Dous fallos defensivos do Arenteiro a punto estiveron de causar un grave disgusto aos carballiñeses nun partido que dominaron de principio a fin, pero que o Maside empataba no tramo final logrando a igualada a dous goles. Na úlltima xogada do partido Iglesias facía o terceiro e definitivo gol para os carballiñeses, que conseguían asi os 3 puntos Ainda cos equipos asentandose no terreo de xogo, unha xogada pola banda esquerda do ataque carballinés protagonizada por Marcos Sotelo acaba en centro sobre a área pequena e alí, moi antento, Iglesias cabecea ao fondo da portería masidá. O gol servíu aos carballiñeses para asentarse mellor no partido, mentres que o Maside ofrecía moitas dúbidas, tan só un balón en parábola sobre a portería de Pachy, que éste resolveu ben, e pouco máis neste primeiro periodo.
Nada máis comezar a segunda parte, o Arenteiro amplia a súa ventaxa no marcador nun saque de esquina no que o balón chega a Alén e remata de forma maxistral o segundo gol carballiñés. O partido ponse cómodo para o Arenteiro, que sigue xogando máis e mellor que os masidaos, incluso dispón de algunha ocasión para sentenciar o encontro, e atá lle é anulado un gol a Iglesias por posible fora de xogo. Non obstante, a un cuarto para o final o partido complícase de forma incomprensible para o equipo de Dacosta. Primeiro, o veterano Paco, totalmente libre de marcaxe, pon a emoción no marcador có 1-2. O Maside vese espoleado polo gol e vaise arriba, aínda que sen conseguir levar perigo sobre a portería carballiñesa, atá que ao borde do final unha falta de entendemento entre Pachy e a defensa propicia o autogol de Carlos Escudero, o Maside empataba asi un partido a dous goles, tirando unha sóa vez á portería. Increíble, pero certo.
Cando xa non parecía que houbese tempo para moito máis, chegaría novamente Iglesias, hoxe o mellor do Arenteiro, para levarse un balón desde o borde da área e en plena internada cruza o balón inalcanzable para o meta masidao. Un gol que facía xustiza porque os carballiñeses foron hoxe superiores aos locais. En resumen, os aproximadamente 350 afeccionados que se achegaron atá o Outeiro Grande, tiveron ao final a recompensa da emoción do final dun partido que, como se adoita decir nos encontros de rivalidade, tivo máis emoción que fútbol.
Os cadáveres foron localizados a última hora da maná nun cobertizo por un traballador que realizaba obras nas imediacións, no lugar da Carreira, na parroquia masidá de Louredo. Trátase de nai e fillo, D.A.R e J.A.A.R, de 85 e 57 anos de idade, respectivamente.
Atá lugar do suceso desplazaronse axentes da Garda Civil do Carballiño, que comprobaron a veracidade do achádego. A muller presentaba un golpe na cabeza, e o home estaba aforcado. Investiganse as causas do suceso, aínda que as primeiras hipótesis apuntan a que o fillo pudo matar á nai e despois suicidarse. Minutos antes das 4 da tarde autorizouse o levantamento dos cadáveres, que foron trasladados ao complexo hospitalario de Ourense para practicarlle a autopsia.
O suceso causou unha gran conomoción na parroquia de Louredo e no resto da Comarca. O Alcalde de Maside, Celso Fernández, que se achegou atá a Carreira de Louredo nada máis coñecer a noticia, declarou que "non había indicio algún de que poidese ocorrer algo asi". Aparentemente, según o testimoino dos veciños, a relación entre nai e fillo eran boas e non existian denuncias previas de ningún tipo. A Garda Civil abríu unha investigación para aclarar as circuntacias nas que se produciron as mortes.
Primeiro foi Boborás e agora O Carballiño decide adoitar idéntica médida. O Alcalde Argimiro Marnotes anunciou hoxe en declaraciós a esta emisora de radio que, nunhos casos reducindo a intensidade e noutros apagando farolas, o concello carballiñes espera conseguir un aforro na factura eléctrica de atá 180.00 euros ao ano, unhos 15.000 euros de reducción ao mes no gasto eléctrico. Boborás, pola súa parte, despois de estudiar varias alternativas, vai optar finalmente por apagar aproximadamente o 40% da iluminación pública.
Marnotes explicou como "ún dos problemas que nos atopamos enriba da mesa cando nós chegamos ao concello foi a débeda con Fenosa, no pasado mes de setembro asinamos coa empresa un convenio para poñernos ó dia nun prazo de 2 anos, e tamén desde o principio vemos que o recibo que paga o concello é moi elevado".
O Alcalde carballiñés asegurou que xa durante as primeiras semanas de mandato "detectamos moitos contadores que non estaban dando servizo, que fumos dando de baixa e despois comezamos polas iluminacións, nunhas rúas xa fai algunhas semanas nas que se reducíu atá o 50% a intensidade das luminarias, alí onde é posible empregar este sistema como na rúa Calvo Sotelo ou na Avda. 25 de Xullo, e noutras, como en Curros Enríquez, apagando unha de cada dúas farolas, fixémolo sen anunciar para que os veciños vexan agora que seguimos tendo unha iluminación suficiente", suliñou.
BOBORÁS OPTA POR UN APAGADO SELECTIVO
Tras varias probas que se foron sucedendo nos últimos meses, finalmente, o concello bobarense desbota apagar as iluminacións na súa totalidade nese horario que ía entre as 2 e as 6 da madrugada, e no seu lugar optase por un apagado selectivo.
Según anunciou en COPE O Carballiño o Alcalde Cipriano Caamaño "despois de escoitar aos veciños, decidímonos por esta alternativa, de maneira que se apagarán aquelas farolas que os veciños consideran máis prescindibles, e deixando encendidas as que eles mesmos consideran máis necesarias". Caamaño calcula que con esta fórmula seguirán encendidas o 60% das luminarias nas distintas localidades do municipio.
Asi o anunciou o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras Agustín Hernández. O municipio do Irixo é o elexido pola empresa Estéla Eólica, un proxecto que precisará dun investimento de 230 millóns de euros e prevé a creación de 250 postos de traballo directos. O proxecto deberá agora tramitarse ante o Concello do Irixo e a Xunta de Galicia.
A planta de tratamento do lixo para todo o sur de Galicia tratará aproximadamente un tercio do lixo que se produce en Galicia, 366.000 toneladas, unha cantidade lixeiramente inferior a planta de Sogama en Cerceda. Ocupará unha superficie de 70.000 metros cadrados, que deberá adquirir a empresa, xa que non se contempla a expropiación. Aínda que non transcendeu a zona concreta para a súa ubicación, esta emisora de radio pudo saber que os terreos elexidos sitúanse no límite cos concellos de Dozón e Lalín, na parroquias de San Cosme de Cusanca e O Campo, en terreos que son na súa maior parte de propiedade comunal.
O proxecto contempla a construcción de cinco plantas para a tranferencia de residuos, a promotora, Estela Eólica deberá tramitar os permisos ante o Concello do Irixo, que deberá adaptar a instalación dentro do seu ordenamento urbanístico. A futura planta deberá estar operativa no ano 2014, polo que se adiantaría a súa entrada en funcionamento en relación ao Plan de Resíduos de Galicia, que establecía un horizonte no ano 2017.
O Alcalde do Irixo, Manuel Penedo, manifestou en declaracións a COPE O Carballiño que "tívose en conta a boas comunicacións do Irixo, entre Lalín e O Carballiño, cunha situación próxima ás autovias de Santiago e Vigo, e tamén polo ferrocarril, que nun futuro será tamén decisivo para desenvlver este proxecto, xa que aquí no Irixo estará ademáis a estación de transferencia do AVE".
Do total de 366.000 tonenadas de resíduos que recibirán tratamento nesta futura infraestructura, 310.000 toneladas serán para valoración enerxética, mediante incineración, mentres que 40.000 serán destinadas ao compostaxe e outras 16.000 a envases lixeiros. O Alcalde do Irixo calcula que "entre os postos de traballo directos, 250 e os indirectos e de empresas auxiliares, crearánse arredor dos 400 ou 500 empregos".
Penedo tamén salientou a importancia que o proxecto ten para os ingresos económicos que repercutirán no Concello do Irixo, asi como "na creeación de postos de traballo, ademáis dos 250 directos que contempla o proxecto están outros 100 en empresas auxiliares que se ubicarán no parque industrial da Bugalleira, ademáis os veciños do Irixo xa terán traballlo incluso con antelación, nas obras de construcción da planta, porque esa foi unha das condicións que puxemos á empresa", dixo.
SOCIALISTAS E NACIONALISTAS, EN CONTRA DO PROXECTO
O PSdG-PSOE, que defendia co bipartito a ubicación do chamado "parque medioambiental" no Concello de Carballeda de Avia, na comarca do Ribeiro, reuníu aos responsables provinciais do partido no Carballiño, nunha convocatoria na que tamén participaron, entre outros, o Alcalde de Piñor, e Concelleiros do Carballiño, O Irixo e Cea. A Secretaria Provincial de Organización Maria Quintas dixo que o proxecto "devalúa a provincia, é lamentable e miserable que nun momento de crise se pretenda vender postos de traballo, que ademáis é mentira", suliñou.
Os Socialistas lamentaron que a Xunta repita o modelo fracasado de Sogama en vez de apostar "pola reutilización e transformación de maneira saúdable". Maria Quintas manifestou, ademáis, que "anuncian unha improvisación, sen que teñan os terreos, sen falar co Concello e sen que éste teña un plan xeral". A Portavoz Socialista afirmou que o proxecto "tiverono silenciado atá pasar as eleccións, porque lle restaba votos".
Desde o Bloque Nacionalista Galego lamentouse que a Xunta aposte pola incineración no tratamento do lixo "a pesar de todos os posicionamentos contrarios a este tipo de plantas en vez de decidirse pola compostaxe". Os nacionalistas tampouco comparten os criterios sobre a creación de postos de traballo xa que "non se sostén a creación de postos de traballo que se apunta, porque coa compostaxe xeneranse máis postos de traballo", asegurou a Portavoz de Medio Ambiente do BNG Isabel Sánchez.
O At. Vilariño chegaba a Espiñedo como vicecolista da categoria, e tras 90 minutos de partido demostrou o porqué ocupa esa posición na clasificación. Gañou o menos malo, o Arenteiro, que de esta maneira volve conseguir unha victoria despois de seis partidos sen logralo, xa que desde a xornada octava, tamén por 3-0, daquéla fronte ao Covadonga e tamèn en Espiñedo, non sabían os carballiñeses o que era gañar.
Tanto Arenteiro como Vilariño afrontaban o partido con numerosas baixas, certo é que ambos equipos ofreceron unha pobre tarde de fútbol, na que todo se puxo de cara para os verdes no minuto 4 de partido, no primeiro regalo da defensa visitante e autogol do Vilariño cando os equipos aínda apenas estaban tomando posicións no campo. Vinte minutos despois Alén facía o segundo gol dos carballiñeses ao controlar un baón na área a pase de Canexón e batir por baixo e axustado o pau ao porteiro visitante. E sen nada interesante que reseñar, irían pasando os minutos atá que xa no solpor do partido un centro-chut de Cataña sobre a portería do Vilariño pon o 3-0 no marcador.
O mellor para o Arenteiro o resultado, aínda que outra xornada máis, o equipo sigue ofrecendo moitas dúbidas, menos mal que de esta vez enfronte estaba un inocente At. Vilariño. Por quedarnos con algo positivo, farémolo có traballo no medio campo de Gabriel Carballeda, que xogou o mellor partido desde que viste a camiseta do Arenteiro, e tamén as gañas que puxeron algunhos dos xogadores, como Cancelas.
O Accidente ocorreu ás 6,20 da mañá no km. 2,6 da OU-504 Ribadavia-Cea, na localidade de San Cristovo. O vehículo que conducía a víctima, de 23 anos de idade e con veciñanza na vila de Leiro foi chocar contra un automóbil estacionado e posteriormente colisonou frontolateralmente contra unha furgoneta que circulaba en sentido contrario.
O conductor da furgoneta, veciño de O Porriño, resultou ileso tralo accidente, pero o mozo de Leiro faleceu alí mesmo. Dase a fatídica circustancia de que o seu pai, veciño da parroquia carballiñesa de Cabanelas, tamén foi víctima doutro accidente de tráfico ocurrido a escasos kilómetros fai unhos anos atrás..
Efectivos da Policia Local e Garda Civil reduciron e levaron preso a un home que se atopaba nas dependencias da estación de Renfe no Carballiño. Os feitos aconteceron minutos antes das 8 da mañá, cando desde a central de seguridade de Renfe alertouse á Policia Local do Carballiño da existencia dun individuo que estaba efectuando disparos e atemorizando ás persoas que a esa hora da mañá estaban na estación carballiñesa de Renfe.
A Policia Local contactou coa Garda Civil para levar a cabo unha actuación conxunta, que estivo a cargo de 4 axentes equipados con chalecos antibalas. Unha vez na estación, deron o alto e procederon a súa detención, comprobando posteriormente que gardaba na maleta un revólver sen detonador e unha caixa de balas de fogueo. O detido, M.R.A.R., de 59 anos de idade, é natural de Madrid, aínda que sen domicilio fixo.
Os socialistas de Leiro afirman que o alcalde minte cando declara aos medios de comunicación que as contas municipais teñen superávit. O portavoz, Manuel Rodríguez Vázquez, critica a xestión do PP neste Concello, que como o propio rexedor recoñeceu en pleno, debe como mínimo dous anos á comunidade de Samos polo usufruto das fincas dos arredores do mosteiro de San Clodio, cantidade que ascende a 12.000 euros, así como as facturas de xullo a novembro deste ano de Gas Natural, entre outras facturas atrasadas e pendentes de pago a diversos proveedores. O edil socialista considera que a actuación do alcalde popular “é unha farsa continua, pois aos medios de comunicación di unha cousa e nos plenos di outra”.
Así, lembra que prometía non tomar medidas drásticas para despois subir o IBI un 100%, pese ás peticións socialistas de esperar á aprobación do novo PXOM. “Pola contra hai pobos do noso concello que non teñen alcantarillado, nin acceso rodado ás vivendas”, engade. Por outro lado esixe ao alcalde “que non presuma de fomentar a reciclaxe, porque as plantas de residuos de obras e de lodos existentes no noso concello se quedaron obsoletas, e fan de todo menos reciclar”.
Por último advirte que a nova empresa que xestiona a planta de lodos está comprando os terreos colindantes para almacenar os lodos. Os socialistas critican que fronte á actitude dos veciños de San Cristovo de Cea que impediron a súa instalación, “o alcalde de Leiro permitirá facer este almacén de lodos en detrimento da saúde e calidade de vida dos veciños dos pobos ubicados arredor da planta”.
A Secretaría Xeral de Trurismo da Xunta presentaba esta semana os 14 Xeodestinos turísticos nos que agrupou a oferta turística galega, trátase dun mapa galego de ordenación turística , na que se ofrecen 14 rutas, có obxetivo de coordenar as actuacións en materia tuística por parte das adiministracións e o sector privado, e ofrecer paquetes turísticos conxuntos. No caso da provincia de Ourense, ofrecense 6 Xeodestinos turísticos, ún deles, O Ribeiro, no que se incluiron algunhas das potencialidades turisticas da comaca carballiñesa.
A ausencia do Carballiño desta iniciativa turística como Xeodestino provocou as críticas tanto de socialistas como de populares. Desde O PSOE, o seu Deputado Provincial e Secretario da Agrupación Socialsita Carballiñesa, Guillermo Dopazo, considerase "unha afrenta á comarca do Carballiño" e fálase mesmo de marxinación por parte da Xunta de Galicia. Dopazo preguntase ónde está "o fio directo que Argimrio Marnotes dixo en campaña electoral ter coa Xunta de Galicia", manifestando con ironía que "este fio directo debeuse cortar ou é que algún poste do tendido caeu". O Deputado Pronvincial socialista, que compareceu acompañado polo Concelleiro Manolo Dacal, lamentou que para a Xunta de Galicia non conten nada elementos tan destacados para o turismo como poden ser a Festa do Cabalo, o Mosteiro de Oseira ou o museo Olimpio Liste, o castro de San Cibrán de Lás, Pazos de Arenteiro, ou a beleza natural da Serrá Martiñá. Os socialistas adiantaron que presentarán mocións en todas a Corporacións Locais da Comarca,
Pola súa parte, a Concelleira de turismo do Carballiño, Pilar Caride, dirixíuse á Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, solicitando unha rectificación, remitíndolle un escrito no que sinala que "o folleto divulgativo no que deberían difundirse as excelencias do Carballiño e a súa bisbarra vén encabezado co nome do Ribeiro, cando esta bisbarra e a carballiñesa son complementarias en materia turística, pero nunca unha por diante da outra. O Ribeiro ofrece atractivos como os seus viños, a súa historia ou a súa aposta termal, como a bisbarra do Carballiño, bisbarra esta que ademais ofrece infraestruturas hoteleiras, restauración, enclaves naturais, elementos etnolóxicos como o Castro de San Cibrán, ou citas gastronómicas tan importantes como a Festa do pulpo , lugares emblemáticos como o mosteiro de Oseira ou a obra cumio de Antonio Palacios en Galicia como é o Templo da Veracruz".
Máis adiante, Pilar Caride, a Concelleira do Partido Popular solicita "a posibilidade de incluír un cambio dentro deste proxecto Xeodestinos, no que se resalte o paquete turístico que forman O Carballiño e O Ribeiro, nomeando polo tanto as dúas bisbarras no folleto divulgativo, entendendo que sería a mellor forma de difundir as excelencias desta parte do nordés provincial. Tamén temos que resaltar que xa existe unha mancomunidade turística con implicación das dúas bisbarras, "Terras do Avia", que iniciou hai anos varios proxectos de difusión turística de toda a zona, polo que entendemos que os Xeodestinos deberían ampliar a aposta da mancomunidade turística, pero sempre destacando as dúas bisbarras por igual", remata no seu estcrito a Concelleira Carballiñesa de Turismo.

O último Estudio General de Medios do ano 2011 dado a coñecer esta semana pon de manifesto que COPE O Carballiño ten cinco veces máis audiencia que a suma do resto das emisoras de radio das comarcas do Carballiño e o Ribeiro. Ademáis, en todo o ámbito da provincia de Ourense, a programación local de COPE O Carballiño, que se emite a diario entre as 12,30 ás 15 horas, consigue situarse na segunda posición do ranking provincial entre todas as emisoras que emiten programación xeneralista, incluidas as da capital da provincia.
O EGM, que se encarga da medición de audiencia das emisoras de radio, certificou que 11.000 ointes sintonizan a diario a programación da COPE nas Comarcas do Carballiño e o Ribeiro, polo que se afianza de forma destacada no liderazgo radiofónico comarcal en todas as franxas horarias, aínda que é no horario de mediodia, cando as distintas emisoras emiten a súa programación local, cando COPE O Carballiño concentra o seu maior número de oíntes. Nesa franxa horaria, de 13 a 15 horas COPE O Carballiño consigue, según o EGM, unha audiencia diaria de 6.000 oíntes, o que a convirte a esa hora nunha das emisoras locais con máis audiencia de toda Galicia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 702
- 703
- 704
- 705
- 706
- 707
- 708
- 709
- 710
- …
- seguinte ›
- última »