27, Outubro 2011

Os socialistas de Leiro lamentan a actitude do alcalde que por non aprobar unha moción socialista mantén o perigo que constitúen uns badéns que incumpren a normativa vixente no pobo de Gomariz. O presidente da agrupación, Ángel Sanmarful, explica que o propio alcalde aceptou no pleno que estos badéns non son axeitados, xa que de feito se comprometeu a pedir un informe técnico.

 “Non confiamos na súa palabra porque outras veces comprometeu actuacións que logo non cumpriu, pero neste caso estamos a falar da seguridade viaria dos vehículos  que pasan por alí, e de aí a importancia deste tema”, explica. Os badéns constitúen un risco permanente para os veciños porque alongan a distancia de frenado incluso máis do dobre, o vehículo salta e o ABS se dispara, e que rompen o carter e outras pezas do coche ao chocar co propio badén ou ao “aterrizar”, e mesmo provocar saídas de vías. Algo que en moitas ocasións xa ocasionou contiosas multas noutros concellos.

Os socialistas expuxeron no pleno outras alternativas como arañar a calzada con trazos transversais de 1 cm de ancho e alto, o que aumenta o ruído da rodadura, e permiten frear mellor incluso con auga. Ademais, os socialistas aclaran que aínda que a instalacións de badéns é competencia municipal, as características técnicas dos mesmos son competencia estatal, e teñen que cumprir a normativa vixente, cousa que non ocorre no caso que nos ocupa.

 A xuízo dos socialistas o cinismo do PP chega ao extremo de que no propio pleno dixeron que se a moción só puxera “adecuar” e non “demoler” os badéns, entón votarían a favor da moción. “O que está claro é que se así fora, a noticia sería que votaron a favor unha moción socialista, algo nunca visto e que non sei se teremos oportunidade de ver”, conclúe.

26, Outubro 2011

O sábado 29 en horarios de mañá e tarde, e o domingo 30 en xornada matinal, a praza do concello do Irixo e o circuíto de trial da Pedriña, situado a carón da estrada O Carballiño-Lalíin, acollerán a última e decisiva proba do campionato galego de trial 4X4. A actividade conta coa colaboración do Concello do Irixo, o Alcalde Manuel Penedo invitaba nos micrófonos de COPE "a toda a xente para que visite o concello do Irixo, para ver este espectáculo e tamén para darse unha volta polo Irixo, onde temos bós restaurantes, bonitas paisaxes, e sobre todo, boa xente". Pola súa parte, o 1º Tenente de Alcalde, Lito Cerdeira destacaba "a continuada aposta que desde o concello do Irixo facemos en favor da promoción do deporte, con actividades como ésta do trial ou o espectáculo das motos que logo terémos e que traen moita xente atá O Irixo, e tamén co apoio que prestamos a outras actividades, como o fútbol de veteranos, o fútbol-sala, o cachibol ou a festa do cabalo".

Pola súa parte, o organizador da proba, Raúl López, comentaba que esperan a participación de unhos 20 vehículos, entre os que evidentemente se atopan os que teñen posibilidades de ganar o campionato, entre os que estarán os 2 pilotos do Irixo, o propio Raúl López e Javier González. O circuíto da Pedriña foi especialmente acondicionado para a ocasión, e ofrecerá varias novidades nas distintas zonas nas que se desenvolverá o recorrido desta emocionante competición.

25, Outubro 2011

O Presidente da Asociación "Adro Novo" amosou a súa satisfacción polos cámbeos introducidos no proxecto para o entorno da Veracruz porque están máis en consonancia coa obra de Palacios e coa esencia carballiñesa fronte "aquél proxecto que se nos presentou fai ano e medio, o intervencionismo non é cousa boa si é agresivo, con grandes muros, esas angulosidades, o excesivo arbolado que estaba previsto, o Espíritu Santo que levamos dentro dínos que eso non está ben, a veces incluso sen estar moi formados culturalmente".

Felipe-Senén López Gómez preside esta asociación creada a partir das movilizacións cidadáns contra aquél proxecto que posteriormente resultou paralizado tras as masivas protestas e a oposición veciñal e do Bispado, que impedíu a continuidade das obras tal como estaban contempladas na zona da súa propiedade, na parte sur do templo. O historiador e experto na obra de Palacios e a Veracruz suliñou unha e outra vez a importancia dos cámbeos feitos no proxecto porque "o que se pedia era evitar todo ese intervencionismo feroz, que falase o propio templo, e o fin e o cabo parece que é o que vai indo para diante, agora preocúpame especialmente as rúas, que deben estar dentro da política semi-peonil e de tráfico lento, porque é unha gran área para convivir, a praza que o Carballiño necesita para os grandes eventos, encontros, festas..", desta maneira referíuse tamén a orixe do Carballiño "que nace como un Carrefour, que é un econtro de camiños, donde nace a feira, a romeria, e se eso desaparece, O Carballiño quedaría sen ese punto de encontro, perdería a súa propia esencia, ese gran espazo onde expresarse, porque a praza do Concello xa quedou insuficiente, e eso xa o contemplaba Palacios, un espazo reconvertible en calquera momento, e o que se vai facer agora está máis preto desto que aquelo que se ía facer ó principio", manifestou.

 Noutro momento da súa intervención radiofónica, e tras referirse á Veracruz como "unha suma teolóxica da arquitectura galega", Felipe Senén recordou que "neste colectivo que se empeñaron en que eu presidise, tratamos de estar sempre da parte dos que o fin e o cabo coñecen o templo mellor ca ninguén, porque foron eles quenes o construiron despois de morto Antonio Palacios, que é a familia Otero", dixo.

 

24, Outubro 2011

O grupo municipal do Partido Popular de Maside pedirá explicacións ao Alcalde Celso Fernández no próximo pleno que celebre a corporación masidá sobre o gasto en teléfono, que ascendeu durante o último ano a 21.600 euros, o que representa unha media mensual de 1.800 euros, unha cantidade que o Partido Popular considera excesiva para o concello de Maside. O seu portavoz, Casimiro Campo adaintou que na próxima convocatoria plenaria demandará información sobre este asunto "espero que poidan explicarmo, queremos saber que concellais teñen teléfono móbil porque é unha cantidade que consideramos moi elevada para o que é o concello de Maside".

 O voceiro da oposición municipal foi máis alá, e noutro momento da súa intervención radiofónica afirmou "aquí non se perdona un céntimo, levamos 4 anos predicando que en Maside non se cobra, que estamos por amor ó arte e resulta que aquí non se perdona ún céntimo". En referencia aos concelleiros socialistas do grupo de goberno de Maside engadíu "atopámonos con resolucións da Alcaldia e con 6 talóns a cada concelleiro do grupo de goberno en concepto de dietas por desplazamentos, con distintas cantidades, unhas de mil, outra de mil quinientos, e otras asi, a min paréceme correcto que o Alcalde cobre unhas dietas para ir onde necestie, igual que tamèn vou eu e non cobro nada, pero non me parece ben que se diga unha cousa e logo nos atopemos con esto, non me parece de recibo que se diga que non se cobra nada cando por dietas están cobrando un diñeiro, e resulta que cando nós cando estabamos no goberno cobrábase unhos 700 euros ó ano, en tempos de bonanza, e decíasenos que era un roubo", enfatizou.

Finalmente, Casimiro Campo manifestou que "non sei a onde serán esos desplazamentos, igual é para ir á festa do chuletón a Garbás ou o magosto de Santa Comba, ahí tamén vou eu e nunca se me ocurriría pasar unha dieta ó concello, o que non pode ser é que a 5 concellais do Partido Popular se nos despache con un talón unificado para os 5 de 154 euros ó ano, mentres eles cobrarn o que cobran, eso é pisarnos, porque´nós tamén representamos ó pobo de Maside", suliñou.

23, Outubro 2011

Victoria ante a A.D. Covadonga nunha tarde de chuvia, incluso intensa por momentos, e no municipal de Espiñedo a mellor entrada nas gradas do que vai de tempada, notandose unha nutrida presenza de seguidores do equipo visitante que, malia a derrota, en ningún momento deixaron de animar aos seus. A chuvvia puxo o campo moi rápido para a circulación do balón, aínda que o céspede presentou un aspécto aceptable atá o final.

O partido tivo dúas partes nítidamente diferenciadas, unha para cada equipo. O Arenteiro presentabase cunha dianteira inédita na liga debido as baixas de Iglesias, por sancíón, e de Alén, lesionado, sen embargo, os verdes conseguirían encarrilar pronto o partido, na primeira media hora . No minuto 16 Pablo Dabarca cabecea un saque de esquina e logra o primeiro gol da tarde para o Arenteiro, tan so unhos minutos despois, no 22, Gele fai o segundo ao aporveitar un centro que lle chegou desde a dereita e  desde o borde da área grande e tal como lle viña envia o balón pola escadra da portería visitante, un gran gol moi aplaudido pola afección local. E aínda non se cumplira a media hora de partido, no minuto 28, outra bonita combinación dos verdes é culminada por Carlos escudero cun centro-chut desde a banda dereita que, coa axuda do vento, colase na portería da AD. Covadonga.

Xa na reaunadación, os visitantes tomaron o mando no xogo, sobre todo a partir do minuto 56 tras a expulsión de Pablo Dabarca, por doble cartón amarelo. Desde ese momento a A.D. Covadonga convirtese en claro dominador do encontro, pero non consigue materializar con éxito ningunha das súas numerosas aproximacións á portería de Pachi, nin xiquera de Penalti cometido polo defensor local Igor, xa que Dacosta enviaría o balón ao longueiro. Aínda asi, o Arenteiro aínda tería unha clarísima ocasión para ampliar a súa victoria, tras un mal entendemento entre o porteiro e a defensa visitante, Canexón atopouse cun balón e o seu tiro, a porta valeira, pegou nun defensor e foise fora. Cos 3 puntos logrados esta tarde, o Arenteiro recupera o liderato na táboa de clasificación, desbancando precisamente dese posto á A.D. Covadonga.

RESULTADOS DA 8ª XORNADA

J8 Ponte Ourense SAD 0 - 1 UP Taboadela
J8 CD Allariz 3 - 1 AT Villarino
J8 CF Monterrey 3 - 4 CD Velle
J8 CF Cortegada 0 - 3 SD Nogueira Ramuin
J8 Poligono San Ciprian 3 - 1 A Peroxa CF
J8 CD Maceda 2 - 4 CD Ramiranes
J8 SD Melias 1 - 0 SD Valenza
J8 CD Arenteiro 3 - 0 AD Covadonga

CLASIFICACIÓN

Pos Equipo Ptos Ju Ga Em Pe Gf Gc
1 CD Arenteiro 19 8 6 1 1 15 6
2 UP Taboadela 17 8 5 2 1 14 6
3 AD Covadonga 16 8 5 1 2 21 14
4 CD Ramiranes 16 8 5 1 2 16 9
5 SD Nogueira Ramuin 15 8 4 3 1 15 8
6 CD Velle 15 8 4 3 1 14 12
7 CD Allariz 14 8 4 2 2 14 8
8 A Peroxa CF 13 8 4 1 3 16 10
9 SD Valenza 12 8 3 3 2 8 5
10 Ponte Ourense SAD 12 8 3 3 2 12 10
11 SD Melias 8 8 2 2 4 9 8
12 CF Monterrey 8 8 2 2 4 13 22
13 Poligono San Ciprian 7 8 1 4 3 9 10
14 UD Barbadas B 7 8 2 1 5 7 13
15 AT Villarino 5 8 1 2 5 9 18
16 CF Cortegada 5 8 1 2 5 8 17
17 Maside CF 5 8 1 2 5 8 18
18 CD Maceda 3 8 0 3 5 7 21


 

21, Outubro 2011

    El Ayuntamiento de Avión, en colaboración con la Fundación Avión, en su apuesta por el fomento y uso de las nuevas tecnologías entre toda su población, convoca nuevamente diversos cursos de informática.

CURSOS BÁSICOS, para personas con ningún o escasos conocimientos informáticos:

- Curso de Iniciación a Internet (para aprender a navegar por la red)

- Curso de Iniciación al Correo Electrónico (para aprender a enviar y recibir e-mails)

- Curso de Iniciación al Word (para aprender las directrices básicas de este programa, redactar textos etc)

CURSOS ESPECÍFICOS, para personas con conocimientos informáticos ya adquiridos con el fin de aprender, recordar o practicar con aplicaciones más avanzadas:

- Curso de Word (manejo avanzado de este procesador de textos)

- Curso de Excel (manejo avanzado de hojas de cálculo)

- Curso de Autocad 3D (manejo de diseño gráfico asistido por ordenador, siendo uno de los más extendidos)

    Todos estos cursos son totalmente gratuitos y se impartirán en grupos reducidos, con un máximo de 15 alumnos por turno para pdoer ofrecer una atención personalizada a cada uno de ellos, con horario a convenir entre los asistentes. Los interesados sólo deberán cubrir un formulario que les será facilitado en el Ayuntamiento, Biblioteca Municipal o en la sede Fundación Avión, en la 1ª Planta de la Casa Roja.

    El plazo para inscribirse finaliza el próximo día 11 de Noviembre. En caso de haber más solicitantes que plazas disponibles la selección se hará por riguroso orden de presentación de instancias, teniendo preferencia aquellos que nunca asistieron a los cursos presentados en anteriores ediciones

20, Outubro 2011

Este venres 21 de outubro comenzan as Xociviga Animación, centradas no cine de animación e na banda deseñada, co debuxante galego David Rubín como un dos protagonistas destacados.  As proxeccións comenzarán  ás 18:00 horas, tanto na Casa da Cultura, cunha escolma de traballos do Festival de cine de animación de Barcelona, Xinacittà, como no Auditorio Municipal, coa proxección de Corto Maltés, a película, un clásico da animación baseado nunha historia do famoso persoaxe creado polo debuxante Hugo Pratt. As 20:00 horas presentaranse no auditorio os traballos premiados no Anirmau, festival internacional de cine de animación do IES Manuel Aller, que se está a convertir nun referente no panorama estatal de cine de animación. Pola noite, ás 23:00 horas, proxectarase Vals con Bashir, considerada por moitos críticos como unha obra maestra.

     O  sábado será un día cheo de cine e actividades, que comenzarán ás 12:00 da mañá coa firma de libros por parte de David Rubín na libraría Escolma. Pola tarde, ás 18:00 horas, presentará no Auditorio co director Marcos Nine o documental Radiografía de un escritor de tebeos, que trata de analizar e profundizar nas claves da súa obra, de recoñecido prestixio tanto dentro como fora das nosas fronteiras.  Tamén se fará a inauguración dunha exposción da súa obra máis recente que se poderá ver na sala de exposicións do auditorio, onde se proxectará ás 23:00 horas a película franco-iraní Persépolis, baseada no coñecido cómic de Marjane Satrapi. As 16:00 horas haberá unha sesión de curtas de animación adicada ao público infantil, a cargo de Cinemas dixitais, que se repetirá o domingo co mesmo horario. Ás 20:00 horas repetirase Vals con Bashir.

     Na casa da Cultura terá lugar ás 18:00 horas a presentación do curso de  banda deseñada e outro de cine de animación, coa exhibición de traballos realizados por escolares de diferentes centros educativos de Galicia. 

     O domingo a actividade estrela será a película Arrugas. A cinta foi presentada no pasado festival de cine de San Sebastián, onde obtivo unha moi boa acollida entre o público e a crítica especializada. O seu estreo comercial será no 2012, e no Carballiño poderase ver unha parte da película, que será comentada polo seu equipo técnico, que explicará os pormenores da súa realización. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura. As proxeccións continuaran este día tanto na Casa da Cultura como no Auditorio Municipal.

     Aparte da expoción de David Rubín, no auditorio poderase ver outra exposición de banda deseñada do colectivo Polaquia e unha exposicion de cómics e novela gráfica.

19, Outubro 2011

Principio de acordo entre o equipo de goberno do Concello, Bispado e a Asociación Adro Novo,  tras varias reunións chegouse a "un punto de encontro", asi o definíu o Alcalde do Carballiño ao anunciar que se abre agora un periodo no que tamén se escoitarán outras opinións, coma as dos grupos da oposición municipal ou o resto dos veciños que se viñeron involucrando neste proceso que, trala presión veciñal e a oposición do Bispado, motivaron a paralización do proxecto que inicialmente fora aprobado tanto polo concello como pola Xunta de Galicia.

Do polémico proxecto desaparecen todos os muros de formigón, que tanto rexeitamento provocaran, e tamén se suprimen en relación ao proxecto inicial a masa arborea de gran altura e as planchas de formigón que estaban previstas para o chan. No seu lugar, crearáse unha gran zona axardinada, según Marnotes, a solución dada "suprimirá os muros de formigón e todo se resolverá con taludes vexetais, a idea é crear un gran xardín no entorno da Veracruz", apuntou.

O Alcade, e mailo concelleiro de obras e urbanismo, Magín Daparte, tamén avanzaron que no proxecto que agora se remitirá á Xunta de Galicia, introduciránse cámbeos siñificativos nos dous viais que estaban contemplados. En relación á rúa de nova apertura que enlazará a praza de San Ramón con Evaristo Vaamonde, manteráse o seu trazado "porque asi aparece no PXOM" pero terá dous tramos diferenciados, o primeiro aberto ao tráfico rodado pero dunha única dirección, e o segundo terá carácter peonil para "desta maneira unir as dúas partes verdes da praza", explicacaron os responsables municipais. En canto a rúa dos Canteiros "correxiuse a alineación que aparecía no primeiro proxecto, e en vez de ir recto faráse cunha pequena curva para salvar o cerre de pedra xa existente".

18, Outubro 2011

A entrada en funcionamento desde esta semana de novos múltiplex instalados no centro reemisor de Lebosende, no concello de Leiro, permitirá a mellora da oferta televisisa a centos de veciños de distintas parroquias dos concellos de Leiro, O Carballiño e San Amaro, e incluso de outros concellos limítrofes que reciben o sinal televisivo desde este centro reemisor. Calcúlase que aproximadamente unhos 1.800 veciños poden sintonizar xa estas novas canles, como Teledeporte, Marca TV, Nitro, 13 TV e os diversos programas en alta definición da Sexta e Antena 3, entre outras.

Para asegurarse de que a recepción é a correcta, as persoas interesadas deben chamar ao teléfono 981 572 154. Para sintonizar a televisión en alta definición, evidentemente deberán contar cun sintonizador en HD. Esta mellora técnica forma parte do plan de homoxenización da TDT, da Xunta de Galicia.

16, Outubro 2011

A maior parte dos edificios e instalacións municipais carecen de seguro para o "continente e o contido". Os responsables do equipo de goberno do Partido Popular solicitaron semanas atrás aos servizos administrativos do concello unha copia das pólizas que ten contratadas o concello do Carballiño e atopáronse con esta sorpresa.

As únicas pólizas de seguro existentes son as que foron contratadas para as pallozas do camping muncipal e os seguros obrigatorios de responsabilidade civil e dos vehículos dos que o concello é o seu titular. A preguntas desta emisora de radio asi o confirmaba o Alcalde Argimiro Marnotes "atopámonos con que non temos nin seguro de roubo nin tampouco de incendio para a practica totalidade dos edificios públicos municipais, é unha cousa grave e moi seria coa que nos encontramos e que estamos tratando de solucionar ". Nesta situación, atópase a propia casa do concello, e tamén outras edificicacións, como o auditorio ou a casa da cultura.

Tampouco contan con ningunha cobertura o resto das instalacións municipais, agás a nave-almacén municipal sita á entrada do polígono industrial da Uceira, que foi reconstruída tralo incendio que a destruíra no ano 2007, daquéla o concello non tivera ningún tipo de indemnización ao carecer a insfraestructura de póliza algunha. Unha achega económica de 600.000 euros da Xunta de Galicia fixera posible a súa construcción.

O grupo municpal de goberno do Partido Popular xa encargou a redacción dun informe de todas a propiedades muncipais, coa intención de solicicitar posteriormente propostas ás distintas compañías aseguradoras para correxir esta deficiencia.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS