A Secretaría Xeral de Trurismo da Xunta presentaba esta semana os 14 Xeodestinos turísticos nos que agrupou a oferta turística galega, trátase dun mapa galego de ordenación turística , na que se ofrecen 14 rutas, có obxetivo de coordenar as actuacións en materia tuística por parte das adiministracións e o sector privado, e ofrecer paquetes turísticos conxuntos. No caso da provincia de Ourense, ofrecense 6 Xeodestinos turísticos, ún deles, O Ribeiro, no que se incluiron algunhas das potencialidades turisticas da comaca carballiñesa.
A ausencia do Carballiño desta iniciativa turística como Xeodestino provocou as críticas tanto de socialistas como de populares. Desde O PSOE, o seu Deputado Provincial e Secretario da Agrupación Socialsita Carballiñesa, Guillermo Dopazo, considerase "unha afrenta á comarca do Carballiño" e fálase mesmo de marxinación por parte da Xunta de Galicia. Dopazo preguntase ónde está "o fio directo que Argimrio Marnotes dixo en campaña electoral ter coa Xunta de Galicia", manifestando con ironía que "este fio directo debeuse cortar ou é que algún poste do tendido caeu". O Deputado Pronvincial socialista, que compareceu acompañado polo Concelleiro Manolo Dacal, lamentou que para a Xunta de Galicia non conten nada elementos tan destacados para o turismo como poden ser a Festa do Cabalo, o Mosteiro de Oseira ou o museo Olimpio Liste, o castro de San Cibrán de Lás, Pazos de Arenteiro, ou a beleza natural da Serrá Martiñá. Os socialistas adiantaron que presentarán mocións en todas a Corporacións Locais da Comarca,
Pola súa parte, a Concelleira de turismo do Carballiño, Pilar Caride, dirixíuse á Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, solicitando unha rectificación, remitíndolle un escrito no que sinala que "o folleto divulgativo no que deberían difundirse as excelencias do Carballiño e a súa bisbarra vén encabezado co nome do Ribeiro, cando esta bisbarra e a carballiñesa son complementarias en materia turística, pero nunca unha por diante da outra. O Ribeiro ofrece atractivos como os seus viños, a súa historia ou a súa aposta termal, como a bisbarra do Carballiño, bisbarra esta que ademais ofrece infraestruturas hoteleiras, restauración, enclaves naturais, elementos etnolóxicos como o Castro de San Cibrán, ou citas gastronómicas tan importantes como a Festa do pulpo , lugares emblemáticos como o mosteiro de Oseira ou a obra cumio de Antonio Palacios en Galicia como é o Templo da Veracruz".
Máis adiante, Pilar Caride, a Concelleira do Partido Popular solicita "a posibilidade de incluír un cambio dentro deste proxecto Xeodestinos, no que se resalte o paquete turístico que forman O Carballiño e O Ribeiro, nomeando polo tanto as dúas bisbarras no folleto divulgativo, entendendo que sería a mellor forma de difundir as excelencias desta parte do nordés provincial. Tamén temos que resaltar que xa existe unha mancomunidade turística con implicación das dúas bisbarras, "Terras do Avia", que iniciou hai anos varios proxectos de difusión turística de toda a zona, polo que entendemos que os Xeodestinos deberían ampliar a aposta da mancomunidade turística, pero sempre destacando as dúas bisbarras por igual", remata no seu estcrito a Concelleira Carballiñesa de Turismo.

O último Estudio General de Medios do ano 2011 dado a coñecer esta semana pon de manifesto que COPE O Carballiño ten cinco veces máis audiencia que a suma do resto das emisoras de radio das comarcas do Carballiño e o Ribeiro. Ademáis, en todo o ámbito da provincia de Ourense, a programación local de COPE O Carballiño, que se emite a diario entre as 12,30 ás 15 horas, consigue situarse na segunda posición do ranking provincial entre todas as emisoras que emiten programación xeneralista, incluidas as da capital da provincia.
O EGM, que se encarga da medición de audiencia das emisoras de radio, certificou que 11.000 ointes sintonizan a diario a programación da COPE nas Comarcas do Carballiño e o Ribeiro, polo que se afianza de forma destacada no liderazgo radiofónico comarcal en todas as franxas horarias, aínda que é no horario de mediodia, cando as distintas emisoras emiten a súa programación local, cando COPE O Carballiño concentra o seu maior número de oíntes. Nesa franxa horaria, de 13 a 15 horas COPE O Carballiño consigue, según o EGM, unha audiencia diaria de 6.000 oíntes, o que a convirte a esa hora nunha das emisoras locais con máis audiencia de toda Galicia.
Os responsables do C.D. Arenteiro non acudiron ao acto de conciliación có Ex-Adestrador Marcos Vázquez "Marquitos", tras unha denuncia presenta por éste na Federación Galega de Fútbol, e pola que reclama o pago da débeda contraida durante a súa etapa de adestrador, que ascende a 2.400 euros máis xuros.
Atá que se resolva esta denuncia, o club non pode tramitar novas fichas ante a FGF, polo que non podería agora mesmo realizar a fichaxe de calquera posible reforzo para a plantilla do equipo. Marquitos mostrouse moi decepcionado con esta actitude da Directiva do Club "ningúen se presentou en Santiago para a conciliación e tampouco ningúen se puxo en contacto conmigo por teléfono, estou na mellor disposición de non facer dano ao Arenteiro, pero é que ningúen me chamou".
Desde o Club, o Presidente Antonio Iglesias "Cadavid" asegurou a esta emisora de radio que "inicialmente non tiñamos coñecemento desta citación, pero xa nos puxemos en contacto coa Federación e xa lle comunicamos que o Arenteiro solucionará o problema".
Desde o Grupo Municipal Socialista manifestan que ante a ausencia de propostas por parte do Alcalde do Carballiño, ao que tildan de "elemento decorativo", os socialistas van pasar á acción e "tomar a iniciativa de que se cree unha comisión para analizar os feitos dese incendio e que se busquen as claves para evitar no futuro incidentes semellantes".
O grupo socialista aclara que non se pretende facer unha utilización partidista dos feitos que conmocionaron ao Carballiño "pero sí creemosque temps a obriga, uns e outros, de poñer os mimbres necesarios para que non volvan darse as circustancias que confluiron ese dia e que de repetirse poden provocar unha catástrofe de maiores dimensións", recalcan.
Para o principal grupo da oposición municipal o acontecido ese dia esixe unha análise "seria e racional", e máis concretamente refirense as medidas que deberían adoptarse para que non volvan repetirse os problemas que tiveron os vehículos de emerxencias para acceder ao lugar do sinistro. A solución, en opinión dos socialistas non está no anuncio do Goberno Municipal de retirar o mobiliario urbano que ocupa as bocarúas de que dan acceso á rúa Principal, senón en manter expeditas as dúas entradas principais, desde o cruce da estrada de Ribadavia e desde Conde Vallellano.
Os responsables municipais do Partido Popular consideran que a liña de créditos ofrecida polo ICO ás entidades locais para o pago de débedas aos proveedores non é a mellor solución para o Concello do Carballiño e, polo contrario, a débeda municipal aumentaría polos elevados xuros que terían que pagarse, polo que descartan suscribir este tipo de crédito.
Para os gobernantes municipais do Partido Popular, esta liña crediticia do ICO impulsada polo Goberno de Zapatero supón "que se estaría pagando demasiádo en concepto de xuros, polo que a rebaixa da débeda sería moito menor". O tipo de xuro que ofrecen os créditos do ICO son do 6,5% cando na actualidade o Euribor ronda o 2% e ademáis "o periodo de amortización é corto, xa que se fala de 3 anos de amortización como máximo, o que representaría un aumento nas cargas municipais, cun tope de crédito de 460.000 euros, o que siñificaría pagar unhos 180.000 euros de amortización e xuros", manifestan desde o Goberno Municipal do Carballiño.
Finalmente, asegúrase desde o Concello Carballiñés que "os técnicos municipais están estudiando outro tipo de operacións que permitan paliar a débeda de forma máis flexible e cómoda para o concello, buscando unhos intereses máis baixos"
O Concello de San Cristovo de Cea e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, asinarán un convenio para financiar as obras de urbanización do parque empresarial do Fondo de Cea, asi o anunciou en COPE o Alcalde da localidade José Luis Valladares. Desta maneira, remataráse a urbanización desta área industrial, que ocupa unha superficie de 350.000 metros cadrados, dos que 160.000 corresponden á empresa "Las 5 Jotas", que financiou a adquisición dos terreos.
Valladares adiantou que "antes de final de ano firmarémos un convenio coa Consellería de Medio Ambiente, que nos vai dar un diñeiro en varias anualidades, aparte do que vai poñer o empresario, creo que estos dias imos chegar a un acordo con este empresario, e asi poderémos rematar a urbanización de todo o parque". O Alcalde tamén aclarou que "ó empresario de Vigo correspondenlle 160.000 metros cadrados, asi que quedarán dispoñibles outros 240.000 metros cadrados, polo que haberá terreo suficiente para aqueles empresarios do municipio ou aqueles de fora que queiran vir implantarse aquí a Cea", suliñou.
O máximo responsable municipal tamén se referíu na súa intervención radiofónica á posibilidade, apuntada meses atrás, sobre a ubicación no parque empresarial de Cea da empresa británica XERO, para a fabricación dun modelo de coche eléctrico. José Luis Valladares amosouse moi escéptico con esta posibilidade "eu voume reservar a opinión sobre esto, aínda que cando se puxeron en contacto con nós desde o INORDE dixémoslle que ese terreo estaba dispoñible e por nós encantados, pero claro, unha multinacional que para instalarse pide cartos á Xunta, á Deputación e ós empresarios ¿qué poñen eles ?, sentenciou.

A Policia Local do Carballiño culminou esta fin de semana unha investigación que rematou coa detención dun veciño da Parroquia de Madarnás, de 43 anos de idade, como presunto autor da queima de varios contenedores de lixo no casco urbano do Carballiño.
Os feitos viñanse reproducindo durante as últimas fines de semana, maís concretamente durante as madrugadas do domingo, polo menos 7 contenedores da recollida do lixo ubicados na zona urbana do Carballiño resultaran destruidos polo lume, provocado de forma intencionada. A Policia Local do Carballiño, que abrira unha investigación para localizar ao autor ou autores dos feitos, puxo en marcha este pasado sábado un dispositivo especial de vixiancia, que deu como resultado a localización do presunto pirómano. Ainda asi, non pudo evitarse que o lume afectase a un contenedor na rúa Aldara, a carón do edificio Cheda, a onde tiveron que acudir os bombeiros do GRUMIR para controlar o lume. Nas últimas fines de semana, varios contenedores resultaron no Carballiño con grandes desperfectos e outros varios queimados na súa totalidade. A Policia Local impútalle ao detido a queima de polo menos 7 contenedores, no transcurso das últimas semanas.
Máis do mesmo, un Arenteiro na súa liña dos últimos partidos, incapaz de marcar un gol en 270 minutos, tampoouco hoxe no campo de Santa Marta de Velle o equipo de Dacosta ofreceu síntomas de melloría, volveu a amosarse como un equipo sen recursos e totalmente inoperante. Non é capaz de crear ocasións de gol e as poucas que fai en cada partido non acerta a resolvelas, no de hoxe apenas anotamos dúas xogadas de perigo dos carballiñeses, cando estaba a punto de rematar a primeira parte un balón que se cola polo medio da defensa local non é aproveitado por Alén, no ún contra ún, o meta local logra interceptar o balón. A outra única ocasión do partido na que o Arenteiro creou perigo foi xa na segunda parte, cando Cancelas rematou de cabeza un balón que o porteiro local Jacobo enviou a corner. Pola contra, o Velle soubo aproveitar moi ben as súas ocasións e tranformalas en goles, todas elas no segundo periodo do partido, xa que atá o descanso o xogo foi unha sucesión de imprecisións por ambos equipos sen apenas aproximacións de perigo ás dúas porterias.
Foi entón na reaunudación, aos 5 minutos, cando o Velle inaugubaba o marcador nunha xogada a balón parado, ao saque dunha falta, coa defensa do Arenteiro dormida, que deixa libre de marca ao dianteiro do Velle, que remata a placer. Os locais ampliaban a súa renda no marcador á media hora desta segunda parte, ao tranformar un penalti, e xa cando se entraba en tempo de desconto chegaría o terceiro gol do Velle, nun tiro desde fora da área que sorprendeu por completo a Samuel.
Có de hoxe en Velle, son xa 3 os partidos que suma o Arenteiro sen marcar un gol, se ademáis de esta inoperancia da dianteira verde, sumamos os despistes defensivos, como o que propicia o primeiro gol dos locais, e ademáis as evidentes carencias e desaxustes no medio do campo, é fácil concluir que asi é moi dificil gañar un partido. O Arenteiro é un querer e non poder partido tras partido, sen dar síntomas de melloria, aínda que o 3-0 de esta tarde acaso sexa un castigo excesivo para o visto no campo de herba artificial da parroquia de Santa Marta de Velle. Ou se endereza o rumbo ou a este Arenteiro se lle vai complicar e moito o ascenso de categoria, e éste e non outro é o único obxetivo de este equipo, o non logralo sería un fracaso. E visto o visto o equipo aumenta as dúbidas conforme vai avanzando a competición.
As verificacións técnicas levanse a cabo na tarde do sábado, aínda que será xa o domingo 27 pola mañá cando se celebre esta espectácular proba motorística de Cross Country.
A carreira está prevista a partir das 11,30 horas e as 14,30 horas será a entrega de premios. A competición será puntuable para o campionato de España de modalidade. A Actividade chega ao Irixo por medio da colaboración que o Concello da localidade mantén có "Moto-Club Móvete na moto", serán 3 horas de puro espectáculo motorístico na matinal deste derradeiro domingo de novembro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 704
- 705
- 706
- 707
- 708
- 709
- 710
- 711
- 712
- …
- seguinte ›
- última »