Comezou ben o Arenteiro nesta visita ó campo de Burgáns, controlando o xogo durante os primeiros minutos, e incluso se adiantaba no marcador cun gol de Lamín, atá que os despistes defensivos e do porteiro Pedro servianlle ó Cambados para darlle a vota ó marcador en apenas un cuarto de hora. O empate, o executar unha falta lateral que roza un dianteiro do Cambados e o balón vaise ó fondo da portería, e o 2-1 nun contragolpe que colle a contrapé a defensa carballiñesa e no que tamén pudo facer algo máis o meta carballiñés. Marcos e Martín, éste último de cabeza, desaprobeitarían a oportunidade de empatar o partido. Tralo descanso, e na primeira aproximación a portería do Cambados chegaba o terceiro gol local. Xa en pleno desconcerto do Arenteiro caía o cuarto, nunha bonita combinación da dianteira do Cambados, que estivo moi efectiva durante toda a tarde. Xa na recta final do partido o Arenteiro maquillaba o marcador có segundo gol, obra de Pereiro. Como noutros partidos anteriores, as carencias defensivas e as pérdidas de balón no medio do campo volven condenar ó Arenteiro a una nova derrota.
Maria del Carmen Cives Martinez tomará posesión como nova Concelleira da Corporación Municipal de Boborás, o seu esposo, o Alcalde Cipriano José Caamaño Castro, convocou para este venres dia 28 de xaneiro ás 9 da mañá, o pleno extraordinario no que a súa esposa tomará posesión como Concelleira do grupo municipal do Partido Popular. Maria del Carmen Cives sustituirá na corporación bobarense a outra muller, a que fora 1ª Tenente de Alcalde Eva Pardo, que no pasado mes de novembro de 2010 presentara a súa demisión, alegando motivos personais. A seguinte na lista do PP nas municipais de 2007 renunciou a tomar posesión, polo que correspondía facélo a Cives Martiínez, que sí aceptou. Asi que desde esta semana, daráse esta singular circustancia na vida política da nosa comarca: o matrimonio Caamaño-Cives forma parte da mesma Corporación Municipal, neste caso do Concello de Boborás.
O outro punto da orden do dia desta convocatoria plenaria extraordinaria será a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Boborás, para remitir o documento novamente á Xunta de Galicia, e asi dar continuidade a súa tramitación con vistas a súa aprobación definitiva.
A próximidade das eleccións de maio e a anunciada retirada de Manuel Amil da política municipal, levan o grupo municipal do BNG a inutroducir varios cámbeos no seu organigrama, que estaban acordados desde fai xa algún tempo no seo do grupo nacionalista, pero que tiveron que retrasarse porque como explicou o propio Manuel Amil "desde que me reincorporéi á docencia no instituto, a miña dispoñibilidade para este Concello en tempo real quedou moi disminuida, os cámbeos xa os tiñamos desde entón acordados , o que pasa é que por problemas personais e de saúde de Aurita non se puderon facer antes". Desta maneira, Aurea Francisco, a actúal Concelleira de Igualdade e Benestar, ocupará a Primeira Tenencia de Alcaldia do Concello do Carballiño, es sustitución de Amil. Ademáis, a futura candidata do BNG á Alcaldia do Carballiño tamén asume a portavocía nacionalista durante o que queda de mandato municipal. Os cámbeos tamén afectan á área muncipal de obras e urbanismo, xa que desde agora o actúal concelleiro de medio ambiente, Bernardo García, tamén asumirá as competencias de obras, xa que Amil quédase únicamente con urbanismo. A outra concelleira do BNG, Maria Jorge, a única que non está afectada polos cámbeos, continuará á fronte da concellería de dinamización social.
A familia do PSOE deuse cita na casa da cultura para acompañar a Francisco Fumega no seu primeiro acto público como candidato socialista á Alcaldia do Carballiño nas vindeiras eleccións municipais de maio. Na casa da cultura, ante afiliados, simpatizantes, Alcaldes e o seu mentor político, Pachi Vázquez -agora Secretario Xeral dos socialistas galegos- Fumega proclamou que chega á política local coa intención de traballar polo Carballiño e defender "unha política para as persoas". O Candidato Socialista utilizou unha metáfora para explicar o que pretende facer "nestes 16 anos fixemos o edificio, as zapatas, as planchadas, os tabiques e algo tan importante como o tellado...agora fáltanos amoblalo para que a xenta viva ben e se sinta cómoda". Fumega referíuse os 3 eixos fundamentais nos que vai incidir no seu programa electoral, como serán "unha concellería de traballo e promoción económica, que capte diñeiro de Europa e Madrid, ónde sabemos movernos moi ben, unha concellería de participación cidadán e outra gran concellería de servizos sociais". Tampoco obviou o Candidato Socialista a actúal problemática económica e demográfica que nos afecta "con aldeas e casas cunha sola persoa maior" polo que prometeu que se traballará en programas de asistencia a domicilio. Francisco Fumega, de 49 anos de idade, é doctor en xeografía, na actualidade é xerente da Sociedade Empresarial do Atlántico, e antes foi Delegado Provincial de Medio Ambiente na etapa do bipartito.
Non pudo ser, o mal partido dos locais e unha actuación arbitral desafortunada foron as claves desta derrota do Arenteiro en Espiñedo, que volveu rexistrar unha gran entrada de público. Se a afección cumplíu e asistíu en masa ó partido, non se pode decir o mesmo do equipo, que nin moito menos estivo á altura das circustancias, e de pouco valen nestos casos ás lamentacións como as baixas que deibido a lesións presentaba o once titular, entre as que se atopaba o dianteiro Lamil, que causara unha moi grata impresión no partido da Peroxa. Tan só nalgunhos momentos do primeiro tempo o Arenteiro deu sensación de poder gañar ó Porriño, que axudado pola polémica labor arbitral levouse os 3 puntos de Espiñedo, mermando aínda máis as posiblidades de loitar pola permanencia na categoria. Moito terá que mellorar o equipo de Romero, sobre todo en defensa se quere manter algunha opción para eludir o descenso. Mención aparte merece a actuación árbitral deste domingo en Espiñedo, o lucense e de orixe familiar carballiñesa García Pinal tragouse dous penaltis na área do Porlriño, ún sobre Viñas e outro a Kennedy, ó que ademáis expulsou nesta xogada, e concedeu os dous goles visitantes en clarísimos foras de xogo, o segundo con atá 3 xogadores do Porriño en posición irregular. Breogán Pereiro anotou o gol local de falta directa ós 13 m. do segundo tempo, que empataba o partido, pero o Porriño sentenciaría o partido ós 69. Xusto é recoñecer que, sen contar cos favores arbitrais, O Porriño dispuxo dun par de claras ocasións de marcar, desaprobeitando as facilidades da defensa local.
O Centro Comercial Aberto fixo entrega ós seus gañadores e gañadoras dos premios do sorteo da pasada campaña de nadal, no transcurso dun acto que se desenvolveu na sede da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño. O primeiro premio, mil euros en vales de compra, foi para Jovina Vaca Pablo, mentres que os dous segundos premios, quinientos euros cada ún, foron entregados a Teresa Morquecho Barral e Puri Caderno Rodríguez. Ademáis, outros dez clientes do comercio local, foron agasallados con cen euros. Do total das 13 persoas que resultaron premiadas, 11 foron mulleres, e tan só 2 homes, asi que se facemos caso á proporcionalidade deste sorteo, concluirémos que a clientela do comercio carballiñés é maioritariamente femenina, tendo en conta que as mulleres levaronse o 85% dos premios desta campaña de nadal do comercio local.
O auto ditado pola Audiencia Provincial (AP) de Ourense di que se vai dirixir ao Xulgado de Instrucción de O Carballiño para que practique as probas solicitadas polos ecoloxistas tras atopar nunha fosa máis de 70 cans mortos no recinto municipal da canceira e cuia morte, ata o de agora, descoñécese. O Xulgado carballiñés decretara o sobreseimento provisional e o arquivo das actuacións referidas ao presunto delito de maltrato animal denunciado en marzo de 2009 por varias asociacións. Contra a resolución do xulgado as asociacións denunciantes formularon o correspondente escrito conforme alegaban a inconformidade do disposto baseándose na falta da práctica de probas propostas e non executadas o que podía ser causa de indefensión, é dicir, tomabase unha decisión xudicial sen ter en conta probas como a declaración da Concelleira de Medio Ambiente de Carballiño, tal e como se solicitara. E neste punto a Audiencia Provincial estima parcialmente os recursos interpostos polas asociacións ecoloxistas contra o auto do xulgado de instrucción e declara nulo o mesmo ata que o xulgado non se pronuncie sobre as cuestións plantexadas en relación coas “dilixencias de proba admitidas e non practicadas”. Para a Asociación Amigos da Terra con esta resposta xudicial "retornan ao Carballiño as investigacións sobre a morte dos animais aparecidos na canceira municipal manténdose a confianza de que se xulgue por maltrato animal a aqueles responsables de tutelar aos cans".
Para construir o edificio que albergará as futuras instalacións, o Ministerio de Fomento expropiará unha superficie de aproximadamente 4.000 metros cadrados, nas inmediacións da localidade de Lama do Campo. A obra terá un orzamento de 3,3 millóns de euros. O levantamento de actas, acto previo á ocupación dos terreos efectuaráse o vindeiro dia 26 deste mes de xaneiro na Casa do Concello do Irixo, ónde están citados todos os propietarios. A zona onde se ubicará o futuro centro de control de tráfico e telecomunicacións para o corredor da alta velocidade do sur de Galicia localízase preto do lugar no que o Adif contruirá a estación de mantemento da liña do ave Ourense-Santiago. O Alcalde do Irixo, Manuel Penedo, manifestou no programa "Asi son as mañás de Cope O Carballliño" que se trataba dunha excelente noticia para O Irixo, ó confirmarse a contrucción no municipio desta nova infraestructura "que creará máis postos de traballo, aínda que unha boa parte será persoal cualificado que virá de fora, pero sempre haberá máis traballo e movemento no Irixo, e ingresos para o Concello". Penedo referiíuse á futura edificación que consturirá o Adif "que se licitará de forma inmediata, probablemente no vindeiro mes, e ocupará unhos 2.000 metros cadrados, dentro desta parcela de 4.000 metros que agora é expropiada"
O xogador belga de orixe africana Lamíl pode ser a nova sensación deste novo Arenteiro, alomenos polo visto no partido xogado no campo do Marco da Peroxa, ónde os carballiñeses gañaron os 3 puntos en xogo no primeiro partido da segunda volta da actúal competición de liga, e na que o Arenteiro necesita gañar 12 dos 19 partidos, agora xa só restan 11, nesta conta atrás para acadar unha salvación que de momento aínda é posible, necesitaríanse gañar todos os partidos da casa e un par máis de encontros fora, a tarefa non é doada pero tampouco imposible, para sumar un total de 45 puntos. O novo dianteiro- centro do Arenteiro, Lamíl, podería ser ese goleador que necesitaba con urxencia o equipo, polo visto na Peroxa é un xogador que pode cumplir as expectativas coas que foi fichado. Ademáís, a seguridade atrás do meta portugués Pedro e a chegada ó equipo do Carballiñes Takón, o ourensano Breogán Pereiro ou o Marroquino Munir, poden ser reforzos moi importantes. Eso sí, Romero deberá traballar a tope para correxir as moitas carencias que aínda presenta o equipo. Na Peroxa, a endeblez dos locais, que remataron o partido con 3 expulsados, tampouco vale para sacar moitas conclusións. O partido do vindeiro domingo ante o Porriño sí que xa pode marcar ese momento de inflexión para ver se o equipo é capaz ou non de reconducir a situación.
O paro volveu aumentar no Concello do Carballiño no pasado mes de decembro, desta vez un 2,42%, e o número de traballadores sen emprego na capitalidade comarcal ascende xa a 1.314, un 5,46% máis en relación a un ano atrás. Outras 31 persoas perderon o traballo no municipio do Carballiño no pasado mes de decembro de 2010. Os datos tamén son especialmente negativos no Concello de Maside, onde o paro aumentou no último ano un 6,47 %, que se traduce en cifras record neste Concello, no que 285 persoas están inscritas como demandantes de emprego.
Os números do paro empeoran en todos os Concellos da Comarca, agás en Boborás e Beariz, onde no pasado mes de decembro se puxeron en marcha obradoiros de emprego. No Concello bearicense, o paro descendeu no mes de decembro un 51,28%, desta maneira tan só 19 persoas están sen traballo en Beariz, mentres en Boborás as contratacións do obradoiro de emprego reducíu o número de parados nun 15,84%, deixando o número total de persoas en situación de desemprego en 177 neste municipio.
No cómputo total dos 9 Concellos da Comarca, son 2.301 persoas as que -según os datos oficiais do pasado mes de decembro- están buscando tabrallo. Noutros Concellos do noso ámbito, en Leiro 141 persoas están anotadas no paro, e 77 no Concello de Avión.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 722
- 723
- 724
- 725
- 726
- 727
- 728
- 729
- 730
- …
- seguinte ›
- última »