A concentración, promovida por un grupo de veciños, convocaráse para o vindeiro sábado dia 5 de maio na Praza do Concello do Irixo. Ademáis do apoio aos máximos responsables muncipais, os convocantes defenderán a instalación da incineradora no Irixo.
Os promotores do acto pretenden "que sexa unha protesta pacífica e respetuosa que os veciños do Irixo queremos facer ante as amenazas e insultos personais, ante as pintadas e ante a imposición de ideas que estamos a sufrir durante os últimos 4 meses, asi como tamén amosar o apoio ó Alcalde Manuel Penedo e ó Tenente Alcalde Manuel Cerdeira", afirman.
Por medio dunha nota remitida a esta emisora de radio, invitan a "todos os que defendedes o desenvolvemento do Irixo e pensades que a incineradora é unha boa oportunidade, a todos os que queredes decirlle a Lito e Penedo que non están sos, para berrar en silencio que non todo vale e que xa cruzaron o límite", para que acudan a esta concentración que se celebrará as 12 do mediodia do vindeiro dia 5 de maio diante a casa do concello do Irixo.
O Grupo Municipal Socialista de Leiro censura "as mentiras do alcalde que afirma nos medios de comunicación o que nega por escrito á oposición".
Neste caso se trata das irregularidades na instalación duns badéns no pobo de Gomariz, cuxa remodelación custa cartos aos veciños que a xuízo dos socialistas ben poderían ser utilizados noutra partida máis necesaria, especialmente nos momentos de crise que vivimos.
O portavoz, Manuel Rodríguez Vázquez, lembra que os socialistas xa presentaran unha moción en pleno, e pediran por activa e por pasiva, que se retiraran estos badéns porque non se axustan á normativa vixente e constitúen un perigo para a seguridade viaria.
Precisamente para a súa retirada mobilizáronse os veciños do pobo, que mesmo fixeron unha recollida de sinaturas contra un badéns que ninguén pediu e que custaron ao Concello 1.200 euros, aos que hai que sumar o que custe a súa remodelación. Rodríguez Vázquez, lembra que foi o PP quen votou en contra da moción socialista.
Un carneiro morto e comido por cans foi encontrado no lugar de corzos, nas proximidades da localidade de Dacón. É o segundo suceso que se produce na Comarca nun intervalo de 4 dias, tras o acontecido na parroquia de Sagra, no que 20 ovellas resultaron mortas.
Despois de revisar os restos animais, púidose constatar que a morte non fora por asfixia como no caso do ataque da pasada semana en Sagra, xa que o colo non presentaba sinais de mordida, neste caso o ataque se produciu por enganche de varios cans, e despois de desfalecer, foi devorado vivo.
Os cans que atacaron son coñecidos por andar dende hai tempo libres pola zona de corzos, xa é a 2ª xeración que cría no monte, e pódeselles ver con relativa frecuencia polas inmediacións do ximnasio Olimpia. Antonio González, propietario do animal morto, tamén relata que " fai oito días estaba traballando a 3 km daquí, en Pousada e víuse como estes cans lle atacaban a uns becerros de José Luis, o veterinario, pero como éstes se defenden non lle deron feito nada", cabe recordar que estes tenreiros están protexidos por un cercado, a escasos metros das vivendas.
O dono do animal Antonio González xa sufrira algún outro ataque había seis meses, neste caso eran cans destinados á caza do xabaril, o ataque saldouse cunha ovella morta.
Os socialistas do Irixo presentarán unha moción contra a instalación dunha planta incineradora de lixo neste concello que será debatida no pleno do vindeiro xoves 26 de abril ás 13.00 horas.
O portavoz, Javier Rodríguez, critica os intentos do alcalde por non dar a cara ante os veciños no que sen dúbida foi o asunto municipal máis importante dos últimos anos. “Nesta ocasión traslada das 9.00 ás 13.00 horas a celebración dun pleno que ten 11 puntos de orden do día, co único obxectivo de baleirar o salón de plenos e evitar o que el chama posibles incidentes”, explica.
Rodríguez apunta que “o Partido Popular ten que deixar de buscar escusas e asumir dunha vez a súa responsabilidade neste tema”.
“É indecente recortar os dereitos democráticos doutro grupo político escudándose en algo que non pasou, actitudes que recordan a outras épocas que deberían estar xa desterradas”, conclúe.
Dende o Centro de Información á Muller, en colaboración cos Servizos Sociais Municipais, o Concello de Avión está a desenvolver un Obradoiro de "Benestar das persoas coidadoras" destinado a todas aquelas mulleres que exercen este labor dende os seus fogares.
Esta actividade, na que os contidos son traballados dende a perspectiva de xénero, teñen como obxectivo principal incidir na importancia do autocoidado para evitar a chamada síndrome da persoa coidadora, que supón unha patoloxía moi frecuente na que os síntomas se manifestan tanto a nivel físico como psíquico en forma de ansiedade, insomnio, dor muscular ou de estómago, etc.
Este Obradoiro impártese dende un enfoque multidisciplinar, no que interveñen dúas Psicólogas, unha Auxiliar de Enfermaría, unha Avogada e unha Axente de Igualdade, e entre todas elas intentarán abordar dunha forma integral a realidade deste colectivo, recoñecendo a súa importancia social e mellorando as súas capacidades como coidadoras, tanto a nivel físico como emocional.
Este Obradoiro estase a impartir na Aula Multiúsos da Casa Roxa de Avión todos os mércores, durante 5 sesións teórico-prácticas, rematando o luns 14 de Maio.

Un ataúde negro co nome do Irixo abríu a marcha de protesta celebrada este domingo contra a incineradora, que reuníu a varios centos de persoas que percorreron as rúas da capital do Deza.
A convocatoria feita pola Asociación Medioambiental Incineradora no Deza Non contou co apoio das plataformas do Carballiño e O Irixo, organizacións ecoloxístas, e formacións políticas como o PSdG e BNG. Entre outras persoas, participaron nesta protesta o Secretario de Organización dos socialistas galegos Pablo Garcia, e o Portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego, Guillerme Vázquez.
Tamén tomaron parte activa na protesta numerosos veciños do Carballiño e O Irixo, organizados na Plataforma Incineradora Non e a Cordenadora Veciñal Incineradora No Irixo Non, asi como representantes da Federación de Asociacións de Veciños do Concello do Carballiño.
Os manifestantes dirixiron boa parte das protestas contra o Presidente da Xunta e os Alcaldes do Partido Popular, ao considerar que impuxeron a lei do silencio e deseñaron unha estratexia política ante a proximidade das eleccións autonómicas, en relación á ubicación da planta incineradora. Non obstante, desde os distintos colectivos e asociacións que veñen pedindo un modelo alternativo á incineración para a xestión dos residuos, pensan que a Xunta sigue mantendo O Irixo ou Dozón como opcións preferentes para ubicar a planta incineradora.
Tras esta protesta, o próximo obxetivo será agora a tramitación dunha Iniciativa Lexislativa Popular que se presentará no Parlamento Galego.
Os carballiñeses resolveron sen problemas a súa vistia ao campo do colista da categoria, e con goles de Iglesias, Tacón e Cancelas conseguiron unha victoria vital cara o obxetivo do ascenso de categoria.
O partido puxose moi pronto de cara para o Arenteiro, malia que as primeiras xogadas de perigo foron ante a portería carballiñesa, logo chegaría o primeiro gol para os verdes. Foi nunha xogada de Kenndy que tras irse pola banda de dous contrarios puxo o balón á area pequena, alí tras dous rexeitamentos Iglesias conseguía enviar ao fondo da rede. E tampouco tardou en chegar o segundo gol carballiñés, no minuto 20 de partido, Tacón engancha desde preto da área unha volea sen que o balón tocase no solo, logrando un bonito gol.
Apenas comezar a segunda parte, outra xogada de Kennedy pola banda esquerda da portería do AT. Vilariño, o seu centro é rematado no segundo pau por Cancelas, subindo o 0-3 ano marcador do campo do Medo. No minuto 24 desta segunda parte marcaba o seu gol o AT. Vilariño. Despois, os locais aínda enviarían un balón ao longueiro da porteria defendida por Pachi, aínda que en ningún momento a victoria carballiñesa correu perigo. Kennedy e Bardelás tiveron inmellorables ocasións de ampliar a renta carballiñesa no marcador, pero fallaron ante a portería local.
Partido entretido e xogado con bastante intensidade por ambos equipos, sobre todo na primeira parte. Con esta nova victoria, o C.D. Arenteiro suma 3 puntos que o manteñen na segunda posición da clasficicación, agora a un so punto do líder Nogueira que non pasou do empate coa Velenzá. Non obstante, as victorias de Covadonga e Allariz, que saldaron con éxito os seus respectivos partidos, obrigan ao Arenteiro a non fallar nos próximos partidos, o máis inmediato, o domingo que ven en Espiñedo ante o Maside.
A "Plataforma pola saúde" constituírase en 2010 para opoñerse a instalación dunha planta de compostaxe nos montes comunais do pobo de As Fontaiñas, e presentara ese mesmo ano un recurso contra a licenza municipal outorgada polo Concello de San Cristovo de Cea.
Agora, dous anos despois, esta Plataforma na que se integraron veciños das parroquias de San Fagundo de Cea, Seoane, Garabás, e outras localidades, considera "un triunfo da veciñanza a sentencia do Xulgado do Contencioso Administratvo de Ourense, que declara nulo o acordo da Xunta de Goberno do Concello de Cea de 15 de setembro de 2010, que outorgaba a licenza para esta planta nas Fontaiñas".
Para a "Plataforma pola saúde" esta sentencia "fixo posible que se parase un proxecto tras unha decisión inxusta do Alcalde de Cea, que incumplíu os requisitos que marca a lei, como agora pon de manifesto a sentencia, que declarou nulo aquél acordo de concederl licenza para a instalación desta planta".
O proxecto estaba promovido pola empresa Compost Galicia S.A. para a maduración de compostaxe e almacén de envasado, e contra o mesmo tamén alegaran os concellos de Maside e O Carballiño, ao entender que non se cumplían as condicións e normativas medio ambientais.
A "Plataforma pola saúde" manifesta, ademáis que "o triunfo dos veciños é definitivo e completo", xa que asegura que nin por parte do Concello nin da empresa promotora recurriron esta sentencia.
A Casa do Concello de Boborás acolleu a reunión do xurado que fallou a XXVII edición do premio literario Antón Losada Diéguez, ao que este ano concurriron 16 obras na modalidade de ensaio e investigación, e 18 no apartado de creación literaria.
Xesús Alonso Montero mereceu o recoñecemento do xurado pola súa obra "Anibal Otero. Lingüistica e política", na modalidade de ensaio e investigación. Agustín Fernández Paz é o gañador do apartado de creación literaria coa súa obra "Non hai noite tan longa´". As publicacións gañadoras repartense un premio de 6.000 euros.
A entrega dos premios, que convocan os concellos de Boborás e O Carballiño, será o vindeiro 9 de xuño no transcurso dun acto que se celebrará no Pazo da familia Losada Diéguez, na localidade bobarense de Moldes.
CREACIÓN LITERARIA
Por parte dos membros do Xurado analízanse todas e cada unha das obras que se incluíron no campo de Creación Literaria e como resultado do estudo e deliberación resulta premiada por unanimidade o libro “Non hai noite tan longa” do autor Agustín Fernández Paz e da editorial Xerais.
En este caso o xurado destacou que se trata dunha obra narrativa impecable que indaga na conciencia nacional e nos reconcilia coa nosa memoria. Inciden en que se nota a madurez do autor e que foi unha obra que chegou a todo tipo de públicos.
INVESTIGACIÓN E ENSAIO
Neste caso tamén resulta premiada e por unanimidade a obra “Anibal Otero. Lingüística e política” do autor Xesús Alonso Montero e da editorial Xerais.
O xurado valorou neste caso que é unha obra que rescata unha figura moi significativa do que foi a cultura galega do século XX. O investigador, Xesús Alonso Montero, manexa unha grande riqueza de fondos documentais, poñendo de manifesto a súa familiaridade coas circunstancias históricas que marcaron as vidas de intelectuais e investigadores galegos na guerra e inmediata posguerra.

O Portavoz do grupo muncipal socialista considera que o primeiro ano de goberno popular no concello carballiñés serviu para "que se incrementasen taxas e impostos" e tamén para que as políticas do Partido Popular provocasen "unha puñalada á comarca do Carballiño".
Paco Fumega referíuse expresamente "ao decreto de paralización das enerxias renovables do goberno de Madrid motivando que un dos focos fundamentais do noso polígono industrial como é o sector eólico estea pasando un momento difícil". Non foi a única mención que fixo o portavoz socialista a área industrial do Carballiño, afirmando que "no plan sectorial de ordenación das áreas empresariais da Comunidade Autónoma Galega, a comarca do Carballiño queda totalmente excluida da posiblidade de crear solo industrial"
Fixeron especial fincapé os socialistas na perda de postos de traballo durante o primeiro ano de mandato municipal do Partido Popular no concello carballiñés "cando no programa electoral se recolle a dotación de fondos para o emprego, e non vemos ningunha inicitava que permita albiscar que se está traballando nesa liña, e lamentablemente cada dia son máis os S.O.S de familias desesperadas pola súa situación que estamos recibindo no partido".
Fumega tamén lamentou a perda de postos de traballo no sector público e como exemplo puxo "a non apertura da residencia do Cornubal, onde se perderían 90 postos de traballo, cando no goberno bipartito fixerase daquéla un gran esforzo para dotar O Carballiño desta residencia, pola necesidade que hai de prazas, e ao mesmo tempp como unha aposta clara polo futuro e o desenvolvemento dun sector que está chamado a ser un elemento fundamental". Recordou tamén como no programa electoral do Partido Popular figuraba a apertura todo o ano da residencia de tempo libre "e tampouco eso se cumplíu", dixo.
Outro dos aspectos máis criticados polo portavoz socialista da xestión do Partido Popular foi o incremento dos prezos das taxas municipais e o IBI "o abstecemento de auga incrementouse un 4%, e asi seguirá a facerse atá o ano 2020, igual que as escolas deportivas que suben un 15%, a escola e teatro un 3,5% ou outros servizos de educación como o conservatorio, cun incremento do 20% anual, cando o Partido Popular o que prometera fora rebaixar a carga impositva", concluíu Fumega.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 686
- 687
- 688
- 689
- 690
- 691
- 692
- 693
- 694
- …
- seguinte ›
- última »