12, Outubro 2011

O proxecto industrial que Cepsa instalará en terreos da antiga estación de ferrocarril de Maside, nas inmediacións da localidade da Touza "conta xa con todos os permisos que a regulamentación esixe, só falta un documento de urbanismo, que según me explicaon están a punto de lles entregar", asi o asegurou o Alcalde de Maside, Celso Fernández.

O proxecto, para o que Cepsa tramitou licenza municipal no pasado mes de marzo, consistirá na instalación dunha planta de envasado de gas licuado e do mesmo o Alcalde salientou que "creará postos de traballo tanto directos como indirectos, e ademáis quere decir que se abre unha ventá moi interesante porque se empresas como Cepsa tan importantes neste sector extratéxico veñen a Maside, pode ser unha oportunidade para que novas empresas pensen en Maside, e por ahí estamos traballando".

Celso Fernández desvelou no transcurso desta entrevista en COPE que as negociacións coa multinacional para que ubicase esta planta en Maside comezaron fai dous anos atrás "tratouse de levar como todas as cousas que poden ter moitas noivas, cando soubemos de esta posibilidade puxemonos en contacto con xente vencellada a esa actividade, e xa cando a idea calla e cando o facemos público, mentres mantivemolo calado".

PXOM E IGREXA DE SANTA COMBA

En relación o proceso de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o rexidor informou que nas últimas semanas mantiveronse dúas reunións có equipo redactor e que a idea e axilizar os traballos, de tal maneira que próximamente poida presentarse á veciñanza un adianto inicial do futuro regulamento urbanístico.

Finalmente, o Alcalde masidao confirmou que desde a pasada semana retomaronse as obras de restauración na igrexa parroquial de Santa Comba do Treboedo, tras o reformado do proxecto por parte de Patrimonio, que mantivo preto dun ano esta obra paralizada, agora as previsións "son a que esta actuación se faga en aproximadamente dous meses, asi que ahí a finais de novembro debería estar rematada", dixo.

11, Outubro 2011

O Pleno da Entidade Menor de Berán ven de acordar personarse como parte no recurso contencioso presentado por un particular contra a concesión e explotación das augas termais e o perímetro de protección do balneario da localidade. O Veciño que promove este recurso, o mesmo que xa pleiteou contra o concello pola expropiación dos terreos nos que se abríu o camiño de acceso ao novo balneario, entende que tén dereitos en relación a estas augas termais.

O Vocal Socialista na Entidade Menor, Tomás Lorenzo Fariña declarou no programa "Asi son as mañás de Cope" que "unha vez máis ponse de manifesto o que vimos decindo desde o PSOE, que o retraso na apertura do novo balneario non é culpa nosa, senón de quen leva facendo tan mal as cousas, díxosenos sempre  que este problema coa declaración das augas estaba solucionado, asi que agora a Entidade fai o que ten que facer, que é defender a propiedade das augas". Lorenzo Fariña cree que "hai poucas posiblidades de que o contencioso poida prosperar, pero a Entidade ten que facer ben as cousas para que dunha vez por todas poida abrirse o novo balneario".

10, Outubro 2011

O proceso de implantación da ORA nas rúas carballiñesas, un proxecto que deixou en marcha o anterior goberno socialista, atópase agora mesmo nun estado de indefinición, aínda que o Partido Popular mantén de momento a súa intención de deixar en suspenso esta iniciativa promovida polo Ex-Concelleiro Socialista José Antonio Barge. Ao concurso público convocado polo concello carballiñés durante o pasado mandato municipal presentaranse dúas empresas, unha delas foi excluída pola mesa de contratación, aínda que deixou sen resolver a adxudicación a única emprea que polo tanto opta a facerse con esta concesión para a explotación da ORA.

O Alcalde do Carballiño manifestou sobre este asunto a intención do goberno do Partido Popular de paralizar a implantación da ORA aínda que está pendiente dun informe xurídico para tomar unha decisión definitiva "a secretaria ten feito unha consulta externa para ver se é ractificable a súa opinión, ela é da idea de que a empresa tería que ser indemnizada, se esto é asi e se afirma, o grupo de goberno paralizaría a ORA", máis adiante Marnotes engadíu "pero mentres o Alcalde e o equipo de goberno non teñan a certeza de que eso é asi, o que non estamos e en disposición de meter o concello noutro pleito máis e ter a posiblidade de perdelo, non queremos meter a pata", remarcou o rexidor municipal.

9, Outubro 2011

Xornada redonda para os dous representantes do fútbol comarcal na 1ª autonómica. O Arenteiro lograba unha traballada victoria no campo do Melias con goles de Iglesias e Dabarca, mentres que os masidaos conseguian no Outeiro Grande ganar o primeiro partido da liga ante o Taboadela. No campo de terra e reducidas dimensións da Abelleira de Melias, e noutra tarde de bastante calor, o Arenteiro foi xusto vencedor do partido, aínda que nos últimos minutos os locais dispuxeron de dúas claras ocasións para alomenos empatar o encontro. Os carballiñeses poideron resolver o partido moito antes, atá en catro ocasións os postes e o longueiro impediron que o Arenteiro tomase unha clara ventaxe no marcador tralo primeiro gol de Iglesias, que aproveitandose dun balón largo á area enviado por Viñas,  vaise de dous defensores locais, fai un magnífico control co pé e cruza ao fondo da portería do Melias. Os locais empatarían máis tarde grazas a un dubidoso penalti que transformou para o Melias Mazorra. E tería que ser a balón parado, xa na segunda parte, cando o Arenteiro consiguise desnivelar o marcador, desde unhos 30 metros Dabarca lanzou un "zambonbazo" que se colou na porteria local, malia que o cancerbeiro Aarón chegou a tocar o balón, non foi suficiente para impedir o que sería o gol da victoria dos carballiñeses.  O próximo partido de liga para o Arenteiro será tamén a domicilio, visitando ao Taboadela, antes o mércores 12 enfrontaráse ao Barbadás da preferente en Espiñedo,  na eliminatoria a partido único da Copa Deputación.

Mentres, o Maside lograba unha meritoria victoria ante o Taboadela, equipo que chegaba ao Outeiro Grande como co-lider da categoria. Os masidaos consiguen asi o primeiro triunfo da competición ligueira.

RESULTADOS DA 6ª XORNADA

J6 Maside CF 1 - 0 UP Taboadela
J6 Ponte Ourense SAD 1 - 1 AT Villarino
J6 CD Allariz 0 - 1 SD Nogueira Ramuin
J6 CF Monterrey 2 - 1 A Peroxa CF
J6 CF Cortegada 0 - 1 CD Ramiranes
J6 Poligono San Ciprian 1 - 1 SD Valenza
J6 CD Maceda 1 - 5 AD Covadonga
J6 SD Melias 1 - 2 CD Arenteiro

CLASIFICACIÓN

Pos Equipo Ptos Ju Ga Em Pe Gf Gc
1 CD Arenteiro 16 6 5 1 0 12 3
2 AD Covadonga 13 6 4 1 1 20 11
3 SD Nogueira Ramuin 12 6 3 3 0 11 6
4 CD Velle 12 6 3 3 0 9 5
5 UP Taboadela 11 6 3 2 1 10 6
6 A Peroxa CF 10 6 3 1 2 11 6
7 SD Valenza 9 6 2 3 1 6 4
8 Ponte Ourense SAD 9 6 2 3 1 7 8
9 CD Ramiranes 8 6 2 2 2 9 6
10 CD Allariz 8 6 2 2 2 7 6
11 CF Cortegada 6 6 1 3 2 7 9
12 SD Melias 5 6 1 2 3 8 7
13 Maside CF 5 6 1 2 3 6 10
14 CF Monterrey 5 6 1 2 3 8 17
15 Poligono San Ciprian 4 6 0 4 2 5 7
16 UD Barbadas B 4 6 1 1 4 4 11
17 CD Maceda 3 6 0 3 3 5 15
18 AT Villarino 2 6 0 2 4 7 15

 

 

8, Outubro 2011

Unha inrformación errónea difundida onte,  e recollida posteriormente por medios escritos, según a cal tería falecido unha das victimas do accidente de tráfico ocurrido na estrada entre O Carballiño e O Irixo, xerou confusión entre a veciñanza do Irixo e levou a varias persoas a achegarse atá Parada de Labiote, localidade onde residen as 3 persoas que viaxaban no vehículo sinistrado, coa intención de dar o pésame á familia de José Antonio Diéguez..

 Sen embargo a súa sorpresa foi grande o saber que se trataba dun erro e que este veciño, o conductor do vehículo, atópase con vida ingresado no complexo hospitalario de Ourense, onde permanece en observación e evoluciona favorablemente das feridas sufridas tralo percance automovilístico. Presenta outros problemas de saúde, que nada teñen que ver có accidente. Tamén están desde onte nas súas vivendas en Parada de Labiote as outras dúas persoas que viaxaban no vehículo accidentado,  que se saíu da estrada por causas que están ainda por determinar.

7, Outubro 2011

O portavoz do Partido Popular considera que a intervención de Carlos Montes a través desta emisora de radio supuxo un dano para o concello "porque moita xente escoitou a entrevista, na que se dí que nadamos na abundancia, que temos un montón de cartos, e pregúntase logo por qué non cobran as súas facturas".

Martín Nogueira entende que foi unha osadía a intervención radiofónica do Ex-Alcalde Carlos Montes "eso sí que foi crear alarma social, a xente preguntase entón se había cartos como afirmou cómo é que non se lle pagou, cando vou a un sitio ademáis do saúdo salgo cunha factura que se debe, hoxe mesmo en Ourense atópome pola calle unha persoa que coñezo, propietario dunha imprenta, invítame a pasar pola súa oficina, e faime entrega de facturas que lle debe o concello do Carballiño por importe de 4.000 euros, datadas entre os anos 1999 e 2003", suliñou.

O portavoz do grupo municipal de goberno do concello carballiñés insiste en que "nós referímonos sempre a facturas recoñecidas en intervención, e a partir de ahí poden decir o que queiran, nós temos o compromiso de informar a toda a cidadanía do Carballiño da situación económica do concello". Nogueira tampouco entende como Montes pudo afirmar que tán só chegaran a deberse como máximo 1,8 miilóns aos proveedores " como pode falar que solo se debian  1,8 miilóns cando se sumamos as facturas a Fenosa e a unha empresa de autocares, e algunha máis, xa chegamos a esa cantidade", asegurou.

6, Outubro 2011

A Portavoz de "Move Boborás" afirmou sentirse sorprendida "despois de escoitar a  moitos veciños que nos fixeron saber que solicitaron copia do plan e no concello estanllo negando". O documento que regula a ordenación urbanística no municipio de Boborás ven de ser aprobado definitivamente por parte da Xunta de Galicia, trala súa publicación o pasado venres dia 30 de setembro no Diario Oficial de Galicia. Eva Pardo asegura que "por lei calquera veciño ten dereito a unha copia do PXOM, tanto durante o seu tempo de tramitación como unha vez aprobado", polo que a concelleira sospeita "que o motivo polo que non queren entregarlle as copias é que cando viron a aprobación inicial a súa casa quedaba en solo urbanizable e agora xa non está, xa que se recudiron as zonas de solo urbanizable".

Pardo tamén criticou outros aspéctos do PXOM, como o lugar elexido para fixar o solo empresarial "xa que se trata dunha zona na Almuzara con moitos propietarios, o que dificultará moito calquera proceso de expropiación", para "Move Boborás" houbera sido máis viable fixar esa ubicación en calquera das comunidades de montes do municipio, entre as que se localizan a carón das principais vias de comunicación, "os puntos fortes dos que fala Cipriano son os puntos maís débiles deste plan, ademáis de deixar a moitos veciños coas súas casas ilegais, tamén foi un desacerto comprar unha finca que valeu 21 millóns de pesetas e resulta que ao ser unha carballeira solo se pudo fixar unha parte como urbanizable".

A representante da oposición municipal tamén se referíu ao retraso de " 7 anos que se tardou en aprobar o plan", un retraso do que culpou ao rexidor municipal "pola súa falla de xestión, estivemos 7 anos sen poder pedir unha licenza de obra". Finalmente, Eva Pardo manifestou que "o que está contento con este plan é o Alcalde, porque pudo legalizar a súa casa".

4, Outubro 2011

A famosa réplica que reproduce a copa do mundo ganada pola selección española de fútbol estará esta fin de semana no salón de actos da casa do concello do Carballiño. Todas as persoas que desexen facerse unha fotografia poderán achegarse atá a casa do concello o sábado dia 8 desde as 6 da tarde ás 9 da noite, asi como o domingo pola tarde.

4, Outubro 2011

O vindeiro domingo dia 9 as españolas enfrontaránse a selección de Rusia no pavillón Paco Chao en partido preparatorio para o campionato do mundo, ás 12 de mañá e con entrada de balde. Durante esta semana, a selección española concentraráse no Apartohel Arenteiro, 26 persoas integran o grupo que se desplaza atá O Carballiño.  A selección rusa chegará o sábado.

A estadia foi negociada polo Alcalde Argimiro Marnotes, que salientou esta iniciativa "polo que siñificará para o promoción do Carballiño". O Concelleiro de deportes, Rodrigo González, fixo referencia " aos beneficios económicos que para a hostelería e hotelería local reportará esta concentración e partido da selección española". Dos 23.000 euros de coste que tén a estadia ds seleccións e a organización do partido do domingo, ao concello carballiñés corresponde aportar 3.000 euros.

4, Outubro 2011

Catro meses despois de tomar posesión como concelleira do grupo socialista en Piñor, Rosa Mary Lorenzo Alubias presentou a súa dimisión de todos os cargos que viña ocupando desde o inicio deste mandato municipal, ademáis de 1ª Tenente de Alcalde de Piñor, tamén exercía como concelleira-delegada de benestar social, sanidade e traballo, asi como de igualdade, xuventude, cultura e participación cidadán.

A renuncia da Tenente Alcalde deuse a coñecer na sesión plenaria que ven de celebarar a Corporación Municipal de Piñor, e na que o Alcalde Francisco Fraga limitouse a agradecer a dedicación da concelleira á vida municipal e anunciou a súa renuncia recurrindo ao tópico "por motivos personais". Non é a primeira dimisión inesperada que se produce nos últimos meses no grupo de goberno socialista do Concello de Piñor, xa que unhas semanas antes de rematar o anterior mandato municipal presentara a súa renuncia Alberto Pousa, que daquéla exercía tamén como Tenente Alcalde. Agora, cando se cumplen catro meses desde a toma de posesión deixa o concello a nº 2 do grupo socialista. 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS