29, Agosto 2011

A Vila de Cea volverá reunir este ano ás mellores orquestras de Galicia, será con motivo das festas da Saleta 2011, o último gran acontecememento festivo do calendario estival na nosa comarca. A Comisióin de festas xa contratou as orquestras que animarán as verbenas entre os dias 22 ao 26 de setembro. O desfile de orquestras abriráse o xoves 22 coa presenza en Cea da orquestra Panorama, o venres 23 actuará a Paris de Noia, o sábado 24 Tango e Océano, o domingo 25 Sintonia de Vigo e Costa Oeste, e o lúns 26 cerrará este cartel de luxo a orquestra Olympus. 

Ademáis, a comisión de festas, que está integrada por un grupo de veciños e veciñas da vila de Cea, está ultimando o resto de actividades da programación festiva, na que non faltarán os pasarúas e concertos de bandas de música, e outras actividades de animación. A comisión organizadora contará, ademáis das cuotas que aportarán as familias de Cea, coa colaboración económica do Concello de San Cristobo de Cea, para financiar unhas festas que, por historia e tradición, e tamén pola calidade na súa programación, poden considerarse entre as mellores da provincia de Ourense.

28, Agosto 2011

A las 02,00 horas de ayer, día 27, agentes pertenecientes al puesto de O Carballiño, procedieron a la detención de dos mujeres y un hombre, todos ellos vecinos de Fonteboa – Maside, al ser sorprendidos cuando intentaban sustraer varios rollos de cable de cobre, de empresa de prefabricados, sita en A Bugalleira – O Irixo, con un peso total de 425 Kg y un valor de 1.000 euros.

 

Esta detención se produjo dentro del marco de control y prevención de delitos de robo de cable de cobre de la Comandancia de Ourense, que se viene desarrollando durante estos últimos meses.

 

Los detenidos responden a las siguientes iniciales: María Medallita M.M. de 37 años; Claudio G.L, de 26 años y Carmen G.G., de 29 años.

 

 

 

 

27, Agosto 2011

A Garda Civil tivo que acudir atá a casa do Concello de Boborás, onde estaba a celebrarse un pleno da Corporación Municipal, tras solicitar a súa presenza o Alcalde Cipriano Caamaño. Os ánimos comezaron a caldearse xa nada máis iniciada a sesión, con diversas correccións ás actas das sesións anteriores por parte dos grupos da oposición, e subiron de tono cando se fixo referencia ás obras de construcción dunha area recreativa na paroquia de Cardelle, que xa fora motivo de polémica durante a pasada campaña electoral entre o Alcalde e a candidata e agora portavoz de "Move Boborás", Eva Pardo.

Xa en pleno debate sobre a inversión económica feita en relación a esta obra en Cardelle, que estaba explicando o Alcalde, o Concelleiro de "Move Boborás" Lito González Trigás recriminou ao Alcalde a súa actuación na campaña electoral e retouno a "que dixera agora o que dixo daquéla, o que foi decindo de Eva por Cardelle". Tras varias chamadas á orde por parte do Alcalde, éste ordenou a expulsión do Concelleiro de "Move Boborás", que inicialmente se negou a abandonar o salón de plenos, aínda que posteriormente sí o fixo e cando a Garda Civil chegou á casa do Concello,  González Trigás xa abandonara voluntariamente a sesión plenaria.

26, Agosto 2011

As previsións apuntan a que se acade un novo record de participación no concurso de carrozas, a seña de identidade desta Festa da Vendima de Leiro, según avanzou Ramón Alvarez, portavoz do comité organizador, no programa "Asi son as mañás de Cope", que se emitíu desde a casa do Concello de Leiro, "vaise superar o número de carrozas do ano pasado, esperamos máis de 20 carrozas, a maioria chegarán desde as distintas parroquias do concello de Leiro, aínda que tamén agardamos a presencia de carrozas procedentes doutros concellos, como os de Carballeda de Avia, Boborás ou San Amaro". O gran desfile de carrozas e charangas, as 12,30 horas,  volverá ser o momento culminante do programa para este domingo dia 28 de agosto, aínda que as actividades iránse sucedendo durante toda a xornada, desde as 10 da mañá, cando se abra a recepción para o concurso de acios e se inaugure unha nova edición do mercado artesanal, no paseo fluvial, que permanecerá aberto durante todo o dia.

O pregón correrá a cargo da Conselleira de traballo e benestar, Beatriz Mato, as 12 do mediodia na praza do Cruceiro. Tralo gran desfile de carrozas e charangas, será o xantar popular no parque do Salgueiral, ofrecendose un menú a base de empanada, polbo á feira, carne ó caldeiro, viños do Ribeiro, postres e licores, ao prezo de 23 euros.

Xa pola tarde, chegarán as novidades na programación deste ano. Desde as cinco en adiante, un concurso de xogos populares, entre os que se incluirán algunhos relacionados coa vendima e O Ribeiro, como unha carreira de aros de cubas e unha carreira de relevos con culeiros, e outros máis tradicionais como  a chave, bolos, zancos, a rá, os trompos ou as carreiras de sacos. Desde as 7 da tarde, tamén organizado pola Asociación Cultural Taparraná de Leiro, terá lugar a "Troulada Folk do Ribeiro", coa actuación dos grupos Varacuncas, Beira do Avia, A pé de Cuba, Flor de Toxo, Os Serandeiros e As Piconas.

O Programa completaráse a partir das 9 da noitiña co xa tradicional "Festival de Canto Coral Vendima do Ribeiro", na Igrexa Parroquial de San Pedro de Leiro, onde actuarán os anfitrións da Coral Val do Avia, e como coral invitada "Voces del Alba", de La Robla - León.

24, Agosto 2011

O centro de control das telecomunicacións do AVE do sur de Galicia deberá estar operativo para o vindeiro dia 10 de decembro, xa que para ese dia está anunciada a inauguración do AVE que unirá as cidades de Ourense e Santiago de Compostela. A nova infraestructura, na que o ADIF investíu 3,3 millóns de euros, ubícase nas inmediacións da localidade de Lama de Campo, ocupa unha parcela de 2.000 mts. cadrados, e atópase xa practicamente rematada. A previsión apunta a creación nesta estación de mantemento de arredor de 40 postos de traballo directos, según os datos que manexa o Alcalde do Irixo, Manuel Penedo.

O máximo responsable municipal espera conseguir que a maioria dos novos postos de traballos sexan ocupados por veciños do propio Concello do Irixo, e asi o manifestou en declaracións a esta emisora de radio, "estou moi pendiente de este asunto, e preocupame moito, sei que serán entre 35 e 40 postos de traballo os que se van crear, e pode ser que os máis técnicos que serán 5 ou 6 terán que vir de fora,  pero o resto, vixiantes, limpeza e os 20 peóns para o mantemento da vias, son traballos que pode facer xente do Irixo". Penedo confia en que as xestións que vai a levar a cabo persoalmente ante o Presidente do ADIF sexan fructiferas.

O Concello do Irixo conta, según os datos actualizados do pasado mes de xullo, cun total de 95 parados que están incriptos como demandantes de traballo, de conseguir o Alcalde o seu obxetivo, siñificaría reducir o paro preto do 50% no termo municipal.

22, Agosto 2011

C.D. Arenteiro xogará o primeiro partido de liga en Espiñedo fronte a un dos equipos chamado a moverse na zona noble da clasificación, o C.D. Allariz, que ven de eliminar ao Ourense B na fase previa da Copa Deputación. Pola súa parte, o Maside F.C., que sucumbia ante o Verín (0-2) na mesma ronda de copa, viaxará na primeira xornada atá o campo do Ramirás. En ambos casos, será o vindeiro domingo dia 4 de setembro.

Antes, Maside e Arenteiro, que este ano volven coincidir en competición oficial na primeira autonómica, desputarán o tradicional partido das festas do San Vitorio masidao, o sábado 27 de agosto ás 19:00 horas no campo municipal do Outeiro Grande. O Arenteiro chega a este encontro, tras gañar este pasado domingo o torneo triangular que se xogou no campo do Melias, cos locatorios ós que derrotou por 0-1 cun gol de Adrián Iglesias, e có Nogueira de Ramuín, co que empatou 0--0.

Xa na 2ª autonómica, a primeira xornada de liga, que tamén arrancará o domingo 4 de setembro, ten os seguintes enfrontamentos:

- C.D. Trives - C.D. Cea

- Leiro C.F. - Ribeiro F.C.

- At. Barbantes - Barra de Miño

- Amoeiro - Stº. Teresita

 

 

22, Agosto 2011

A Vila de Maside inicia a súa semana cultural, previa á celebración do San Vitorio 2011, que comezará na noite do venres 26 coa primeira da verbena, que estará amenizada pola orquestra "Pontevedra". Para os dias grandes da festa, o sábado 27 e o domingo 28, contaráse coa participación das bandas de música de Ramirás e O Carballiño, e as orquestras "Nova Palma", "Iris" e "Olimpus".

LUNS 22:

20.30 h: "Elba e Marcos e os xoguetes encantados" (Duende Sico)- Monicreques - Alameda de Maside

 MARTES 23:

20.30h: "Contos vellos, novos finais" (Dinamo Teatro) - Teatro - Alameda de Maside

 MÉRCORES 24:

20.30h: "Contos para facelo indio" (Tusitala Contacontos) - Teatro -  Alameda de Maside

22.00h: "Gru: Mi villano favorito" - Cine na Rúa - Praza Maior

 XOVES 25:

20.30h: "Pin Pam" (Pés Ceibes) - Teatro de rúa - Alameda de Maside

22.00h: "Tenías que ser tú" - Cine na Rúa - Praza Maior

 VENRES 26:

20.30h: "Enfaunada" (Ánima Rúa) - Teatro de Rúa - Rúa Principal

21.00H: Pasarúas e concerto do Grupo de Gaitas de Maside "Xalundes"

 

19, Agosto 2011

Poucas novidades presenta este Maside F.C., que este ano regresa á primeira categoria autonómica. O Adestrador Paco Domínguez, que ascedeu ó equipo na pasada campaña, confia no mesmo grupo de xogadores, ó que se incorporan Gallardo, procedente do C.D. Arenteiro, e tamén do desaparecido Arenteiro-B chegan a Maside, Iñaqui e Varela. En canto as baixas, está a de Alex Bardelás, fichado polo Arenteiro.

O primeiro test serio do Maside xógase este sábado dia 20 ás 18,30 horas no Outeiro Grande, recibindo ó C.D. Verín da preferente, ó que se enfrontará en partido único da fase previa da Copa Deputación. Xa nas Festas do San Vitorio, o sábado 27 ás 7 da tarde, tamén no Outeiro Grande, o Maside medirá forzas en partido amigable ante o C.D. Arenteiro, có que este ano coincidirá na mesma categoria..

19, Agosto 2011

Arredor dos 800 cabalos, esas son as previsións que manexa a organización, son os que se esperan este domingo 21 de agosto na paraxe natural do Puzo do Lago, o que siñificaría un novo record de participación na "Festa do Cabalo de Maside", que acada este ano a súa XXIV edición. Unha festa xa moi consolidada, como comentaba en "Asi son as mañás de Cope" o Concelleiro de Maside e ún dos fundadores da festa, Wenceslao Botana "é xa unha tradición, témola fixada no tempo e no espazo, a xente xa sabe que despois da festa do pulpo e antes do San Vitorio, é a festa do Cabalo". Botana recorda como naceu esta celebración "que é hoxe a festa do cabalo seguramente máis antiga de Galicia, fumos un grupo de amigos que en 1988 decidimos recuperar a tradición cabalar deste concello, e que mellor logo que facer unha festa".

Organizada pola "Asociación do Cabalo Puzo do Lago", coa colaboración do Concello de Maside, a festa repartirá este ano 7.000 euros en premios, que recibirán os primeiros clasificados nos distintos concursos e carreiras que se celebrarán durante a xornada. Unha das novidades que desde a organización se anuncian por medio da Secretaria, Marta Pérez, será "a presenza por vez primeira de Gardas Civís a cabalo, levabamos varios anos intentando e penso que por fin iste ano ímolo conseguir".

A Programación de actividades é a seguinte:

- 9,30 H : Recepción de animais e apertura de inscripcións para as diferentes probas.

-10,20 H: Cabalos do Pais                                           13,20 H: Andadura de Cabalos Trotóns.

-10,40 H: Cabalos Cruzados.                                       14,00 H: Xantar Popular : Polbo, Chrurrasco e Carne.

-11,00 H: Eguas Cruzadas.                                          16,00 H: Carrreira de Cabalos Trotóns.

-11,20 H: Cabalos Pura Raza Española                        16,30 H: Carreira de Cabalos Trotóns con carro.

-11,40 H: Eguas Pura Raza Española.                         17,00  H: Carreira de Burros.

-12,00 H: Cabalos Pura Raza Árabe                             17,30 H:  Carreira de Cabalos do país.              

-12,20 H: Eguas Pura Raza Árabe.                              18:00  H: Carreira de Cabalos cruzados.

-12,40 H: Andadura a dous tempos                              19,30 H: Carreira de Cabalos de puro sangue inglés.

-13.00 H: Andadura a catro tempos                              20,00 H: Sorteo dun poldro e entrega de premios

18, Agosto 2011

A Vila de Soutelo de Montes, no veciño Concello de Forcarei, que mantén unha tradicional interrelación social coa comarca do Carballiño, acolle os dias 19 e 20 de agosto a XXXII edición da "Festa do Gaiteiro", ún dos acontecementos da música tradicional máis destacados de Galicia, que cada ano homenaxea a figura de Avelino Cachafeiro e os seus irmáns, os famosos "Gaiteiros de Soutelo", considerados como os pais da gaita galega. Na súa lembranza organizase cada ano esta festa que organiza o Concello de Forcarei. Cope O Carballiño emite este xoves dia 18 un programa especial dedicado a este evento. O programa comeza na noite do venres 19 coa actuación estelar do gaiteiro Xosé Manuel Budiño e o grupo Folk ARDENTIA, e continua xa có resto das actividades durante a xornada do sábado dia 20. A programación ó completo é a segunte:

 

 

 DIA 19: 23:00 Actuación do Grupo Folk ARDENTÍA

             00:30 Actuación do Gaiteiro Xosé Manuél BUDIÑO (Coa presentación do séu novo disco. Volta)

             Lugar: Rúa Alfredo González Barros (Ó lado da Igrexa)

  DIA 20:

10:00 Apertura da "FEIRA DE ARTESANÍA"
10:30 Pasarrúas "BANDA DE GAITAS DE VERÍN"
11:00 Actuación da "Banda de Gaitas de LOIA"
11:30 Actuación de "XIRANDOLA"
12:15 Actuación de "CANTIGAS DA TERRA"
13:00 Benvida do ALCALDE
13:10 Pregón por Carlos G. Reigosa.
13:25 Entrega de Medallas
13:45 Imposición do embaixador da festa.
13:55 Actuación da "Banda de Gaitas do Concello de Forcarei"
14:10 XANTAR POPULAR (Carpa no parque Venezuela)

TARDE

16:45 Inauguración do monumento en lembranza de Avelino Cachafeiro.
17:00
XIII Concurso de Solistas "AVELINO CACHAFEIRO"
19:15 Entrega de premios

OUTRAS MÚSICAS

18:30 Actuación do Grupo Folclórico "FREGUESÍA DE SOTELO- PORTUGAL"
19:30 Actuación do Ballet Folclórico "TIERRA ADENTRO DE URUGUAY"
20:30 "Ruada POPULAR"

"CHARANGA DO FIADEIRO"

e

"CANTAREIRAS DA FERVENZA"

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS