A Garda Civil tivo que acudir atá a casa do Concello de Boborás, onde estaba a celebrarse un pleno da Corporación Municipal, tras solicitar a súa presenza o Alcalde Cipriano Caamaño. Os ánimos comezaron a caldearse xa nada máis iniciada a sesión, con diversas correccións ás actas das sesións anteriores por parte dos grupos da oposición, e subiron de tono cando se fixo referencia ás obras de construcción dunha area recreativa na paroquia de Cardelle, que xa fora motivo de polémica durante a pasada campaña electoral entre o Alcalde e a candidata e agora portavoz de "Move Boborás", Eva Pardo.
Xa en pleno debate sobre a inversión económica feita en relación a esta obra en Cardelle, que estaba explicando o Alcalde, o Concelleiro de "Move Boborás" Lito González Trigás recriminou ao Alcalde a súa actuación na campaña electoral e retouno a "que dixera agora o que dixo daquéla, o que foi decindo de Eva por Cardelle". Tras varias chamadas á orde por parte do Alcalde, éste ordenou a expulsión do Concelleiro de "Move Boborás", que inicialmente se negou a abandonar o salón de plenos, aínda que posteriormente sí o fixo e cando a Garda Civil chegou á casa do Concello, González Trigás xa abandonara voluntariamente a sesión plenaria.

As previsións apuntan a que se acade un novo record de participación no concurso de carrozas, a seña de identidade desta Festa da Vendima de Leiro, según avanzou Ramón Alvarez, portavoz do comité organizador, no programa "Asi son as mañás de Cope", que se emitíu desde a casa do Concello de Leiro, "vaise superar o número de carrozas do ano pasado, esperamos máis de 20 carrozas, a maioria chegarán desde as distintas parroquias do concello de Leiro, aínda que tamén agardamos a presencia de carrozas procedentes doutros concellos, como os de Carballeda de Avia, Boborás ou San Amaro". O gran desfile de carrozas e charangas, as 12,30 horas, volverá ser o momento culminante do programa para este domingo dia 28 de agosto, aínda que as actividades iránse sucedendo durante toda a xornada, desde as 10 da mañá, cando se abra a recepción para o concurso de acios e se inaugure unha nova edición do mercado artesanal, no paseo fluvial, que permanecerá aberto durante todo o dia.
O pregón correrá a cargo da Conselleira de traballo e benestar, Beatriz Mato, as 12 do mediodia na praza do Cruceiro. Tralo gran desfile de carrozas e charangas, será o xantar popular no parque do Salgueiral, ofrecendose un menú a base de empanada, polbo á feira, carne ó caldeiro, viños do Ribeiro, postres e licores, ao prezo de 23 euros.
Xa pola tarde, chegarán as novidades na programación deste ano. Desde as cinco en adiante, un concurso de xogos populares, entre os que se incluirán algunhos relacionados coa vendima e O Ribeiro, como unha carreira de aros de cubas e unha carreira de relevos con culeiros, e outros máis tradicionais como a chave, bolos, zancos, a rá, os trompos ou as carreiras de sacos. Desde as 7 da tarde, tamén organizado pola Asociación Cultural Taparraná de Leiro, terá lugar a "Troulada Folk do Ribeiro", coa actuación dos grupos Varacuncas, Beira do Avia, A pé de Cuba, Flor de Toxo, Os Serandeiros e As Piconas.
O Programa completaráse a partir das 9 da noitiña co xa tradicional "Festival de Canto Coral Vendima do Ribeiro", na Igrexa Parroquial de San Pedro de Leiro, onde actuarán os anfitrións da Coral Val do Avia, e como coral invitada "Voces del Alba", de La Robla - León.
O centro de control das telecomunicacións do AVE do sur de Galicia deberá estar operativo para o vindeiro dia 10 de decembro, xa que para ese dia está anunciada a inauguración do AVE que unirá as cidades de Ourense e Santiago de Compostela. A nova infraestructura, na que o ADIF investíu 3,3 millóns de euros, ubícase nas inmediacións da localidade de Lama de Campo, ocupa unha parcela de 2.000 mts. cadrados, e atópase xa practicamente rematada. A previsión apunta a creación nesta estación de mantemento de arredor de 40 postos de traballo directos, según os datos que manexa o Alcalde do Irixo, Manuel Penedo.
O máximo responsable municipal espera conseguir que a maioria dos novos postos de traballos sexan ocupados por veciños do propio Concello do Irixo, e asi o manifestou en declaracións a esta emisora de radio, "estou moi pendiente de este asunto, e preocupame moito, sei que serán entre 35 e 40 postos de traballo os que se van crear, e pode ser que os máis técnicos que serán 5 ou 6 terán que vir de fora, pero o resto, vixiantes, limpeza e os 20 peóns para o mantemento da vias, son traballos que pode facer xente do Irixo". Penedo confia en que as xestións que vai a levar a cabo persoalmente ante o Presidente do ADIF sexan fructiferas.
O Concello do Irixo conta, según os datos actualizados do pasado mes de xullo, cun total de 95 parados que están incriptos como demandantes de traballo, de conseguir o Alcalde o seu obxetivo, siñificaría reducir o paro preto do 50% no termo municipal.
C.D. Arenteiro xogará o primeiro partido de liga en Espiñedo fronte a un dos equipos chamado a moverse na zona noble da clasificación, o C.D. Allariz, que ven de eliminar ao Ourense B na fase previa da Copa Deputación. Pola súa parte, o Maside F.C., que sucumbia ante o Verín (0-2) na mesma ronda de copa, viaxará na primeira xornada atá o campo do Ramirás. En ambos casos, será o vindeiro domingo dia 4 de setembro.
Antes, Maside e Arenteiro, que este ano volven coincidir en competición oficial na primeira autonómica, desputarán o tradicional partido das festas do San Vitorio masidao, o sábado 27 de agosto ás 19:00 horas no campo municipal do Outeiro Grande. O Arenteiro chega a este encontro, tras gañar este pasado domingo o torneo triangular que se xogou no campo do Melias, cos locatorios ós que derrotou por 0-1 cun gol de Adrián Iglesias, e có Nogueira de Ramuín, co que empatou 0--0.
Xa na 2ª autonómica, a primeira xornada de liga, que tamén arrancará o domingo 4 de setembro, ten os seguintes enfrontamentos:
- C.D. Trives - C.D. Cea
- Leiro C.F. - Ribeiro F.C.
- At. Barbantes - Barra de Miño
- Amoeiro - Stº. Teresita
A Vila de Maside inicia a súa semana cultural, previa á celebración do San Vitorio 2011, que comezará na noite do venres 26 coa primeira da verbena, que estará amenizada pola orquestra "Pontevedra". Para os dias grandes da festa, o sábado 27 e o domingo 28, contaráse coa participación das bandas de música de Ramirás e O Carballiño, e as orquestras "Nova Palma", "Iris" e "Olimpus".
LUNS 22:
20.30 h: "Elba e Marcos e os xoguetes encantados" (Duende Sico)- Monicreques - Alameda de Maside
MARTES 23:
20.30h: "Contos vellos, novos finais" (Dinamo Teatro) - Teatro - Alameda de Maside
MÉRCORES 24:
20.30h: "Contos para facelo indio" (Tusitala Contacontos) - Teatro - Alameda de Maside
22.00h: "Gru: Mi villano favorito" - Cine na Rúa - Praza Maior
XOVES 25:
20.30h: "Pin Pam" (Pés Ceibes) - Teatro de rúa - Alameda de Maside
22.00h: "Tenías que ser tú" - Cine na Rúa - Praza Maior
VENRES 26:
20.30h: "Enfaunada" (Ánima Rúa) - Teatro de Rúa - Rúa Principal
21.00H: Pasarúas e concerto do Grupo de Gaitas de Maside "Xalundes"
Poucas novidades presenta este Maside F.C., que este ano regresa á primeira categoria autonómica. O Adestrador Paco Domínguez, que ascedeu ó equipo na pasada campaña, confia no mesmo grupo de xogadores, ó que se incorporan Gallardo, procedente do C.D. Arenteiro, e tamén do desaparecido Arenteiro-B chegan a Maside, Iñaqui e Varela. En canto as baixas, está a de Alex Bardelás, fichado polo Arenteiro.
O primeiro test serio do Maside xógase este sábado dia 20 ás 18,30 horas no Outeiro Grande, recibindo ó C.D. Verín da preferente, ó que se enfrontará en partido único da fase previa da Copa Deputación. Xa nas Festas do San Vitorio, o sábado 27 ás 7 da tarde, tamén no Outeiro Grande, o Maside medirá forzas en partido amigable ante o C.D. Arenteiro, có que este ano coincidirá na mesma categoria..
Arredor dos 800 cabalos, esas son as previsións que manexa a organización, son os que se esperan este domingo 21 de agosto na paraxe natural do Puzo do Lago, o que siñificaría un novo record de participación na "Festa do Cabalo de Maside", que acada este ano a súa XXIV edición. Unha festa xa moi consolidada, como comentaba en "Asi son as mañás de Cope" o Concelleiro de Maside e ún dos fundadores da festa, Wenceslao Botana "é xa unha tradición, témola fixada no tempo e no espazo, a xente xa sabe que despois da festa do pulpo e antes do San Vitorio, é a festa do Cabalo". Botana recorda como naceu esta celebración "que é hoxe a festa do cabalo seguramente máis antiga de Galicia, fumos un grupo de amigos que en 1988 decidimos recuperar a tradición cabalar deste concello, e que mellor logo que facer unha festa".
Organizada pola "Asociación do Cabalo Puzo do Lago", coa colaboración do Concello de Maside, a festa repartirá este ano 7.000 euros en premios, que recibirán os primeiros clasificados nos distintos concursos e carreiras que se celebrarán durante a xornada. Unha das novidades que desde a organización se anuncian por medio da Secretaria, Marta Pérez, será "a presenza por vez primeira de Gardas Civís a cabalo, levabamos varios anos intentando e penso que por fin iste ano ímolo conseguir".
A Programación de actividades é a seguinte:
- 9,30 H : Recepción de animais e apertura de inscripcións para as diferentes probas.
-10,20 H: Cabalos do Pais 13,20 H: Andadura de Cabalos Trotóns.
-10,40 H: Cabalos Cruzados. 14,00 H: Xantar Popular : Polbo, Chrurrasco e Carne.
-11,00 H: Eguas Cruzadas. 16,00 H: Carrreira de Cabalos Trotóns.
-11,20 H: Cabalos Pura Raza Española 16,30 H: Carreira de Cabalos Trotóns con carro.
-11,40 H: Eguas Pura Raza Española. 17,00 H: Carreira de Burros.
-12,00 H: Cabalos Pura Raza Árabe 17,30 H: Carreira de Cabalos do país.
-12,20 H: Eguas Pura Raza Árabe. 18:00 H: Carreira de Cabalos cruzados.
-12,40 H: Andadura a dous tempos 19,30 H: Carreira de Cabalos de puro sangue inglés.
-13.00 H: Andadura a catro tempos 20,00 H: Sorteo dun poldro e entrega de premios

A Vila de Soutelo de Montes, no veciño Concello de Forcarei, que mantén unha tradicional interrelación social coa comarca do Carballiño, acolle os dias 19 e 20 de agosto a XXXII edición da "Festa do Gaiteiro", ún dos acontecementos da música tradicional máis destacados de Galicia, que cada ano homenaxea a figura de Avelino Cachafeiro e os seus irmáns, os famosos "Gaiteiros de Soutelo", considerados como os pais da gaita galega. Na súa lembranza organizase cada ano esta festa que organiza o Concello de Forcarei. Cope O Carballiño emite este xoves dia 18 un programa especial dedicado a este evento. O programa comeza na noite do venres 19 coa actuación estelar do gaiteiro Xosé Manuel Budiño e o grupo Folk ARDENTIA, e continua xa có resto das actividades durante a xornada do sábado dia 20. A programación ó completo é a segunte:
DIA 19: 23:00 Actuación do Grupo Folk ARDENTÍA
00:30 Actuación do Gaiteiro Xosé Manuél BUDIÑO (Coa presentación do séu novo disco. Volta)
Lugar: Rúa Alfredo González Barros (Ó lado da Igrexa)
DIA 20:
10:00 Apertura da "FEIRA DE ARTESANÍA"
10:30 Pasarrúas "BANDA DE GAITAS DE VERÍN"
11:00 Actuación da "Banda de Gaitas de LOIA"
11:30 Actuación de "XIRANDOLA"
12:15 Actuación de "CANTIGAS DA TERRA"
13:00 Benvida do ALCALDE
13:10 Pregón por Carlos G. Reigosa.
13:25 Entrega de Medallas
13:45 Imposición do embaixador da festa.
13:55 Actuación da "Banda de Gaitas do Concello de Forcarei"
14:10 XANTAR POPULAR (Carpa no parque Venezuela)
TARDE
16:45 Inauguración do monumento en lembranza de Avelino Cachafeiro.
17:00 XIII Concurso de Solistas "AVELINO CACHAFEIRO"
19:15 Entrega de premios
OUTRAS MÚSICAS
18:30 Actuación do Grupo Folclórico "FREGUESÍA DE SOTELO- PORTUGAL"
19:30 Actuación do Ballet Folclórico "TIERRA ADENTRO DE URUGUAY"
20:30 "Ruada POPULAR"
"CHARANGA DO FIADEIRO"
e
"CANTAREIRAS DA FERVENZA"
Perder 0-2 contra un equipo punteiro da terceira non é un mal resultado para un equipo da 1ª autonómica, claro que neste caso o resultado era o de menos. Certo é, ademáis, que o Ourense só apretou o acelerador no primeiro cuarto de partido, nese periodo conseguíu os dous goles, o primeiro deles en propia meta, e a partir de ahí o Ourense baixou o ritmo no xogo, certo é tamén que este Ourense terá moito que mellorar se quere aspirar a dar o salto de categoria, como é a súa aspiración. Polo que respecta ao Arenteiro, foi de menos a máis, e a punto de expirar a primeira parte, Iglesias tivo unha clarísima ocasión de recortar no marcador, pero o seu tiro, só ante o meta ourensano, non atopou porta. Xa na segunda metada, o Arenteiro estivo moito mellor, e tivo atá un par de novas oacisións para facer gol. O final, boas sensacións as que deixaba nas bancadas de Espiñedo este xoven Arenteiro, que ofreceu detalles certamente positivos.
Xornada pletórica para O Carballiño, cheo a rebosar na hostelería local, nas tabernas ambulantes do parque cartel de completo á hora punta do xantar, fin de semana redonda para a restauración carballiñesa e nos hoteis, as preto de 500 prazas dispoñibles, con ocupación plena desde varios dias antes. Miles de persoas volveron acudir a gran polbada de Galicia, a festa do polbo do Carballiño volveu amosar o seu gran poder de convocatoria atraendo a miles de persoas. Unha cifra sempre difícil de calcular decía O Alcalde Argimiro Marnotes " as estimacións de asistencia, falando coa xente de Protección Civil e a Policia Local é que estaríamos arredor das 80.000 persoas, e unhos 20.000 kilos de polbo vendidos". Ademáis, para poñer a guinda mediática e de difusión da festa e O Carballiño, Mariano Rajoy apareceu en practicamente todos os telexorais televisivos falando desde o parque do Carballiño, e a practica totalidade das grandes cadeas de radio españolas reflectiron a presenza de Rajoy na festa carballiñesa.
A súa chegada ó parque municipal, o lider do Partido Popular manifestou que "para mi es una satisfacción y un honor estar en esta fiesta del pulpo en Carballiño, una ciudad dónde yo, por cierto, viví los primeros años de mi vida, el pulpo es un producto de Galicia por excelencia y además en esta ocasión se produce algo que yo considero importante, y es que esta fiesta apoya a una parte de nuestro país que ha sufrido consecuencias graves, en este caso uno de los productos emblemáticos españoles como es el pepino". Xa no acto oficial de recepción ás autoridades, que por vez primeira na historia da festa se celebrou na explanada de entrada do parque, Rajoy felicitou "al ayuntamiento por esta fiesta tan emblemática de nuestra tierra, Galicia, y por manifestar este apoyo a estas persoas que han tenido muchas dficultades con aquellas acusaciones que luego se demostraron falsas". Mariano Rajoy ainda tivo tempo, despois de dar un paseo dunha hora de duración polo parque, picar unhas talladas de polbo nun dos 32 postos instalaron este ano as súas caldeiras, fotografiarse e saudar a todos cantos se lle aproximaban, escoitandose en algunhos momentos do percorrido a grupos de persoas que corearon o "Presidente, Presidente", ó seu paso.
O Alcalde do Carballiño, que antes de despedir a Rajoy lembroulle que "ó próximo Presidente de España, e aquí temos con nós a un aspirante, recordarémoslle que esta festa merece xa o recoñecemtno internacional, queremos que a nosa festa do polbo sexa declarada de interés turístico internacional, e imos traballar para conseguilo". Marnotes, na primeira festa "que me toca organizar", agradeceu nos micrófonos de Cope O Carballiño "o inmenso traballo dos traballadores do Concello que se volcaron con esta festa, igual que o resto das 220 persoas que formaron o operativo de organización e seguridade". O Rexidor Muncipal sentiase, xa a última hora da tarde "cunha satisfacción inmensa, porque vese que o pobo está volcado en corpo e alma coa nosa festa, vese que o pulpo no Carballiño é un sentimento, e o polbo aínda ten moito que dar Ó Carballiño, aínda tén moitos éxitos económicos que dar á nosa vila", concluíu.
Finalmente, o tempo acompañou e o xantar oficial celebrouse no escenario tradicional, no parque, onde comeron 1.350 persoas, e onde chamou a atención a reducción no cupo de invitados, tan solo 250 este ano, fronte os 650 do ano pasado, o que propicíu un aumento nas tarxetas de pago, que foron 1.100. Resulou moi discreta a presencia de políticos, outrora masiva, malia a visita de Rajoy, a asistencia de cargos do Partido Popular foi bastante discreta, estivon presentes os Consellerios de Eduación, Xesús Vázquez, e Presidencia, Alfonso Rueda, e ao xantar acudiron algunhos Alcaldes -non todos- das Comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
Ao recinto oficial, tamén acudíu a Corporación Muncipal do Carballiño case ó completo, case, xa que foi moi comentada a ausencia da Concelleira Socialista, Maria José Pérez, a esposa do Ex-Alcalde do Carballiño e na actualidade Secretario Xeeral do PsdG-PSOE, Pachi Vázquez, que por vez primeira en 16 anos non se deixou ver na festa do polbo. Sí estiveron presentes os concellais do grupo municipal socialista, có seu portavoz á cabeza, Paco Fumega declarou que "49 son moitos anos, é xa unha longa historia en positivo para O Carballiño, unha festa que é un encontro para os veciños do Carballiño e para desmostrar o carácter hospitalario que ten este pobo". Aúrea Francisco, a portavoz do BNG, aproveitou os micrófonos de Cope O Carballiño para poñer de manifesto novamente unha reivindicación que a concelleira nacionalista ven repetindo nos últimos anos da festa " hai que buscar solucións para esta agresión que cada ano tén o parque, hai que cambear cousas, e buscar solucións para as zonas do paque que están agónicas pola erosión, hai que buscar saídas porque estamos matando a galiña dos ovos de ouro, que é o paque", remarcou.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 714
- 715
- 716
- 717
- 718
- 719
- 720
- 721
- 722
- …
- seguinte ›
- última »