A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de dictar unha sentencia na que da a razón a CIG en relación ao recurso que presentara contra a Relación de Postos de Traballo aprobada en marzo de 2008. A RPT fora aprobada pola Corporación Muncipal, daquéla presidida polo Ex-Alcalde Carlos Montes, e cun goberno en minoria dos socialistas.
Agora, case 4 anos despois, a xustiza "anula por non estar conforme a dereito a Relación de Postos de Traballo - RPT- do ano 2008, estimando desta maneira o recurso presentado pola Confederación Intersindical Galega, ao entender que o acordo do Concello do Carballiño foi adoptado de "forma unilateral"`polo que se aprobou unha RPT "a carta e discriminatoria" para os traballadores.
A sentencia ten agora un valor puramente testimonial, toda vez que a relación laboral e a RPT do ano 2008 está xa superada polo tempo. Desde a CIG-Adimistracción Local, Xavier Cerdeiro lamentou a tardanza da sentencia "a xustiza cando é lenta deixa de ser xustiza, aínda que tarde a sentencia dano a razón e condena ao Concello do Carballiño por violar o dereito á negociación colectiva e a libertade sindical", suliñou.
O Alcalde do Irixo, Manuel Penedo Paradela, ven se asinar un decreto no que delega as funcións de Alcalde no Concelleiro e 1º Tenente de Alcalde Manuel Cerdeira Lorenzo.
No decreto tamén se fixa o periodo de tempo no que Manuel Cerdeira ocupará a Alcalia do Irixo, desde o dia 13 ao 22 deste mes de febreiro, ambos inclusive. Tamén se recolle na resolución que esta delegación de competencias é "debido a ausencia temporal por motivos propios" do Rexedor Municipal.
A noticia, avanzada por esta emisora de radio, motivou a máis diversa rumoroloxia entre veciños do municipio, aos que chama a atención que o Alcalde se ausente do Concello no medio da polémica que está vivindose pola instalación da planta incineradora.
O novo punto limpo do Carballiño terá o seu emplazamento na parroquia de Seoane, en terreos da mancomunidade de concellos, a carón da estrada autonómica Cea-Ribadavia.
O proxecto, no que a Xunta investirá 280.000 euros, contempla a construcción dunha caseta-oficina de recepción, un almacén para residuos especiais e un recinto para plásticos agrícolas. Ademáis, instalaránse colectores e construiráse un peche perimetral, e procederáse á sinalización das instalacións.
Os primeiros traballos, que xa están en marcha, consisten no desbroze da vexetación e os movementos de terras neste lugar no que se ubicará o futuro punto punto da comarca do Carballiño. As obras teñen un prazo de execución de 6 meses.
PLAN DE XESTIÓN DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS
A construcción do punto limpo do Carballiño forma parte do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, que se desenvolverá atá o ano 2020, tendo en conta 10 liñas estratéxicas de actuación, que implicarán a mobilización de 502 millóns de euros.
En primeiro lugar, preténdese estabilizar a produción de lixo e lograr que en 2020 a poboación galega produza un 10% menos respecto dos 1,2 millóns de toneladas que se xeran na actualidade.
En segundo lugar, preténdese diminuír progresivamente os residuos que van parar a vertedoiros. Isto supón que, mentres na actualidade se leva a vertedoiros controlados o 53% dos RSU xerados, o obxectivo é reducir a porcentaxe ata o 24%, depositando só aqueles residuos que non poden ser valorizados.
O terceiro obxectivo será o incremento da reutilización e a reciclaxe dos residuos ata un 30% do total dos residuos sólidos xerados, fronte ao 10% actual.
A chamada estratexia dos tres R (redución, reutilización, reciclaxe) complementarase "coa valorización enerxética a través da actual planta de SOGAMA en Cerceda e o novo Complexo de Tratamento de Residuos Urbanos do Sur, así como a construción de 8 plantas de compostaxe", asegura a información facilitada pola Consellería de Medio Ambiente.
.
Os datos correspondentes ao pasado mes de xaneiro elevan ás 2.621 as persoas en situación de desemprego no conxunto dos 9 Concellos da Comarca, das que 1.506 corresponden ao municipio do Carballiño, onde o paro aumentou en outras 84 persoas no primeiro mes de 2012.
Desta maneira, seguen acadandose cifras que son record histórico tanto no Carballiño como no ámbito da Comarca, desde que existe esta estatística oficial. Dos 1.506 parados carballiñeses, 701 son homes e 805 mulleres.
No municipio de Maside 304 están inscritas como demandantes de emprego no mes de xaneiro, 19 máis que no mes anterior de decembro de 2011. Boborás tamén incrementou o seu número de parados noutras 6 persoas e suma xa un total de 204, mentres que San Cristovo de Cea -con 11 novos parados- ten 152 persoas que buscan traballo.
O municipio do Irixo sumou en xaneiro rexistrou en xaneiro outros 6 parados máis, polo que a súa cifra total chega ás 121. Despois, seguenlle San Amaro e Piñor, con 115 e 105 parados, respectivamente. Nos últimos lugares do ranking comarcal do paro están Punxín -con 69 demandantes de emprego- e Beariz, con 45.
Un regalo en forma de autogol dos macedanos cando aínda se xogaban os primeiros minutos encarrilou a favor dos carballiñeses un partido que sentenciaría despois Alén logrando o segundo e defintivo gol do Arenteiro.
Partido con moi pouca historia, paupérrimo de fútbol, o que se viu no campo do Cardenal Quiroga de Maceda, cun terreo de xogo de terra, no que o Arenteiro cumplíu o trámite, sumar 3 puntos ante o vicecolista da categoria. A victoria do Arenteiro fraguouse nos primeiros minutos de partido, cando os carballiñeses asediaron a portería local e conseguiron unha renta no marcador que sería suficiente para gañar o partido. A partir de ahí, o resto practicamente sobrou, o Arenteiro limitouse a a ver como pasaban os minutos atá o pitido final, sen pasar por ningún tipo de apuro, xa que os locais eran incapaces de achegarse con perigo á área carballiñesa.
Cos 3 puntos desta tarde ante o C.D. Maceda, o Arenteiro afianzase no segundo posto da clasificación, aínda que non logra abrir brecha có terceiro clasificado, o Ramirás, que goleou a domicilio ao Monterrei por 0-5. Non obstante, trala derrota do Nogueira de Ramuín en Barbadás, os carballiñeses consiguen recortar a ventaxa do líder, que queda agora a 4 puntos na clasificación da 1ª autonómica.
O proxecto anunciado polo Alcalde de Boborás para a construcción dun tanatorio e vivendas de promoción pública nos terreos municipais da Almuzara foi obxeto de diversas criticas desde o grupo de Move Boborás por medio do seu concelleiro José Benito González Trigás.
Move Boborás considera que esta ubicación non é a máis axeitada para a construcción de vivendas, e no seu lugar debería promoverse como prioridade a construcción dunha residencia xeriátrica, tendo en conta que o 50% da poboación de Boborás é maior de 60 anos. José Benito Trigás recordou, ao referirse aos citados terreos "o que non dixo o Alcalde foi que pagaronse case 20 millóns de pesetas hai case 10 anos, foi un pelotazo urbanístico en toda regla, porque por 20 millóns de pesetas na Almuzara por un monte no que non se pode construir, eso non o cree nadie, por 20 millóns compranse os montes de medio Boborás".
O Concelleiro de Move Boborás amosou tamén outras sospeitas relativas á xestión do Alcalde Cipriano Caamaño "temémonos que algunha operación máis dese estilo con algún amigo non sei si se estará facendo, hai que esperar un pouquiño, a ver se o tanatorio o fai onde dí él ou ten outra alternativa, a ver se tamén farán falta outros 20 millóns". Noutro momento da súa intervención en COPE O Carballiño o concelleiro volveu a referirse á vivenda do Alcalde construída na Almuzara "en solo rústico, eso non debe facelo nunca un Alcalde, un delincuente urbanístico, e decia algún veciño que era a 2ª residencia, e nos temos documentado que non é a segunda, é a quinta, Cirpiano é un Alcalde millornario, ten 5 propiedades inmobiliares, ésta é a quinta documentada, aínda que sospeitamos que hai máis", afirmou.
José Beinto González Trigás tampouco comparte a idea de ubicar na Almuzara a zona industrial do Municipio "en calquera outro sitio menos ahí", dixo, explicando que estaría cerca dun rio "ao que irían os verquidos, e ademáis alí cerca están as augas termais, e ese debe ser o futuro de Boborás". Non obstante parecelle necesaria a construcción do tanatorio aínda que para Move Boborás debería ser un servizo que o concello prestara mediante concesión ás empresas funerarias do municipio.
Dous veciños da localidade de Marnotes encargaron a un abogado a redacción dunha denuncia pola aparición de excrementos nas súas vivendas, nas que persoas descoñecidas depositaron lixo e incluso restos fecais. Desde fai varias semanas O Irixo está cuberto de pintadas, algunhas con descalificacións para as persoas, o que da unha idea da tensión e a crispación social á que se chegou nas últimas semanas entre a veciñanza, con numerosos episodios entre os defensores e detractores da instalación da planta incineradora.
Desde a Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non non dubidan en culpar da situación aos responsables municipais. En declaracións a COPE O Carballiño, a vocal da Coordenadora Edita Payo recoñeceu que se estaba chegando a enfrontar membros dunha mesma familia "eu mesma lle dixen que non era postura dun Alcalde, eles están ahí porque a xente os votou, pero están ao servizo do pobo, e non o están cumplindo, non están respetando a xente do pobo, e todo esto está dando lugar a enfrontamentos entre veciños, enfrontamentos dentro das familias, porque aínda que poucos, hai algunhos que están a favor". A representante veciñal concluíu "a posición do Alcalde non é enfrontar á xente, senón traballar por ela, e neste caso está facendo ó revés, separándonos", en referencia ao Rexedor Municipal, Manuel Penedo.
Edita Payo fixo esta reflexión tras acudir novamente á casa do concello do Irixo en demanda de información sobre o proceso de instalación da incineradora, formando parte dun grupo de 25 veciños que interpelou ao Tenente Alcalde Manuel Cerdeira, que tamén é Presidente da Comunidade de Montes onde pretende instalarse a planta, sobre a situación legal da Xunta Rectora desta comunidade de montes, tras informacións periodísticas que apuntaban á súa situación administrativa irregular ante a Consellería do Medio Rural. Non obstante, Cerdeira desmentíu ante os veciños esa información, asegurandolles que a Xunta Rectora ten toda a documentación en regla.
O concello do Carballiño, a través da Concellaría de Deportes ven de felicitar ao deportista Florindo González, que acaba de finalizar este pasado fin de semana un dobre Ironman na illa de Lanzarote, chegando á meta en 6ª posición, e como segundo mellor español. Esta dura proba consistía en 7,6 quilómetros nadando, 360 quilómetros en bicicleta e 84 a pé.
O carballiñés Florindo González foi dos poucos galegos en atreverse cunha proba tan dura, que require unha gran concentración, forza de vontade e preparación física, para poder simplemente finalizala, canto máis para rematar entre os 6 primeiros. Por este esforzo, por levar ataterras canarias o nome do Carballiño, e por facer gala dun espírito deportivo admirable, o edil de Deportes Rodrigo González Hermida felicitaba públicamente a ese deportista carballiñés.
As criticas socialistas achacan a situación "a outra das brillantes ideas" do Alcalde do Carballiño. Refirense a falta de seguridade vial no entorno da Alameda e na rúa Principal do Carballiño.
Os socialistas apuntan que "foron moitos os veciños e veciñas do Carballiño que se dirixiron ós membros deste grupo municipal para queixarse e amosar a súa fonda preocupación pola caótica situación creada pola presenza de vehículos en lugares nos que atá hai pouco tempo tiñan prohibido o acceso". Citan como exemplo a rúa Principal onde "a gran cantidade de coches e furgonetas de reparto desplazanse agora con total libertade e impunidade, tamén é constante o estacionamento de vehículos nos accesos á rúa peonil, anulando asi a suposta intención do Alcalde do Carballiño para a retirada de bolardos que antes impedian estas irregularidades", suliñan.
O outro exemplo que poñen de manifesto os socialistas e que ademáis consideran de consecuencias "graves e perigosas" é no entorno da Alameda, onde "a retirada dos pivotes sen xustificación nin explicación coñecida provoca o continuo estacionamento de coches no espazo destinado á circulación de peóns". Particularmente preocupante é esta situación "nas horas de saidas dos colexios, son moitos os nenos que so teñen a opción de camiñar pola calzada".
Finalmente, o grupo municipal socialista no Concello do Carballiño demanda da Alcaldia que "corrixa canto antes este grave problema e non teñamos que agardar a que aconteza algunha desgraza para tomar medidas que garanticen a seguridade dos nosos veciños e sobre todo dos principais usuarios da Alameda, os cativos".
O Arenteiro volve ocupar postos de ascenso despoiis de vencer 2-1 en Espiñedo ao Polígono San Cibrao e aproveitarse da derrota do Ramirás ante o Allariz, desta maneira os carballiñeses recuperan o segundo posto na clasificación a 7 puntos do líder Nogueira de Ramuín, que non fallou e venceu no seu partido ante a Ponte Ourense.
O Arenteiro, aliado co factor sorte, pudo sumar os 3 puntos ante o Poligono San Cibrao que enviou por dúas veces o balón ao traveseiro da portería carballiñesa, defendida nesta ocasión por Pachy. A sorte estivo de parte dos carballiñeses, e por dúas veces o longueiro repelou o balón, a última a 5 minutos do final cando o Poligono máis estaba apretando.
Os goles locais foron obra de Kennedy, que dun trallazo desde fora da área adiantou ao Arenteiro nos primeiros compases do partido, e o segundo obra de Marcos Sotelo ao transnformar un golpe franco sobre a portería visitante cando se consumía a media hora de partido. Antes, o Polígono empataría provisionalmente ao aproveitar un saque de esquina que colleu a defensa do Arenteiro dormida.
O Arenteiro xogou a maior parte do partido con 10 xogadores por expulsión de Iglesias, ao que o árbitro ensinou a vermella directa á instancias do línea, supostamente despóis de que o dianteiro recriminase a un defensor do Polígono unha fea entrada, que foi sancionada con falta pero que nin xiquera mereceu a amonestación do árbitro do encontro. Xa no tempo de desconto expulsaría a un xogador visitante. Non aplicou o mesmo criterio nas faltas para os dous equipos, favorecendo as máis das veces ao equipo visitante.
O Arenteiro volveu xogar outro cativeiro partido, certo é que gran parte do encontro xogou con 10, pero certo é tamén que un equipo que conta cun grupo de bós xogadores tén que dar moito máis de sí. O Arenteiro sigue carecendo de patrón de xogo, e con inmensas lagoas no centro do campo, practicamente inexistente. Asi é moi dificil que o equipo funcione.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 694
- 695
- 696
- 697
- 698
- 699
- 700
- 701
- 702
- …
- seguinte ›
- última »