27, Decembro 2011

Os socialistas de Leiro alertan da necesaria reparación do pavimento da rúa Prado antes de que cause danos a peatóns ou mesmo provoque un accidente a algún vehículo. O Grupo Municipal Socialista presentou no pasado pleno unha moción pola vía de urxencia dada a situación de perigosidade que constitúe o al estado do pavimento da calzada desta rúa do casco urbán de Leiro.

O portavoz, Manuel Rodríguez, critica que “como de costume a moción non se chegou a debater ao ser rexeitada a súa urxencia polo propio alcalde, quen xa no seu día nos tildara de alarmistas nun medio de comunicación”. O edil socialista considera que gretas de máis de 30 centímetros nunha calzada que se está resquebraxando precisan de medidas urxente para evitar calquera tipo de accidente.

Neste sentido, Rodríguez lembra que “o Concello ten a obriga de manter e conservar as rúa públicas así como garantir a seguridade en lugares públicos”, polo que reclama unha solución, “tendo en conta ademais o superávit nas contas municipais das que fala o alcalde”. A rúa en cuestión linda cunha viña que os seus donos cultivan, e que poden sufrir danos dado o perigo de derrubamento cada vez maior.

26, Decembro 2011

As Comarcas do Carballiño e o O Ribeiro situaránse así entre as que máis poboación perderán nos próximos dez anos no conxunto galego, según revela un estudio feito público polo Instituto Galego de Estatística.

Calcúlase que o saldo vexetativo negativo acadará cifras dramáticas: no ano 2021 O Carballiño-O Ribeiro perderá o 13,3% da súa poboación actúal, esto é, arredor das 6 mil persoas. Dunha poboación actúal de 48.000 habitantes, quedarémos no 2021 nunha cifra no entorno dos 42.000.

Ademáis, outro danto certamente relevante, dentro da poboación intercomarcal do ano 2021, as persoas maiores de 85 anos representarán o 25% da poboación maior de 65 anos, é decir, que xa non só se falará de poboación envellecida, senón sobreenvellecida. A proxección apunta tamén a que o 36% do total da poboación intercormarcal superará os 65 anos de idade. Precisamente o envellecemento da poboación e as baixas taxas de natalidade son as causas que propiciarán na vindeira década esta dramática caida demográfica no conxunto das dúas comarcas

A nivel galego, o estudio reflicte que se perderá o 3, 2 por cento nos próximos dez anos. Por provincias, o IGE calcula que Lugo sufrirá a caída demográfica máis grande, que será do 7,5 por cento, seguida de Ourense, que perderá o 7 por cento da súa poboación, mentres que na Coruña e Pontevedra o descenso situaráse no 2,4 e 1,4 por cento, respectivamente.

26, Decembro 2011

A Coordenadora intensificará nos próximos dias a súa actividade convocando á veciñanza para que acuda a manifestación de protesta que terá lugar o vindeiro dia 7 de xaneiro, sábado, ás 4 da tarde. A manifestación partirá do lugar do Abanico e recorrerá a estrada Lalín-O Carballiño achegandose atá As Laxas, para rematar coa lectura dun manifesto na Praza do Concello do Irixo. Antes, este mércores dia 28 de decembro, ás 12 do mediodia, a Coordenadora Veciñal acudirá á Praza do Concello do Irixo, onde depositarán lixo e celebrarán unha concentración de marcado carácter lúdico, no dia dos Santos Inocentes.

Estas primeiras accións de protesta acordáronse no transcurso dunha reunión que se celebraba este pasado sábado no Centro Social da Parroquia de Loureiro, onde os membros da Coordenadora atoparonse " con que non había luz, chamamos a un electricista e pudo comprobar que alguén ordenou a Fenosa cortar o sumistro, parécenos unha medida moi rastrera por parte do Alcalde", manifestou Alberto González en declaracións a COPE O Carballiño.

Mentres, o Alcalde Manuel Penedo, explicou que esta incidencia debeuse a un trámite burocrático coa empresa suministradora tralos cámbeos feitos na instalación en todos os centros sociais, nos que se implantou un sistema de aforro enerxético financiado polo plan E "quen me coñece sabe que eu esas cousas nunca as fixen nin as faréi, ningúen nos avisou no Concello desta circustancia como fixeron noutros pobos, porque aquí o importante era facer daño da forma que se pudese e punto, e eu daño non llo desexo a ninguén",  suliñou o Alcalde do Irixo.

CHARLA INFORMATIVA NA CASA DA CULTURA DO CARBALLIÑO

A "Plataforma Incineradora Non" promovida no Carballiño polo PSdeG programaou para este martes dia 27 unha charla informativa "Sobre os efectos dunha posible incineradora na nosa Comarca". Celebraráse na Casa da Cultura do Carballiño ás 20,30 horas, e na mesma falarán Anxo Saborido, representante da Federación Ecxoloxista Galega, e Serafín González, biólogo e membro da Sociedade Galega de Historia Natural.

24, Decembro 2011

No intervalo de 9 dias, A Corporación Municipal do Carballiño será convocada dúas veces en sesión plenaria, según confirmou a esta emisora de radio o Alcalde Argimiro Marnotes.

A primeira convocatoria foi fixada para as 12 do mediodia deste próximo martes dia 27 de decembro, e na mesma  someteráse á aprobación do pleno o expediente relativo ás ordenanzas fiscais para o ano 2012, unha vez que rematou o prazo para a presentación de alegacións, procederáse á aprobación definitiva do documento.

A segunda convocatoria faráse para o xoves dia 5 de xaneiro de 2012, ese dia celebraráse o pleno ordinario do ano no que se debatirá  a instalación da planta incineradora no municipio do Irixo. Iniciamente, estaba prevista a convocatoria para o dia 3 de xaneiro , tal como solicitaran os socialistas trataríase dunha sesión extraordinaria, pero finalmente acordouse trasladar a petición á convocatoria ordinaria fixada para o primeiro xoves do mes. Tamén a Concelleira do BNG, Aúrea Francisco solicitara do Alcalde do Carballiño a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar este mesmo asunto

22, Decembro 2011

A Corporación do Irixo aprobou, coa abstención do concelleiro do PSOE, o avance inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do municipio. A esta sesión de pleno non acudiron dous concelleiros do Partido Popular, ún deles Manuel Cardedo Fernández que tería comunicado a súa decisión de demitir do cargo, ainda que" é unha decisión que non é definitiva", asegurou o Alcalde Manuel Penedo. Non obstante, o Portavoz Socialista Javier Rodríguez manifestou "que non é o único Concelleiro do Partido Popular que seguirá ese camiño".

No transcurso da sesión plenaria, de apenas 5 minutos de duración, o Concelleiro do PSOE recriminou ao Alcalde que se negase a tratar no pleno a ubicación no municipio da incineradora.

Antes e despois da celebración da sesión plenaria, un grupo de 50 persoas increparon ao Alcalde e 1º Tenente Alcalde, ós que fan responsables directos de esta decisión, coreando frases como "O Irixo desperta, os traidores madrugan" ou "non vos escondades, dade a cara". Despois, e sen que se rexistrasen incidencas reseñables, os manifestantes seguiron as súas protestas no entorno da Casa do Concello.

22, Decembro 2011

A loteria do nadal repartiu 900.000 euros entre os clientes do Bar Pascuas de Cea, no que se venderon 150 décimos do número 92.202, un dos quintos premios da tradicional loteria de nadal.

 Os décimos foron adquiridos na admistracción de loterias de O Barco de Valdeorras, e posteriormente vendidos entre a clientela do Bar, na súa gran maioria veciños do Concello de San Cristovo de Cea. Cada décimo obtén un premio de 6.000 euros, nada máis coñecerse a noticia xa comezou a celebración entre moitos dos afortunados no Bar Pascuas.

21, Decembro 2011

Centos de persoas rendiron hoxe unha homenaxe de despedida a Edelmiro Mateo Prado, un dos 7 feridos graves no incendio do pasado 12 de novembro, falecido este pasado lúns no hospital Povisa. A conducción desde os Velorios San Ramón e o funeral no Templo da Veracruz convertironse nunha masiva manifestación de despedida a quen foi durante 20 anos Concelleiro da Corporación Municipal do Carballiño,

Desde o pasado lúns, cando se instalou o velorio, sucederonse as mostras de condolencia á súa familia e ás 4 da tarde deste mércores 21 de decembro saíu a conducción, acompañada por varios centos de persoas, entre elas unha moi numerosa presenza do mundo da política.

Detrás do vehículo fúnebre,  os fillos do finado, José Edelmiro e Ramón Antonio, ós que acompañaban familiares e amigos, e moi preto o Ex-Alcalde e Secretario Xeral do PSdeGa Pachi Vázquez e a súa Dona Maria José Pérez, asi como o Alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes, e numerosos concelleiros, alcaldes e ex-concelleiros, tanto do Carballiño como doutros concellos das comarcas do Ribeiro e  O Carballliño. Tamén se achegaron outros persoeiros´políticos,, como o Subdelgado do Goberno Camilo Ocampo e o Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez.

Tralo funeral celebrado no Templo da Veracruz, o cortexo fúnebre dirixíuse ó cemiterio da Parroquia de Xurenzás, da que era natural Edelmiro Mateo, onde recibiu sepultura e xa Descansa en Paz

21, Decembro 2011

O Alcalde doutro dos concellos limítrofes có Irixo, o de Boborás, Cipriano Caamaño, manifestou que "non me cabe máis que felicitar ao Alcalde do Irixo e non só a él senón a todos os veciños porque haberá un antes e un despois".

Caamaño posicionouse públicamente a favor da instalación no Irixo da planta de residuos, preguntado sobre este asunto no transcurso dunha entrevista en COPE O Carballiño, engadiu "coas novas técnoloxias que dende o punto de vista técnico están moi avanzadas, non ofrecen risco para o medio ambiente, todo o demáis, as  plataformas que se están montando e chamando á movilización, están xogando coa demagoxia, a idea non é concienciar á xente nin advertír dun perigo, a idea é política", dixo.

Máis adiante, e unha vez que se lle recordou que ademáis de Alcalde é Médico, Cipriano Caamaño suliñou "por eso estou na obriga de coñecer como funcionan este tipo de plantas, e nin nas augas freáticas nin na atmósfera, se as plantas se montan coas garantias necesarias e teñen posteriormente a debida observancia, non ten por qué haber ningunha preocupación".

Finalmente, o Alcalde de Boborás engadiu que "estáse montando unha campaña social e mediática por parte dun sector que quere impoñerse coa mentira e que está moi mal documentado, e o único que pretende é amedrentar e engañar á xente".

20, Decembro 2011

O portavoz socialista no concello do Irixo, Javier Rodríguez Pérez, considera “unha burla absolutamente imperdoable” que o alcalde do Irixo negue un pleno extraordinario para informar aos veciños sobre a incineradora e si o convoque para tramitar o Plan Xeral Urbanístico, paso imprescindible para a construción de dita planta.

O concelleiro socialista afirma que esta é “unha mostra máis da actitude dictatorial, sombría e prepotente do señor Penedo no polémico asunto da incineradora que unha empresa privada, coa connivencia da Xunta de Galicia, pretende instalar preto das nosas casas para queimar o lixo de todo o sur de Galicia, co conseguinte prexuízo para as nosas vidas, as nosas terras e o noso futuro”.

Rodríguez lembra que nada máis coñecerse a noticia o PSdeG solicitou a  celebración dun Pleno Extraordinario, para que o alcalde informara da situación do proxecto e das súas consecuencias. Esta solicitude foi rexeitada argumentando que os veciños xa estaban sendo informados a través da prensa.

 “Esta contestación, ademais de absurda e antidemocrática, obvia que nun pleno os veciños tamén poden falar e preguntar as dúbidas que teñan, que son moitas como quedou patente na reunión da Coordinadora Incineradora no Irixo Non á que acudiron 500 persoas que se opoñen frontalmente a esta instalación”, sinala.

 O edil socialista engade que a sorpresa aumenta cando tres días despois o alcalde convoca un Pleno Extraordinario, pero non para falar da Incineradora, senón para tramitar o Plan Xeral Urbanístico, paso imprescindible para a construción da planta. “Este feito demostra claramente cales son as prioridades do alcalde; sen dúbida cumprir as demandas da empresa, prescindindo do que máis precisa a súa xente, que é ser informados polo seu rexedor”, apunta.

 Por último, o portavoz socialista manifesta que a data elixida para este pleno, o xoves 22 de decembro ás 9 de mañá, parece unha forma de distraer aos veciños co sorteo da Lotería de Nadal e un horario intempestivo. Así, Rodríguez fai un chamamento aos veciños do Irixo, “para que fagan unha demostración de poderío como a que fixeron o pasado sábado, e que  respectando o que supón un Pleno Municipal e dentro dos cauces da normalidade e a legalidade, lle fagan ver ao señor Penedo que non van  transixir con que ninguén xogue co futuro de todo un pobo”.

 

 

20, Decembro 2011

Un mozo de 31 anos de idade, P.P.F., veciño do Carballiño, foi encontrado morto esta mañá nuha das pasarelas sobre o Río Arenteiro.

O Cadáver foi localizado á altura da pasarela metálica que comunica a Avenida do Arenteiro, na zona das Barcias, có Paseo Fluvial, nas imediacións do Complexo Isis Pharia. O Forense certificou a súa morte e procedeuse ao traslado do cadáver para a realización da autopsia.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS