17, Maio 2012

A Praza Maior acolleu este 17 de Maio o acto institucional organizado polo concello do Carballiño, que se desenvolveu cun ambiente festivo e a presenza de maior parte da Corporación Municipal.

O Alcalde, Argimiro Marnotes,  deu lectura a un bando conmemorativo, e de seguido procedeuse á solta de mil globos de cor azul co lema escrito en cor branca "Letras Galegas 2012 concello do Carballiño", combinando asi as dúas cores da bandeira galega. Ademáis, prendido a cada globo, colocaronse papeis con frases, palabras e lemas alusivos á lingua galega, feitos polo alumnado dos distintos centros educativos do Carballiño.

Ao acto acudiron a maioria dos concelleiros e concelleiras dos grupos municipais do Partido Popular e PSdG-PSOE, asi como numerosos nenos, que foron protagonistas destacados deste actividade conmemorativa do dia das letras galegas, que contou coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüistica do concello do Carballiño.

 

16, Maio 2012

A empresa promotora da incineradora presentou onte ante a Consellería de Industria a documentación do proxecto, e mantén o municipio do Irixo como ubicación para a planta de tratamento do lixo.

Non obstante, a presentación da documentación chega fora do prazo inicialmente previsto, e despois incluso de que o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, recriminase publicamente á empresa en varias ocasións a tardanza na presentación do proxecto. Nos últimos dias, desde distintos medios apuntouse a outras posibles alternativas que estaría barallando a Xunta, entre elas a posible ampliación das instalacións de SOGAMA en Cerceda.

Doutra parte,  sóubose que Estéla Eólica asinou semanas atrás un "protocolo de exclusividade" para o desenvolvemento do proxecto industrial co grupo Cespa, que se faría cargo da execución da construcción da planta e a súa posterior explotación. Evidentemente, a Xunta tería que dar o visto e prace a esta operación, e estaría tamén por ver se daquéla se mantén a ubicación prevista no Irixo ou pudera ser "noutro municipio calquera" como meses atrás apuntara o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Cespa, a empresa que se faría cargo do proxecto ante os problemas de financiación de Estéla Eólica, ten a súa sede en Barcelona. Trátase dunha sociedade participada integramente polo Grupo Ferrovial. Conta con 40 anos de traxectoria na xestión do lixo en varias comunidades do territorio español, e tamén en Portugal, Andorra e  Reino Unido. Con esta operación, aterraría empresarialmente en Galicia.

14, Maio 2012

Todo según o guión previsto, PSOE e BNG "competiron" en críticas tanto á Relación de Postos de Traballo - RPT - como aos orzamentos elaborados polo grupo de goberno para o actúal exercicio de 2012, que resultaron aprobados cos votos a favor do Partido Popular, no transcurso do pleno extrarodinario celebrado pola corporación municipal do Carballiño.

Na mesma sesión, aprobouse por unanimidade, aínda que con matices por parte dos grupos da oposición, unha proposta de declaración de interés municipal da obra de "construcción da nave de elaborado e precesado de polbo no polígono industrial da Uceira", cunha exención do 80% no imposto municipal para axudar á implantación deste proxecto industrial. Non obstante, a concelleira do BNG ciriticou "os criterios subxetivos que o Alcalde ten para decidir este tipo exencións" polo que pedíu "un regulamento especial para este tipo de axudas. Tamén pedían os socialistas por medio de Paco Fumega un baremo que regule estes procedementos.

PSOE e BNG EN CONTRA DA RPT PARA O ANO 2012

Aúrea Francisco, a Concelleira do BNG, manifestou que "o concello do Carballiño non pode estar a estas alturas sen unha Relación de Postos de Traballo máis profesional, por enriba de partidismos e ideoloxias". Mentres, o Socialista Adolfo Nogueira afirmaba que "en  política laboral a transparencia deixa moito que desexar", lembrando como un ano despóis de goberno do Partido Popular "as modificacións foron moi pequenas, case todo sigue igual" o que levou ao concelleiro socialista a concluir que "a política laboral do anterior goberno socialista non estaba tal mal, non vemos mellorías porque non eran necesarias, como tampouco o era despedir a catro traballadores aos que houbo que indemnizar", recriminou.

Desde o Partido Popular, Martín Nogueira recordou como no ano 2009 o Tribunal Superior de Xsutiza de Galicia anulara a RPT daquél ano "consensuada cun so sindicato, curiosamente coa UGT, e denuncida pola CIG", á que a xustiza deu a razón. O portavoz popular asegurou que é a primeira vez "que o Alcalde se reune con todos os sindicatos para elaborar unha RPT profesional, non como antes cando se decidian os soldos pagandolle máis a quen o Alcalde quería en base as súas simpatias". Engadíu, ademáis que " a RPT ten notables cambeos e contempla aforros que servirán para pagar débedas, en ningún caso os cámbeos son para colocar ou despedir a ninguén pola súa ideoloxía política".

 OS ORZAMENTOS PARA 2012 REDUCENSE ALGO MÁIS DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS

O Partido Popular presentou ao pleno unhos orzamentos que se sitúan nos 8.262.968,11 euros, polo tanto cunha rebaixa sustancial en relación ao último orzamento xestionado polos socialistas.

A concelleira nacionalista calificounos como "unhos orzamentos que levan ao Carballiño á paralise municipal máis absoluta" referindose ao goberno do Partido Popular como "un goberno manos tijeras recortando en todo, menos na débeda que aumenta un 65 por cento, con este orzamento o grupo de goberno moi ben podería dedicarse á vida contemplativa porque pouco pode facerse".

Paco Fumega, o Portavoz do PSOE referíuse aos orzamentos como "os peores da historia do Carballiño, o capítulo de inversiós é practicamente inexistente, so aumenta a débeda". Fumega tamén recriminou ao goberno popular "que na súa política de aforro non haxa lugar para inversiós e sí para liberar a dous concelleiros".

As criticas da oposición foron rexieitadas polo portavoz popular Martín Nogueira, para quen os orzamentos "son máis inversores que os anteriores, que sempre estaban inflados e eran irreais", para os populares, malia o descenso do orzamento, o capítulo de investimentos incrementaráse un 18 por cento, xa que este ano investiranse 633.310 euros fronte aos 537.000 de inversión real que tiveron os últimos dos socialistas, polo que son "unhos orzamentos rigurosos, creíbles e precabidos", manifestou.

 

13, Maio 2012

Un ano despois os carballiñeses regresan á preferente pola porta grande, tras proclamarse campións da 1ª autonómica. Fixeróno tras impoñerser no derradeiro partido de liga xogado ante o Barbadás-B no campo municipal de Espiñedo, que volveu rexistrar unha gran entrada, con máis de 700 persoas no graderio nunha tarde de calor, o partido xogouse cunha temperatura de 30 graos.

Tres goles na primeira parte certificaron o ascenso do Arenteiro, que desde o minuto ún de paritdo amosouse moi superior ao seu rival, que apenas aguantou o arreón do Arenteiro nos minutos inicias. Inaugurou o marcador o capitán Takón ao cabecear impecablemente un balón medido que lle enviou Kennedy. O segundo gol chegou por medio dunha xenialidade de Cancelas dentro da área, tras dous sutíles regates o dianteiro carballiñés cruzou o balón inalcanzable para o gardameta visitante. Un chisco antes do descanso, unha brillante xogada persoal de Marcos Sotelo deixaba o partido visto para sentencia.

A segunda parte pudo sobrar, aínda que aos 47 minutos un mal entendemento da defensa do Arenteiro parecía dar vida a un moribumdo Barbadás, non obstante o gol visitante non fixo perigar en ningún momento o resultado, cun Arenteiro que -igual que o Barbadás- acusou o esforzo e a excesiva calor, e baixou bastante no seu rendemento. Asi e todo, aínda dispuxeron os locais de dúas magníficas oportunidades para ampliar a súa ventaxa no marcador

3 puntos que fan do Arenteiro campión de liga no grupo 3º da 1ª autonómica e certifican o seu ascenso á categoria superior, a preferente, na que o Arenteiro militará na tempada vindeira. 

Ao final, ledicia nos moitos seguidores do Arenteiro, e celebración con champán entre xogadores, técnicos e directivos. A vindeira tempada, espera a preferente. 

A celebración polo ascenso do C.D.Arenteiro trasladouse á Casa do Concello do Carballiño, onde a plantilla de xogadores, corpo técnico e directiva, foron obxeto dunha recepción no salón de actos por parte do Alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes, que felicitou ao club polo ascenso de categoria e desexoulles os maiores éxitos para o futuro. Tamén tomaron a palabra o adestrador Ramón Dacosta, o capitán Takón, e o Presidente Antonio Iglesias "Cadavid", que agradeceron os apoios recibidos.

 

 

 

12, Maio 2012

Miles de persoas vovlverán citarse no Carballiño con moitivo desta xuntanza festiva organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, que fixou a data do sábado dia 9 de xuño para a celebración da edición de 2012.

A festa, que se desenvolve no parque municipal, ven celebrandose no Carballiño  desde o ano 1978, e a ela acuden maiores procedentes fundamentalmente da xeografía galega, aínda que en menor número tamén o fan pensionistas chegados dende as comunidades autónomas limítrófes con Galicia.

Nos vindeiros dias, o salón de actos do Concello do Carballiño acollerá a reunión preparatoria do protocolo de seguridade e sanitario que se levará a cabo para esa data, un operativo no que interveñen as forzas de seguridade, Policia Autonómica, Garda Civil e Policia Local, Protección Civil e os servizos sanitarios. Pola súa parte, o Concello do Carballiño aporta ademáis o persoal necesario para a organización das infraestructuras no parque municipal.

PRESENTADO  O EXPEDIENTE PARA DECLARACIÓN DA FESTA DO POLBO COMO "DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL"

Os técnicos da concellaría de Turismo do Carballiño levaron á Xunta de Galicia o expediente para a declaración de Interese Turístico Nacional da Festa do Pulpo. O informe, que foi revisado antes de envialo pola edil de Turismo e o propio alcalde carballiñés, entregouse na Dirección Xeral de Turismo, onde realizarán un informe e o remitirán ao ministerio, que é o organismo encargado de outorgar estas declaracións. A edil de Pilar Caride confía en que esta declaración de interese turístico nacional chegue antes da celebración desta 50 edición da Festa do Pulpo "grazas sobre todo ao inmenso traballo realizado polos técnicos do departamento de turismo, que elaboraron un informe perfecto e moi documentado,".

Nese informe, composto por sete tomos e máis de 1.500 folios, recóllese toda documentación relativa á festa carballiñesa dende o seu inicio, coa memoria desta, expedientes relativos a ela, así como un amplo informe de prensa no que están todas a referencias que se fixeron a esta festa nos rotativos locais, provincial e nacionais, dende o seu inicio ata o 2011.

Así mesmo achéganse todas as adhesións de organismos, entidades e asociacións a esta festa carballiñesa, e a xustificación da declaración de festa de interese turístico. Un apartado importante deste informe é o dedicado á publicidade e promoción que durante estes 50 anos se fixo da Festa do Pulpo, achegándose para iso as accións publicitarias, así como videos e fotos centrados nesta celebración gastronómica única en toda Galicia.

10, Maio 2012

A moción fora presentada polo Concelleiro nacionalista Óscar Freixedo Beltrán na sesión celebrada pola Corporación do Irixo o dia 18 de marzo de 2011, daquéla, o pleno acordara por unanimidade dos grupos políticos opoñerse á posible intalación dunha incineradora na Comarca do Carballiño ou limítrofes.

Según consta na acta daquéla sesión, o pleno acorda por unanimidade "manifestar o rexeitamento do Concello do Irixo á implantación da planta incineradora e do complexo de residuos do sur de Galicia na Comarca do Carballiño ou limítrofes, xa que este tratamento dos resíduos afectaría de xeito prexudicial e irreversible ó noso medio ambiente e á saúde das persoas".

Naquela sesión, presidida polo Alcalde Manuel Penedo - que despois no mes de maio revalidaría o cargo tras as eleccións municipais- tamén votaran en contra da posible instalación dunha incineradora os concelleiros Manuel Cerdeira, Nuria Penedo, José Luis Alén e Maria José Villanueva, todos eles do Partido Popular, que tamén forman parte da actúal corporación municipal do Irixo.

Os membros do Encontro Irmandiño, que desvelaron a existencia deste acordo corporativo de marzo de 2011, suliñaron que "esto demostra como son e o que podemos fiarnos deles", dixo Purificación Fernández, portavoz do Encontro Irmandiño do Irixo. Bernardo García considera este feito como "moi grave, despois de tomar un acordo, aos poucos meses fan todo o contrario".

10, Maio 2012

O Alcalde do Carballiño remitirá un escrito á Xunta de Galicia en relación á posibilidade que se baralla da supresión de partidos xudiciais, o que deixaría á provincia de Ourense con ta so dous partidos xudiciais, polo que se suprimiría a actúal demarcación xudicial do Carballiño.

Argimiro Marnotes entende que esta perda do partido xudicial seria tremendamente prexudicial para os veciños do municipio, xa que teríann que desprazarse ata a capital provincial para calquera trámite relativo aos procesos xudiciais "sendo isto un paso a tras nos obxectivos dos concellos, que o que pretendemos é ofrecer a maior comodidade aos nosos veciños, creando xanelas únicas e renovando servizos que posibiliten realizar todas as xestións coa administración sen necesidade de desprazarse".

Por outro lado,  Marnotes entende que a nivel económico e social sería un grave prexuízo para O Carballliño a eliminación dos xulgados "en detrimento na vida laboral dos traballadores deste, que deberían tamén desprazarse a novos destinos, co conseguinte cambio de vida que iso supón, e mesmo a imposibilidade que poidan ter algúns para realizar estes desprazamentos".

Así mesmo recorda o alcalde carballiñés que "hai pouco finalizaron as obras no pazo de xustiza do Carballiño, dirixidas a ampliar e mellorar as instalacións existentes e a eliminación deste partido xudicial supoñería deixar esas instalacións sen uso".

Por último o rexedor municipal pretende anuncia reunións cos afectados directos, avogados e procuradores da vila, co fin de coñecer o seu posicionamento e, se procedese, adoptar medidas conxuntas neste sentido. Así mesmo Marnotes confía en que na Xunta de Galicia se estude con sensibilidade a proposta de redución de partidos xudiciais. Argimiro Marnotes recorda o esforzo que supuxo para O Carballiño conseguir o segundo xulgado "e sería unha mágoa perdelo agora", manifesta. 

9, Maio 2012

A reunión vaise celebrar este próximo sábado dia 12 de maio ás 4 da tarde no local social da Rúa, na Parroquia de Loureiro.

Nesta asemblea informaráse por parte dos responsables da Coordenadora das actividades desenvolvidas, tamèn das que se pretenden levar a cabo próximamente, e outras informacións de interese.

Dende a Coordenadora Veciñal Incineradora No Irixo Non incídese no carácter público  desta reunión, aberta a todas as persoas interesadas na actividade que desenvolve esta asociación que foi constituída no Irixo no pasado mes de decembro de 2011, cando se dera a coñecer a decisión de ubicar no municipio do Irixo a planta incineradora de lixo para o sur de Galicia.

8, Maio 2012

Veciños de varias localidades do municipio de Maside aseguran que nos últimos dias a auga que chega aos seus domicilios "é motivo de preocupación porque presenta alteracións co cloro, que pode comprobarse tanto no cheiro como no sabor".

Unha das parroquias máis afectadas foi a de Santa Comba do Trevoedo, onde varios usuarios confirmaron como "sentimos moitos picores na pel despois de asearnos coa auga". Unha das veciñas afectadas, que presentou un escrito dirixido ao Alcalde de Maside para que actúe ante o considera "e un problema de saúde pública", asegura que encargou unha analítica da auga e "o resultado da análise foi moi preocupante porque diu 6 mg / litro de contido de cloro, máis de 4 veces superior á cantidade máxima recomendada, que é de 1,8 mg / litro".

Por parte dos veciños "non se comprende como ninguén desde o concello de Maside advertíu desta circustancia á veciñanza, para que non se utilice a auga mentres non se resolva o problema, xa non é so que nos informen do que pudo pasar, senón que advirtan ás localidades afectadas deste perigo, porque desde o pasado domingo a auga supostamente potable que está a abastecer unha parte do concello de Maside é altamente tóxica", afirman.

7, Maio 2012

A primeira convocatoria pública faise para este vindeiro venres dia 11 ás 20,30 horas no local sito na rúa Martinez Avellanosa nº 12 "coa idea de buscar unha nova via ante o fracaso dos partidos políticos tradicionais".

Os promotores da "Asamblea Nacionalista" convidan "a toda a cidadanía da comarca a falar e buscar fórmulas de organización e acadar consensos mínimos que nos permitan dar resposta á marabunta de medidas inxustas e sin futuro postas en marcha antes polo PSOE e agora polo PP", manifestan.

Este tipo de convocatoiras "abertas" están a celebrarse por toda Galicia e pretenden artellar "unha organización plural, aberta e participativa que transcenda ao actúal modelo político e económico, recuperando a democracia directa, controloda desde abaixo e ao servizo da maioria social".

Entre os impulsores no ámbito comarcal desta nova alternativa política figuran varios ex-militantes do BNG, entre eles, Andrés Fernández do Carballiño e Digna Fernández do Irixo, que presentaron esta "Asemblea Nacionalista" como "un obradoiro de ideas, impulsado polo Encontro Irmandiño, pero non controlado, aberto a toda a cidadanía que nace para recuperar os dereitos laborais e políticos que nos arrebataron coa disculpa da crise montada con este própósito".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS