O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama pon a disposición das mulleres de Boborás un medio de transporte gratuito para facilitarle o acceso dende o Concello de Boborás á Unidade de Exploración Mamográfica, situada na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, na Avda. de Zamora, 13 en Ourense, así como a viaxe de volta ao concello. O uso deste transporte non é obrigatorio polo que as mulleres que o desexen poden acudir polos seus propios medio á cita que se lle achega.
As veciñas de Boborás serán citadas a partir do 16 de novembro de 2011 a través de cartas.
Dependendo da hora na que teñan cita na Unidade de Exploración, poderán facer uso do mesmo, tendo en conta as paradas e horarios que figuran na seguinte táboa.
HORARIO DE AUTOBUSES
|
||
LOCALIDADES
|
1ª HORA |
2ª HORA |
O Regueiro (na parada de bus) |
7.10 horas |
10.10 horas |
Nogueira (na parada de bus) |
7.20 horas |
10.20 horas |
Feás (na parada de bus) |
7.30 horas |
10.30 horas |
Brués (no cruce da estrada de Feás) |
7.35 horas |
10.35 horas |
Pazos (na vila)
|
8.00 horas |
11.00 horas |
Almuzara (diante do bar Ramón
|
8.10 horas |
11.10 horas |
O cine club Carballiño estrea tres películas en colaboración co Instituto Iberoamericano de Finlandia. Este venres enpeza no Carballiño un ciclo de cine finlandés que os cine clubs galegos desenvolverán ao longo dos meses de novembro e decembro, e no cal se poderán ver en Galicia tres películas finlandesas de recente producción e todavía non estreadas comercialmente en España. A inciativa é posible grazas á colaboración entre a Federación de cine Clubs de Galicia e o Instituto Iberoamericano de Finlandia, con sede en Madrid.
A película escollida polo cine club Carballiño para comenzar este ciclo é A ciegas, unha producción do ano 2010, na que se nos conta a transición cara á adolescencia de dous rapaces. O seu director é un dos novos realizadores finalandeses, Matti Ijäs, e acadou un gran éxito no seu país. As outras dúas películas son Pueblo de silencio e Eila. con esta iniciativa pretédese achegar a desconocida filmografía finlandesa ao público galego, xa que só soen distribuírse no noso país as películas dos irmáns Kaurismaki, directores de recoñecido prestixio internacional e que soen frecuentar os máis importantes festivais de cine como Cannes, Venecia ou San Sebastián.
O informe, que foi elaborado pola actúal empresa responsable da xestión recadatoria no concello carballiñés, reflicte que a débeda acumulada en via executiva asecende a un total de 4.917.532 euros, repartidos nun total de 81.367 recibos. Tamén se deduce do informe que a débeda máis importante acumúlase a partir do ano 1990, sendo residual nos anos anteriores, e acumulando a maior débeda no ano 2010.
Da suma total, 3.012.409 corresponden a 52.174 recibos de débeda prescrita e non dada de baixa, mentres que a débeda non prescrita sería de 1.905.112 euros, repartidos en 28.193 recibos. Son datos que desvelou hoxe a través desta emisora de radio o Alcalde Argimiro Marnotes, suliñando que "eu sei que todo esto vai cabrear moito os que pagan, pero o Alcalde tén claro que a partir de agora quenes teñen que preocuparse son os que non pagan, porque imos facer que pague todo o mundo, non pode ser doutra maneira".
Neste informe vemos, por exemplo, como a débeda pendiente en executiva comezou a aumentar de forma moi considerable a partir de 1995, nesa anualidade xa foron 3.156 recibos que quedaron sen cobrarse en via executiva, atá chegarse aos 7.811 de cifra record en 2010. Entre os anos 2004 ao ano 2009 foron 27.380 os recibos que quedaron pendientes de cobro na recadación municipal carballiñesa.
A maior parte da débeda prescrita e non dada de baixa acumulase nos conceptos do Imposto de Benes Inmobles Urbanos e no Imposto de vehículos de tracción mecánica durante os anos 1990 a 2007, e en menor medida na recollida do lixo, que forman os padróns maioritarios na recadación carballiñesa.
O Alcalde carballiñes manifestou no transcurso da súa intervención radiofónica como "curisosamente cando o Concello dispón dun instrumento como é unha empresa externa para a recadación, é a partir de entón cando menos se recada". Marnotes adiantou que "nós imos reunirnos coas dúas anteriores empresas que pasaron polo Concello na xestión da recadación e que nos están a reclamar varias facturas, haberá que ver eso, porque visto todo esto seguramente estamos en disposición de pedir danos e perxuízos sobre toda esta situación", asegurou.
No mesmo escenario no que Manolo foi xogador e adestrador, na "Pista Roxa" do Carballiño, tivo lugar este emotivo acto que consistíu na entrega ao homeaxeado dunha placa e unha camiseta do Club Ourense Baloncesto, por parte do actúal Presidente do COB, Jorge Bermello. Ademáis, tamén estiveron presentes numerosos ex-xogadores e compañeiros das disntintas etapas que tivo o Club Baloncesto Carballiño, do que Manolo Celta foi sempre o seu alma-mater, con él ascendeu o baloncesto carballiñés as suas cotas máis altas, chegando a competir un par de temporadas en liga EBA. A falta de apoios e axudas, sobre todo por parte das institucións, como o Concello do Carballiño, levou a desaparición do club. Sen embargo, a este acto no que se recoñeceu a labor de tantos anos de Manolo Celta, acudíu unha representación política da Corporación do Carballiño encabezada polo seu Alcalde Argimiro Marnotes.
O grupo de goberno do Partido Popular entende asi que non incrementará a presión fiscal sobre os cidadáns cara o ano que ven, ao conxelar o recibo da auga e ofrecer os contribuíntes a oportunidade de bonificar os recibos máis elevados, os que se pagan pola recollida do lixo, circulación de vehículos e o IBI. Eso si, para obter ese premio deberán proceder á domiciliación bancaria dos pagos, se o fan beneficiaránse desa bonificación, que será polo mesmo importe do incremento que verán nos seus recibos os contribuíntes que non domicilien, en base o correspondente Indice de Prezos ó Consumo.
Experimentarán un incremento as taxas por ocupación de vía pública, as terrazas, aínda que tanto BNG como PSOE consideran que este incremento non debería ser uniforme "porque non é o mesmo ter a terraza ó lado do cuartel da Garda Civil que no centro do pobo", dixo a portavoz nacionalista Aúrea Francisco, un argumento que tamén fixeron seu os socialistas.
Sí se verán incrementadas siñificativamente para o 2012 algunhas outras taxas, como as que se abonarán por "Bó Dia Familia" ou nas escolas deportivas. No primeiro caso os usuarios pasarán a pagar 30 euros ao mes en vez dos 20 que se pagaban ao ano, aínda que se contempla o coste cero para familias en situación de exclusión social, igual que nas taxas das escolas deportivas municipais, que pasan dos 55 euros que se pagaban aos 95 que deberán abonarse o ano que ven. O Grupo de Goberno xustificou este incremento polo alto deficit destas actividades, O Alcalde asegurou que malia este incremento, o Concello do Carballiño "ten unhas taxas moi por debaixo de concellos similiares, como os de Verín ou Lalín, que se moven entre os 120 e os 260 euros". Non foi da mesma opinión o Portavoz Socialista, para Paco Fumega "as subas son salvaxes nos asuntos que máis tocan á cidadanía" en relación os servizos de "Bó Dia Familia"- que calificou de despiadada- e as escolas deportivas municipais.
O Grupo de Goberno do Partido Popular sacou adiante a súa proposta recurrindo ao voto de calidade do Alcalde, toda vez que a esta sesión non asistíu o concelleiro de facenda Emilio Carballeda e a oposición votou en contra, o que motivou inicialmente un empate a 8 votos.
O Alcalde do Carballiño foi o encargado de abriu o mitín do Partido Popular no auditorio do Carballiño, primeiro que se celebra na localidade nesta campaña electoral, que rexistrou un cheo total de público. Portando na man un libro de imaxes biográficas de Mariano Rajoy, Marnotes lembroulles aos presentes que "aquí están fotografias do Carballiño das que Mariano Rajoy falou con moito cariño, igual que cando xa estivo aquí entre nós coa muller que o cuidou de neno, recordando como foi aquí no Carballiño onde tivo o seu primeiro dia de escola, igual que fai pouco nos acompañaba na festa do pulpo, porque síntese veciño do Carballiño, porque nunhos dias un fillo e veciño ilustre do Carballiño será Presidente de España". Desta maneira recordaba Marnotes aqueles anos da infancia qie o Candidato do Partido Poipular pasou no Carballiño. Despois, o Alcalde referíase aos primeiros meses de goberno municipal "o cámbeo que chegará a España xa chegou fai unhos meses O Carballiño, e xa melloramos a recollida do lixo, encargamos unha auditoria, estamos traballando para mellorar o transporte con Ourense, formando a 150 persoas en distintos cursos, e mañá mesmo -anunciou- aprobarémos no pleno da Corporación a conxelación da taxas municipais, como o recibo da auga, para o ano 2012"".
Despois, tomou a palabra o Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Baltar, que comezou a súa intervención felicitando a Marnotes "por esa gran maioria absoluta lograda no Carballiño polo Partido Popular, e tamén temos por esos magníficos resultados en todos os concellos do partido xudicial do Carballiño". O Candidato nº 1 ao congreso pola provincia de Ourense, Celso Delgado, amosou a súa preocupación "polas 54 empresas do Carballiño e os moitos autónomos que desapareceron nos últimos 4 anos, e tamén me preocupan esos 1.239 traballadores en paro que hai no Carballiño", dixo.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que no debate de mañá "estará con Rajoy a realidade dos españois e ao outro lado, o de Rubalcaba, o disimulo, os tópicos e a ciencia ficción, e dun lado estarán estes oito anos que podemos converter en pasado e doutro o futuro que precisamos".
Segundo o líder do PPdeG, mañá escoitaremos no debate, na metade do tempo, verdades e realidades, e na outra metade de tempo "unha película de ciencia ficción como a que nos contaron estes anos: carísima e cun elenco de excepción constituído por Zapatero, Rubalcaba e Blanco. Trátase, pois, da mesma película de ciencia ficción que contou o Goberno socialista mentres o que de verdade sucedía era un drama", enfatizou.
Así se expresaba o líder do PPdeG no seu mitin carballiñés, onde engadía que "no debate de mañá seguramente os dun partido dirán unha cousa e os do outro, outra distinta, pero o que é seguro é que os cidadáns son os gañadores do debate de mañá porque por fin se tratará sobre o que durante catro anos se quixo negar; porque un e outro, aínda que de diferente xeito, coincidirán en que non se pode volver repetir un Goberno como o que temos vivido estes anos e, sobre todo, porque dentro de quince días todos poderemos votar polo cambio".
O presidente do PPdeG apuntou que "non é máis ciencia ficción o que precisa España senón verdades; non é intrigas o que se precisa senón certezas; non é amnesia senón sentido común; non é o pasado que non debemos volver repetir senón o futuro ao que debemos aspirar; non é un partido desorientado senón un Goberno; e non é un contacontos, senón un Presidente –coma Rajoy- que conte con todos".
O Ramirás chegou a Espiñedo co propósito de gañar o encontro e conseguíuno, cun plantexamento do partido moi valente, o Ramirás sacou a relucir as carencias que sigue amosando nesta liga o Arenteiro. Nin indo por diante no marcador os de Ramirás se botaron atrás, pola contra, seguiron practicando a súa proposta de fútbol ofensivo, e consegurion o seu obxetivo, levarse os 3 puntos en xogo.
No primeiro minuto de partido xa se adiantaban no marcador os visitantes, aínda que logo chegaría a resposta do Arenteiro cunha combinación -das poucas desta primeira parte- que nacía nas botas de Canexón e culminaba dentro da área Marcos Sotelo, cumpliase o minuto 8 de partido, e parecía que o Arenteiro logo se faría co mando do encontro. Nada máis lonxe da realidade, porque apenas 7 minutos tardaría o Ramirás en volver situarse por diante no marcador, faciao por medio dun zurdazo que o seu lateral lanzaba desde as inmediacións da área que se colaba na portería carballiñesa. Aínda había moito partido por diante, pero o marcador sería xa inamovible. Durante toda esta primeira parte o Ramirás xogou máis e mellor, estivo moi ben posicionado no campo e xogando sen ningún tipo de complexo, multiplicando os seus efectivos cada vez que atacaban e replegando moi ben as súas liñas cando trataban de facélo os locais. Mentres, o Arenteiro era incapaz de aproximarse con perigo á portería visitante, o seu recurso era enviar balóns aéreos a Iglesias, que pouco podía facer en solitario.
Xa no inicio do segundo periodo, os carballiñeses tiveron unha boa ocasión de empatar, pero o remate de Iglesias saíuse fora. Tras unhos minutos iniciais nos que parecía que o Arenteiro ía polo partido, o xogo volveu nivelarse atá o tramo final, cando o Arenteiro volveu apretar, con duas boas oportunidades que Marcos Sotelo e Iglesias non souberon aproveitar. Tralo pinchazo desta tarde, o Arenteiro perde fuelle nesta liga, e tras sumar unicamente un punto nos dous últimos partidos, situase fora de postos de ascenso.
Os feitos aconteceron pola mañá na localidade da Granxa, na carballiñesa parroquia de Seoane, dous individuos encapuchados accederon ao interior da vivenda de Dolores Bernárdez Rodríguez, de 69 anos de idade, obligarona a subir á planta de arriba da casa e -según manifestaciós da propia víctima a esta emisora de radio- a punta de pistola, agredirona, e tras amordazala, procederon a atála a unha silla da cociña. Posteriormente, os individuos forzaron cunha radial unha caixa forte, que estaba baleira, sen xoias nin diñeiro, apropiandose unicamente dun teléfono móbil e dous reloxios
A victima permaneceu atada atá que unha veciña advertíu que as portas da casa estaban abertas, extrañada por esta circustancia, e tras chamar varias veces e non obter resposta, decidíu entrar na vivenda, atopandose coa muller atada e amordazada. Os feitos xa foron postos en coñecemento da Garda Civil do Carballiño, que investiga o suceso.

A iniciativa foi presentada polo Alcalde Argimiro Marnotes, e o primeiro paso será unha enquisa que se fará entre a veciñanza para determinar as necesidades e preferencias da poboación "no próximo mes faráse unha sondaxe no Carballiño e Ourense preguntado cales son os mellores horarios e os destinos que a xente do Carballiño necesita en Ourense, preguntaráse pola frecuencia das viaxes e tamén o motivo do desplazamento", explicou o Rexidor Municipal.
En base a ese estudio, para o que se farán unhas 300 enquisas, un traballo encargado a 3 estudiantes de cencias políticas que realizan prácticas no Concello do Carballiño, trasladaráse unha petición de mellora do servizo á empresa concesionaria, entendendo que "Monbus non está a facer o servizo que ten fixado na concesión da Xunta de Galicia, teñen contratados unhos servizos que na actualidade non están a facer", dixo Marnotes.
O Alcalde do Carballiño tamén anunciou que "se esto non se consigue con Monbus nun tempo razonable, o Concello do Carballiño está en condicións de crear un servizo propio de transportes coa cidade de Ourense". Sería entón cando o propio concello promovería un convenio coas empresas locais para poñer en marcha este servizo público de autobús entre O Carballiño e Ourense, que se regularía a través dunha nova taxa municipal.
O Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, manifestou en COPE a "a alegria que sentín ó coñecer esta noticia, non é que desconfiase de quen tiña comprometida a súa palabra, pero agora xa está no papel, e eso asegura que este proxecto vai para adiante". Fernández espera que "nos primeiros 4 meses do ano que ven debería xa procederse a licitación da obra", que inclúe ademáis do proxecto museístico a rehabilitación da edificación anexa ao mosteiro de San Clodio.
O investimento previsto, e para o que o Decrreto Lei dos Orzamentos da Xunta para o ano 2012, fixan unha partida presupostaria de 971.000 euros, terá como obxeto a creación do "Espazo dos Sentidos do Viño", e según a memoria do proxecto, consistirá "nun espazo das emocións que produce o viño, e no que se tratará de mergullar aos visitantes no fascinante mundo das percepcións sensitivas que ofrece, artellaráse como un percorrido conceptual e de aproximación sensorial ao mundo do viño".
NOVA ETAP PARA O MUNICIPIO DE LEIRO
O Rexidor Municipal tamén confirmou a esta emisora de radio a próxima construcción dunha nova Estación de Tratamento de Auga Potable "unha vez que a obra xa foi adxudicada pola Xunta á empresa EXTRACO", a nova infraestructura, para a que se destinou un investimento de 236.000 euros por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraesctructuras, posibilitará mellorar o abastecemento de auga á vila de Leiro, e tamén a algunhas outras localidades do municipio de Leiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 705
- 706
- 707
- 708
- 709
- 710
- 711
- 712
- 713
- …
- seguinte ›
- última »