Un gol de Marcos Sotelo no minuto 90 decidiu para o Arenteiro un partido ante a S.D. Valenzá, cando xa parecía que o marcador sería inamovible, o dianteiro ourensano do Arenteiro conectou un zurdazo desde o borde da área e aínda que o porteiro visitante chegou a tocar o balón, éste foise o fondo da rede.
Asi, cun golpe de fortuna co tempo xa cumplido, o Arenteiro conseguia que os 3 puntos se quedasen en Espiñedo, algo que antes non pudera lograr durante 90 minutos de partido. Os locais volveron xogar un partido moi gris, e cando a afección -que en bó número volveo acudir a Espiñedo- se resignaba co empate do Arenteiro, polo menos de esta vez tería a súa recompensa tras outro partido no que o tedio futbolístico foi indo a máis conforme pasaban os minutos.
Unicamente a incertidume no marcador fixo que o interés da afección se mantivese ata o final. Asi e todo, si algún equipo dispuxo de oportunidades para desequilibrar o marcador foi o Arenteiro. Na primeira parte, por dúas veces, nos minutos 17 e 36, Iglesias gañaba a posición sobre a defensa da S.D. Valenzá, e nas dúas ocasións mandaba o balón fora de portería. Xa no segundo periodo, aos 5 minutos era tamén Iglesias quen cabeceaba ao segundo pau un balón que era medio gol pero o que Prada non conseguíu chegar.
O concello carballiñés afrontará o pagamento de facturas con recoñecemento extra-xudicial dos últimos 10 anos, por importe de 200.923 euros, trátase dun total de 34 facturas que serán remitidas ao Ministerio de Facenda.
A Corporación Municipal celebrará un pleno extraordinario o martes dia 13 para aprobar o expediente que será enviado a Facenda, que se fará cargo do pagamento das facturas a partir do 1 de maio, antes, atá o 31 de marzo terá de prazo o concello, que deberá presentar un plan de viabilidade para garantir o pagamento deste diñeiro que adiantará o Estado.
Entre as facturas que o concello carballiñés abonará mediante este procedemento, alguna remontase ao ano 2001, como a que aínda estaba pendente de pago á empresa que o concello encargara as obras de traslado dos depósitos de gasoil de edificios do entorno da Alameda e a Praza do Emigrante, cando se construíu o Parking da Alameda e o concello tivo que facerse cargo de ese traslado.
Entre as facturas cunha contía máis elevada figuran unha que se corresponde coa empresa que se ocupou da recadación municipal, por importe de 42.923 euros, e outra que ascende a 30.000 euros, do ano 2007, que o Concello do Carballliño ten pendiente de pago á empresa que realizou traballos de acondicionamento nas instalacións do camping municipal, na edificación onde se instalou o restaurante.
O Alcalde de Cea, José Luis Valladares, participou nunha reunión da que saíu unha "fronte común" que reinvidicará a recuperación do proxecto de construcción da autovia A-56.
Nesta xuntanza, que foi promovida polo Concello de Chantada, estiveron presentes representantes da maioria dos concellos polos que pasa o trazado previsto para esta autovia Ourense-Lugo, coa que deberá enlazar o Eixo do Ribeiro á altura do Alto das Lamas, entre os concellos de San Cristovo de Cea e Carballedo. Precisamente, o tramo que afecta a ambos concellos é o único no que as obras xa comezaran e quedaron paralizadas, tralos recortes do primeiro tixeirazo de fondos que afectou o Ministerio de Fomento no ano 2010.
Valladares salientou en COPE O Carballiño a importancia desta futura autovia para as comarcas do Carballiño e O Ribeiro, asi como para todo o sur de Galicia e o norte de Portugal "xa que a través do Eixo do Ribeiro accederáse a unha via de comunicación pola que transitará o tráfico para o norte de España e Francia, e esto é moi importante para toda a nosa comarca e todo o interior de Galicia", dixo
Na reunión elaborouse un documento que agora será remitido ao Ministerio de Fomento, á Xunta de Galicia, ás Deputacións de Lugo e Ourense e a comisión de fomento do congreso para "reclamar que se reactive este proxecto" que os asinantes consideran "é fundamental para vertebrar o interior de Galicia".
Por vez primeira desde que se realizan os actos conmemorativos do 8 de marzo no Concello do Carballiño un grupo político non participará nos mesmos. Os Socialistas xustifican esta ausencia dos actos programados para o mediodida deste xoves na casa do concello porque "as diferencias entre o Partido Popular por unha banda e o PSdG e o BNG pola outra, na interpretación do papel da muller na nosa sociedade fixo que nesta ocasión o consenso fose inacadable".
"As politicas de igualdade pasan por feitos e non por propostas ambigüas e baleiras de contido como as que propón o novo goberno de dereitas de Madrid e que son defendidas con vehemencia no Concello do Carballiño, cando estas non supoñen outra cousa que un retroceso e a perda de derreitos adquiridos en materia de igualdade nos últimos anos", afirman os socialistas carballiñeses.
Para o grupo municipal do PSdG no Concello do Carballiño as políticas de igualdade pasan pola defensa "do dereito das mulleres a decidir sobre a súa saúde sexual e reproductiva de acordo doa Lei que o Partido Popular pretende derogar" e tamén porque "se produza a igualdade nos salarios onde as diferencias coa nova Reforma Laboral se acrecentan", manifestan.
LECTURA DUN MANIFESTO, EXPOSICIÓNS, VÍDEO E FOTOGRAFIA NA CASA DO CONCELLO
As actividades programadas con mitivo do Dia Internacional da Muller pola Área de Benestar Social comezarán as 12 da maña coa lectura dun manifesto institucional , no salón de actos da casa do concello.
Ademáis, proxectaránse os vídeos "Pegadas de muller" editados por FEMURO e realizados por Anxo Santomil, nos que se contan as historias protagonizadas por 3 mulleres do rural da nosa comarca, veciñas das parroquias de Albarellos, O Lago e Santa Uxía de Lobás. Tamén se procederá a entrega os premios do concurso de fotografía "Mulleres no Rural" organizado en colaboración coa "Asociación O Potiños", e inauguraráse unha exposición de murais elaborados polo alumnado dos centros de ensinanza do Carballiño.
Os socialistas de Leiro celebran que por primeira vez fora aprobada neste Concello unha moción presentada polo Grupo Socialista, “algo que non debería ser noticia, pero que para nós é toda unha novedade, un acontecemento motivo de alegría”.
O portavoz, Manuel Rodríguez, afirma que os socialistas traballan para dar solución aos problemas dos cidadáns, como no caso da moción aprobada no último pleno, sobre a pavimentación da rúa Prado do casco urbano de Leiro, que presentaba un estado lamentable co conseguinte perigo para vehículos e peatóns.
Rodríguez critica tamén que a entrada do Concello na Mancomunidade do Ribeiro, que preside o alcalde de Leiro, supuxo aos veciños unha suba no coste de servizos como a recollida do lixo, a recadación, os servizos sociais ou protección civil.
Lembra que o custe ascendeu de 174.000 en 2010 a 195.000 euros en 2011, o que supón “unha sangría para as arcas municipais”.
O edil socialista destaca que no caso dos servizos sociais esta suba foi de máis do dobre, pasando de pagar 26.255,86 euros en 2010 a 53.000 euros en 2011, cando en teoría entrar na Mancomunidade suporía un abaratamento dos servizos.
“O alcalde mentiu, incluso dixo que a Xunta aportaría máis diñeiro se o servizo estaba mancomunado”, sinala, ao que engade que a situación empeorará cando Castrelo de Miño abandone a Mancomunidade o vindeiro mes de abril.
Ademais, afirma que “os veciños de Leiro terán que pagar o 50% da nova edificación que se está realizando, por moito que diga o presidente da Mancomunidade que se pagará co superávit de anos anteriores”.
Por último critican “a nefasta xestión económica e política da Mancomunidade, na que só quedan cinco Concellos, mérito do actual presidente e alcalde de Leiro, que dende que entrou as cousas só empeoraron cada vez máis”.
A Audiencia Provincial de Ourense ven de dictar unha resolución en contra do arquivo da causa que se sigue no Xulgado nº 1 do Carballiño pola morte de cans de forma violenta na canceira municipal da Medela.
Neste auto do pasado 24 de febreiro, a Audiencia considera "prematura a decisión do Xulgado de Instrucción de arquivar a causa sen tomar declaración aos responsables e traballadores da canceira, declaracións que se solicitaron no procedemento co obxeto de aclarar a morte dos animais", según declara a Asociación Matar por Matar Non, que recurrira ante a Audiencia o arquivo do procedemento denunciado no Xulgado do Carballiño.
Ademáis, a asociación recorda como "é a 3ª vez que a Audiencia Provincial detén o arquivo desta causa e decide devolvela ao Xulgado do Carballiño ao obxxeto de que se aclare o posible delito de maltrato animal, co resultado de máis dun cento de cans mortos con indicios de violencia".
En declaracións a COPE O Carballiño, o responsable da asociación, Xulio Fernández, recordou como "no Concello do Carballiño constituírase unha comisión de investigación para aclarar os feitos, houbo un cámbeo de goberno e aínda seguimos esperando que esta comisión faga o seu traballo, non dirán que non somos pacientes", ironizou.
O traballo do equipo auditor confirma que o Concello do Carballiño ten "un problema acumulado de 9,8 millóns de euros" a data do 30 de xuño de 2011.
Dese total, 6,8 millóns correspondese coa débeda municipal, 4 millóns de euros de débeda financieira a curto e longo prazo e 2,8 millóns de euros de débeda a terceiros, según os datos aportados polo Concelleiro de Facenda Emilio Carballeda e o Alcalde Argimiro Marnotes, que anunciou "para que non exista problema futuro sobre facer auditoria ou non, este Alcalde comprometese a que antes de deixar o cargo, deixará as contas de novo auditadas". Marnotes tamén salientou o "pago da débeda" do Partido Popular cos seus electores e o pobo do Carballiño "ao presentar o resultado desta auditoria, que antes se tiña prometida, pero non se tiña feito", dixo.
O Alcalde do Carballiño lamentou "a falta de axilidade política" dos anteriores gobernos socialistas "que fixeron un nulo ou escaso traballo pola via executiva, xa que a recadación limitouse á via voluntaria e en contadas ocasión recurriuse á executiva, tamén nos consta que os veciños non pagaban por unha mala xestión á hora de cobrar, provocando ademáis un agravio entre os que pagan e non pagan, ésta era unha cuestión máis política que técnica", salientou Marnotes. Neste capítulo o concello carballiñés deixou sen ingresar recibos por importe de 3 millóns de euros "que son de moi dificil cobro ou prescritos".
DÉBEDA CON TERCEIROS
Según o equipo auditor existen numerosas discrepancias entre o que contestaron os acreedores e os datos aportados polo concello, dandose o caso que dentro dun mesmo departamento administrativo existen arquivos que non coinciden nos seus importes.
167 proveedores indicaron un diferencial de 566.000 euros, feito que incrementaría a débeda municipal. 98 proveedores aceptaron como boa a débeda comunicada desde o concello, e finalmente non contestaron á petición dos auditores un total de 248 proveedores, que suman un saldo toal de 911.000 euros.
Os auditores tamén comentan no seu informe que existen acreedores do concello que a súa vez xeran dereitos de cobro, sendo o caso máis siñificativo o de Aquagest, que en xuño de 2011 era acreedor en 9,6 millóns de euros e deudor en 9,1 millóns. Esta circustancia, que tamén se extende a outras empresas, provoca unha distosión moi siñificativa das débedas con terceiros e os dereitos de cobro rexistrados en contabilidade, sobrevalorando o activo e pasivo municipal e asumindo un risco "polo que as liquidacións deben facerse de forma regular sin acumular estas cantidades", apuntan.
Realizadas as liquidacións "teóricas" por parte do equipo auditor a 30 de xuño de 2011, as débedas con terceiros ascenderían a 2,8 millóns de euros, e os supostos dereitos de cobro que deberían provisionarse ascenderían aos 3,8 millóns de euros.
REMAMENTE DE TESOUREIRIA
Ainda que os remanentes de tesoureiría presentan saldos positivos en cada ún dos exercicios analizados, resulta que o informe tamén recolle a súa vez que, como consecuencia da deficiente xestión no cobro durante os últimos anos, leva o concello "a definir como de dificil cobro, ou sexa prescrito, a cantidade de 3 millóns de euros, o que suporá un desaxuste nas previsións do remanente de tesoureiría fixados nos citados orzamentos e as súas liquidacións, xa que se daban como existentes en tesoureiría". Esta circustancia reflictiráse en consecuencia nos orzamentos para este ano 2012, que desta maneira "terémolos que deixar no entorno dos 8 millóns de euros", suliñaba o Alcalde do Carballiño.
ESTIMACIÓN DE LIQUIDEZ
Tendo en conta os datos anteriores, e considerando os dereitos de cobro prescritos, resultaría que a 31 de decembro de 2010, fíxase polo concello unha liquidez positiva de 1,7 millóns e según o equipo auditor sería negativa en 1,2 millóns, mentres que a 30 de xuño de 2011 o concello fixa unha liquidez positiva de 2,3 miilóns de euros e según o equipo auditor sería negativa en 1 millón de euros.
GRAO DE CUMPLIMENTO DA NORMATIVA CONTABLE
Chama a atención dos auditores que no ano 2007 incumplironse por parte do concellos casi todos os prazos, e en menor medida no ano 2009. Tamén inciden nos defectos na documentación remitida aos órganos de control externo, asi recollense as chamadas de atención ao Concello do Carballiño no ano 2007 por parte do Consello de Contas, no 2008 por erros de cálculo de certos estados e conciliacións bancarias, que siguen recordandose no ano 2009, e xa finalmente no ano 2010, o Tribunal de Contas denuncia a falta de acta de arqueo, xustificantes bancarios e conciliacions.
O Arenteiro volveu desperdiciar outra oportunidade de afianzarse no segundo posto da clasificación, ao non pasar do empate sin goles no partido xogado no campo de Oira ante a A.D. Covadonga. O equipo de Eiroás, moi mermado, tan so contaba cun xogador no banquiño para posibles cámbeos, non so plantou cara aos carbaliiñeses, senón que incluso tiveron as súas ocasións para gañar o partido.
Tamén é certo que pudo facélo o Arenteiro, se aproveitase as súas oportunidades, sobre todo unha moi clara aos 30 minutos da primeira parte, tras unha boa combinación da dianteira carballiñesa, Alén puxo un balón a media altura sobrre a portería local e xa co porteiro batido, Iglesias non pudo cabecear por moi pouquiño. No segundo periodo, aos 10 minutos e ao sace dun córner, Kennedy conectou un cabezazo que se foi fora por moi pouco. Xa no tempo de desconto Alén controlou un balón na área pero o seu disparo saíu demasiádo cruzado e foise fora. Antes, o meta Pachi evitou coa súa intervención que a A.D. Covadonga se adiantase no marcador tras unha xogada de Roberto Dacosta.
Ningún dos dous equipos foi capaz de facerse co control do partido, nin co peso do xogo, polo que o reparto de puntos pode considerarse bastante xusto. Con este resultado, o Arenteiro so logra sumar un punto, mentres que o Ramirás -tras a súa victoria ante o Maceda- situase a 1 punto do Arenteiro e amenaza a segunda posición na clasificación que sigue sendo de momento para os carballiñeses. O líder Nogueira, que tamén gañou, amplia a diferencia con respecto ao Arenteiro en 7 puntos.
As previsións de choiva na mañá deste domingo non impediron que un numeroso grupo de persoas participasen na andaina organizada pola Concellería de Benestar Social do concello carballiñés. A actividade formaba parte da programación deste departamento municipal con motivo do Dia Internacional da Muller, que se conmemora o 8 de marzo.
A camiñata saíu da Praza Maior e cubríu un recorrido dunhos 10 kilómetros polas ribeiras do Arenteiro e dando a volta por Paciños e Mudelos, regrasando ata O Carballiño. A Concelleira Purificación Alberte, que en algunhos momentos encabezou a andaina, agradeceu ao final a participación ás persoas asistentes e invitounas a seguir involucrandose nas actividades organizadas polo Concello do Carballiño con motivo do Dia Internacional da Muller.
O vindeiro xoves, 8 de marzo, procederáse á lectura dun manifesto institucional no salón de actos da casa do concello, e inauguráse unha exposición dos murais realizados polo alumnado dos distintos centros de ensinanza do Carballiño. Ademáis, este lúns remata o prazo para presentar as fotos ao 1º concurso fotográfico "Mulleres no Rural", que organizou o concello carballiñés en colaboración coa Asociación Fotrográfica O Potiños.
O Conselleiro de Medio Ambiente fixo estas declaracións no transcurso da visita institucional que realizou ao Concello de Beariz " a dia de hoxe non temos ningunha documentación a maiores, entendo que se a empresa propuxo o Concello do Irixo, presentará a documentación, pero insisto que a dia de hoxe non presentou nada".
Agustín Hernández aclarou que a intención da Xunta de Galicia é cumplir os prazos fixados no plan de residuos de Galicia "temos que cumplir o plan de residuos, existe unha empresa que é Estéla Eólica, e xa o dixemos o dia 5 de decembro, que propuxo á Xunta de Galicia unha ubicación nun concello, non unha ubicación concreta", salientou.
Preguntado por COPE O Carballiño sobre a postura institucional tanto do Concello do Carballiño como da Deputación de Ourense en contra desa ubicación anuncidada no municipio do Irixo para instalar esa planta de residuos, O Conselleiro suliñou "o que dixeron é que non consideran axeitada unha ubicación que tiña tratada a empresa cos veciños dunha parroquia do Irixo, nós, cando teñamos esa proposta concreta, analizarémola e avaliarémola có concello onde se atope ese proxecto, e se ese proxecto que presente -se é que o presenta- non cumplise as condicións, a obriga da Xunta de Galicia sería buscar unha ubicación e cumplir o plan de residuos", remarcou.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 691
- 692
- 693
- 694
- 695
- 696
- 697
- 698
- 699
- …
- seguinte ›
- última »