11, Setembro 2011

A goleada a domicilio do Arenteiro en Monterrei sitúa na segunda xornada de liga aos carballiñeses no liderato da 1ª autonómica, empatado a seis puntos coa Ponte-Ourense. O partido comezou cun cuarto de hora de retraso ao negarse o árbrtro a iniciar o mesmo sen que os locais identificasen co DNI aos seus xogadores.Abríu a conta goleadora do Arenteiro Marcos Sotelo, e logo empataría o Monterrei, nun fallo da defensa carballiñesa, un dos dianteiros do equipo local cabecea a placer e aínda que Pachi chega a desviar a traxectoria do balón ao poste, finalmente introducíase na porteria carballiñesa. Antes do descanso Bardelás faría o 1-2 cun tiro desde fora da área que, coa colaboración do meta local, sube ao marcador. Xa na reaunudación do partido chegaría o hat trick de Alén para resolver un partido ante un moi flouxo rival, como resultou ser o Monterrei. O primeiro ao controlar un balón na área e rematar a media altura, e os douus seguintes de idéntica factura, cunha vaselina sobre o porteiro local. O meta carballiñes Pachi relaxouse en exceso e permitíu o segundo gol do Monterrei, aínda que minutos antes do remate do partido evitou o terceiro cunha gran intervención, enviando a corner un balón que se colaba na portería carballiñesa. Ao final, 2-5 no marcador e segunda victoria consecutiva do C.D.Arenteiro, que o vindeiro domingo dia 18 recibirá en Espiñedo ao Cortegada.

RESULTADOS DA XORNADA AO COMPLETO

J2 CD Velle 3 - 3 UP Taboadela
J2 AT Villarino 1 - 2 SD Nogueira Ramuin
J2 Maside CF 0 - 0 A Peroxa CF
J2 Ponte Ourense SAD 2 - 0 CD Ramirás
J2 CD Allariz 3 - 1 AD Covadonga
J2 CF Monterrei 2 - 5 CD Arenteiro
J2 CF Cortegada 2 - 1 SD Melias
J2 Poligono San Ciprian 1 - 1 CD Maceda

CLASIFICACIÓN

Pos Equipo Ptos Ju Ga Em Pe Gf Gc
1 CD Arenteiro 6 2 2 0 0 6 2
2 Ponte Ourense SAD 6 2 2 0 0 4 1
3 A Peroxa 4 2 1 1 0 3 1
4 CF Cortegada 4 2 1 1 0 4 3
5 UP Taboadela 4 2 1 1 0 4 3
6 SD Nogueira Ramuín 4 2 1 1 0 3 2
7 AD Covadonga 3 2 1 0 1 6 4
8 CD Allariz 3 2 1 0 1 3 2
9 SD Valenza 3 2 1 0 1 3 2
10 CD Ramirás 3 2 1 0 1 2 2
11 CD Velle 2 2 0 2 0 4 4
12 CD Maceda 2 2 0 2 0 3 3
13 CF  Monterrei 1 2 0 1 1 2 5
14 Polígono San Ciprián 1 2 0 1 1 1 2
15 SD Melias 1 2 0 1 1 1 2
16 Maside CF 1 2 0 1 1 0 2
17 AT Villarino 0 2 0 0 2 2 5
18 UD Barbadas B 0 2 0 0 2 1 7

 

10, Setembro 2011

 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciará nos próximos días as obras de abastecemento e saneamento nos núcleos de Muradas e Lebozán, no Concello de Beariz. O goberno galego, a través de Augas de Galicia, realiza unha achega económica de máis de 313.000 euros para levar a cabo estas melloras hidráulicas. No núcleo de Muradas, tanto o abastecemento como o saneamento son moi antigos e sofren deficiencias importantes, polo cal se cambiará a actual rede unitaria por outra separativa. Instalaranse 1.172 metros de tubaxe ao longo da estrada OU-213 que cruza a poboación de norte a sur.

Parte da rede de pluviais verte á rede existente en Beariz e o resto verte a unha valgada na entrada a Muradas. A rede de residuais tamén ten dúas vertentes, unha a rede de Beariz e a outra é a que vai polo centro de Muradas, desembocando na depuradora. O proxecto inclúe, ademais, 1.176 metros de tubaxe en previsión de alimentación de 25 futuras luminarias, instalación das súas bases, arquetas da liña e a reposición do pavimento da beiravía.

En Lebozán proxéctase unha rede nova de 554 metros de tubaxe que vai verter na depuradora existente, aproveitando as obras para instalar tamén un novo abastecemento en tubaxe, xa que o actual ten diámetros moi reducidos. As obras, cuxo prazo de execución é de seis meses, beneficiarán 135 habitantes de Muradas e 65 habitantes de Lebozán, aos cales se lles ofrecerá un servizo axeitado de saneamento e abastecemento. Eliminaranse as fosas sépticas e os problemas de salubridade que elas comportan.

9, Setembro 2011

As xociviga 2011 inician este sábado as proxeccións. Ás 17:00 horas empezarán coa  primeira película de cine infantil, Ga-Hoole, na Casa da Cultura, onde ás 20:00 horas proxectase o documental O meu nome é Luís Ferreiro, contando coa presenza do director, Roi Cagiao, o protagonista do mesmo Luís Ferreiro, militante antifranquista, e o profesor e ensaísta Xesús Alonso Montero, que participarán na presentación da película e posterior coloquio. A programación da casa da cultura pecharase ás 23:00 horas con Del poder, documental que narra os sucesos acaecidos en Xénova no 2001, cando os movementos sociais protestaron ante unha reunión do G-8 e foron brutalmente reprimidos (norte de Carlo Giuliani). A entrada ás proxeccións da Casa da cultura e gratuíta ao longo de todas as xornadas.

No auditorio proxéctase ás 18:00 horas a producción francesa Micmacs, do director de Delicatessem e Amelie, Jean-Pierre Jeunet. Ás 20:00 horas a última de Woddy Allen, Medianoite en París. Xa ás 23:00 horas levarase a cabo a gala de inauguración, de entrada gratuíta, na que se proxectará Doentes, que protagonizan os actores  Xosé Manuel Oliveira “Pico” e Antonio Durán “Morris”, que recibirá a Xociviga de Honra 2011. Anbolos dous estarán presentes xunto co director da película, Gustavo Balza.

As proxeccións continuarán os tres proximos días. Os horarios pódense consultar nas carteleiras do Cine Club Carballiño da Praza Maior e nos lugares de proxección, auditorio e Casa da cultura, así como no blog do cine club, cineclubecarballino.blogspot.com, onde ademais aparece información sobre todas as actividade e películas. O domingo haberá unha actividade especial: un concerto de música a cargo do cuarteto de corda  Emsemble Aurum acompañado da soprano Indra Sesti di Luca, que interpretarán diferentes pezas de bandas sonoras de películas a partir das 20:45 na Praza dos Irmáns Prieto (praza das monxas).

RECOÑECEMENTO DE XOCIVIGA A ANTONIO DURÁN "MORRIS"

O premio Xociviga de Honra recae este ano en  Antonio Durán “Morris”. O premio recoñece a dilatada carreira profesional do actor, que empezou xa fai máis de 30 anos. O Xurado estimou que : “Morris é sen dúbida un dos rostros máis coñecidos do panorama audiovisual galego, tanto pola súa participación en curtas e longametraxes como polas súas persoaxes de series da TVG. Actor de longo percorrido, ten traballado tamén en máis de 25 obras de teatro, sobre todo no grupo do que foi un dos fundadores, Artello, como co Centro Dramático Galego. Dende que debutou no ano 1978 ata hoxe, Morris é sen dúbida un referentes da nosa cultura. Estamos seguros de que aínda o será moito máis”.

O xurado estaba composto por Ángel de la Cruz, director de cine e novelista, Eduardo Galán, debuxante, dramaturgo e crítico de cine, Miguel de Cabo, presidente de Cine Club Carballiño,  o Alcalde, Argimiro Marnotes, e o concelleiro de Cultura, Rodrigo González, en representación do concello,  que xunto co Cine Club Carballiño, organizan esta 28º edición das Xociviga.

O premio será entregado ao propio actor na gala de inauguración que se celebrará este sábado, día 10,  ás 23 horas no auditorio municipal. A entrada á mesma será gratuíta e nela proxectarase a última película rodada por Morris, Doentes, na que é o actor principal xunto con Xosé Manuel Oliveira “Pico”, que tamén asistirá á gala ao igual que o director da mesma, Gustavo Balza.

 

 

7, Setembro 2011

O Concello do Carballiño remitirá ao Adif un escrito no que solicitará explicacións sobre o peche do servizo de despacho de billetes e atención ao público durante as fines de semana na estación de Renfe do Carballiño, inicialmente, e según de comunica nun aviso que pode verse na propia estación, unha medida provisional durante o mes de setembro.Tamén se informa que para os trenes de media distancia os billetes despacharánse nos propios trenes, mentres que para os de longo recorrido, emplazase a facer a compra de billtes a través de internet, telefóno ou na estación de Ourense.

A corporación municipal do Carballiño acordou por unanimidade dos tres grupos políticos remitir un escrito que se trasladará ao Adif, instandoo a que con carácter inmediato se repoña este servizo de atención aos viaxeiros e despacho de billetes na estación carballliñesa. O acordo foi adoptado a partir dunha moción presentada ao pleno pola vía de urxencia, en base a unha proposta do grupo de goberno do Partido Popular.

6, Setembro 2011

A empresa contratada polo Concello do Carballiño para auditar as contas municipais dos últimos 4 anos, comeza esta semana a desenvolver o seu traballo nas dependencias municipais, de tal maneira que nun prazo aproximado de 2 meses esperase que se poidan coñecer os resultados da mesma. O Alcalde, Argimiro Marnotes, confirmou en Cope O Carballiño que a empresa auditora seleccionada, por un importe de 17.700 euros, foi a ourensana "ADV Consultores". Serán auditados os exercicios económicos do concello carballiñés dos anos 2007, 2008, 2009, 2010 e o primeiro semestre de 2011. Marnotes entende que "a partir dos resultados da auditoria non só coñecerémos a débeda real do concello, senón que a partir de ahí poderémos determinar o propio funcionamento administrativo do concello e cómo levar a súa xestión fiscal".

O rexidor municipal tamén adiantou no transcurso desta entrevista radiofónica que "a partir do vindeiro dia 1 de outubro a Deputación faráse cargo da xestión da recollida do lixo no municipio, a partir de entón esperamos mellorar o servizo que prestamos na actualidade, e para o que non estamos preparados cos medios que temos". A renovación dos contenedores e o seu lavado periódico, asi como a xestión do punto limpo que será trasladado á unidade que na comarca presta a entidade provincial, son algunhas das melloras ás que aludíu o Alcalde que, ademáis, asegurou "siñificará un aforro importante dunhos 100.000 euros ao ano". Marnotes lamentou, en alusión as críticas socialistas sobre a falla de limpeza e mantemento dos espazos públicos, "que no mes de xuño nos encontrasemos sen nin xiquera un metro cadrado desbrozado, e todos sabemos que agora dispoñemos de menos traballadores, debido ós recortes na administracción para a súa contratación, estamos reorganizandonos para aprobeitar os medios que temos, hai traballadores que o entenden e outros non, esto leva o seu tempo"

5, Setembro 2011

Descentralizar as festas e trasladar as actividades a todos os barrios do Carballiño, será éste ún dos obxetivos da comisión de festas para este ano, "levar as festas do Carballiño a todo o pobo", decía José Luis Alves, que actúa como coordenador do equipo organizador que terá o orzamento máis baixo dos últimos anos, 83.000 mil euros, dos que o concello aporta 45.000, para pagar todo o programa festivo. O Alcalde, Argirmiro Marnotes, aseguraba no acto de presentación non poder ofrecer os datos económicos das últimas festas, "non podo contestar a esa pregunta porque estamos tendo moita complicación para sabelo", dixo. Nos últimos anos, os orzamentos que se facían públicos, estaban todos eles por enriba dos 100.000 euros.

A programación de actividades abriráse o dia 14 cun concerto no que actuarán varios grupos musicais do carballiño. Do 15 ao 19 sucederánse as verbenas, que estarán amenizadas por 9 orquestras: D´¨Moda, Ledicia, Ismael, Amistad, SuperT, América, Asia, Nevada e Fantasía. Os dia 19 actuará unha única orquestra, e os dias 15, 16,17 e 18, alternarán dúas orquestras para amenizar os 4 dias centrais das festas. Para a animación musical das rúas e os barrios carballiñeses foron contratadas 4 charangas, Castro Bello, N.B.A., Air Galicia, e a Filatrónica do doctor Anchoa. Completan a programación musical, grupos de gaiteiros, que acompañarán a comparsa de cabezudos, e as bandas de música do Carballiño, que acompañará a procesión do patrón San Cibrán o dia 16, e a banda de música de Noia, que ofrecerá pasarúas e concertos o dia 17.

As dúas sesións de fogos de lucería manteñense nos seus dias tradicionais, 16 e 17 de setembro, e estarán este ano a cargo da pirotécnia "La Gallega", que xa ven participando nestas sesións nos últimos anos, e "Pirocténia Abad" que volve este anos tras varios de ausencia. Desde hoxe mesmo comezará a distribuirse o cartel anunciador deste San Cibrán 2011, obra da artísta carballiñesa Ari Quintas.

 

5, Setembro 2011

Un tempo para cada equipo e os 3 primeiros puntos da liga para o Arenteiro no partido xogado no municipal de Espiñedo ante un C.D. Allariz que vendeu cara a derrota. No primeiro periodo o Arenteiro foi amo e señor do partido, o Allariz tirou o primeiro tiro a portería no minuto 43, antes, á media hora de partido Iglesias aprobeitou un balón co que se atopou dentro da área para facer o primeiro gol da tempada en Espiñedo, e tamén antes o Arenteiro tivera un par de ocasións para adiantarse no marcador.

Xa na reaunudación do partido, ós 10 minutos, o árbitro expulsou por doble amarela a Gabriel, e desde este momento o partido cambeou radicalmente, o Allariz pasou de dominado a claro dominador, adiantou con decisión as súas liñas e dispuxo de atá dúas oportunidades moi claras para igualar no marcador. Sen embargo, sería novamente Iglesias quen tería outra oportunidade para sentenciar o partido, pero non soubo definir ante o porteiro visitante. A 8 minutos para o final o Allariz tamén se quedaba con 10 xogadores por expulsión dun dos seus defensores, aínda asi o resultado estivo aberto atá o pitido final.

4, Setembro 2011

Catro espectáculos en horario de noite no audiorio e outros tantos de animación de rúa, forman a carteleira do Festival de Teatro Galego 2011, que volve organizar a "Asociación FETEGA". Entre as produccións teatrais que este ano podemos ver atopánse unha estrea "Último Cowboy" a cargo da compañía Teatro do Noroeste", e unha preestrea que protagonizará Teatro do Morcego, que representará "Américan Café". 

A organización decidíu conceder este ano o "Premio de Honra FETEGA" á Anxeles Cuña, a Directora da compañía teatral "Sarabela", en recoñecemento á súa traxectoria en favor do teatro galego. A Programación completa é a seguinte:

 MARTES 6/09/2011. 22:30horas

 COMPAÑÍA: “TEATRO NOROESTE”

ESPECTÁCULO: “ÚLTIMO COWBOY”

Dirección: Eduardo Alonso.

Texto: Eduardo Alonso.

Actores: Luna Gómez e Miguel Pemas.

 MERCORES 7/09/2011. 22:30 horas

COMPAÑÍA : "TALÍA TEATRO"

ESPECTÁCULO: "PELOS NA LINGUA"

DIRECCIÓN: AVELINO GONZÁLEZ

ACTORES: MARIA ORDOÑEZ, TOÑO CASAIS E ARTUR TRILLO.

XOVES 8/09/2011. 22:30 horas

 COMPAÑÍA: “TEATRO DO MORCEGO”

ESPECTÁCULO: “AMERICAN CAFÉ”

Dirección: Celso Parada.

Texto: R. Mohamed.

Actores: María Salgueiro, Marcos Vieitez, Carlos Mosquera “Mos”, Antonio F. Simón, Xabier Deive, Celso Parada.

 VENRES 9/09/2011- 22:30 horas

 6º “PREMIOS FETEGA”

Con: CARLOS BLANCO co seu espectáculo “ORDEN E PROGRESO”

 

 ESPECTÁCULOS DE RÚA

 Martes 6 de setembro:

de 18:00 a 19:30 Obraoiro de circo

de 20:00 a 21:00 Espectáculo “Os Bañistas”, de PicomPe

Mercores 7 de setembro:

de 18:00 a 19:30 Obraoiro de circo

de 20:00 a 21:00 Espectáculo “Non é País para Cabaleiros”, de Ghazafelhos

 Xoves 8 de setembro:

de 18:00 a 19:30 Obraoiro de circo

de 20:00 a 21:00 Espectáculo “Contos para Escagarriñarse”, de Ghazafelhos

 

 

 

 

 

2, Setembro 2011

Foi durante a pasada campaña electoral do mes de maio cando o Ministro de Fomento, Xosé Blanco, estivera no Carballiño para anunciar a que sería "inminente licitación da obra de cubrición da via do ferrocarril e conseguinte ampliación do túnel de Rapariz, un proxecto que permitiría a creación de 4.000 mts2, con zonas de ocio e esparcemento, xardins, e incluso unha área reservada para a parada de autobuses e aparcamento público de vehículos.Daquéla, O Ministro falara dun investimento de máis dun millón de euros para facer posible este proxecto, que xa fai catro anos atrás fora presentado polo ex-Alcalde Carlos Montes.

Como queira que xa pasaron 4 meses sen novidades sobre esta "inminente licitación" anunciada polo Ministro de Fomento, a "Asociación de Veciños 4 Camiños" ven de presentar un escrito no que se lle pide á nova corporación "que se faga o máximo esforzo por conseguir a licitación de esta obra". Para a execución da mesma, xa existia un proxecto que foi elaborado polo arquitécto carballiñés Diego Bernárdez, e que xa no seu dia fora remitido ao ADIF.

O Alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, adiantou que nos vindeiros dias remitirá escritos tanto ó ADIF como o Ministro de Fomento, Xosé Blanco, solicitandolle que se proceda á licitación da obra, tal como comprometera o Ministro na súa visita do pasado mes de maio.

31, Agosto 2011

O Portavoz Socialista criticou "a desidia e desorganización en tarefas habituais por parte do grupo de goberno", e como exemplos citou Paco Fumega o estado de abandono no que permanecen varios espazos públicos, como o paseo fluvial, a Ponte-Veiga, a rúa de Señorín ou mesmo o entorno da Veracruz, que a estas alturas do ano permanecen sen desbrozar, unha denunica que os socialistas acompañaron con diverso soporte fotográfico. Fumega tamén se referíu a non convocatoria do pleno da corporación municipal que tería que celebrarse este dia 1 de setembro, como se corresponde co primeiro xoves de mes, "outro incumplimento máis da Alcaldia", dixo.

Os socialistas carballiñeses tamén denunciaron "a existencia de augas fecais que sin ningún tipo de depuración seguen verquendose directamente ó rio Carras no lugar do Penedo de Partovia" como puxo de manifesto o Concelleiro Victor Tato, coa agravante "de que esta situación persiste despóis de que fai unhas semanas o señor Feijóo viñese inaugurar a depuradora, que custou 7 millóns de euros", polo que solicitou que se corrixan estas deficiencias "xa que a depuradora aínda está en periodo de probas e non foi entregada ao concello".

Os concelleiros do PSOE afirmaron que "aínda están a espera de que por parte do grupo de goberno se lles facilte a factura da "famosa fregona" pola que se terían pagado 250 euros cando os socialistas obstentaban o goberno municipal, Fumega recordou que fai varias semanas presentaran un escrito solicitando esa  factura "porque estas cousas chegan a cidadanía e a base de mentiras non se pode gobernar, e o grupo socialista non vai permitir mentiras". En canto a situación económica na que os socialistas deixaron o concello, Paco Fumega manifestou que a situación non era tan mala como a que se trataba de trasladar á opinión pública "Lalín ten unha débeda  de case 5 millóns de euros, e O Carbaliño unhos 2 millós", dixo.

A recollida do lixo tamén foi obxeto das criticas socialistas nesta comparecencia ante os medios de comunicación, "algo que tanto preocupaba o PP cando estaban na oposición, e os contenedores siguen cheirando, e son moitas as queixas que recibimos dos veciños", concluiron.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS