15, Xullo 2011

A sinatura dun convenio que o Alcalde de San Amaro Ernesto Pérez ven de asinar co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustin Hernández, permitirá ó Concello de San Amaro financiar as obras de construcción de beirarúas entre O Cruceiro e a antiga escola de As Neves de Grixoa, ademáis nesta mesma parroquia crearánse dúas zonas de lecer, unha infantil con diversos xogos e outra para os maiores, ésta última consistirá na instalación dun parque biosaudable. A Consellería procederá nos próximos 20 dias a adxudicación deste proxecto, que terá un orzamento de 98.000 euros, foi éste un dos anuncios que fixo o rexidor municipal amarense no transcurso da súa intervención no programa "Asi son as mañás de Cope O Carballiño" que se emitíu este venres desde San Amaro. Outra das actuacións inmediatas á que tamén se referíu o Alcalde foi o proxecto de aforro enerxético que se vai implantar na parroquia de Eiras, por medio dunha achega económica de 100.000 euros que aporta o INEGA, e que renovará por completo as iluminacións públicas nas localidades desta parroquia. Tamén destacou Pérez "a obra de ampliación e mellora da Casa do Concello, que logo será xa unha realidade e que nos permitirá unha notable mellora das dependencias municipais e polo tanto nos servizos que prestamos ós veciños". Xa finalmente, O Alcalde de San Amaro fixou os dous grandes obxetivos para este novo mandato municipal, que serán " a apertura do centro de interpretación da cultura castrexa de san Cibrán de Las, que espero sexa xa unha realidade durante este ano 2011, e para o resto da lexislatura espero que antes de rematala poder dotar ó municipio de San Amaro dun plan xeral de ordenación municipal".

11, Xullo 2011

A Crise interna desatada no BNG carballiñés tras o batacazo electoral do pasado 22 de maio motivou tensas asambleas na militancia nacionalista que forzaron a demisión do responsable do consello local, Eladino Cabanelas. Ademaís, nas últimas semanas, tamén presentaban a súa renuncia outros dous integrantes deste órgano local de dirección, Marco Antonio Reboredo e Pilar Barros, que deixaban outras dúas vacantes. As tres baixas xa foron cubertas con outras tantas altas, as de Elvira Fernández Fernández, Soidade Sobrado Lois e Xosé Manuel Codesido Souto, que se incorporan a este novo consello local, do que será o seu máximo responsable Diego González Valeiras. Continúan da anterior etapa, Victor Vázquez Gulías, Eduardo Bernárdez López, Ramiro Alberte Sánchez Francisco e Aúrea Francisco Lorenzo, a única concelleira coa que conta o BNG na Corporación Muncipal do Carballiño. O novo responsable local do BNG manifestou no acto de presentación do renovado consello local que "o pasado 22 de maio a cidadanía expresou con rotundidade que o camiño que tiña o BNG no Carballiño non era o correcto, tomamos nota e o que agora pretendemos é corrrexir erros, para desta maneira retomar a confianza que a cidadanía do Carballiño puxo sempre no Bloque". Diego González recoñeceu que "sabemos no BNG que non fumos capaces de explicar o pacto de goberno có PSOE e iso foi fundamental no resultado electoral no Carballiño, asi e todo consideramos e considerarémos sempre que o traballo desenvolvido polos catro concellais do BNG durante ese ano e medio foi excelente". De todas formas, este novo consello local agora presentado, é considerado entre os nacionalistas como "de transición", e asi o recoñeceu o propio novo responsable local "xa que no outono celebraráse a asemblea nacional do BNG e será ahí onde se marque o camiño a seguir para o futuro da nosa formación". Neste novo consello local do Carballiño hai chamativas ausencias, como poden ser as de Manuel Amil, Bernardo García ou Chema Ferreiro, agora retirados da primeira liña da política municipal e autonómica.

10, Xullo 2011

En menos dun ano o Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta de Galicia posibilitou que preto de 2.000 veciños do Concello de San Cristovo de Cea, que carecían de acceso á Rede, teñan a posibilidade de conectarse a Internet. Isto supuxo incrementar nun 73% a porcentaxe de poboación con cobertura no ámbito xeografico deste Concello. Antes da posta en marcha do Plan tan só o 17% dos habitantes deste municipio dispoñían de acceso á Rede. Tras o despregamento de redes fixas e redes sen fíos nas distintas parroquias do Concello de Cea, a cobertura incrementouse ata máis do 90% da poboación. A previsión é que no 2013 o Concello acade de preto do 97% de cobertura a través deste tipo de redes, unha porcentaxe que chegará ata o 100% a través de satélite.

 Unha das liñas de acción que o Plan desenvolve neste Concello de san Cristovo de Cea é a extensión de redes fixas, que está a realizar o operador Telefónica e que garanten unha velocidade de 6 Mbps. Para o despregamento destas infraestruturas de telecomunicación na Comunidade a Xunta concedeu a Telefónica o pasado mes de setembro unha subvención de preto de 5,3 millóns de euros, un plan que tamén abrangue a outros concellos galegos.. O operador Telefónica, tras o despregamento de redes no municipio ceano, mellorou a súa oferta na zona ofrecendo desde finais de 2010 un servizo de 10Mbps en lugar do de 6Mbps ao mesmo prezo. Ademais, os clientes dispoñen sen custe adicional dun sistema de almacenamento privado, “Terabox”, cunha capacidade de ata 100Mbps. Estas melloras forman parte dos compromisos acadados polo operador dentro do Plan de Banda Larga da Xunta.

O

7, Xullo 2011

A Corporación do Carballiño celebrou a primeira sesión do novo mandato municipal, tralo cámbeo político que situou ó Partido Popular no Goberno do Concello e a PSOE e BNG na oposición. Nesta sesión quedou aprobada a dedicación exclusiva que terá Argimiro Marnotes na súa condición de Alcalde e a correspondente asignación económica, que será de 40.444 euros brutos anunais, repartidos en 14 pagas, a mesma cantidade que viña cobrando nos últimos anos o seu predecesor no cargo, o socialista Carlos Montes. Aínda que a principios desta semana o grupo de goberno avanzara que a proposta sería de 51.300 euros, finalmente foi o propio Alcalde no transcurso da sesión plenaria quen recoñecia que sobre este asunto pedíu moitas opiniós nos últimos dias e "rectificar é de sabios", desta maneira Marnotes cobrará o mesmo que o anterior Alcalde. Os portavoces da oposición, Paco Fumega e Aúrea Francisco, felicitanbanse desta "marcha atrás" do Partido Popular, entendendo que "chega forzada polas críticas dos veciños e a presión exercida desde os medios de comunicación". Onde non houbo debate foi nas asigacións económicas ós 3 grupos políticos da Corporación, seguindose o mesmo baremo do anterior mandato no reparto dos 20.000 euros anuais para este capítulo, correspondendolle 10.000 o PP, 8.000 ós socialistas, e 2.000 ó BNG, distribución que se fai en base á representatividade de cada grupo no Concello.

5, Xullo 2011

Tomás Lorenzo Fariña, Vocal da entidade Menor de Berán rexistrou o día 4 de xullo un escrito de solicitud de Pleno extraordinario, lembra que en reiteradas ocasións, ata tres veces solicitou a celebración dunha sesión extraordinaria para aclarar diversas cuestións importantes para o pobo de Berán. Insta  ao concello, para que a través da celebración do Pleno Extraordinario lle aclare a situación das antigas instalacións Balnearias, a  das novas, a  economía da entidade Local Menor , indicando  movementos de ingresos e gastos dos últimos dous anos, as subvencións que se solicitaron e recibiron dende o 1 xaneiro de 2010 ata a fecha, información sobre as xestións realizadas referentes a mocións presentadas polo PSdeG-PSOE  con data de 23 de decembro de 2008 e que foron aprobadas por unanimidade en sesión extraordinaria celebrada o 13 de abril de 2009, o patrimonio da entidade , a limpeza do cemiteiro,  do pobo , a creacións de novos panteóns.

Lorenzo Fariña, afirma “hai  total falta de transparencia ”, non se celebran sesións ordinarias dende fai un ano e conclue que “a paralización que sofre a entidade so vai en detrimento dos intereses  desta parroquia”

4, Xullo 2011

O Concello do Carballiño convocará un concurso público para adxudicar a un operador a contratación dos servizos de telefonía, será ésta unha das medidas que próximamente se levarán a cabo según por parte do Alcalde Argimiro Marnotes e según manifestou "coa idea de reducir o gasto neste capítulo, que ascende de media a unhos cinco mil euros ó mes", unha cantidade que se considera "excesiva" por parte dos novos gobernantes do Carballiño. O Partido Popular pretende reducir á metade as liñas de telefonía móbil que tiña contratadas o anterior goberno socialista, en total 36 liñas de telefonía móbil, que se repartían entre os Concellais do grupo de goberno e outros responsables municipais, como a Policia Local ou os varios que estaban asignados ó electricista e o servizo eléctrico muncipal, que contaba con varias liñas para a alerta de averias nas iluminacións públicas mediante SMS, algunas de esas liñas que estaban contratadas "nin xiquera se utilizaban", dixo Marnotes, que ademáis xa ordenou a pasada semana que foran dadas de baixa. Agora, o Partido Popular plantexase como obxetivo inmediato abaratar o gasto telefónico, racionalizando e mesmo restrinxindo o uso do móbil a aqueles despartamentos e responables municipais nos que se fai necesario e imprescindible.

1, Xullo 2011

O Alcalde de Cea considera que as posiblidades de que a empresa británica "Xero" elixa o polígono industrial de Cea para instalar a factoria na que fabricaría un vehículo eléctrico son moitas e van en aumento conforme pasan as semanas. José Luis Valladares, que participou no programa "Asi son as mañás de Cope" que se emitíu desde Cea, manifestou que "dentro de pouco haberá unha noticia importante, porque unha gran empresa se vai instalar en Cea, e será un gran impulso para a dinamización económica non xa  do Concello de Cea, senón para o resto da Comarca"

. Preguntado por Xan Pinal sobre se "esa empresa" era a multinacional británica, Valladares dixo que "efectivamente, e ademáis podo decir que temos xa o seu visto bó  polos terreos, eso sí, unha empresa desta magnitude necesita a financiación para esa gran obra e poder desenvolver o seu proxecto". O Alcalde ceano tamén confirmou que a operación contaba coa aprobación da empresa "Las 5 Jotas", que promoveron a creación de este espazo industrial e que cederían á empresa birtánica "a cámbeo de unha compensación económica".

Finalmente, Valladares destacou  tanto a céntrica ubicación xeográfica como as extraordinarias comunicacións das que dispón o municipio de Cea, a carón da autoestrada de Santiago, no eixo do Ribeiro e moi preto da futura autoestrada de Lugo, pola que se dirixirá o tráfico cara Europa a través da autoestrada do Cantábrico, polo que "son varias as empresas, e asi nos consta, para as que o polígono infustrial de Cea tén un actractivo especial". Fai varios meses, "Xero" amosara o seu interés por ubicar o seu proxecto de fabricación de coches eléctricos no Concello de Melón, daquéla apuntárase que o proxecto industrial crearía unhos mil postos de traballo directos.

29, Xuño 2011

O portavoz socialista no Irixo, Francisco Javier Rodríguez, denuncia “a parálise do Concello que ten o seu fiel reflexo nas obras do millonario pavillón de deportes, paradas dende hai tres meses, e no deteriorado parque infantil do colexio público”.  Rodríguez critica a falta de sensibilidade do alcalde que conseguiu chegar ás vacacións escolares sen arranxar as instalacións do colexio, perigando incluso o seu mantemento. “O feito de que o colexio estivera case a punto de ser pechado manifesta a falta de interese por aumentar poboación ou fixar a que aquí vive. A este paso os poucos nenos que nos quedan terán que marchar a outras vilas, e o Irixo esmorecerá lentamente”, afirma. O portavoz socialista considera que “non hai máis que ver o estado de ambas obras para decatarse de que o último que interesa ao Grupo de Goberno Popular son os nenos e a xente nova”. 

 

 

 

28, Xuño 2011

A falta da chegada dun lateral, que está aínda por concretar, o Arenteiro 2011-2012 tén xa configurado e practicamente cerrado o seu plantel. Ramón Dacosta terá as súas ordes 20 xogadores, a metade deles da Comarca do Carballiño, ós que se suman 4 futbolistas do veciño Ribeiro, que xunto ós foráneos, forman un grupo  no que en opinión do Técnico "primará o compromiso colectivo, o valor do grupo por enriba das individualidades". En canto á confección final da plantilla, ademáis das xa anteriormente anunciadas incorporacións, confirmase a continuidade do brasileiro Marconi, que será unha das pezas importantes sobre as que pivotará o equipo. En canto as novas caras, chegan ó Arenteiro Miguel Prada, un interior de 23 anos que procede do Melias; Gabriel Carballeda, mediocentro de 19 anos e procedente do Pabellón da liga nacional xuvenil; Marcos Sotelo, defensa de 26 anos que xogou a pasada tempada no Barbadás de Preferente; Michel, o xoven valor carballiñés que regresa a Espiñedo tralo seu paso polo Calasancio de Monforte, có que competíu na liga nacional xuvenil; Alex Bardelás, procedente do Maside, un mediocentro de moita calidade técnica e prometedor futuro; e xa finalmente, a falta de confirmación oficial, é moi probable a fichaxe do defensa Luis Vilachá, ex-Ourense e ex-Verín. A data de inicio da pretenpada está fixada para o mércores 27 de xullo.

27, Xuño 2011

Os responsables do Centro Comercial Aberto e da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño esperan que os novos gobernantes municipais do Partido Popular reactiven a "Mesa do comercio local", recentemente constituída, e que agora deberá renovarse na súa representación política, como consecuencia das eleccións municipais. Foi éste ún dos asuntos que se trataron na primeira reunión institucional que mantivo o Alcalde Argimiro Marnotes cós directivos de ambas asociacións e na que se abordaron outras cuestiós de interese para o comercio local, como a creación dun "centro de negocios" que quere poñer en marcha o novo goberno municipal carballiñés, a idea -salientou Manolo Blanco "Celta", ún dos asistentes a esta reuniíón- é "utilizar as instalacións que temos para que poida levarse a cabo esta iniciciativa, de orientación á xente que queira montar un negocio, e tamén de información e tramitacións de subvencións, asi como de calquera trámite e contactos necesarios para poñer en marcha un negocio, consideramos que é unha idea moi interesante tanto para o Concello como para nós". Os comerciantes agardan que sexa a través da "Mesa local do comercio" ónde poida chegarse a un acordo sobre a implantación ou non da ORA nas rúas carballiñesas, unha vez que o novo goberno do Concello é partidario de negociar coa empresa concesionaria da súa explotación a rescisión da adxudicación adiministrativa feita polo anterior goberno muncipal, a este respecto Manolo Blanco é partidario de buscar algún tipo de solución para solventar a carencia de aparcamentos nas rúas do Carballiño "nós eramos partidarios de probar coa ORA, pero díxosenos que o Partido Popular estudiaría outras posibilidades, e nós apoiarémos calquera outra solución, porque para o comercio é un problema grave o que temos pola falla de aparcamentos, polo que sexa o parking non foi unha solución, e os nosos clientes queixanse de que non teñen onde aparcar", recalcou.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS