. Esto ocurre desde hace meses en que ya fue denunciado. Nadie sabe nada y nadie le pone solución. Sigue igual. El Concello tambien...sigue igual.

Unha nova entrega da Tertulia dos Venres en COPE O Carballiño, a deste venres 21 de marzo, na que coma sempre tivo unha destacada participación a audiencia desta emisora de radio.
Nos estudios de COPE O Carballño, acompañaron desta vez a Xan Pinal, María Luisa Rodríguez, Fátima Gómez e Manuel Nogueira.
Podes escoitála aquí:
Esta manguera leva 3 meses xa atravesando a acera creando un grave perigo de tropezar e caer sobretodo de noite. Coido que vendo as fotos todos sabemos a que edificio nos estamos referindo. Descoñezo que tipo de avaría ou percance provocou tal solución de emerxencia pero paréceme a min e a todos que tres meses é tempo mais que dabondo para arranxar o problema e quitar eso de ahí.

Asi o anunciou en COPE O Carballiño o tenente alcalde do concello de Punxín, Eladio Fernández, a previsión é abrir ao público a reformada área termal do Bañiño coincidindo coa próxima Semana Santa.
Entre as melloras efectuadas figura a adaptación dunha das piscinas para persoas con mobilidade reducida, que será a primeira de España ao aire libre.
Ademáis, Fernández tamén deu a coñecer varias actuacións para levar a cabo por parte do concello de Punxín para este ano, entre as que figuran o acondicionamento de varios centros sociais e a mellora das estradas nas localidades de Vilela e Rubiás.
Escóitao aquí, no PODCAST de COPE O Carballiño:

A Protectora de Animais carballiñesa promoveu no último ano a adopción de máis de 400 cans procedentes do albergue de animais que xestiona a Deputación nas instalacións que ten o concello do Carballiño no lugar da Medela.
No PODCAST podes escoitar a entrevista a Bea Míguez, unha das 3 mulleres que están detrás de Arume:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »