26, Setembro 2011

O Concelleiro de Facenda do Carballiño, Emilio Carballeda, asegurou hoxe que a débeda que ten contraida o Concello do Carballiño cos bancos ascende a 3,9 millóns de euros, asi o desvelou no transcurso dunha entrevista nesta emisora de radio "alguén decía que tiñamos que ensinar as facturas, pois están todas recoñecidas por intervención, son facturas aprobadas e suman 11,5 millóns de euros, pero o Alcalde quedouse corto, porque non dixo o que se lle debía aos bancos, a dia de hoxe son 3.910.000 euros".

Carballeda detallou que se trata de operacións crediticias a longo prazo, nalgunhos casos a 20 anos "que supón unha amortización constante para o concello", tamén aclarou que a situación económica e financiera do concello do carballiño "comezou a acelerarse a partir do ano 2.000, é entón cando comezan a pedirse préstamos a 20 anos, que non sabemos quén acabará de pagalos". O Concelleiro de facenda ratificou que as facturas sen pagar por importe de 11,5 millóns de euros remontanse aos últimos 20 anos, xa que "no ano 1991 as facturas que había pendientes de pago sumaban 14.447 euros".

Emilio Carballeda amosou a súa sopresa ante as manifestacións dos socialistas, tras afirmar por medio do concelleiro Manolo Dacal que deixaran un remanente de tesoureiría de preto de 2 millóns de euros, o concelleiro do Partido Popular preguntouse entón por qué non se pagaron facturas, e tamén "por qué motivo o dia 25 de maio -3 dias despois das elección municipais- se aprobou unha operación a corto prazo por importe de 1,2 miilóns de euros que vence o dia 31 de decembro de este ano, cando todos sabemos que foi para pagar as nóminas de maio, seguridade social e atender pagos urxentes". O responsable da facenda municipal carballiñesa manifestou que "o único que nos atopamos foi diñeiro virtual e cobros sen facer".

En relación a débeda con Unión Fenosa e Gas Natural, Carballeda desvelou que nos últimos dias chegouse a un acordo con ambas empresas para o pago da débeda que o concello mantén coas mesmas e por un importe a dia de hoxe por enriba dos 500.000 euros " faráse o pago coa factura mensual, e durante os 2 próximos anos, ese foi o acordo o que chegamos". En canto a débeda a Aquagest, o concelleiro dixo que "é certo que non solo nos lle debemos, xa que diñeiro que ingresou o concello e debía ser para Aquagest, destinouse nos últimos anos a outros fines, pero tamén é certo que a súa vez Aquagest tamén lle debe ao Concello, eso todo hai que aclaralo agora coa auditoria que se está facendo".

Tanto o Concelleiro de Facenda como o Portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Martín Nogueira, que participou con Carballeda nesta intervención radiofónica, recalcaron "que de ningunha maneira se trata de alarmar á poboación como se nos acusou, senón de cumplir co noso programa electoral e contar a todos os veciños cál é a situación na que éstá o Concello do Carballiño, e estámolo cumplindo".

25, Setembro 2011

Un empate a cero goles no campo do Poligono San Cibrao e grazas, porque se algún equipo mereceu ganar o partido foi o Polgono, que se fixo merecedor dos 3 puntos na segunda parte ante un Arenteiro que xogou o pior partido deste ano, fallón outra vez en defensa, cun medio campo inexistente trala sustitución de Luis Vilachá no descanso, e unha dianteira incapaz de crear perigo ante a porteria local. A única ocasión na que os carballiñeses se achegaron con certo perigo á porteria rival foi na primeira parte por medio de Alén, tras irse de dous defensores o seu tiro foise fora por pouco. Se ben no primeiro periodo o Polígono non inquietou a porteria carballiñesa, na segunda parte os locatarios dispuxeron de atá media ducia de ocasións para desnivelar o partido ao seu favor, por trres veces a falta de acerto dos dianteiros e noutras tres as magníficas intervencións de Samuel, esta tarde o mellor do Arenteiro, evitaron a derrota dos carballiñeses. Un mal partido do Arenteiro que en ningún momento soubo adaptarse á dureza do terreo de xogo, de terra, por momentos convertido nunha polvareda e cunha temperatura durante o partido de 30 graos.

O outro representante do fútbol comarcal, o Maside, deixou escapar os 3 puntos no partido xogado no Outeiro Grande ante o Velle, ao perder por 1-2. Con este resultado, e consumidas xa catro xornadas de liga, a situación dos masidaos comeza a complicarse, afundindose nos derradeiros postos da clasificación, en descenso directo á 2ª autonómica. Mentres, o Arenteiro cede o liderato en favor da Peroxa, co que empata a 10 puntos

22, Setembro 2011

Socialistas e nacionalistas coinciden en suliñar que o anuncio feito esta semana polo Alcalde do Carballiño sobre a débeda municipal de 11,5 millóns de euros aos proveedores é unha estratexia do Partido Popular para tapar a súa falla de xestión desde que asumíu o goberno municipal no pasado mes de xuño. Desde o grupo socialista Manolo Dacal asegurou que os socialistas deixaron un remanente de tesoreiria de 2 millóns de euros e que logo demostrarán con rigor e datos que a débeda do Concello é moi inferior á anuncida polo rexidor municipal.Dacal asegurou ademáis que os socialistas colleron un concello cunha carga financieira do 18% e deixarona có 8%.

O concelleiro socialista tamén dixo que antes que a Unión Fenosa debia pagarselle a outros proveedores, que son pequenas empresas de veciños do pobo, e que "o propio Alcalde dixo que o concello tiña máis de 15.000 cobros pendientes, asi que é posible incluso que o saldo final do concello sexa positvo". Dacal considera que o anuncio sobre a débeda aos provedores está causando "unha alarma social" para ocultar a mala xestión municipal dos últimos meses e como exemplo puxo Manolo Dacal as recentes festas dos setembro, que na súa opinión "foron as peores festas do Carballiño dos últimos tempos".

Desde o BNG, a súa Portavoz Aúrea Francisco, tampouco pensa que sexa casual que se faga este anuncio sobre a débeda ao dia seguinte de rematar as festas do setembro "xa que é un clamor  o baixo nivel que tiveron estas festas", afirmou. A concelleira nacionalista entende que foi precipitado por parte do Alcalde facer este tipo de manifestacións cando está en marcha unha auditoria das contas municipais, aínda que restou credibilidade a unha auditoria que "foi contratada a dedo, xa que non houbo ningún tipo de concurso". En todo caso, Aúrea Francisco recordou que  nin durante o último ano e medio de cogoberno co PSOE nin antes nos últimos 20 anos, o BNG tivera ningunha responsabilidade coa xestión económica do concello. En relación coa débeda de 600.000 euros a Unión Fenosa, a concelleira suliñou que "a luz non a levamos para a casa ningún concelleiro ou concelleira, o gasto é de todos os veciños".

21, Setembro 2011

O Concello de Boborás, como ven facendo nos últimos anos, pon a disposición das veciñas e dos veciños un amplo programa de actividades deportivas, culturais e de ocio, co obxecto de mellorar o benestar social dos mesmos e mesmas.

 

Así, este ano as actividades deportivas ofertadas son:

 

·         Ximnasia de mantemento: Para persoas dos 14 anos en adiante. Haberá clases os luns, mércores e venres no pavillón municipal, en horario de 20:15 a 21:15 h, e tamén os luns, mércores e venres no local social de Feás de 18:45 a 19:45 horas.

·         Pilates: Poderán acudir as persoas do 14 anos en adiante. A actividade terá lugar os martes e xoves na Casa do Concello, en horario de de 20:15 a 21:15 horas.

·         Xerontoximnasia: Poden acudir persoas maiores de 14 anos, aínda que está indicado para aquelas que superen os 45 anos. Serán todos os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas no local social de Brués. Esta actividade é a primeira vez que se desenvolve nesta parroquia.

 

En canto ás actividades culturais teremos:

·         Canto tradicional e pandeireta: para persoas maiores de 14 anos. As clases terán lugar todos os venres de 20:00 a 21:30 horas, na Casa do Concello.

·         Gaita, pandeireta e percusión: para persoas de todas as idades, a través da Escola de Gaitas de Boborás. Serán os sábados na Casa do Concello a partir das 20:00 horas.

 

E por último, manualidades: para persoas dos 14 anos en adiante. Esta actividade desenvolverase todos os martes na Casa do Concello en horario 18:00 a 20:00 e como novidade, tamén haberá no local social de Brués os martes de 20:15 a 22:15 horas.

 

AS ACTIVIDADES DARÁN COMENZO A PRIMEIRA SEMANA DE OUTUBRO.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 21 de outubro e para anotarse  é necesario pasar polas oficinas do Concello ou chamar por telefono ao 988402008. O horario de atención ao público é de 8:00 a 14:30 horas.

 

20, Setembro 2011

A comparecencia para facer unha avaliación dos 100 primeiros dias de goberno municipal do Partido Popular foi aproveitada polo Alcalde Argimiro Marnotes para dar a coñecer á débeda que o concello carballiñés mantén cos proveedores, que "son 11,5 millóns de euros que se deben según unha relación de facturas recoñecidas que figura no concello, son facturas que están sen pagar e que se remontan desde o ano 1991 atá o mes de xuño de 2011, non sabemos por qué esto non se fixo público antes, seguro que moitas destas débedas xa prescribiron e moitos dos provedores xa se cansaron de reclamalas, pero tampouco sabemos por qué non se fixeron no seu caso expedientes de prescripción", indicou o rexidor municipal en manifestacións a esta emisora de radio.

Marnotes tamén desvelou que nos dias previos ás festas do setembro "houbo que que negociar con Unión Fenosa e facer un pago de 40.000 euros porque senón tiñamos o risco de non poder encender a iluminación artística das festas", según os datos aportados hoxe a débeda que ten contraida o Concello do Carballiño coa empresa eléctrica ascende a 600.000 euros, e que se corresponde con mensualidades que foron quedando sen pagar por parte do concello durante os últimos 5 anos, ademáis "deixaron sen pagar todo o 2010 e todo 2011 atá xuño", sentenciou.

O Alcalde do Carballiño valorou e mesmo agradeceu "o enorme traballo que todos os concelleiros e concelleiras do Partido Popular realizaron nos 100 primeiros dias de mandato, agora os veciños saben que no concello hai un alcalde que os escoita e recibe a diario, e que trata de resolver os seus probemas, ahí é onde pode verse o cámbeo que votaron o 22 de maio". Marnotes considera que nos tres primeiros meses o Partido Popular xa cumpriu parte importante do seu programa electoral "xa contratamos a auditoria, sempre se nos dixo que non se podia facer porque hipotecaría ao Concello, e ahí está, o problema económico do Concello do Carballiño non é o coste da auditoria que reclamaban os veciños, senón esos 11,5 millóns de euros que se debe aos proveedores ou o que se lle debe aos bancos".

 O Alcalde carballiñés tamén se referíu a outras decisións xa adoptadas nos 100 primeiros dias de goberno municipal, como o convenio coa Deputación que a partir do vindeiro 1 de outubro faráse cargo da xestión do punto limpo e a recollida do lixo ou "a mellora que experimentou nos últimos meses a seguridade cidadán, cunha mellor coordenación das forzas de seguridade que está dando moi bós resultados como creo que están vendo os veciños do Carballiño", indicou.

18, Setembro 2011

O mellor que deixou o partido co Cortegada desde logo que foi o resultado, o 2-0 final no marcador que perimite ao Arenteiro sumar a terceira victoria da liga e seguir no liderato da categoria da 1ª autonómica. Foi un mal partido dos locais que xogaron toda a primeira parte moi despistados, sobre todo en defensa, aínda que a falla de acerto nos últimos metros do Cortegada deixaron os 3 puntos en Espiñedo. Nada máis iniciarse o partido o meta Samuel salvou un man a man cun dianteiro visitante no que pudo adiantarse o Cortegada. O gardameta carballiñés protagonizou a xogada polémica do partido cando se víu obrigado a derrubar a un atancante do Cortegada fora da área, e no que os afeccionados do Ribeiro pedían a vermella para Samuel, sen embargo o árbitro interpretou que o xogador visitante non encaraba a porteria e a xogada non supoñía unha ocasión manifesta de gol, polo que ensinou o cartón amarelo ao meta carballiñés. Antes; Iglesias, moi oportuno igual que o dia do Allariz, aproveitou un balón dentro da área marcar o primeiro gol do Arenteiro.

 Tralo descanso, Dacosto cambeou a insegura defensal local, deixou no vestiario a César e Pana e no seu lugar entraron Viñas e Igor. Foi no tramo final do partido, tras a incorporación no equipo de Canexón, cando o Arenteiro tivo as mellores oportunidades para incrementar a súa aventaxe no marcador, e sería precisamente Canexón quen faría o 2-0 desde un tiro cruzado desde fora da área, minutos antes o propio Canexón protagonizara a mellor xogada do partido, ao canear a dous rivais e enviar un medido centro que ningúen soubo rematar.

RESULTADOS DA 3ª XORNADA

  CD Velle 1 - 0 AT Villarino
  SD Nogueira Ramuin 3 - 1 Maside CF
  A Peroxa CF 4 - 0 Ponte Ourense SAD
  CD Ramiranes 0 - 2 UD Barbadas B
  SD Valenza 0 - 0 CD Allariz
  AD Covadonga 4 - 2 CF Monterrey
  CD Arenteiro 2 - 0 CF Cortegada
  SD Melias 2 - 2 Poligono San Ciprian
  UP Taboadela 1 - 1 CD Maceda

CLASIFICACIÓN 3ª XORNADA

Pos Equipo Ptos Ju Ga Em Pe Gf Gc
1 CD Arenteiro 9 3 3 0 0 8 2
2 A Peroxa CF 7 3 2 1 0 7 1
3 SD Nogueira Ramuin 7 3 2 1 0 7 3
4 AD Covadonga 6 3 2 0 1 10 6
5 Ponte Ourense SAD 6 3 2 0 1 4 5
6 CD Velle 5 3 1 2 0 5 4
7 UP Taboadela 5 3 1 2 0 5 4
8 SD Valenza 4 3 1 1 1 3 2
9 CD Allariz 4 3 1 1 1 3 2
10 CF Cortegada 4 3 1 1 1 4 5
11 CD Maceda 3 3 0 3 0 4 4
12 CD Ramiranes 3 3 1 0 2 2 4
13 UD Barbadas B 3 3 1 0 2 3 7
14 Poligono San Ciprian 2 3 0 2 1 3 4
15 SD Melias 2 3 0 2 1 3 4
16 Maside CF 1 3 0 1 2 1 5
17 CF Monterrey 1 3 0 1 2 4 9
18 AT Villarino 0 3 0 0 3 2 7

 

18, Setembro 2011

As sesións de fogos artificiais volveron ser os acontecementos máis seguidos das festas do setembro. Miles de persoas presenciaron as tiradas de "La Gallega" e "Pirotecnia Abad", ésta última congregou na noite do sábado a unha multitude que disfrutou dunha das sesións de fogo voador máis espectáculares dos últimos anos no Carballiño.

A pirotecnia de Leiro estivo a unha gran altura, pola calidade e cantidade do espectáculo ofrecido, que foi despedido ao seu remate cunha gran ovación por parte do público que abarrotaba a Praza do Emigrante e as rúas máis próximas, no evento máis concurrido das festas deste ano.

Unha explosión de colorido apoderouse do ceo do Carballiño durante 20 minutos, cunha perfecta adaptación e orientación ao entorno da Alameda, sen perder en ningún momento o rítmo e cunha cuidada e moi lograda progresión secuencial "Pirotecnia Abad" puxo en escea un magnífico espectáculo. Ao final, unanimidade, o mellor do programa destas festas do setembro 2011.

17, Setembro 2011

O cámbeo do dia festivo para o 16, en lugar do 17 e o adianto da feira ao 15, este baile de datas e a exclusión do programa das orquestras punteiras do panorama musical galego, son os dous comentarios máis criticos que se veñen escoitando nos últimos dias no Carballiño en relación ao desenvolvemento destas festas do setembro. Polo demáis, o bo tempo está contribuíndo a unha destacada participación popular, sobre todo polas noites, cun extraordinario ambiente de público tanto na avenida do balneario, onde se instalou o parque de atraccións, asi como nas zonas máis céntricas.

O adianto do festivo local ao 16 restou ambiente de público e actividade comercial á feira do dia 15, que resultou un auténtico fiasco para a hostelería e os polbeiros, que nin xiquera venderon a metade dunha feira normal, e "moito menos ca unha feira das festas", desde o comercio, a hostelería e a veciñanza en xeral, escoitáronse a través de esta emisora de radio un aluvión de críticas contra esta decisión adoptada por unanimidade pola anterior corporación municipal o ano pasado. En canto ao programa festivo, os comentarios apuntaban á falla das orquestras de máis renome de Galicia, mentres que outros aspéctos da programación festiva son valorados positivamente, como os eloxios que recibe a iluminación artística instalada nas rúas carballiñesas ou as actividades de animación nocturna, que están obtendo unha gran aceptación.

O Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, destacaba "o gran ambiente que están rexistrando estas festas" e recoñecía e agradecía o traballo que está desenvolvendo a comisión de festas "e aínda máis tendo en conta o orzamento que temos, que todos sabemos cál é".

13, Setembro 2011

O Polifacético artista Moncho Borrajo foi o encargado de pregoar estas festas carballiñesas do setembro, o seu pregón deu paso a cinco xornadas festivas que se prolongarán atá o lúns dia 19, inclusive. O festivo local adiantase este ano ao venres dia 16, de tal maneira que a feira tamén se adianta ao dia anterior, o xoves dia 15.

MÉRCORES DÍA 14:

10:00    Alborada. Bombas de palenque.
10:00    LXVII Concurso de Gando Raza Loura Galega na Uceira.
11:30    Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns.
17:30    Actividades para nenos/as de 3 a 12 anos.
             Previa inscrición na Área de deportes do Concello vos días 12 e 13 de Setembro.
             PONLLE AS PILAS O Teu BOCADILLO.
             OBRADOIRO – XOGOS E MERENDA SAUDABLE
             CON PRODUTO DO MAR.
                           Consellería do Mar. Xunta de Galicia.
20:30    Actuación dá Coral Polifónica Casino do Carballiño, non auditorio do Casino Cultural e         

             Recreativo do Carballiño           
21:00    Actuación dous grupos locais Noveis de Rock e na Praza dás Monxas.
             GRUPOS:
             ROBERTO SOBRADO
             SINGÜLTUS
             BANDA DESARMADA
             LITTEL OAK
21:45    PREGÓN DÁS FESTAS S. CIBRAO 2011 a cargo de MONCHO BORRAJO.
22:00.   Inauguración do Alumeado Artístico S. Cibrao 2011.

XOVES DÍA 15:

10:00.   Alborada. Bombas de palenque.
11:30.   Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila acompañados polo grupo de         

             Gaitas Orcellón do Carballiño
11:30.    Pasarrúas Charanga Castro Belo; polos Barrios dá Vila.
17:00.   Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila, acompañados polo grupo de    

             gaitas Orcellón do Carballiño.
18:00.   Pasarrúas dá Charanga Castro Belo  polos Barrios dá Vila.
19:00.   Actuación do ORQUESTRA PANTASMA
             (Home Orquestra); na Praza Maior.
19:00.   I CARREIRA DE CAMAREIROS “S.CIBRAO 2011”; Premios para vos 3 primeiros  

             clasificados.(Rúa Principal).
21:00.   Pasarrúas a cargo do Grupo XITUMA BATUQUE.
21:00    Verbea Espectáculo na Rúa Conde Vallellano
                        “ORQUESTRA D´MODA”
22:45    Verbea Espectáculo na Praza Maior
                         “ORQUESTRA LEDICIA”.
23:00.   Pasarrúas a cargo do Grupo XITUMA BATUQUE.
00:30.   Verbea Espectáculo na Rúa Conde Vallellano
                         “ORQUESTRA D¨MODA”.
01:00.   Pasarrúas a cargo do Grupo XITUMA BATUQUE.
02:00.   Verbea Espectáculo na Praza Maior
                          “ORQUESTRA LEDICIA”
03:45.   Fin de Festa.

VENRES DÍA 16:

10:00.   Alborada. Bombas de Palenque.
11:30.   Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila, acompañados polo grupo de   

             gaitas Orcellón do Carballiño.
11:30.   Pasarrúas dá Charanga NBA polos Barrios dá Vila.
11:30.   Pararrúas dá Charanga Air Jalicia polos barrios dá Vila.
11:30.   Procesión na Honra de San Cibrao coa “Banda Escola Municipal do Carballiño”.
             A continuación: Misa solemne na honra do San Cibrao; presidida por un bispo e   

             sacerdotes do arciprestazgo. “Orfeón do Carballiño”

           
13:30.   Concerto dá Banda Escola Municipal do Carballiño.
             Lugar: Praza Emilia Pardo Bazán.
17:00.   Xogos Populares:
             Carreira de Sacos, Corda, Culler, Xogos con paracaídas. Remataremos a tarde coa  

             Festa dá Espuma
             Trofeos, Agasallos e larpeiradas para os participantes.
              Lugar: Na Pista Roxa.  
17:00.   Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila, acompañados polo grupo de

             gaitas Orcellón do Carballiño
18:00.   Pasarrúas Banda Escola Municipal do Carballiño.
18:00.   Pasarrúas Charanga NBA polos Barrios dá Vila.
18:00.   Pasarrúas Charanga Air Jalicia polos Barrios dá Vila.
19:00.   Ximnasio MADOKOAN
             EXHIBICIÓN DE: HAP –KI DO
                                          KICKBOXING
                                          AERO KICKBOXING
             Lugar: Na Praza Maior.

19:00.   Concerto Banda de Música na Praza Pardo Bazán.
              Banda Escola Municipal do Carballiño.
21:00.   Verbena Espectáculo na Avenida do Balneario.
               ORQUESTRA AMIZADE.
22:30.   Verbena Espectáculo na Praza Maior.
               ORQUESTRA ISMAEL.
00:30.   Gran Tirada de Fogo Voador.
                 “Pirotecnia La Gallega”
01:00.   Espectáculo de Rúa.  Itinerante:
               “CAVEIRAS E DIABLITOS”
             Lugar: Zona Praza do Emigrante.
01:00.   Verbena Espectáculo na Avenida do Balneario.
               ORQUESTRA AMIZADE.
2:30.    Verbena Espectáculo na Praza Maior.
                ORQUESTRA ISMAEL.
03:45.   Fin de Festa.

 

SÁBADO DÍA 17:

10:00.   Alborada. Bombas de Palenque.
11:30.   Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila, acompañados polo grupo de  

             gaitas Orcellón do Carballiño.
11:30.   Pasarrúas dá Charanga Dr. Anchoa polos Barrios dá Vila.
11:30.   Pasarrúas Banda de Música de Noia.
13:00.   CONCERTO Banda de Música na Praza Pardo Bazán.
16:00- 20:00:   Tarde de Inchables:
                        (Tobogán xigante – multi 4 – Pallaso – Fútbol 3.).
                       + OBRADOIROS (Globoflexia-Maquillaxe-Tatoos)…
                        Lugar: Prazas do centro dá Vila (Rúa Principal).
 17:00.   Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila, acompañados polo grupo de

              gaitas Orcellón do Carballiño.
18:00.    Pasarrúas Banda Escola Municipal do Carballiño.
18:00.    Pasarrúas Charanga Dr. Anchoa polos Barrios dá Vila.
18:00.    Selección Galega de Exhibición de Taekwondo. (Praza Maior)
19:00.    CONCERTO Banda de Música de Noia.
21:00.    Verbena Espectáculo na Praza Maior.
              ORQUESTRA SUPER-T.
22:30.    Verbena Espectáculo na Praza do Emigrante.
              ORQUESTRA AMÉRICA.
00:30.   Gran Tirada de Fogo Voador.
             “PIROTECNIA ABAD”
01:00.   Verbena Espectáculo na Praza Maior.
             ORQUESTRA SUPER-T.
02:30.   Verbena Espectáculo na Praza do Emigrante.
             ORQUESTRA AMÉRICA.
03:45.   Fin de festa.

 

DOMINGO DÍA 18:

10:00.   Alborada. Bombas de Palenque.
11:30.   Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila, acompañados polo grupo de

             gaitas Orcellón do Carballiño
11:30.   Pasarrúas dá Charanga O Santiagüiño polos Barrios dá Vila.
16:00.   Festa Infantil Musical. Amenizada por un dj. e monitor
             Coreografías de Baile, xogos variados, larpeiradas para tod@s.
              Lugar: Praza Maior.
17:00.   CHAVE. Tirada Individual e por parellas na Entrada do Parque Municipal.
17:00.   Pasarrúas de Xigantes e Cabezóns polos barrios dá Vila, acompañados polo grupo de  

             gaitas Orcellón do Carballiño.
18:00.   Pasarrúas Charanga O Santiagüiño polos Barrios dá Vila.
18:00-  21:00.   I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN “San Cibrao 2011”
                         Na Praza Maior.
21:00.   Verbena Espectáculo na Praza Maior.
             ORQUESTRA ASSIA.
22:30.   Verbena Espectáculo na Rúa Calvo Sotelo.
             ORQUESTRA  NEVADA.
01:00.   Verbena Espectáculo na Praza Maior.
             ORQUESTRA ASSIA.
02:30.   Verbena Espectáculo na Rúa Calvo Sotelo.
             ORQUESTRA NEVADA.
03:45.   Fin de festa.

LUNS DÍA 19 (DÍA DÁ ROMARÍA DÁ SALETA)

10:00.   Alborada Bombas de Palenque.
10:00.   Romaría dá Saleta: “Misa e Procesión”
14:00.   Xantar Popular na Carballeira dá Saleta.
18:00.   Día do Neno. Atraccións a metade de prezo.
21:00.   VERBEA Espectáculo na Praza Maior (1ª Pase)
             ORQUESTRA FANTASÍA
00:00.   VERBEA Espectáculo na Praza Maior (2º Pase)
             ORQUESTRA FANTASÍA
02:00.   Fin de Festa.

 

12, Setembro 2011

A medida adoptada polo goberno municipal de Boborás xa comezou a aplicarse nalgunhas localidades e iráse completando no transcurso das vindeiras semanas atá acadar a totalidade dos núcleos do municipio. Durante o anterior mandato, xa se decidira apagar parte das iluminacións, daquéla, fixérase de xeito selectivo, reducindo o número de luminarias, mentres que agora o apagón será completo durante 4 horas, entre as 2 e as 6 da madrugada.

O Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, recordaba como no seu dia Boborás tamén foi o primeiro concello en poñer en práctica esta medida "e despóis viñeron detrás outros moitos concellos que copiaron esta decisión, e sen que se escoitasen tantas críticas, porque seguramente neses concellos hai oposicións basante máis responsables dalgunha que temos aquí en Boborás". En declaracións a Cope O Carballiño, Caamaño tamén manifestou "que a maioria dos veciños entenderon daquéla esta medida, e seguro que tamén o entenden agora, pídolles un pequeno sacrificio, teñen que saber que o grupo de goberno busca con esta decisión ser solidarios con outras necesidades, como a asistencia a domicilio, a gardería infantil ou o xantar sobre rodas".

O máximo responsable do goberno municipal do Partido Popular recoñeceu "que cada dia é máis cimplicado gobernar, porque cada ano temos menos recursos económicos debido aos recortes nas subvencións que recibimos, e non podemos permitir poñer en risco servizos básicos e atender á xente que máis o necesita por non ter a valentia de tomar estas medidas".  Caamaño calcula que con esta medida o concello de Boborás aforrará 40.000 euros ao ano.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS