O matrimonio formado por José Virgilio Lorenzo e Anunciación Fernández e a súa filla Maria José encontranse ben tralo pesadelo e prevese que este lúns xa poidan estar de regreso en Cea. As 3 da tarde do domingo viaxan desde Roma a Barcelnoa e o luns pola noitiña collerán o tren hotel que os trasladará atá a estación de Ourense.
Virgilio e Anuncia, veciños de Cea , celebraban neste cruceiro as bodas de ouro do matrimonio acompañados pola súa filla María José, traballadora da Deputación de Ourense.
Nunha entrevista con Xan Pinal en COPE O Carballiño, Maria José Lorenzo relatou como "oímos un forte golpe e o barco quedouse en luz, foron momentos de desesperación e apalpando polo barco e como puden fun polos chalecos salvavidas, a sorte foi que estabamos cerquiña dunha illa e chegamos moi pronto no bote salvavidas, aquelo foi un caos, non vimos a niguén da tripulación". Maria José agradeceu a través da radio as mostras de cariño que recibiron nas últimas horas "non puden atender a todas a chamadas, pero sabemos que moita xente estivo pendiente de nós, afortunadamente xa pasou todo".

O Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro presentou esta mañá a solicitude ante a Delegación Provincial de Cultura para a catalogación urxente e toma de medidas de protección dos petroglíficos, asi como a creación dun parque arqueolóxico "por estar representadas na zona todas as secuencias da historia".
O achádego do Grupo Outeiro localízase nos montes comunais de Orosa, O Cardedo, Menaz, Filgueira e Casares, precisamente na zona onde Estéla Eólica ten previsto instalar a planta de residuos. Nas proximidades, atópanse as covas de Valduíde, que en opinión dalgunhos expertos trátase dunha das mellores explotacións romanas de Galicia.
Durante os últimos dias, membros do Grupo Outeiro compartiron con persoas de distintas asociacións este achádego, recorrendo a zona e "explidando o valor tanto arqueolóxico como medioambiental do lugar, tomaronse datos fotográficos, vídeo e coordenadas GPS". Tamén destacaron desde o grupo ecoloxista "o mérito de persoas, asociacións e comunidades de montes que fixeron máis polos petroglifos galaicos que as institucións públicas ao longo da historia".
Finalmente, os ecoloxistas carballiñeses, autores deste descubrimento arqueolóxico, suliñan que "os petroglifos que localizamos son a arte dos primeiros veciños do Irixo, símbolos semellantes aos de Campo Lameiro, onde a Xunta inaugurou fai unhos meses un centro de Interpretación e estudio no que investiu 10 millóns de euros. Debemos estar contentos por atopalos agora ao lado da casa", resaltan.
Os Rexedores Municipais de Lalín e O Carballiño, ambos do Partido Popular, acuden a esta cita co propósito de demandar do Conselleiro información sobre o proxecto de intalación da incineradora que a empresa Estéla Eólica pretende ubicar no municipio do Irixo.
Aínda que a reunión non foi anunciada oficialmente, o Alcalde do Carballiño recoñeceu no programa "Asi son as mañás de COPE O Carballiño" que "na ánsia que temos os dous Alcaldes de ter máis información, alá imos para saber dela, ademáis de facerlle chegar persoalmente ao Conselleiro a nosa postura sobre este asunto".
Marnotes e Crespo coinciden, neste caso, en considerar desacertada a decisión de ubicar esta planta de residuos no municipio do Irixo. A corporación municipal do Carballiño acordaba por unanimidade a pasada semana posicionarse en contra da instalación da incineradora na ubicación que se ven anunciando
HERNÁNDEZ ABRIU A ROLDA INFORMATIVA CON MARNOTES
Ademáis dos Alcaldes de Lalín e O Carballiño, o Conselleiro de Medio Ambiente tamén ten previsto reunirse cunha representación dos veciños do Irixo que se opoñen a este proxecto industrial.
Na primeira destas entrevistas, o Conselleiro explicou ao Alcalde do Carballiño que a administración autonómica desenvolverá este proxecto coa máxima esixencia e estará vixiante para que se cumpra con rigor toda a normativa referida a este tipo de instalacións e defendeu a ubicación no municipio do Irixo da planta de residuos como unha gran oportunidade para toda a comarca do Carballiño.
Neste sentido, a empresa Estela Eólica deberá presentar á Xunta de Galicia un proxecto para a construción e explotación da planta que cumpra con todos os requisitos técnicos, legais e medioambientais. En concreto, terá que superar, entre outros, os trámites de avaliación de impacto ambiental e de autorización ambiental integrada.
O proxecto forma parte do plan industrial que a empresa Estela Eólica presentou dentro da súa oferta para o concurso eólico convocado pola Xunta de Galicia, e do que resultou ser unha das empresas adxudicatarias.
Tal e como establece o Plan de Xestión de Residuos de Galicia, o complexo de tratamento de RSU do Sur contará cunha planta de compostaxe, unha planta de selección de envases lixeiros procedentes da recollida selectiva, e unha planta de tratamento de fracción resto á que se destinarán os residuos que non se poidan reciclar ou valorizar materialmente. Esta última planta (fracción resto) contará cunha liña de selección de envases de resto previa á valorización enerxética coa finalidade de acadar os obxectivos de valorización material total de plásticos e metais, e unha liña de valorización enerxética.
Pola súa parte, o Alcalde do Carballiño transmitíu ao Conselleiro "a inquietude que temos no Carballiño por este asunto, trasladeille a preocupación que esixte entre a maioria dos veciños pola instalación da incineradora ás portas do Carballiño, e ademáis fixenlle chegar o acordo que adoptamos no pleno da Corporación, que nos próximos dias lle remitirémos por escrito", manifestou Marnotes trala entrevista.
O Alcalde do Irixo volveu reafirmarse nas súas manifestacións “o oitenta por cento dos veciños do Irixo están a favor da instalación da incineradora, cada dia que pasa teñoo máis claro, e sen molestarme moito”.
Penedo insistíu, no trancurso dunha entrevista en COPE O Carballiño en que “esto non se fai por mal senón polo ben do pobo, que a xente estea tranquila, que o tema da contaminación estará totalmente controlado, cada 3 minutos poderán verse a través de internet as actualizacións sobre a contaminación, e ademáis instalaránse dispositivos de control medio-ambientais nas zonas máis próximas, xa antes de empezar a funcionar a incineradora, para que poidan ver os niveis de contaminación antes e despois, e asi poderán facer medidas comparativas, e ver que non haberá problemas pola contaminación”, asegurou .
O Rexedor Municipal tamén tivo unha mención concreta “a postura dos curas”, aos que pedíu “que non prediquen desde os altares o mal, porque ese mal non ven por ningún lado, esto faise polo ben de todos” e recomendoulle “que se informen, que é moi sinxelo, que chamen ao Principado de Andorra, que ademáis é un país turístico e verán como alí funciona unha incineradora no propio val e que apenas ten niveis de contaminación”.
Manuel Penedo lamentou que “se ande metendolle medo á xente a base de contarlle mentiras” e preguntado sobre a postura en contra da ubicación da incineradora por parte do Alcalde do Carballiño, tamén coma él do Partido Popular, respostou “ é un caso aparte, faltoulle valentía política, e cando en política che falta a valentía podes acabar caendo nas garras da oposición, espero que reflexionen a asi o sepan ver”, concluíu.

O Seprona abríu un expediente tras ter coñecemento de verquidos de lodos procedentes dos colectores da parroquia de Corneda, que foron depositados nun monte do entorno do castro de Souteliño.
Según o testimonio de veciños da zona, os mesmos feitos reproducironse dias atrás na localidade de Dadín, onde os lodos foron verquidos a un camiño público. Manteñen que foron medios municipais os que realizaron os traballos, feitos que puxeron en coñecemento do Servizo de Protección á Natureza da Garda Civil.
Pola súa parte, en declaracións en COPE O Carballiño do Alcalde do Irixo Manuel Penedo, calificou as denuncias como "venganzas pobres ás que non lle daría máis importancia" e engadía que "levamos anos limpando e nunca pasou nada, pero agora con esta polémica pola incineradora hai unhos cantos que se dedican a vixilar onde mexa un can e xa temos unha denuncia, curiosamente quen denuncia é unha persoa que está cometendo un montón de infraccións e tén varias denuncias no Concello".
Os nacionalistas consideran unha "actitude demagóxica" as razóns dadas polo Alcalde para non convocar o pleno ordinario do pasado mes de decembro.
Con data de 27 de decembro pasado, o Alcalde Cipriano Caamaño asinou unha resolución na que comunicaba que "aplazase a celebración da sesión ordinaria do pleno municipal que tiña que celebrarse o dia 30 de decembro de 2011". Non obstante, para o Bloque Nacionalista Galego "o máis grave é a xustificación do aplazamento, según o Alcalde, ao non existir asuntos relevantes para incluir na convocatoria, o que acarrearía gastos en forma de dietas de asistencia aos concelleiros".
Os concelleiros do BNG, Manuel González e Dolores Cachafeiro, manifestan que esta actitude "enmascara unha hipocresia fora de todo sentido común, xa que no caso de que isto fose asi, os concelleiros e concelleiras coidamos que non terían ningún problema en renunciar a esas dietas". Os nacionalistas aseguran que fai unhas semanas presentaron unha moción "en contra da construcción dunha planta incineradora no Concello do Irixo, que non só afectaría ao Irixo senón aos concellos limítrofes e particularmente ao noso de Boborás, polo que urxíanos que O Concello rexeitase rotundamente o proxecto". Finalmente, o BNG insta ao grupo de goberno do Partido Popular a que proceda a convocatoria do pleno municipal e manifeste cál é a súa postura en relación á intalación da planta incineradora no Irixo.
OS TRES GRUPOS DA OPOSICIÓN ASINAN UNHA SOLICITUDE DE PLENO EXTRAORDINARIO
Move Boborás e BNG, que contan con dous representantes na Corporación, e o Concelleiro do PSdG, asinaron hoxe a petición dunha sesión extraordinaria da Corporación de Boborás, que presentaron no rexistro municipal, para que a solicitude surta os efectos oportunos. Na petición conxunta dos 3 grupos da oposición, faise constar que o punto a debatir na orden do dia será que o grupo de goberno do Partido Popular de Boborás se posicione "unindose ao resto da Comarca a favor da paralización da incineradora que se pretende instalar no Irixo".
O portavoz socialista no concello do Irixo, Javier Rodríguez, manifesta a súa satisfación polo éxito da manifestación que o pasado sábado tivo lugar nesta localidade, na que “veciños do pobo, da comarca e das comarcas veciñas manifestaron o seu total rexeitamento á incineradora coa que o PP quere condenar á provincia Ourense”.
Rodríguez, que felicita aos organizadores desta manifestación, considera ridículas as declaracións do alcalde aos medios de comunicación coas que pretende minimizar a contestación social que ten a planta incineradora de lixo.
“É non querer ver a realidade, pero negándose a ver que ninguén quere esta planta no noso concello só aumentarán as mobilizacións dos veciños”, sinala.
O edil socialista espera que a manifestación que terá lugar o vindeiro 29 de xaneiro no Carballiño sexa igualmente multitudinaria.
“Todos unidos conseguiremos evitar que a planta se instale no Irixo, como xa ocorreu noutras localidades”, apunta, aínda que advirte do dobre xogo que o PP está facer con este tema.
“Que ninguén se engane, porque pese algún desmarque puntual en clave local, é o PP quen dá a Ourense a incineradora como única alternativa de futuro e grazas a quen se queimará na nosa provincia o lixo de toda Galicia se non o impedimos”, conclúe.
Un golazo de Iglesias no minuto 53 de partido deu ao Arenteiro os 3 puntos no partido xogado esta tarde no campo dos Carrís ante o Barbadás B, desta maneira os carballiñeses comezan o ano con victoria, no partido que completa a primeira volta do campionato, conservando a segunda posición na táboa de clasificación, en posto de ascenso directo á preferente.
O partido xogouse -igual que no seu día ante a S.D. Valenzá- cunha moi deficiente iluminación, con luz artificial que necesita unha melloría para que o xogo poida seguirse con normalidade. Tras unha primeira parte de centrocampismo por ambos equipos e sen apenas xogadas de perigo, na reanudación o Arenteiro fíxose co control absoluto do partido, que resolvería Iglesias, tras irse dun contrario, o disparo do dianteiro carballiñes colase na portería local. Despois, puderon vier algunhos goles máis, xa que o Arenteiro tería polo menos outras tres claras ocasións manifestas de volver marcar, pero os dianteiros verdes non estiveron afortunados. Pola súa parte, o Barbadás B en ningún momento creou perigo ante a portería carballiñesa, defendida hoxe por Samuel.
O Arenteiro xogou o último cuarto de partido con 10 xogadores, por expulsión de Gabriel Carballeda, o árbitro ensinoulle a tarxeta vermella nunha xogada que non pasou de ser unha falta normal, e ademáis en campo do Barbadás, de forma incomprensible o árbitro decidiu deixar ao Arenteiro en inferioridade numérica. Non obstante, a expulsión non influíu para nada no rendemento dos carballiñeses, que foron superiores ao equipo local, e puderon conseguir unha victoria máis ampla no marcador.
A tarde estaba expléndida de sol de inverno, e pasadas as 3 da tarde xa comezaba a notarse ambiente de manifestación no entorno do Abanico, nas inmediacións da capitalidade municipal do Irixo, finalmente, arredor de 2.500 persoas responderon á chamada da Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non. Con 20 minutos de retraso sobrre o horario previsto partía a marcha pola estrada autonómica O Carballiño-Lalín, que abría unha gran pancarta portada polos membros da Cordenadora. Entre os manifestantes, caras coñecidas da política autonómica como o Ex-Conselleiro e Deputado do BNG Alfredo Suárez Canal, as tamén deputadas Maria Quintas do PSOE e Tareixa Paz do BNG, asi como os Alcaldes de Ribadavia, Piñor e Maside, os 3 socialistas. Outros, chegados desde máis lonxe, como o Alcalde de Teo, o nacionalista Martiño Noriega.
A marcha trancurríu sen incidentes e a altura da Vivenda familiar do Alcalde do Irixo un grupo de manifestantes situaron un colector de lixo á entrada da casa, mentres se repetían algunhas das consignas máis escoitadas "Penedo escoita, O Irixo está en loita", "queremos traballar e non apestar" ou "que este goberno arda no inferno". A comitiva foi avanzando atá a Praza do Concello do Irixo, onde agardaban algunas persoas "esperábase máis xente" decian algunhos. O Certo, é que a manifestación foi un éxito para os organizadores, que falaban de 5.000 asistentes, en todo caso unha cifra de manifestantes superior á actual poboación do municipio do Irixo, que está por debaixo dos 2.000 habitantes. Certo é tamén, que a gran maioria dos manifestantes chegaron desde fora do Concello, aínda que desde o propio municipio a participación tamén foi relevante, sobre todo dalgunhas parroquias, como a de Loureiro.
Ao final do acto, un representante da Coordenadora Veciñal agradeceu "a presencia dos que antepoñedes a ética e a honradez aos intereses económicos". O escritor Luis González Tosar foi o encargado de dirixirse ao público que enchia a Praza do Concello do Irixo "teño falado en moitos auditorios, pero nunca me sentín tan honrado coma hoxe, como aquí, entre a miña xente, non podemos fallarlles os que están enterrados nos 11 cemiteiros das 11 parroquias do Concello", parroquias que foi nomeando unha a unha.
Tras varias referencias ao Alcalde e 1º Tenente Alcalde "temos detrás nosa dous traidores na historia do Irixo" González Tosar preguntouse "quen é o parvo que cámbea a súa saúde e a da súa familia por clasificar basura, traicionaronnos, e non imos ser vendidos por dous traidores, a partir de hoxe non recoñecemos ao Señor Penedo como Alcalde do Irixo", palabras que foron seguidas desde o público con berros de "Penedo dimisión". Finalmente, proclamou que "desde que a humanidade é humanidade David sempre soubo enfrontarse a Goliat, vencerémos".
A Plataforma Incineradora Non deu a coñecer hoxe a convocatoria dunha gran manifestación a celebrar o vindeiro dia 29 deste mes de xaneiro, domingo, ás 12,30 horas no Carballiño.
O Portavoz da Plataforma, Adolfo Nogueira, aproveitou a comparecencia do anuncio desta convocatoria de manifestación para facer unha valoración moi positiva do acordo adoptado por unanimidade no pleno da Corporación do Carballiño para opoñerse a instalación da incineradora "gracias á presión social, ao traballo da plataforma e tamén ao traballo tanto de PSOE como de BNG polas súas mocións, conseguindo que se correxise ese erro inicial que se cometera no Concello do Carballiño, e darlle asi un gran empuxón a esta causa que nos move a todos, que é parar a construcción da incineradora".
Nogueira congratulouse do que considera é un cámbeo de actitude do Partido Popular e do Alcalde do Carballiño, e amosou a súa satisfacción por "conseguir que o tema volva a tratarse na Deputación", onde fai unhas semanas o Partido Popular rexeitou unha proposta dos socialistas para posicionarse en contra da incineradora.
CHARLAS INFORMATIVAS
Desde a Federación de Asociacións de Veciños do Concello do Carballiño, o seu Portavoz, Eulogio Alonso, anunciou a celebración de actos informatvos da Plataforma. O dia 11 ás 7 da tarde no local social da Laborada e ás 8 da tarde no local social de Pol. O dia 12 en Seoane e o dia 13 en Veiga, nos respectivos locais sociais, ás 8 da tarde.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 698
- 699
- 700
- 701
- 702
- 703
- 704
- 705
- 706
- …
- seguinte ›
- última »