15, Novembro 2011

As obras no entorno da Igrexa Vella, que comezaron esta semana, consistirán no adoquinado da rúas e a ampliación das beirarúas, de tal maneira que a partir da reforma manteráse un único carril para a circulación de vehículos. A intervención, que executa a empresa Proyecon, conta cun orzamento de 149.921 euros, que son aportados pola Xunta de Galicia.

As beirarúas construiránse en pedra, e ademáis reformaráse a rede de saneamento nesta zona. Fronte á entrada da Igrexa procederáse a ampliación das escaleiras de acceso desde Cesáreo Tizón, eliminando o petril de cemento existente.

Doutra parte, o Concelleiro de Obras e Urbanismo, Magin Daparte, acompañado dos técnicos municipais, elaboraban un estudio de todo o mobiliario urbano e elementos ornamentais ubicados nos accesos á rúa do Paseo. Tralo incendio do pasado sábado, quedou patente que os servizos de emerxencias tiveron moitos problemas para acceder ao lugar do sinistro para a evacuación dos feridos. A intención dos responsables municipais do Carballiño é retirar a maioria deste mobiliario urbano das entradas á rúa Principal.

15, Novembro 2011

O cativo está fora de perigo, ainda que transcurridas as primeiras 72 horas que se consideran decisivas, o seu estado de saúde sigue sendo grave. ¿Cómo te chamas ? "Chámome Marcos e veño dun incendio no Carballiño", asi lle contestou aos médicos que o atenden no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

A familia do cativo sopesa a posiblidade de trasladar ao hospital herculino á súa nai, Elena, que de momento continúa en Povisa evolucionando satisfactoriamente das feridas sufridas, aínda que de momento este traslado aínda non se decidíu. En Povisa, e tamén grave, continua a aboa do neno.

En canto o resto dos feridos, a maior preocupación está no estado de saúde de Edelmiro Mateo. O Ex-Concelleiro de Obras do Carballiño sigue en estado moi grave e a súa situación non mellora, ademáis de ser o ferido maís afectado polas queimaduras, outros factores, como a súa idade e outros problemas de saúde anteriores ao sinistro, complican a situación. Ainda asi, " está peleando, él é un home forte, acostumado a pelear e a esperanza é que desa pelea salga victorioso", un desexo que expresaba a través de esta emisora de radio Paco Fumega, o portavoz do grupo municipal do PSOE, do que nos últimos 16 anos formou parte Mateo.

Outra das feridas, precisamente a esposa do ex-concelleiro, sigue unha evolución moi satisfactoria, e finalmente, en canto o estado de saúde dos dous axentes da Policia Local, Antonio Carbajal sigue aínda en cuidados intensivos, pero xa fora de perigo, igual que Maria del Carmen Martinez, que xa foi trasladada a planta.

14, Novembro 2011

O Xefe de Protección Civil do Carballiño, Juan Miguez, explicou en COPE o operativo que se levou a cabo o pasado sábado no incendio do edificio Magariños e recoñeceu que "houbo moitos problemas para o acceso o lugar do sinistro porque no cruce de Ribadavia había vehículos de curiosos que impedian a entrada dos vehículos de emerxencias, e tendo en conta que todas as bocarúas están con elementos decorativos ou con mobilidario urbán e non se podia entrar, polo que houbo unha situación moi complicada para a evacuación dos feridos".

O aviso da incidencia recibíuse no teléfono do GRUMIR ás 12,06 horas, e as 12,15 horas chegan o lugar do incendio "os dous efectivos que estaban de servizo, xa que o terceiro tén que quedarse na base, cando os 2 efectivos que se desplazan ver o alcance do que sucede piden reforzos, e en 36 minutos rescatan a todas as persoas que se atopaban no edificio, os últimos as 12,51, que son os dous policias locais", indicou o responsable da agrupación carballiñesa de Protección Civil.

Miguez tamén recoñeceu que nos primeiros momentos, cando os Bombeiros do GRUMIR chegan ao edificio ninguén os informou da presenza no interior do edificio dos dous Policias Locais, "non se sabía onde estaban atá que chegou o Xefe da Policia Local e se interesou por eles e é o que se dá conta que estaban dentro", asegurou.

 

13, Novembro 2011

Nin A Peroxa nin  Arenteiro conseguiron marcar, asi que empate a cero goles, e tamén empate en canto a ocasións, as máis claras chegaron na segunda parte en ambas porterias, pero tanto o gardameta local Rubén como o carballiñés Pachy resolveron ben as situacións comprometidas que se lle presentaron.

En consecuencia, o reparto de puntos pode considerarse un resultado xusto. Con este marcador, o Arenteiro sigue fora de postos de ascenso, e ademáis acumula xa 3 xornadas sen conseguir a victoria, con dous empates e unha derrota nos 3 últimos partidos, e tan só dous puntos, unha bagaxe moi pobre para un equipo coas máximas aspiracións nesta liga e cun único obxetivo, como é o ascenso á preferente.

RESULTADOS DA XORNADA

J11 UD Barbadas B 2 - 2 CD Allariz
J11 Ponte Ourense SAD 2 - 1 CF Monterrey
J11 Maside CF 3 - 2 CF Cortegada
J11 AT Villarino 1 - 2 Poligono San Ciprian
J11 CD Velle 4 - 1 CD Maceda
J11 SD Nogueira Ramuin 3 - 2 SD Melias
J11 A Peroxa CF 0 - 0 CD Arenteiro
J11 CD Ramiranes 2 - 4 AD Covadonga
J11 UP Taboadela 1 - 1 SD Valenza

CLASIFICACIÓN

Pos Equipo Ptos Ju Ga Em Pe Gf Gc
1 SD Nogueira Ramuin 24 11 7 3 1 22 12
2 UP Taboadela 21 11 6 3 2 19 11
3 CD Arenteiro 21 11 6 3 2 17 9
4 CD Velle 21 11 6 3 2 21 16
5 CD Ramiranes 20 11 6 2 3 20 14
6 CD Allariz 19 11 5 4 2 20 12
7 AD Covadonga 19 11 6 1 4 27 21
8 A Peroxa CF 18 11 5 3 3 18 11
9 Ponte Ourense SAD 18 11 5 3 3 15 13
10 SD Valenza 17 11 4 5 2 12 7
11 CF Monterrey 14 11 4 2 5 18 25
12 Poligono San Ciprian 13 11 3 4 4 13 13
13 UD Barbadas B 11 11 3 2 6 11 17
14 SD Melias 10 11 2 4 5 12 12
15 Maside CF 9 11 2 3 6 13 24
16 AT Villarino 8 11 2 2 7 13 22
17 CF Cortegada 5 11 1 2 8 12 25
18 CD Maceda 3 11 0 3 8 9 28
13, Novembro 2011

Estable dentro da gravidade, é a evolución no estado de saúde dos feridos máis afectados no incendio do edficicio Magariños. Ao cativo de 4 anos de idade que se atopa na UCI de queimados do Complexo Hospitario Universitario da Coruña practicouselle unha primeira interveción cirúrxica nunha man, e mantense estabilizado, a parte máis afectada do corpo do cativo é a cara, que presenta queimaduras de diversa consideración.

Continúan en estado grave a nai e aboa do cativo, as dúas mulleres atópanse na Unidade de queimados de POVISA, en Vigo. A nai do cativo, de 41 anos, presenta queimaduras no 12 por cento do corpo, de segundo grao, que lle afectan a mans, cara e pescozo, ademáis de síndrome por intoxicación de fume, igual que a aboa, de 68 anos de idade, con feridas de diversa consideración.

Outro dos feridos de máis gravidade, o Ex-Concelleiro da Corporación do Carballiño, Edelmiro Mateo, de 74 anos de idade, tamén permanece estable dentro da gravidade. Presenta síndrome de inhalación de fume e queimaduras no 30 por cento do corpo, de segundo grao, superficiais unhas e profundas outras, que afectan a membros superiores, cara e pescozo. Permanece na UCI, en observación.

En canto aos menos graves, a súa evolución é positiva. É o caso dos dous Policias Locais, home e muller de 43 e 37 anos de idade respectivamente, Antonio Carbajal e Maria Carmen Martínez, continúan ingresados e en observación no Complexo Hospitalario de Ourense, sufren feridas superficiais e por intoxicación, están fora de perigo, igual que a outra muller de 66  anos de idade M.N.G, con intoxicación e tamén con feridas diagnosticadas como superficiais.

12, Novembro 2011

O sinistro orixinouse no cadro de contadores eléctricos do edifcio, no que se escoitaron varias explosións minutos despois das 12 do mediodia, o que provocou unha gran fumeira que se propagou en forma de embudo cara a plantas superiores da edificación, na rúa Principal do Carballiño.

Vironse atrapadas varias persoas, 6 delas foron rescatadas polos servizos de emerxencias e os efectivos da Policia Local, que foron os primeiros en chegar ao lugar, entre as 6 persoas feridas de máis gravidade atópase un cativo de 4 anos de idade e o Ex-Concelleiro de Obras do Carballiño Edelmiro Mateo e a súa Esposa, que resultaron con síntomas de intoxicación e queimaduras en distintas partes do corpo. O ex-concelleiro foi trasladado en helicóptero polas asistencias médicas, que atenderon a outras 13 persoas no PAC do Carballiño, con feridas por queimaduras de distinta consideración e intoxicación por gases.Tamén tiveron que recibir asistencia médica  con sígnos de intoxicación polo fume os 2 axentes da Policia Local do Carballiño, que coa súa intervención evitaron unha traxedia maior. Tamén tiveron unha extraordinaria actuación os veciños e propietarios dos negocios das galerias nos momentos máis decisivos.

O Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, manifestou que o sucedido "é motivo para levar a cabo unha investigación antes de facer unha declaración oficial ao respecto, e ímolo facer o máis pronto posible, agora o primeiro é interesarse polo estado de saúde dos feridos".

O edificio no que se orixinou o sinistro tén unha antiguidade de máis de 30 anos, sito na rúa Tomás Maria Mosquera, trátase dunha edificación cun total de 27 vivendas. Na planta de entrechán do edificio, atópase unha perruquería, que resultou a máis afectada pola rápida propagación do fume. A Policia Científica investiga o suceso, aínda que todo parece indicar que tivo a súa orixe no cadro eléctrico do edificio.

PARTE MÉDICO DOS FERIDOS

O 061 informou a úlitma hora da tarde do estado de saúde dos feridos. No PAC do Carballiño foron atendidas un total de 13 persoas, das que algunhas foron dadas de alta e enviadas directamente aos seus domicilios.

Cinco das persoas feridos foron trasladadas ao Complexo Hospitalario de Ourense e no transcurso da tarde dúas delas foron remitidos á unidade de queimados de Povisa, tratase de H.P.L.,  muller de 41 anos con queimaduras de distinta consideración e L.N.L., muller de 68 anos de idade con intoxicación de gases e queimaduras.

Permanecen ingresados no CHUO outras 3 persoas. M.N.G, muller de 66 anos, con queimaduras superficiais e signos de intoxicación; A.C.G. varón de 43 anos, con intoxicación por gases e feridas superficiais; e M.C.M.F., muller de 38 anos, con intoxicación por gases.

A Povisa foi trasladado directamente en helicóptero Edelmiro Mateo Prado, de 74 anos, EX-Concelleiro da Corporación do Carballiño, con queimaduras de distinta consideración, e por último, ao Complexo Hospitalario da Coruña foi trasladado o cativo, con feridas de distinta consideración.

MEDIOS MOBILIZADOS

A central de coordinación do 061 informou tamén dos medios mobilizados desde que ás 12,17 horas se recibíu a alerta. Ao lugar do incidente enviaronse 5 ambulancias asistenciais, 1 ambulancia medicalizada, 2 helicópteros, e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada do Carballiño. Ademáis, foron mobilizadas ambulancias medicalizadas en Vigo e A Coruña para facer os apoios nos distintos aeroportos aos pacientes que se trasladaron por este medio.

No operativo participaron o persoal carballiñes do GRUMIR e Protección Civil, asi como efectivos de Emerxencias do Concello de Avión e da Garda Civil. O Concello do Carballiño puxo a disposición das familias afectadas a Residencia de Tempo Libre, no caso de que queiran pernoctar na mesma atá que non se recupere a normalidade no edificio.

 

 

10, Novembro 2011

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama pon a disposición das mulleres de Boborás un medio de transporte gratuito para facilitarle o acceso dende o Concello de Boborás á Unidade de Exploración Mamográfica, situada na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, na Avda. de Zamora, 13 en Ourense, así como a viaxe de volta ao concello. O uso deste transporte non é obrigatorio polo que as mulleres que o desexen poden acudir polos seus propios medio á cita que se lle achega.

As veciñas de Boborás serán citadas a partir do 16 de novembro de 2011 a través de cartas.

Dependendo da hora na que teñan cita na Unidade de Exploración, poderán facer uso do mesmo, tendo en conta as paradas e horarios que figuran na seguinte táboa.

HORARIO DE AUTOBUSES

 

LOCALIDADES

 

1ª HORA

2ª HORA

O Regueiro

(na parada de bus)

7.10 horas

10.10 horas

Nogueira

(na parada de bus)

7.20 horas

10.20 horas

Feás

(na parada de bus)

7.30 horas

10.30 horas

Brués  (no cruce da estrada de Feás)

7.35 horas

10.35 horas

Pazos (na vila)

 

8.00 horas

11.00 horas

Almuzara      (diante do bar Ramón

 

8.10 horas

11.10 horas

10, Novembro 2011

O cine club Carballiño estrea tres películas en colaboración co Instituto Iberoamericano de Finlandia. Este venres enpeza no Carballiño un ciclo de cine finlandés que os cine clubs galegos desenvolverán ao longo dos meses de novembro e decembro, e no cal se poderán ver en Galicia tres películas finlandesas de recente producción e todavía non estreadas comercialmente en España. A inciativa é posible grazas á colaboración entre a Federación de cine Clubs de Galicia e o Instituto Iberoamericano de Finlandia, con sede en Madrid.

A película escollida polo cine club Carballiño para comenzar este ciclo é A ciegas, unha producción do ano 2010, na que se nos conta a transición cara á adolescencia de dous rapaces. O seu director é un dos novos realizadores finalandeses, Matti Ijäs, e acadou un gran éxito no seu país. As outras dúas películas son Pueblo de silencio e Eila. con esta iniciativa pretédese achegar a desconocida filmografía finlandesa ao público galego, xa que só soen distribuírse no noso  país as películas dos irmáns Kaurismaki, directores de recoñecido prestixio internacional e que soen frecuentar os máis importantes festivais de cine como Cannes, Venecia ou San Sebastián.

9, Novembro 2011

O informe, que foi elaborado pola  actúal empresa responsable da xestión recadatoria no concello carballiñés, reflicte que a débeda acumulada en via executiva asecende a un total de 4.917.532 euros, repartidos nun total de 81.367 recibos. Tamén se deduce do informe que a débeda máis importante acumúlase a partir do ano 1990, sendo residual nos anos anteriores, e acumulando a maior débeda no ano 2010.

Da suma total, 3.012.409 corresponden a 52.174 recibos de débeda prescrita e non dada de baixa, mentres que a débeda non prescrita sería de 1.905.112 euros, repartidos en 28.193 recibos. Son datos que desvelou hoxe a través desta emisora de radio o Alcalde Argimiro Marnotes, suliñando que "eu sei que todo esto vai cabrear moito os que pagan, pero o Alcalde tén claro que a partir de agora quenes teñen que preocuparse son os que non pagan, porque imos facer que pague todo o mundo, non pode ser doutra maneira".

Neste informe vemos, por exemplo, como a débeda pendiente en executiva comezou a aumentar de forma moi considerable a partir de 1995, nesa anualidade xa foron 3.156 recibos que quedaron sen cobrarse en via executiva, atá chegarse aos 7.811 de cifra record en 2010.  Entre os anos 2004 ao ano 2009 foron 27.380 os recibos que quedaron pendientes de cobro na recadación municipal carballiñesa.

A maior parte da débeda prescrita e non dada de baixa acumulase nos conceptos do Imposto de Benes Inmobles Urbanos e no Imposto de vehículos de tracción mecánica durante os anos 1990 a 2007, e en menor medida na recollida do lixo, que forman os padróns maioritarios na recadación carballiñesa.

O Alcalde carballiñes manifestou no transcurso da súa intervención radiofónica como "curisosamente cando o Concello dispón dun instrumento como é unha empresa externa para a recadación, é a partir de entón cando menos se recada". Marnotes adiantou que "nós imos reunirnos coas dúas anteriores empresas que pasaron polo Concello na xestión da recadación e que nos están a reclamar varias facturas, haberá que ver eso, porque  visto todo esto seguramente estamos en disposición de pedir danos e perxuízos sobre toda esta situación", asegurou.

8, Novembro 2011

No mesmo escenario no que Manolo foi xogador e adestrador, na "Pista Roxa" do Carballiño, tivo lugar este emotivo acto que consistíu na entrega ao homeaxeado dunha placa e unha camiseta do Club Ourense Baloncesto, por parte do actúal Presidente do COB, Jorge Bermello.  Ademáis, tamén estiveron presentes numerosos ex-xogadores e compañeiros das disntintas etapas que tivo o Club Baloncesto Carballiño, do que Manolo Celta foi sempre o seu alma-mater, con él ascendeu o baloncesto carballiñés as suas cotas máis altas, chegando a competir un par de temporadas en liga EBA. A falta de apoios e axudas, sobre todo por parte das institucións, como o Concello do Carballiño, levou a desaparición do club. Sen embargo, a este acto no que se recoñeceu a labor de tantos anos de Manolo Celta, acudíu unha representación política da Corporación do Carballiño encabezada polo seu Alcalde Argimiro Marnotes.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS