As cifras do paro do pasado mes de decembro de 2011deixan un novo record histórico tanto no conxunto dos concellos da Comarca, como no municipio do Carballiño. Un total de 2.462 traballadores están inscritos como demandantes de emprego, o que siñifica o pior dato comarcal desde que se realiza esta estatística oficial.
No municipio do Carballiño son 1.422 as persoas ( 739 mulleres e 683 homes ) que están no paro. No pasado mes de decembro outras 32 persoas engrosaron as listas do desemprego, e en termos interanuais a cifra de parados aumentou en 108 persoas, o que siñifica unha variación negativa do 8,22% en relación ao mesmo mes do ano anterior. Por sectores, os 1.422 parados carballiñeses, repartense entre os 200 na industria, 293 na construcción, 32 na agricultura e 724 en servizos, mentres que sen emprego anterior figuran 173 persoas.
No resto da Comarca, encabeza o ranking do paro o Concello de Maside con 285 demandantes de emprego, seguido de Boborás con 198, Cea con 141 e O Irixo, con 115. Completan a lista os municipios con menos poboación, en San Amaro non teñen traballo 99 persoas, en Piñor 93, en Punxin 62 e finalmente, 47 en Beariz. Non obstante, en termos interanuais, en dous concellos descendeu o paro no último ano, en Cea, onde o paro baixou un 8,44% e San Amaro, cun 8,33 menos de parados.
Finalmente, nos concellos de Leiro e Avión a evolución interanual do paro tamén é negativa, un 31 % en Avión ( 95 desempregados) e un 3,55% en Leiro ( 146 persoas en paro )
Tivo que sufrir o Arenteiro ante o Monterrei para sumar os 3 puntos en Espiñedo. Ao final, un gol de Iglesias resolveu un partido no que o mellor para o equipo carballiñés foi o resultado, unha sufrida victoria que permite ao Arenteiro seguir no pelotón de cabeza da liga na 1ª autonómica. No Arenteiro debutou Kennedy.
O encontro foi na súa primeira parte unha suma de despropósitos para o Arenteiro, que non era capaz de chegar con perigo á area do Monterrei, o equipo visitante controlou durante os primeiros 45 minutos sen ningún problema a un Arenteiro sen recursos, incapaz de xerar xogo no cento do campo, e os únicos intentos en ataque dos locais remataban sempre da mesma maneira, con balóns sobre Igleisas caendo constantemente no fora de xogo.
Pouco cambeo o panorama na reanudación do partido, Dacosta deixou no vestiario a Pana e Marcos Sotelo, dando entrada ao xuvenil Cataña no lateral e a Takón no centro do campo, non obstante o Monterrei seguíu tocando mellor o balón na zona de creación do xogo, ainda que sen chegar con perigo á área carballiñesa.
Aos 59 minutos chegou o mellor do partido, a xogada do gol carballiñés, unha triuangulación que arranca en Kennedy sobre Gele e éste sobre Iglesias, que remata ao fondo da portería do Monterrei. O propio Iglesias protagonizaría outra xogada no minuto 70, pero o gol era anulado por fora de xogo. E xa na última xogada do partido, o árbitro abortaba outra oportunidade manifesta de gol para o Arenteiro, despois de varios minutos de prolongación, e cando na grada se lle pedía ao árbitro que pitase o final, o porteiro visitante convertese nun atacante máis, pero no contragolpe dos carballiñeses, e cando Iglesias podía encarar a portería vacia do Monterrei, o árbitro impedíu co pitido final o posible gol do dianteiro carballiñés.
A secretaria de Organización Provincial do PSdeG, María Quintas, e o portavoz socialista na Deputación, José Ignacio Gómez, pediron en rolda de prensa a dimisión como deputado provincial do alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, “por ter mentido aos cidadáns e non respetar as institucións”.Gómez cualificou de “feito grave e sen precedentes” que por primeira vez en 20 anos o Presidente da Deputación se negue a debater unha moción socialista cun argumento como que “non lle van dicir a el os do Carballiño o que ten que facer”.
Os socialistas anunciaron que utilizarán todas as vías legais para intentar que a moción sexa debatida na institución provincial, onde consideran que o Sr. Marnotes debe dimitir, xa que estase contradicindo co que aprobou como alcalde hai menos dun mes e o propio presidente “o está poñendo en entredito”.
O deputado explicou que os socialistas preguntaron onte en comisión informativa se existe o informe xurídico do que falou o PP durante estes días para evitar o debate da moción, pero a resposta foi que se trata dun informe verbal, polo que sinalou que en dereito administrativo os informes verbais serven para informarse pero para xustificar as accións os informes deben ser firmados.
Gómez dixo que esixirán que se lles entregue o “famoso informe” co que o PP intenta “taparlle a boca ao grupo maioritario da oposición” no debate dun problema o suficientemente importante para a nosa provincia.
Así, dixo que aínda que a potestade de incluír a moción na orde do día do vindeiro pleno do Presidente, esta decisión demostra “covardía política” amparándose nunha mentira sobre as supostas diferenzas semánticas entre a moción aprobada no Carballiño e a presentada na Deputación
Lembrando as propias manifestacións de Baltar nas que afirmaba que rexeitaría a incineradora onde houbera oposición veciñal, apuntou que “hoxe saen os viticultores tamén amosando o seu rexeitamento a esta macroincineradora”, ao que hai que engadir “o sentir da Igrexa, dos veciños, de asociacións ecoloxistas, dos partidos políticos, e da cidadanía en xeral”.
Tamén dixo que curiosamente neste pleno se debaterá de novo unha moción sobre a Estación de Manzaneda, porque “como non debe ser doutro xeito” os grupos políticos levan ás institucións os temas “candentes” e que preocupan aos cidadáns “as veces que faga falta”.
Ademais salientou as continuas contradiccións dos dirixentes do PP sobre este asunto e a dobre vara de medir do Sr. Baltar, que declara que “se é ao lado da súa casa non a quere, pero si a quere nunha comarca de 30.000 habitantes”, que Plácido Álvarez dixo entender ao alcalde do Carballiño, e que por outro lado o vicepresidente da Deputación “con dedicación exclusiva dixo que a moción se debatería tranquilamente e se votaría en consecuencia”.
A secretaria de Organización Provincial, María Quintas, afirmou que “o verdadeiro culpable do mal de Ourense é o Sr. Feijóo” que adxudica pola porta de atrás esta incineradora “despois de estar un ano calado, coa connivencia do clan Baltar, porque estabamos en eleccións”.
Quintas pediu “un pouco de seriedade e respeto” ao PP, que nun momento de crise que afectou moi profundamente á provincia de Ourense, se permitiu facer promesas como a fábrica de coches eléctricos e xogar coa ubicación da incineradora.
Dixo que o Sr. Marnotes ten que dimitir porque el votou si á incineración, declarou en rolda de prensa que estaba encantado, e mes e medio despois “botou contas de cantos cidadáns estaban preocupados pola súa saúde e montou unha escenografía patrocinada por Baltar”.
Así mesmo, Quintas pediu a Marnotes que dea unha rolda de prensa e conte o que pasou na reunión que tivo co conselleiro despois do pleno municipal, e censurou a falta de apoio da Xunta ás comarcas do Carballiño e o Ribeiro nos seus orzamentos.
Neste sentido dixo que “xa hai que ser miserables” para que nun momento de paro se xogue con “300 postos de traballo, que son mentira, a cambio de saúde”.
Subliñou a importancia desta decisión para o futuro do viño, do turismo, e do termalismo da comarca que se verán “hipotecados” por esta incineradora, e manifestou a total oposición do PSOE á incineración, polo que os socialistas estarán presentes na manifestación do vindeiro 29 de xaneiro no Carballiño e presentarán iniciativas en todas as institucións.
Dende a Sociedade de Pescadores do Carballiño alertan sobre as graves consecuencias que podería ter a instalación dunha incineradora no Concello do Irixo. Esta advertencia está baseada na experciencia acaecida noutros lugares de España onde estas plantas xa foron responsables directas da contaminación dos ríos e regatos situados nas zonas máis próximas a este tipo de plantas. Basta como exemplo -afirmarn os pesacdores- o sucedido en Cerceda hai poucos anos, é que foi amplamente difundido na prensa da época, onde un verquido ás augas do río Lengüelle que causou a morte inmediata de miles de troitas. Daquela, a Garda Civil constatou graves deficiencias nos sistemas de depuración e na impermeabilización das balsas de residuos, habedo filtracións que finalmente acabaron no río Lengüelle. Recordan como según a Benemérita, ocasionáronse verquidos de forma “reiterada y continuada” para “recortar gastos”.
Pregúntase a Sociedade de pesca carballiñesa cómo se garantizaría a seguridade dos nosos ríos neste tipo de instalacións que, ademáis, sería totalmente xestionada por capital privado. A Sociedade de Pesca do Carballiño refírese ademáis, entre os argumentos para opoñerse á incineradora, ás características orográficas das escorrentías das augas máis próximas ó lugar onde se pretende instalar dita planta. Todas elas verten directamente ós dous ríos máis importantes do noso entorno, é dicir, o Arenteiro e o Viñao, xustamente dous dos torrentes máis emblemáticos na pesca en Galicia e con maior riqueza de fauna auática. A paradoxa é que en Carballiño contamos cunha Piscifactoría que repoba grande parte dos nosos ríos dende hai xa cincuenta anos. E a elo hai que engadir o criadeiro de troitas que esta Sociedade xestiona en Toscaña, situado xustamente na fronte do Gran Balneario do Carballiño.
Manteñen que "aínda que só sexa por imaxe, non é posible que unha incinedora estea tan perto dunha das zonas con maior riqueza medioambiental da Galicia interior e que incide directamente na economía desta zona. Os coutos de pesca do noso entorno son coñecidos e recoñecidos non somentes en Galicia, senón que tamén son moitos os pescadores do país veciño Portugal que se achegan a Carballiño para disfrutar da pesca deportiva".
Finalmente, esta asociación, que agrupa a preto de 300 afeccionados á pesca deportiva, queren deixar claro que o impacto que producirá esta planta na comarca será moi perxudicial para toda a Comarca, e que depende "de todos nós protexer unha das riquezas máis importantes que temos, e que non se pode hipotecar o futuro deste pobo a costa dos empregos que xenerará a construcción da incineradora. Porque pensamos que non só están en perigo os nosos ríos, senón tamén todo o espacio medioambiental e o futuro deste pobo".
O xogador nixeriano, afincado en Vigo, regresa asi unhos meses despois á disciplina do Arenteiro, no que militou na última tempada, sendo o máximo goleador do equipo.
Kennedy Félix Anasiudu, de 31 anos de idade, xa adestrou esta semana ás órdes de Dacosta, e con toda probabilidade estará xa en condicións de debutar este domingo no partido que o Arenteiro xogará en Espiñedo fronte ao Monterrei. Kennedy asinou có Arenteiro para ésta e as dúas próximas tempadas.
A idea do Presidente, Antonio Iglesias "Cadavid" é seguir apuntalando o equipo para esta segunda e definitiva volta do campionato, na loita polo ascenso á preferente. Desta maneira, nos proximos dias podian ficharse un defensa e un centrocampista.
A Asociación Española de Expertos Científicos en Turismo celebrará o seu 17º Congreso Internacional no Carballiño, entre os dias 21 ao 23 do vindeiro mes de novembro deste ano 2012.
Asi o anuncio o Alcalde do Carballiño tras unha reunión que mantivo en Fitur cos responables desta asociación, que lle confirmaron a decisión acordada pola asamblea xeral da AECIT. O Congreso reunirá a unhos 500 especialistas nacionais e internacionais que tratarán "la creación y desarrollo de productos turísticos: innovación y enfoque experiencial".
Argimiro Marnotes mostrou en COPE O Carballiño a satisfacción ao comunicar esta "importante noticia para O Carballiño, que por vez primeira vai acoller un congreso internacional, con todo o que esto representa, é importante para a provincia e sobre todo para O Carballiño, porque imos ter entre nos a 500 expertos que coñecerán O Carballiño e o seu entorno".
O Alcalde carballiñés tamén incidiu na relevancia do congreso para os sectores da hostelería e a restauración "precisamente conseguimos que se elexise O Carballiño para celebrar este evento pola infraestructura hoteleira, temos a residencia de tempo libre e un gran número de prazas hoteleiras, que foron determinantes para que finalmente fructificase este proxecto no que levabamos desde o concello traballando varios meses".
PRESENTACIÓN DO CARTEL DA FESTA DO POLBO
Nesta mesma xornada, O Carballiño e a festa do polbo foron protagonistas en Fitur, onde se presentou o cartel de Felipe Senén López Gómez co se publicitará a L edición da convocatoria gastronómica carballiñesa, nun acto no que ademáis do Alcalde do Carballiño tamén participaron a Concelleira de Turismo, Pilar Caride, e a Xerente de Turgalicia, Carmen Pita. Marnotes salientou o feito de que este ano se celebre o 50 aniversario desta festa "que comezou como unha xuntanza de amigos e e hoxe o referente gasronómico de toda Galicia, pola calidade do producto, polo marco onde se celebra e a profesionalidade e tradición das nosas pulpeiras", dixo.
O acto contou coa presenza de numeroso público no stand de Turgalicia, ao que acudiu o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e outros persoeiros da vida política.
Tras dous meses e 6 dias desde o seu ingreso na unidade de queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, recibíu hoxe a alta médica.
O pequeno Marcos, de 4 anos de idade, unha das víctimas do incendio no edficio Magariños o pasado dia 12 de novembro de 2011, fora trasladado ese dia en helicóptero atá o centro sanitario con feridas graves, das que se foi recuperando.
Na xornada de hoxe o neno abandonou o centro hospitalario e desde última hora da tarde xa se atopa no seu domicilio do Carballiño. Agora, terá que acudir periodicamente ao centro hospitalario para a súa recuperación definitiva.
As 20 familias polbeiras da parrroquia de Arcos que integran na actualidade a recén creada "Asociación de pulpeiros do Carballiño-Arcos" levarán nas súas antucas, toldos e furgonetas o distintivo que desde agora identificará a marca rexistrada "Pulpo do Carballiño".
O logotipo representa a un polbo cos seus tentáculos dispostos en forma circular, representando o planeta terra, e coa lenda " Pulpeiros do Carballiño-Arcos". A inciciativa foi presentada pola Presidenta do colectivo Isaura González, a Concelleira de turismo Pilar Caride e máis o Alcalde Argimiro Marnotes, que resaltou "a impagable publicidade" que para O Carballiño e a festa do polbo representará esta marca corporativa "que difundirá o nome do Carballliño e da nosa festa do pulpo por todo o mundo".
Xunto ao logotipo da asociación, tamén aparecerá o nome da familia polbeira e a lenda " Festa do Pulpo - Segundo Domingo de Agosto". A Presidenta da asociación, Isaura González explicou que "a idea desta asociación xurdiu co obxetivo de recoñecemento a un oficio que ven de varias xeneracións, xa que para os que nos dedicamos a isto é un orgullo decir que somos pulpeiros de Arcos". Ademáis, desta maneira premiaráse a tradición xa que "aínda que a asociación está aberta a todos os que exercen como pulpeiros, a marca identificativa daráselles a aqueles que demostren máis de 20 anos de profesión".
Con este proxecto, Argimiro Marnotes recordou que o Grupo de Goberno cumple asi un compromiso adquirido no seu programa electoral "apoiar desde o Concello aos nosos pulpeiros e pulpeiras,sempre foi una idea que tiñamos, crear unha marca corporativa para os nosos pulpeiros que os distinga dos que non o son". O Alcalde invitou a este colectivo a participar activamente na organización da festa gastronómica carballiñesa, que este ano cumplirá o seu 50 aniversario.
A Sala 2ª do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de dictar sentencia pola que da a razón ao Concello de Avión no recurso plantexado polo de Carballeda de Avia en relación aos lindes entre ambos municipios.
Desta maneira, o TSXG acepta os postulados defendidos polo Concello de Avión, sustentados fundamentalmente nos informes emitidos polo Instituto Xeográfico Nacional, e rexeita os argumentos do Concello de Carballeda de Avia baseábanse en estudios feitos pola empresa Servicat S.L. e mailo historiador e Ex-Alcalde do Carballiño, Carlos Montes.
A Sentencia supón para o Alcalde de Avión "unha enorme alegría, porque ao fin a xustiza danos a razón nun asunto tan obvio e claro como este, malia de que por parte de algunhos intentouse defender o indefendible, pois con tan só acudir ao monte e ver os marcos este asunto debeu quedar finiquitado fai tempo e non estar en permanente confrontación durante máis de 9 anos, facendonos gastar un diñeiro que esaría mellor gastado noutras necesidades antes que neste tipo de pleitos", manifestou Antonio Montero.
Agora trala Sentencia, o Rexedor Municipal de Avión promoverá "que esos terreos regresen baixo a xurisdicción do Concello de Avión, e tamén que volvan a formar parte do monte comunal de Cortegazas e non como están figurando na actualidade no de Laceiras".
Dende que comezaran as xornadas na Casa da Cultura no pasado mes de decembro, son xa máis de 400 veciños do municipio de Carballiño os que participaron nas charlas impartidas tanto pola Sociedade Galega de Historia Natural coma polo biólogo Diego Reboredo.
Os relatorios, baseados no informe realizado pola devandita sociedade, apóianse nos grandes prexuízos que supón a incineración como sistema e como factor contaminante para o ámbito onde se sitúa. Ademais de razóns relacionadas coa saúde, afóndase en aspectos de índole socioeconómico que desacreditan a elección de Irixo como municipio que albergue esta instalación, e as graves consecuencias que pode ter sobre toda a bisbarra de Carballiño.
Ata agora, as parroquias que acolleron as devanditas charlas son as da Piteira, Pol, Seoane, Veiga, Mudelos, Madarnás e Longoseiros, ademais da xa mencionada da Casa de Cultura en Carballiño. Para esta semana, está programado que este martes se celebre no local social de Partovia a partir das 20:00 horas. O xoves, a plataforma organiza unha conferencia no concello de San Amaro a celebrar no centro médico da devandita localidade tamén ás 20:00 horas, e xa o venres o lugar elixido é a parroquia de Arcos á mesma hora e en local social desta asociación de veciños. A seguinte semana, a Plataforma proseguirá coa súa campaña informativa polas distintas parroquias e sedes veciñais de Carballiño. Finalmente, o domingo 29 ás 12,30 da mañá está convocada unha manifestación na Praza Maior do Carbaliño
Dende a Federación de Veciños de Carballiño e todas as asociacións vinculadas a esta plataforma, animan "a todos os veciños interesados a que participen neste ciclo de conferencias co obxecto de informarse sobre calquera cuestión relacionada con este tema. Consideramos que é o noso deber que todos os veciños poidan contrastar os seus puntos de vista a partir da información que se lles vai proporcionando, tendo en conta, sobre todo, que neste proceso todo foi escurantismo por parte da administración autonómica que nunca consultou a esta bisbarra dende que decidise situar a planta incineradora".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 698
- 699
- 700
- 701
- 702
- 703
- 704
- 705
- 706
- …
- seguinte ›
- última »