2, Decembro 2010

Dous veciños do Carballiño, que actúan cun poder outorgado polo Bispado, veñen de presentar un interdicto no xulgado, no que se piden diversas modificacións no proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, na parte que é propiedade da Igrexa, e para que desta maneira se teñan en consideración as medidas correctoras da obra que se veñen demandando tanto por parte da comisión en defensa do entorno da Veracruz como de colectivos culturais e de defensa do patrimonio, asi como asociacións e veciños, que manteñen unha opinión moi critica con este proxecto que desenvolve a Secretaría Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia. No interdicto tamén se manifesta que, no caso de que non sexan aceptadas as modificacións que se piden, non se autorizará de ningunha maneira a continuidade das obras nos aproximadamente 1.700 metros cadrados que se corrresponden coa superficie dos terreos que son propiedade da Igrexa. Os responsables da parroquia carballiñesa veñen manifestando desde fai meses o seu malestar polo procedemento no que se acometeu a execución deste proxecto, que incluso tería posto en perigo ó templo, xa que as obras terían afectado á cimentación da Veracruz, según puxeron de manifesto informes técnicos encargados pola propia parroquia, e  despois de detectarse a aparición de fendas nalgunas partes do monumento de Palacios.

1, Decembro 2010

O Grupo Municipal Socialista de Leiro considera “un despilfarro” a modificación dos orzamentos presentada hoxe polo Grupo de Goberno. Manifesta ademais o seu desacordo ante a celebración do pleno extraodinario, e polo que preguntou ao Alcalde, “xa que está próximo a celebrarse o pleno ordinario, polo que só pode deberse a non saber facer as cousas ben”. 

Os socialistas consideran excesivos, pouco especificados e non xustificados os aumentos propostos en diversas partidas dos orzamentos do Concello. O portavoz, Manuel Rodríguez Vázquez, preguntou no pleno a qué se refiren os 30.000 euros destinados para “proxectos complexos” e as razóns para aumentar a partida orzamentaria para dietas, que xa contaba cunha cifra de máis de 9.000 euros. “ “Nun concello como Leiro o alcalde propón un aumento de 3.000 euros para dietas, que sumados á cantidade consignada a estas alturas de ano, o total resultante é de 18.300 euros, que ben se podían investir noutra cousa”, afirma. Tamén preguntou a que corresponden as partidas de suministros de 3.221 euros e 9.221 euros. Rodríguez indica que “a terceira modificación do orzamento presentada hoxe é froito da falta de previsión e inoperancia orzamentaria do Grupo de Goberno”. Engade que a súa “acción de goberno a bandazos cambia segundo veña o vento”.

 

 Rodríguez indica que “a terceira modificación do orzamento presentada hoxe é froito da falta de previsión e inoperancia orzamentaria do Grupo de Goberno”. Engade que a súa “acción de goberno a bandazos cambia segundo veña o vento”. Por último, lamenta que “os cartos de todos os veciños de Leiro a través dos seus impostos sexan tan mal xestionados precisamente nun momento de crise como o actual”.

28, Novembro 2010

A Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira de Cultura de Boborás, Eva Pardo González, presentou  un escrito no rexistro municipal no  que renuncia á acta de concelleira da Corporación do Concello de Boborás, cesando en todos os cargos que ocupa na actualidade, tanto no propio Concello como nos que exercía noutras entidades e mancomunidades en representación do Concello de Boborás. A renuncia da primeira tenente de Alcalde de Boborás, a apenas 6 meses do remate do actúal mandato municipal, colleu de sorpresa ó grupo municipal do Partido Popular, ó que pertencia a concelleira, mentres que o Alcalde Cipriano Caamaño encontraráse este lúns, precisamente ó regreso das súas vacacións, coa dimisión da súa primeira Tenente de Alcalde. As razóns desta renuncia serían de índole persoal, ó non poder desenvolver a súa actividade no Concello . No escrito de renuncia dirixido ó Alcalde, Pardo expón que "quero expresar o desexo de presentar a miña renuncia acta de concelleira xa que ,conforme manifestei en reiteradas ocasións, resúltame cada dia más complicado levar a cabo as funcións establecidas para o meu cargo nas condicións fixadas polo Concello"

Ó último pleno que celebrou a Corporación de Boborás non asistiron as 3 concelleiras do grupo de goberno, ausencias que o Alcalde xustificou por motivos personais. As explicaciós non convenceron ó grupo do BNG, que por medio do seu concelleiro Manuel González manifestou en declaraciós a esta emisora de radio que "algo está pasando no grupo de goberno, porque o Alcalde dixo que a señora Isolina estaba cunha filla en Suiza, e resulta que según a súa familia está en Panamá, atendendo os seus negocios". O Concelleiro do BNG tamén se preguntou "cómo unha señora que leva máis de dous meses fora do Concello de Boborás pode estar cobrando do Concello, xa que tén unha adicación parcial, e non hai  cese nin dimisión, qué é logo o que está pasando".

 

25, Novembro 2010

A Xunta Directiva de C.D. Arenteiro convoca ós socios e afecionados en xeral a unha reunión informativa que terá lugar este venres dia 26 ás 8 da tarde no salón de actos da casa do concello do Carballiño. Nesta convocatoria abordaráse a delicada situación tanto deportiva como económica que vive o club, e que pode incluso desembocar na demisión do actúal Presidente Antonio Valiñas, que se dá practicamente por segura e como primeiro paso para salvar a grave crise pola que atravesa a entidade. A actúal Directiva pretende con esta reunión lanzar un SOS entre a masa social, na búsqueda de posibles solucións, e tanto para o ámbito deportivo como para o social. En canto á parte deportiva, aínda se pensa que hai tempo para salvar a categoria, unha meta que pasa pola chegada de xogadores que lle aporten o equipo ese salto de calidade e experiencia que se necesita para reconducir a situación actúal, co equipo clasificado no penúltimo posto, pero ainda con posibilidades de salvarse do descenso si se produce esa esperada reacción. No tocante o aspe´cto social, a solución pasaría pola chegada de novos directivos que se sumen o grupo actúal, e coa idea fundamental de sanear o club, aínda que sen deixar de lado o aspécto deportivo.

24, Novembro 2010

Ante el éxito cosechado con la celebración del campus de verano de la Fundación Celta de Vigo en O Carballiño, el citado club de futbol optó por esta villa para celebrar uno de sus campus de invierno, que se desarrollarán en el campo de A Uceira del 27 al 31 de diciembre. Con motivo de la presentación de este campus de invierno, este miércoles, 24 de noviembre, a las 19:00 horas, estarán en la villa carballiñesa los representantes de la citada fundación, acompañados por los jugadores de la primera plantilla del Celta, Yago Aspas y Trashorras. La presentación tendrá lugar en el auditorio de O Caralliño, ubicado en la avenida del Balneario, y está dirigida a niños con edades comprendidas entre los 5 y los 14 años. Todos los interesados en vivir como un jugador profesional, descubrir las facetas y detalles del fútbol que le permitan ampliar y perfeccionar sus conocimientos y vivir una gran experiencia, deberán acudir a esta cita en el auditorio carballiñés.

23, Novembro 2010

O Presidente do PSdeG de Leiro, Ángel Sanmarful, denuncia “as continuas fallas de respecto do Alcalde cos concelleiros socialistas tanto a nivel político como persoal, tal e como demostran as súas manifestacións ante os medios de comunicación”. Sanmarful lembra ademais que “o Alcalde da corporación municipal non debería consentir ningún trato despreciativo ante os edís socialistas que son representantes da cidadanía no Concello, e moito menos sorrir ante tal circuntancia ou ser el mesmo a orixe destos actos merecedores dunha total  repulsa en democracia”.

 Neste sentido engade que nin el nin a Agrupación van consentir que o Alcade vulnere os dereitos e deberes dos concelleiros socialistas, e advirten que no caso de verse obligados o levarán aos tribunais para que lles sexan recoñecidos os seus dereitos. Sinala que os concelleiros socialistas buscan como único protagonismo defender os intereses dos veciños para que teñan a maior calidade de vida e benestar posibles, infraestruturas e vivendas dignas, ademais de evitar que se maltraten os seus dereitos como cidadáns. “Este labor conleva asímesmo o control á acción de goberno, e o desprecio do alcalde á oposición só amosa a súa evidente a palpable ineptitude”, afirma. Sanmarful considera que o Alcalde “está queimándose el só” e que “non representa máis que aos seus amigos”, e pídelle que non lle bote a culpa aos socialistas “dos seus males, xa que son froito da súa política”. En canto á planta de lodos recorda que foi o alcalde quen deu a licenza municipal, polo que “é o único responsable dos malos cheiros e as molestias ocasionadas aos veciños e ao medio ambiente”.

 

Con respecto ao Balneario de Berán, sinala que “tamén é culpa do alcalde que esté pechado, porque tiña todo amañado cunha empresa amiga, e o vocal socialista na Entidade Menor só pediu transparecia e legalidade, e o tempo simplemente lle está dando a razón”. Por último manifesta a súa satisfación porque “grazas ao esforzo e tesón dos veciños de Leiro unha parte dos terreos do Camping, pechado no seu día pola nefasta xestión do Alcalde, serán obxecto de investimento dunha empresa de ocio”.

 

 

21, Novembro 2010

A Concellería de Igualdade e Benestar do Carballiño, que dirixe a nacionalista Aúrea Francisco Lorenzo, organiza durante esta semana actos conmemorativos do dia internacional contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novembro, será pois este vindeiro xoves. Antes, este lúns dia 22, ás 8 da tarde no Casino do Carballiño, celebraráse outro acto, que consistirá na conferencia-presentación do libro "O clamor da rebeldia" a cargo da súa autora, a profesora e escritora Pilar García Negro, unha publicación coa que gañou este ano o premio "Vicente Risco" de cencias sociais, e na que a escritora ofrece a súa visión sobre a obra de Rosalia de Castro e a súa influencia sobre as primeiras manifestacións do feminismo.

Xa o xoves dia 25, ás 12 do mediodia, o salón de actos da casa do concello do Carballiño acollerá un acto institucional no que se procederá a lectura dun manifesto do "dia internacional contra a violencia de xénero", e no que concelleiras da corporación municipal e representantes das asociacións de mulleres do Carballiño leerán diversos poemas.Ese mesmo dia, instalaránse altofalantes na Praza Maior que transmitirán música e poemas relativos a esta conmemoración.

17, Novembro 2010

No Concello de Beariz será o primeiro da súa historia, mentres en Boborás será éste o cuarto proxecto que se pon en marcha, en ámbolos dous concellos terán unha duración de 6 meses, e o inicio da súa actividade está prevista para o vindeiro mes de decembro. Especialmente chamativo resulta o caso de Beariz, concello que tan só conta con 32 persoas en paro, e que polo tanto se aproximará o "pleno-emprego" unha vez que ven de confirmarse a concesión deste proxecto por parte da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, que dará formación ocupacional a un total de 18 personas, que se repartirán en dous módulos, ún de albanelería e outro de medio-ambiente. O Obradoiro bearicense ocuparáse en traballos de recuperación do partrimonio etnográfico e do entorno natural, tales como o acondicionamento de eiras e das marxes dos rios. En Boborás, serán 24 as persoas que serán seleccionadas para participar neste novo obradoiro de emprego, que centrará a súa actividade na construcciión dun centro social na parroquia de Xendive, e no acondicionamento de sendeiros e camiños, asi como na formación de auxiliarres de asistencia a domicilio.

15, Novembro 2010

A Consellería de Cultura e Turismo vai financiar cun investimento de 1,6 millóns de euros o proxecto de musealización e acondicionamento do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás, sito no Concello de San Amaro. Ademáis, este mesmo departamento auotonómico achegará 430.000 euros para o acondicionamento, accesos, urbanización, excavación e consolidación do castro da cidade, nos Concellos de Punxín e San Amaro. Os novos  investimentos foron anunciados polo Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela, no transcurso dunha visita ás instalacións, na que estivo acompañado polo Director Xeral de Patrimonio Cultural, Rey Pichel, O Delegado Territorial da Xunta Rogelio Martinez, e os Alcaldes de de San Amaro e Punxín, Ernesto Pérez e Alfredo Cruz. O Conselleiro cifrou o investimento total neste proxecto “en 8,6 millóns de euros, dos que a Xunta de Galicia aporta 5,3 miilóns”, mentres que o resto corresponde as achegas económicas feitas polo Ministerio de Fomento a través do 1% cultural. A finalización do proxecto está previsto para o ano que vén, tal como avanzou a través desta emisora de radio O Alcalde de San Amaro, para o que a entrada en funcionamento do parque “convertiráse nunha das grandes locomotoras económicas da Comarca do Carballiño”.

15, Novembro 2010

O Paro aumentou no Concello do Carballiño un 3,73% no pasado mes de outubro, acadando a cifra de 1.224 persoas en situación de desemprego, delas 572 son homes e 652  mulleres. Por segmentos de idade, a maior porcentaxe dase entre as persoas de 25 a 44 anos, con 627 parados. Entre os maiores de 45 anos son 486 persoas as que están inscrítas como demandantes de emprego no concello carballiñés, e finalmente, entre os menores de 25 anos rexistrananse 111 parados. En relación ós datos de fai un ano atrás, o paro incrementouse no municipio do Carballiño un 10,77%, 119 persoas perderon o seu  posto de traballo durante os últimos 12 meses. No conxunto dos 9 concellos da Comarca Carballiño, as persoas en situación de paro suman xa 2.184, según os últimos datos oficiais, que son os relativos ó pasado mes de outubro.

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS