3, Febreiro 2012

A área de Deportes do concello do Carballiño invita a todos os afeccionados ao futbol sala ás semifinais e a final do campionato de seleccións locais bases, que terá lugar o domingo 5 de febreiro. A esta fase final acoden un total de 16 seleccións nas categorías de Benxamin, Alevin, Infantil e Cadete, representando a 10 das 12 localidades que disputaron a primeira fase, a saber: A Mariña Lucense, Lugo Sur, Ferrol, A Coruña, Cambre, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense, quedando ausentes Lambre-Mandeo e Deza.

A competición celebrarase o domingo, en xornada de mañá para disputar as semifinais, e xa pola tarde xogaranse as finais.

Os encontros xogaranse nos polideportivos de Cea e O Carballiño, no caso deste nas dúas pistas do Paco Chao.

3, Febreiro 2012

O accidente produciuse a primeira hora da tarde na estrada N-541, a altura do Centro Comarcal do Carballiño, unhos metros máis adiante da fonte do Cornubal. O camión, que circulaba en dirección Pontevedra, saíuse da via pola marxe dereita e quedou envocardo sobre o talude, sen que se vise involucrado no accidente ningún outro vehículo. O conductor do camión, M.B.V, saíu ileso tralo accidente. O camión,  con matrícula tractóra 6536FRS, propiedade dunha empresa pontevredesa, sufríu importantes desperfectos.

No operativo de emerxencia participaron efectivos do GRUMIR do Carballiño, asi como varias patrullas da Garda Civil e Policia Local, debido a incidencia no tráfico, xa que durante horas quedou só aberto a circulación un carril para poder levar a cabo as labores para o levantamento do camión, empregando grúas de gran tonelaxe. Os traballos prolongáronse áta pasadas as dez da noite, debido á complicada tarea, xa que o remolque do camión quedou encaixado entre a cuneta e o talude

 

3, Febreiro 2012

O Alcalde do Irixo tivo que atender outra protesta contra a incineradora, desta vez por parte dun grupo de mulleres que acudiron atá a casa do Concello do Irixo para achegarlle ao Rexedor Municipal a súa preocupación "pola saúde e o porvir dos nosos fillos".

Trala entrevista deste grupo de mulleres con Manuel Penedo, o Alcalde do Irixo recoñeceu en COPE O Carballiño que "houbo un momento de tensión e sí recoñezo que non tiña que haber dito o que dixen", tras o enfrontamento verbal cunha das mulleres que participaban na protesta.

Preguntado o Alcalde do Irixo sobre algún posible cámbeo de emplazamento da incineradora, despois de que o Presidente da Xunta deixara aberta esa posiblidade nunhas manifestacións feitas esta semana, Penedo asegurou que "podo garantizar que aquí non temos coñecemento de nada, e creo que se houbese algún cámbeo tanto o Conselleiro como a empresa me terían comunicado algo, e polo coñecemento que teño da empresa é que siguen traballando na redacción do proxecto contanto coa ubicación que se apuntou desde os primeiros dias".

Afondando nesa mesma posiblidade, que trasladaría o emplazamento anunciado a outro ubicado en montes da parroquia de San Cosme de Cusanca, nunha zona próxima o linde do municipio do Irixo cos de Piñor e Dozón, Penedo dixo que "esa era unha das posiblidades que se apuntara inicialmente, pero despois  chegouse xa a un acordo cos comuneiros para esta ubicación, e de momento non hai outra noticia, esto anunciouse o dia 5 de Decembro e durante  todo este tempo nunca se plantexou ningún cámbeo de ubicación", asegurou.

 

2, Febreiro 2012

O Alcalde do Carballiño contestou a través desta emisora de radio ás críticas dos socialistas por limitarse o pasado domingo a participar no acto institucional e non facelo posteriormente na manifestación contra a incineradora do Irixo polas rúas carballiñesas.

"Nunca me verán a min en ningunha manifestación na que estea Pachi Vázquez, eso é inconcebible, aínda para máis nunha manifestación na que pedíu a miña dimisión, e pretendian que fose con él nesa manifestación ? non home non, eu non entro en trampas políticas", dixo Marnotes, que tamén manifestou a súa extrañeza pola participación do líder do PSdG nos actos de protesta contra a incineradora "eu vexo na Praza Maior a Pachi Vázquez e o Alcalde de Carballeda de Avia Luis Milia, ónde estaban cando no 2007 se falaba de instalar unha planta en Carballeda de Avia, ónde estaban entón ".

Marnotes tamén ve detrás das advertencias do grupo socialista de abandonar a comisión de seguimento a man de Pachi Vázquez "se o PSOE quere facer bandeira polítca desto que o faga, e se queren irse da comisión de seguimento que se vaian, é un problema deles pero non do Partido Popular, o certo é que esto está sonando a chamada de atención desde arriba ao PSOE do Carballiño, esto foi cousa de Pachi Vázquez", asegurou.

O Rexedor Municipal constestou a Fumega, o Portavoz do grupo socialista, referíndose outra vez ao acto do pasado domingo "O Alcalde do Carballiño non se considera elitista, él estaba ao lado meu, considerase elitista ? nós estamos para servir, se él se cree elitista será él, pero que non nos poña aos demáis ao mesmo nivel". Marnotes tamén volveu referirse a posición institucional do concello carballiñés en relación á incineradora "Nós, a Corporación, asi o entendimos os 3 grupos, tiñamos que loitar pola non ubicación no emplazamento que se está manexando, e asi o puxemos de manifesto na pancarta que temos colgada no balcón, e asi llo comunicamos á Xunta o dia seguinte de tomar o acordo, e asi llo comunicamos tamén á Deputación, qué pretenden que faga eu a orden do dia dos plenos da Deputación", enfatizou.

Finalmente, O Alcalde do Carballiño adiantou que no transcurso da vindeira semana espera novamente poder entrrevistarse có Conselleiro de Medio Ambiente, para seguir manifestandolle a posición do pobo do Carballiño en relación a esta problemática. Marnotes amosouse esperanzado e tamén convencido en que Estéla Eólica veráse obrigada a cambear a ubicación inicialmente anunciada nos montes comunais da parroquia do Campo.

1, Febreiro 2012

A iniciativa xurde tomando como base un documento elaborado polos médicos Xosé Dobarro e José Antonio Calvo, que foi presentado en sesión clínica ao persoal sanitario da Comarca do Carballiño.

Nos dias posteriores, un grupo de profesionais da saúde decidiron constituirse como "Plataforma Sanitaria Contra a Incineración de Resíduos". Esta nova plataforma, integrada por médicos e enfermeiros da comarca, pretende implicar aos profesionais do sector no estudio da incineración e a saúde, involucrando aos colexios profesionais, asociacións científicas, xurístas, químicas, universidade e a sociedade en xeral, contra a incineración masiva de residuos sólidos urbanos, que sería o modelo para o tratamento do lixo na planta que pretende instalarse no Irixo.

Para todas as persoas interesadas nas actividades que vai desenvolver esta plataforma sanitaria contra a incineración de resíduos, e mesmo para recibir en formato dixital o documento básico elaborado polos médicos Xosé Dobarro e José Antonio Calvo, pode solicitarse remitindo un correo electrónico a este enderezo na rede:  sanitariosantiincineracion@gmail.com 

1, Febreiro 2012

O grupo municipal socialista está disposto a abandonar a comisión de seguimento "se non se cumple o pacto no que se establecia claramente en 4 puntos a postura do concello en relación a incineradora, e concretamente nun deles no que se acordaba trasladar a postura da Corporación do Carballiño ao pleno da Deputación, e para eso non vale solo unha carta", asegurou o Portavoz dos socialistas, Paco Fumega.

"O xogo do rato e o gato, aquí sí e aquí non", asi define Fumega a postura do Alcalde do Carballiño e advierte que "na próxima comisión de seguimento vamos esixir que se cumpla o acordo ou senón terémos que abandonala, porque non podemos decir aquí unha cousa, na Diputación outra e na Xunta outra, ou sí ou non, que é o que quere o pobo, claridade".

O Portavoz socialista no Concello do Carballiño considera que o Alcalde Argimiro Marnotes móvese na ambigüidade "esa contradición que amosa O Alcalde de non asistir á manifestación e sí asistir ó acto elitista dos concelleiros e non estar cós veciños", en relación á xornada de protesta do pasado domingo.

Finalmente, Fumega considera que a manifestación celebrada este pasado dia 29 de xaneiro foi "unha das manifestacións populares maiores da historia do Carballiño, eso demostra a sensibiliade que existe entre a cidadanía neste tema", suliñou.

31, Xaneiro 2012

O Alcalde de Boborás considera que "nunha feira hai para todos os gustos, pero a porcentaxe de veciños que participaron foi ridículo e a manifestación foi un auténtico fracaso"

Cipriano Caamaño informaba da visita que esta semana farán a Boborás técnicos de XESTUR, para iniciar as xestións que deberán  culminar có proxecto de urbanización da futura área industrial e a zona dotacional, na localidade da Almuzara, onde o concello de Boborás pretende promover a construcción de vivendas de promoción pública, e un tanatorio, entre outros servizos. Non obstante, Caamaño aproveitou a súa intervención radiofónica para referirse á xornada de protesta do pasado domingo contra a incineradora "a xente é bastante intelixente e prudente na comarca, a maioria dos manifestantes era xente foránea, non había máis que ver o número de coches que había no momento da manifestación e cómo quedou O Carballiño media hora despóis, valeiro", afirmou.

Según o Alcalde de Boborás "eso quere decir que a maioria da xente veu de fora, eso quere decir que todo estaba manipulado para terxiversar unha situción na que abunda a intoxicación", e engadíu "cada vez estou máis convencido do que digo, e en contra daqueles que falan da miña condición de médico, e mira o que dí e é médico, pois precisamente por eso, a miña opinión será como mínimo tan respetable como outros que falan e tocan de oídas"

30, Xaneiro 2012

As charlas serán impartidas polo Tenente da Garda Civil  Emilio Martínez Núñez Licenciado en Antropoloxía e cunha ampla experiencia profesional nos Servizos de Policía Xudicial e Información, estas versarán principalmente sobre os beneficios e perigos das Redes Sociais.

Instruirase alumnos e pais do Carballiño sobre o uso e abuso de Internet grazas a un acordo para impartir charlas nos colexios durante o presente curso. A iniciativa responde ao "incremento" no número de usuarios que se achegan aos servizos municipais "demandando información sobre ou uso e abuso dás novas tecnoloxías" e á disposición mostrada pola responsable da Área de educación do Concello do Carballiño  Pilar Caride e o Tenente da Garda Civil.

As páxinas de xogos de pagamento, redes sociais ou compras a través da Rede son algunhas cuestións sobre as que se pretende incidir nunha serie de charlas dirixidas a profesores, educadores, pais, nais e alumnos. Mentres tanto, advírtese que en xeral, os nenos e nenas pasan demasiado tempo diante do ordenador, sobre todo facendo uso e de páxinas de xogos que, en moitas ocasións, empezan sendo gratuítas e acaban sendo de pagamento, xa que só permiten avanzar aboando diñeiro a través de mensaxes SMS ou tarxetas de pagamento que con frecuencia están ao alcance dos menores.

Outros dos problemas máis graves son as suplantacións de identidade, o Ciberbullying ou acoso psicolóxico ao que se ven sometidos algúns menores a través da rede. No lugar máis perigoso encontraríase o Grooming que se pode definir como o conxunto de estratexias que unha persoa adulta desenvolve para gañar a confianza dos menores a través de Internet co fin último de obter concesións de índole sexual.
Sen lugar a dúbidas, as bondades e prestacións que as redes sociais ofrecen, superan de sobra os riscos e perigos puntuais que destas se derivan para a privacidade, protección de datos persoais, intimidade e demais dereitos dos usuarios.
Por este motivo, debe apoiarse e alentarse o seu uso responsable, procurando ao usuario a información e o coñecemento efectivo dos riscos que delas se derivan antes de que estes teñan lugar e as súas consecuencias

29, Xaneiro 2012

O Arenteiro tan só pudo sumar un punto na súa visita ao campo do antepenúltimo clasificado, o Cortegada, na vixésima xornada do campionato de liga na 1ª autonómica.

 O empate final a cero goles no partido xogado no campo da Cancela é unha pobre bagaxe para un equipo que aspira ao ascenso de categoria, de feito desputada esta nova xornada, o Arenteiro é rebasado na clasificación polo Ramirás, co que empata a 38 puntos e desplaza ao carballiñeses á terceira posición -fora de postos de ascenso- mentres que o líder Nogueira de Ramuín -que gañou o seu partido en Maside- volve distanciarse a 7 puntos. Por detrás do Arenteiro, a tan só 3 puntos, apreta agora a A.D. Covadonga.

No campo da Cancela de Cortegada, o Arenteiro volveu a ser un equipo plano, sen ideas, confiando a súa sorte á calidade individual de algunhos dos seus xogadores, que esta tarde non foi suficiente para doblegar ao antepenúltimo clasificado, e eso que o Cortegada quedouse con 10 xogadores no tramo final do partido, pero foi igual, o Arenteiro dominou e dominou pero atopouse cun Cortegada ben armado atrás que controlou ben  as anárquicas acometidas carballiñesas sobre a área local.

Kennedy tivo a ocasión máis clara do partido aos 13 minutos cando o seu remate de cabeza se foi á cruceta da portería local, tamén pudo cambear o resultado do partido un par de oportunidades que tivo Iglesias, unha bastante clara nun man a man có meta local, pero de esta vez o dianteiro carballiñés non pudo resolver.

29, Xaneiro 2012

Varios miles de persoas asistiron aos actos de protesta celebrados na mañá do domingo no Carballiño, convocados polo Concello e a Plataforma Incineradora Non. Según os datos aportados desde a Policia Local, arredor de 4.500 persoas participaron na protesta, unha citra que desde a organización se eleva atá os 7.000 manifestantes. Algunhos medios de comunicación rebaixan a participación a "máis de 1.500 persoas".

Ao seu paso pola rúa Aldara, a manifestación tardou 10 minutos en pasar, desde que o fixo a cabeceira atá o final da mesma, o que da unha idea da multitudinaria asistencia, probablemente, a manifestación máis numerosa que se recorda no Carballiño.

Minutos despois do mediodia, o Alcalde do carballiño e os concelleiros e concelleiras da Corporación municipal desplegaron unha pancarta na que podía leerse "Acordo unánime. O Carballiño contra a incineradora", que logo subiron atá o balcón do consistorio, onde quedou colocada. Foi entón cando o Alcalde Argimiro Marnotes dirixíu aos concentrados unha breve alocución na que deu conta do acordo plenario da corporación que fixa a postura institucional do concello carballiñés contra a ubicación elixida no municipio do Irixo para instalar a incineradora.

Tralo acto institucional, puxose en marcha a manifestación convocada pola Plataforma Incineradora Non. Abrían a marcha un grupo de 6 nenos que portaban unha parcanta coa lenda "non envelenedes, a nosa terra é o noso futuro". Aos berros de de "todos xuntos facemos máis" saíu a cabeceira da manifestación, na que se situaron os representantes da Federación de Veciños do Concello do Carballiño, e detrás deles a Coordenadora Veciñal do Irixo. Nos primeiros metros da manifestación tamén se situaron os pescadores da Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro coa súa pancarta "en defensa dos nosos ríos" e outros colectivos ecoloxistas asi como a Plataforma Incineradora no Deza Non, que tamén apoiou a protesta. Conforme foi avanzando a marcha, foron incorporandose máis manifestantes. Entre as consignas que máis se escoitaron "Penedo traidor, dimite por favor" ou "se é tan boa que vaia para a Moncloa"

Tralo recorrido polas rúas máis céntricas do carballiño, a marcha regrresou novamente ata a Praza Maior, ónde os membros do grupo de teatro Tiruleque, que participaron na protesta portando un cadaleito cos nomes dos concellos e os rios da Comarca, foron os encargados de dar lectura ao manifesto final, no que falaron do Carballiño do pasado, do presente e "futuro no que a incineradora apoderouse do meu corpo, un animal devorador de lixo que logo vomita para facernolo tragar, xa case non queda nada do que fun"

Na manifestación participou o líder do PSdG e Ex-Alcalde do Carballiño Pachi Vázquez. Tamén o fixeron os Alcaldes Socialistas de Maside, Piñor e Carballeda de Avia. Mentres, a representación do Partido Popular do Carballiño, incluido o Alcalde, limitaronse a participar na concentración da Praza Maior e no acto institucional desde o balcón da casa do concello.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS