O Grupo de goberno do PP sacou adiante a proposta á que se opuxeron os grupos da oposición, os socialistas calificarono como o "plan Marnotes que vai destrozar os bolsillos dos carballiñeses" e a concelleira do BNG como "un expolio á economia dos veciños".
O Partido Popular tivo que facer valer a súa maioria no pleno da corporación municipal do Carballiño para aprobar o plan de axuste requerido polo Real Decreto ao que se acolleu o concello carballiñés para o pagamento aos proveedores, en total 898 facturas correspondentes aos últimos once anos de goberno socialista que estaban pendentes de pagamento a 177 proveedores por un importe de 1.602,806 euros.
O plan de axuste fixa unha reducción dos servizos de carácter non obrigatorio, como a emisora municipal de radio "aproximadamente 60 mil euros ao ano" según manifestou o Alcalde Argimiro Marnotes, que tamén se referíu "ao aforro en gasto de telefonía móbil e fixa, que será aproximadamente de 40 mil euros ao ano". O Concello viña pagando uha media de 72.000 euros anuais en factura telefónica, que tras negociacións dos responsables municipais esperan deixan agora en 32.000 euros.
A bonificación contemplada para os contribuíntes que teñan domiciliación bancaria pasará do 3% ao 1,5%, e no capítulo de transferencias correntes "reducese a aportación ás festas patronais e suprimense as subvencións ás asociacións de veciños", en ambos conceptos prevese un aforro de 20.000 euros anuais.
En canto as taxas municipais, o plan de axuste incrementará o prezo dalgunhas taxas, como as relativas á escola de teatro que subirán un 3,5%, e as das escolas deportivas, que se incrementarán un 15% anual e conxelanse gastos de mantemento como os relativos ao conservatorio de música.
Ademaís, o plan de axuste tamén fai necesaria a revisión de ingresos do IBI, que pasará no municipio do Carballiño dun tipo impositivo do 0,44 ao 0,50 que se aplicará en 2012 e ao 0,60 en 2013, uns incrementos que veñen determinados xa por lei.
Desde o PSdG, o seu Portavoz Adolfo Nogueira dixo que éste era " o plan Marnotes, que lle vai costar O Carballiño 600.000 euros en xuros ós bancos". Nogueira manifestou que "non había que subir as taxas senón aforrar cunha política laboral sensata e non pagando 50 mil euros en indemnizacións por despidos improcedentes a traballadores que estaban cumplindo nos seus postos de traballo"
Non se quedou atrás nas súas críticas a Concelleira do BNG. Áurea Francisco dixo que era "o plan do PP para darlle máis cartos ós bancos´" e en relación á nova situación -en alusión a esa lei estatal que fixa os tipos impositivos mínimos no IBI a aplicar nos concellos- dixo que é "un asalto á democracia muncipal por parte do Partido Popular".
A Asociación Centro Comercial Aberto do Carballiño concluíu una situación interina na que estivo dirixida por unha Xunta Xestora coa elección dunha nova Xunta Directiva.
Na asemblea celebrada na casa do concello os socios elixiron a Julian Garriga Crespo, do sector servizos, como novo Presidente deste colectivo que agrupa a preto dun cento de comerciantes do Carballiño. Como Vicepresidente foi designado Alfonso López Muñoz, Noelia Mares Méndez como Tesoureira e Rogelio Nogueira Corral como Secrretario, e Manuel Blanco, contador, todos eles do sector textil. Completan este renovado equipo directivo catro vogais, entre os que se atopan algunhos dos que formaban parte da anterior directiva.
PRESENTACIÓN DO PORTAL COMERCIOGALICIA.ES
Despois da elección da nova Xunta Directiva do CCA ,A Federación Galega de Comercio, a Federación de Comercio de Ourense e CCA O Carballiño presentaron aos comerciantes de O Carballiño Comerciogalicia.es, o portal do comercio galego; unha iniciativa que arranca como medio para dotar ó sector dunha nova vía para incrementar as vendas e chegar a novos clientes nestos tempos de crise.
Este proxecto nace con dous obxectivos fundamentais. Por unha banda, incorporar ó sector a este novo reto tecnolóxico para que mellore a súa competitividade e amplíe mercados que físicamente serían inacadables. E por outra banda, ofrecer os produtos que se están a comercializar nos establecementos a pe de rúa, a un público máis amplo. “Unha gran vantaxe nos tempos que corren, xa que o comerciante sumará outro espacio físico onde ter os seus productos á venda as 24 horas do día, co mínimo investimento e menor esforzo”, segundo José Mª Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio.
Con esta filosofía xurde Comerciogalicia.es, unha plataforma de comercio electrónico, segura e de calidade, na que Federación Galega de Comercio, coa colaboración da Xunta de Galicia buscan a excelencia respaldándose dos mellores profesionais: Novagalicia Banco (pasarela de pagos), MRW (loxística), Grupo Femxa (formación do comerciante), Seguridade de Datos (seguridade xurídica e protección de datos) e Dos Espacios (soporte técnico, operativa web, software e mantemento).
Con estos avais, o portal convértese nun novo escaparate para os produtos do comercio galego e “os comerciantes de O Carballiño non poden deixar de estar ahí”. Para iso, creouse unha plataforma sinxela e cómoda para o empresario, que ademáis recibirá asesoramento e formación para que el mesmo poda xestionar o seu espacio de venda. E tamén resulta un portal atractivo para o consumidor, xa que nun mesmo espacio poderá atopar comercios de tódolos sectores e realizar compras multi-tendas sen incrementar os portes.
Segundo o presidente da Federación Galega de Comercio “trátase dun proxecto moi ambicioso, pero necesario, que nos permitirá estar á altura das grandes empresas ou cadeas de distribución”, poñendo ao comercio galego na primeira liña de venda, dando un salto directo e obrigado cara o comercio electrónico porque “sen dúbida, é o momento”.
Na administracción local, do total de 150 traballadores que forman o cadro de persoal laboral e funcionarios do Concello do Carballiño tan só 3 sumáronse á xornada de folga.
A hostelería e o comercio abriron nos seus horarios habituais, e salvo algunhos poucos que permaneceron pechados durannte a mañá, os establecementos comerciais tiveron unha xornada con absoluta normalidade, sen que se rexistrasen incidentes.
No parque empresarial do Carballiño, a empresa con maior número de traballadores -Aplicarmetal- traballou con normalidade, dun total de 260 traballadores secundaron a folga 78, o que representa o 30%, según os datos facilitados pola Dirección de Recursos Humanos da citada empresa.
Na administracción autonómica os datos de participación na folga son bastante desiguais. No centro de saúde do Carballiño acudiron aos seus postos de traballo a maioria dos sanitarios, aínda que a afluencia de pacientes foi bastante inferior a doutros dias.
Na ensinanza púlbica, a maior porcentaxe de apoio á convocatoria rexistrouse no IES nº 1, onde sumaronse á folga 24 dos 46 profesores do centro, o que representa o 52%. Inferior foi a participación entre o profesorado do IES Chamoso Lamas, tan só participou na folga o 33% do profesorado, 20 ensinantes dos 60 que traballan neste centro.
A Deputación de Ourense ten que aportar 280.000 euros a este proxecto, o retraso na achega económica por parte da entidade provincial motivou a paralización temporal da obra.
Na Deputación explicaron a esta emisora de radio que a aportación económica que lle corresponde facer a este proxecto según o convenio suscrito coa Xunta "non pudo facerse nas últimas semanas porque os servizos económicos estiveron centrados na elaboración do plan de axuste para acollerse ao Real Decreto que regula a financiación do pago de débedas aos proveedores".
Non obstante, desde a entidade provincial informaron a COPE O Carballiño que "nas próximas semanas procederáse a regularizar este trámite coa Xunta de Galicia", que fará posible a reanudación das obras de construcción do parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño O Ribeiro. A Deputación afrontará o pagamento de 280.000 euros en achegas trimestrais de 70.000 euros.
Unhos dias despois de comezadas as obras no pasado mes de febreiro, na parcela sita no parque empresarial do Carballiño, as mesmas atopanse paralizadas desde fai varias semanas.
A requirimentos desta emisora de radio, os responsables da Dirección Xeral de Emerxencias e Protección Civil da Xunta de Galicia rexeitaron facer declaracións para aclarar os motivos da paralización da obra, limitandose a dicir que “os traballos continuaranse próximamente”.
Non obstante, COPE O Carballiño confirmou que a paralización da obra por parte da empresa constructora non obedece a motivacións técnicas, polo que se deduce que recibíu unha orde da administración para parar os traballos, xa principiados. O problema podería ser administrativo, e máis concretamente tería que ver coas aportacións económicas das distintas administracións a este proxecto.
A obra de construcción do edificio para o futuro parque intercomarcal de bombeiros O Carballiño-O Ribeiro foi adxudicada pola Sociedade Pública de Investimentos de Galicia á UTE formada por “Atlántica-Construcciones Tarilonte”, por un importe de 564.971 euros.
A falta de definición dos dianteiros locais e as boas intervecións do cancerbeiro visitante condicionaron un partido que o Arenteiro debeu deixar sentenciado no primeiro tempo, e que ao final incluso pudo perder cando A Peroxa desperdiciou no tempo de desconto a ocasión más clara das que dispuxo.durante todo o partido.
Aos 8 minutos, Gele recibe libre de marca un balón dentro da área e coloca zurda o balón no fondo da portería da Peroxa. Ata o final da primeira parte sucederíanse as mellores ocasións do Arenteiro para ampliar a renta no marcador, asi nos minutos 16 e 20 primeiro Alén e despois Gele protagonizan sendos remates que repelía o meta visitante, moi inspirado nesta primeira parta, con outras dúas extraordinarias intervencións aos 40 e 42 minutos, evitando goles que xa se cantaban na grada.
Tras o descanso todo cambeou e a pior, o Arenteiro -que fixera unha moi boa primeira parte- volveu ao tono gris de outras tardes e perdeu ese caudal atacante que o caracterizou durante os primeiros 45 minutos, o baixón foi aínda maior cando se tivo que retirar do campo Cancelas. E disque no fútbol quen perdoa acabao pagando, asi que a máxima cumpliuse cando no minuto 68 A Peroxa facía o seu gol nun dos dous tiros entre os tres paus durante todo o partido. Quedaba aínda tempo, de feito o Arenteiro aínda tería varias aproximacións á portería rival, pero foron eso, maís aproximacións que ocasións manifestas de gol.
Oportunidade perdida para o Arenteiro de afinazarse no segundo posto na clasificación tras a derrota do Ramirás co Covadonga. Quen non fallou foi o C.D. Allariz , que tras sumar unha nova victoria situase, igual que o Ramirás, a 2 puntos dos carballiñeses. E o próximo donningo o Arenteiro xoga no campo do líder Nogueira de Ramuín, un partido que pode resultar clave para as aspiracións carballiñesas..
A loita contra a instalación da planta incineradora no Irixo sigue viva según pudo verse na mañá deste domingo nas andainas organizadas para poñer de manifesto a oposición a este proxecto.
As camiñatas partiron de distintos lugares, probablemente a máis numerosa foi a que saíu desde a Carballeira da Madanela, punto de concentración para o groso dos participantes procedentes do Carballiño, mentres que as persoas chegadas desde a Comarca do Deza comezaron a camiñar desde a Carballeira do Campo. De forma practicamente simultánea, sairon as outras dúas andainas desde o municipio do Irixo, desde as localidades de Marnotes e Loureiro, ás que hai que sumar a que o fixo desde Grovas, no concello de Piñor.
Ainda que os organizadores non pretendian "unha movilización masiva como as anteriores manifestacións, xa que se trataba de ser respetuoso co entorno", arredor de 400 persoas tomaron parte nas cinco andainas que confluiron despois do mediodia no Coto do Marco, nos montes comunais sitos na Parroquia do Campo, onde se anunciou a instalación da incineradora. Alí mesmo, procedeuse a dar lectura a un manifesto no que os convocantes desta andaina reivindicativa volveron reafirmarse na súa posición en contra da incineradora.
Prema sobre o arquivo adxunto para ver o documento.

A militancia carballiñesa do BNG elixíu a Xosé Dobarro como novo responsable político do Consello Local, un órgano de dirección no que tamén se integran outras 7 persoas.
Como Vicerresponsable figura agora Marcos Reboredo Blanco, e como vogais completan este novo Consello Local Lidia Caamaño, Ana María Fra, Xosé Manuel Codesido, Victor Gulias, Áurea Francisco -actúal Concelleira- e Eladino Cabanelas.
O novo responsable do BNG no Carballiño xa desempeñara anos atrás o cargo de concelleiro na corporación municipal carballiñesa, cargo do que dimitira daquéla tras o seu traslado profesional ao centro de saúde de Beariz, onde exerce como médico.
A elección do novo Consello Local do BNG coincide, precisamente, coa presentación no Carballiño do Encontro Irmandiño, ún dos grupos que abandonou o Bloque Nacionalista Galego, e outrras baixas recentes no BNG carballinés, entre elas a de Manuel Amil, que no anterior mandato municipal fora Portavoz do BNG e 1º Tenente Alcalde do Concello do Carballiño.
O Secretario Xeral do PSdG, cargo para o que foi reelexido recentemente, será o pregoneiro da Festa da Mimosa 2012, este vindeiro sábado 24 de marzo ás 8 da tarde.
A Xunta Directiva do Casino destaca do pregoneiro a súa condición de "Socio do Casino desde o ano 1981, destacado veciño da vila e Secretario Xeral do PSdG-PSOE na actualidade". Ademaís de anunciar a Pachi Vázquez como "pregoneiro e padriño" da Mimosa, a Directiva do Casino tamén confirmou o resto das actividades programadas para esa xornada, que continuarán ás oito e media da tarde coa representación teatral " O cantante e as mulleres", a cargo da Compañía "Migallas Teatro". As dez e media da noite celebraráse a tradicional cea da mimosa á que seguirá unha sesión de baile.
Xa o domingo 25, completaráse a programación de actividades cunha proxección cinematográfica, a entrega de premios do concurso de fotografia e un concerto da Coral Polifónica do Casino.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 689
- 690
- 691
- 692
- 693
- 694
- 695
- 696
- 697
- …
- seguinte ›
- última »