O portavoz socialista no concello de Leiro, Manuel Rodríguez, considera un despilfarro gastar 26.000 euros nuns servizos públicos previstos na zona do Salgueiral porque non son necesarios nin unha prioridade para os cidadáns. Rodríguez explica que no pleno celebrado esta semana aprobouse unha modificación de crédito de 60.520 euros, dos que máis de 5.000 son para estes servizos públicos e 34.000 para a remodelación do concello. “Esta non é a primeira modificación de crédito aprobada no que vai de ano; no mes de xullo aprobárase xa unha modificación de 40.000 euros”, dixo Rodríguez, quen atribúe as cifras “á falta de previsión orzamentaria do goberno e á súa afición a gastar sen mesura os cartos dos veciños”.
No caso dos servizos públicos que se ubicarán na zona do Salgueiral, o orzamento completarase, segundo dixo o alcalde, cunha subvención. Pero os socialistas consideran que este diñeiro ben podería ser empregado a cubrir outras necesidades, porque nesa zona de paseo terán pouco uso xa que tanto a pista polideportiva como o campo de fútbol que hai no mesmo contorno teñen aseos propios.
“Pola contra no centro de saúde non hai servizos adaptados a discapacitados físicos, algo que os socialistas consideramos que é máis necesario; pero neste caso o alcalde non asume as súas responsabilidades de esixir á Xunta un centro de saúde en condicións e cumprindo as normativas, e nos di que poñamos unha queixa a Sanidade”, agrega.
Remodelación do Concello
Ademais, o portavoz socialista sinala que o traslado dos servizos de atención á cidadanía e xestión á planta baixa previsto na remodelación é unha boa opción, porque antes as persoas maiores tiñan que subir unhas escaleiras. Pero critica que novamente os grupos políticos non terán un espazo propio para atender as demandas dos veciños.
“A falta de espazo era a razón esgrimida anteriormente polo alcalde para non facilitar unha oficiña aos grupos municipais”, di Rodríguez, algo que podería solucionarse coa ampliación prevista no segundo andar para a que se investirán 110.000 euros, dos que 74.000 euros se recibirán dunha subvención da Xunta e para os que houbo que facer unha modificación de crédito de 39.000 euros.
Por outro lado sinalou que resulta extraño que o alcalde alegue que a ampliación do salón de plenos servirá para a realización de actos de tipo cultural cando hai asinado un convenio co cine para a realización deste tipo de actos.
“A reivindicación dunha oficiña para os grupos municipais remóntase a 2007, e mesmo foi levada ao Valedor do Pobo; esta remodelación do consistorio é unha ocasión inmellorable para responder a esta necesidade, pero parece que o alcalde vai deixar pasar esta oportunidade”, conluiu.
Duás tensas reunións, una celebrada en Ourense entre os técnicos do Bispado e a Parroquia e os responsables municipais do Carballiño xunto ó Delegado Territorial da Xunta, e a outra coa Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, abriron o camiño do acordo que fará posible un modificado do proxecto para evitar a construcción do polémico muro, que según o proxecto en execución levantariase atá acadar unha altura de preto do catro metros, que restaría visibilidade ó monumento desde a rúa Evaristo Vaamonde, un aspecto do proxecto que se revelou como polémico e suscitou moitas críticas tanto entre a cidadanía como entre persoeiros da cultura e a arte, e mesmo motivou unha solicitude da Real Academia Galega de Belas Artes ante a Dirección Xeral de Patrimonio para que paralizase esta actuación. Finalmente, os responsables técnicos da obra buscarán outra solución que sexa alternativa á construcción do muro, que se desbota do proxecto tal como estaba concebido. Coñecida esta decisión, tanto a oposición municipal, representada polo portavoz do PP Argimiro Marnotes, que participou na reunión, como o Goberno municipal que estivo representado polo Alcalde Carlos Montes e o Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manolo Amil, salientaron como positivas estas dúas reunións e o resultado acadado, que posibilitará a continuidade do proxecto, aínda que introducindo o correspondente modificado. Eso si, Amil advertíu que por parte da Consellería se puxera de manifesto de que "se aparecian novos problemas, rescindiríaselle o contrato á empresa adxudicataria e o quedaría en suspenso a exeución do proxecto"
Todos eles foron detidos como presuntos autores de diversos actos delictivos cometidos os pasados dias 28 e 29 de agosto nos Concellos de San Cristovo de Cea e Piñor, entre eles, provocar o incendio que destruíu o edificio de primaria do colexio público de Cea. Tras varios dias de investigacións, a Garda Civil de Cea procedeu onte á detención de cinco mozos, tres deles menores de idade, que foron postos a disposición do Xulgado número dous do Carballiño e da Fiscalía de Menores. Trátase, de P.G.V de 19 anos de idade e I.G.L. de 18 anos de idade, ambos veciños do Carballiño, e tres rapaces menores de idade, veciños de Covas (Cea) e Ourense.
Según o relato da Garda Civil, os cinco mozos apoderaronse o pasado 28 de agosto dun vehículo, nas inmediacións dun bar na localidade de Cotelas, nese vehículo trasladaronse atá o Colexio Público de Cea, ónde se apoderaron de tres ordenadores portátiles e provocaron o incendio que calcinou totalmente o edificio de primaria. O dia seguinte, entraron nas piscinas municipais do Concello de Cea, causando diversos destrozos nos vestiarios e no mobiliario destas instalacións públicas. Pero non acabarían aquí as “aventuras”, xa que ese mesmo dia volvían trasladarse no vehículo roubado atá un camiño forestal na parroquia da Canda, no Concello de Piñor, e alí prenderon lume, que se propagou a un monte próximo, resultando afectada unhas 0, 2 hectáreas de monte baixo.
Un informe técnico elaborado polo arquitécto do Bispdo, ó que tivo acceso esta emisora de radio, pon de manifesto diversas anotacións que desaconsellan a execución do proxecto promovido pola Xunta na parte da praza da Veracruz que xa está acondicionada, e que -o parecer- é propiedade do Bispado, polo que o Concello do Carballiño tería posto á disposición da Consellería unhos terreos que non son públicos, ó que si esto se confirma podería supoñer un atranco importante para a execución deste proxecto, tal como está concebido. O informe é contrario á construcción de muros nesta parte da praza coa rúa Evaristo Vaamonde, e que acadarían unha altura próxima ós catro metros, ún dos aspéctos técnicos do proxecto que máis criticas ven levantando. Solicítase tamén expresamente neste informe do arquitécto Xan Rodríguez González, que non se proceda a anchear a rúa dos Canteiros xa que elo siñificaría restar espazo á praza, polo que debe manterse tal como está o actúal muro de pedra que delimita a praza coa rúa. Ademáis considerase innecesaria calquera actuación nesta zona xa axardinada, onde se ubica a estatua de D. Evaristo e as palmeras, únicamente se recomenda -se se considera- que se alise o empedrado actúal existente no solo. Polo demáis, tamén se incide na necesidade de manter a actúal rampa de acceso ó templo para persoas con discapacidade e vehículos fúnebrres, desde a rúa Evaristo Vaamonde, e finalmente cítanse algunas outras actuaciós relativas a diversas melloras de carácter estético. Pola súa parte, a Parroquia solicitou outros dous informes técnicos sobre esta obra, ún deles feito polo arquitécto Adolfo Otero -neto do constructor da Veracruz Adolfo Otero Landeira- que tamén é moi crítico con diversos aspéctos desta obra de urbanización do entorno da Veracruz, ún deles revela - como feito negativo- que máis do 50% do espazo resultante da nova praza vaise acometer con elementos ríxidos de formigón prefabricado.
Non houbo sorpresas no pleno muncipal da Corporación do Concello de Cea convocado para debatir o proxecto da planta de compostaxe de As Fontaiñas, todo se desenvolveu según o guión previsto, O Alcalde José Luis Valladares defendendo a actuación muncipal neste asunto e anunciando que por parte do Concello se vai autorizar esta actividade industrial, mentres que desde a oposición, tanto PSOE como BNG solicitaron, sen éxito, a paralización deste proxecto. A convocatoria plenaria levantou certa expectación entre a veciñanza, e atá a Casa do Concello de Cea acudiron unas cen persoas, entre as que se deixaron oír algunhos comentarios favorables a ubicación desta planta de Compostaxe nas Fontaíñas, aínda que a maioria dos asistentes foron movilizados pola plataforma cidadán que se opón a este proxecto industrial no Concello de San Cristovo de Cea.
O Portavoz do PSOE, Guillermo Dopazo, que volveu demandar a paralizacíon das obras, dixo que "a única persoa que está a favor é o Alcalde de Leiro, que pretende pechar a planta de Lamas, para sacarse ós veciños de enriba e traernos o problema par Cea". Desde o grupo municipal do BNG, a concelleira Xosefa Gómez pedíu ó Alcalde que "escoite a todos os veciños que de ningunha maneria quereen esto ó lado das súas casas". O rexidor municipal inistíu en que a planta "só será para maduración e alcacenaxe, e nada máis que para eso", e citando a Castelao dixo aquelo de "neste país hai moitos caciques pra tan poucos indios" dirixindose ás bancadas da oposición e más expresamente ó concelleiro socialista.
Tras un cruce de acusacións entre Goberno Municipal e oposición, culpandose mutuamente de facer unha utilización política e partidista da polémica sobre o muro de contención da nova praza da Veracruz, o Partido Popular anuncia agora unha reunión para o vindeiro dia 15 ás 12 da mañá á que asistirá a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e co obxetivo de buscar unha solución técnica más axeitada que poña fin a esta polémica pola construcción do muro, tal como veñen demandando amplos sectores da cidadanía carballiñesa. A esta reunión tamén se espera que asistan os responsables municipais do Carballiño, técnicos relacionados có proxecto e a empresa construtora, asi como outros axentes sociais que viñeron manifestando a súa preocupación por esta problemática.
O Partido Popular manifestou por medio do seu portavoz Argimiro Marnotes que " a Xunta personase coa firme intención de buscar unha solución de consenso, dado que o Concello desvelase incapaz de propoñer unha alternativa, asunto que nos preocupa, que un Concello de 14.000 habitantes non teña capacidade para plasmar una proposta técnica, cando o departamento de obras conta con bós profesionais". Marnotes tamén dixo que o Partido Popular do Carballiño xa transmitíu a propia Secretaria Xeral que "a mellor solución sería a adoptada no outro lado da praza, ou sexa, un talude vexetal e máis atrás un pequeno muro atá acadar a cota da praza".
A empresa adxudicataria terá un prazo de dous meses e medios para a execución do proxecto, os traballos darán inicio á volta das festas do Setembro, a partir do vindeiro dia 20. Consistirán na construcción da rotonda definitiva no cruce da casa azul, finalmente decidiuse conservar o carballo -como árbore representativa do Carballiño- e ademáis, según adiantoou o Concelleiro de Obras e Ubanismo está previsto ubicar neste espazo o monumento ás polbeiras de Arcos. Manuel Amil tamén asegurou que se conservarán os aparcamentos para vehículos en bateria na rúa Francisco Castelló, xa existentes na actualidade nas inmediaciós da nova rotonda. O proxecto completaráse coas actuacións que quedaron pendientes na primeira fase do mesmo, como serán a consturcción de beirarrúas no tramo da Avenida 25 de Xullo, na zona xa máis próxima á rotonda da Fontela, dónde se conservarán os tilos existentes, e levaráse a cabo a reposición da rede de abastecemento de augas e saneamento, conducción de augas pluviais, asi como instalación de nova iluminación. Pola súa parte, o Alcalde Carlos Montes recordou como o reformado introducido no proxecto foi o motivo do retraso na súa execución, e polo que se refire a esta segunda fase, que terá unha dotación económica de 1.100.000 euros.
Unha desfortunada xogada cando corría o m. 80 bastaríallle ó Porriño Industrial para dobregar a un correcto C.D. Arenteiro. Os de Mindo xogaron un partido serio, no que foron de máis a menos, os primerios 45 m. de claro cor carballiñes, con dúas moi boas ocasións, unha de Kennedy e outra do portugués Joao, para poder adiantarse no marcador. Xa no reinicio, sería de novo o Arenteiro o que disfrutaría da gran ocasión do encontro, o ír parar á cruceta un golpe franco executado por Kennediy. A partir de entón, o Arenteiro baixou a intensidade e o Porriño comezou a irse arriba, coincidindo cós cámbeos feitos por Mindo, que retirou do campo a Kennedy e Joao, igual que xa fixera 7 dias antes en Espiñedo ante A Peroxa, decisión bastante criticada pola afeción carballiñesa. Nese conexto, e xa co Arenteiro que asinaba o empate, chegaría o gol do Porriño nunha xogada sen aparente perigo na que o meta Samuel mide mal o bote do balón e acaba concedendo un gol que deixaría os tres puntos no Louranbal. Nos carballiñeses destacron o lateral Martín, que remataría expusado por doble amarela, e o centrocampista Juan, auténtico baluarte do equipo.
Trátase dunha edición na que "asumimos o risco de apostar por unhos espectáculos de moita calidade e tamén moi arriscados en canto a súa proposta estética", asi se refería a actirz carballiñesa Josi Lage, coordenadora do Festival de Teatro Galego, ós 3 espectáculos que poderémos ver durante esta semana no auditorio do Carballiño. Abre a programación o martes dia 7 a compañia "Obras Públicas" coa súa obra "Life is a Paripé", escrita e dirixida por José Prieto Alvarez e con interpretación de César Goldi, Iolanda Muiños, Mos. O mércores 7 será para compañia do Morrazo "Teatro de Ningures", que elexíu o FETEGA carballiñés para estrear o seu novo espectáculo "Homes...Mulleres", con Paula Carballeira, Maria Armesto e Santiago Cortegoso no reparto, e baixo dirección de Etelvino Vázquez. O xoves dia 9 sumase á carteleira do Festival "Nut Teatro", con outra arriscada proposta en "Wake Up", con dirección de Carlos Neira, e 4 mulleres no reparto, Nerea Barros, Xiana Cancelas, Arantza Villar e a carballiñesa Iria Sobrado. Xa finalmente, o venres dia 10 celebraráse a sesión de clausura coa xa habitual "Gala de entrega de premios", que se será presentada polo actor galego Josito Porto, e na que tamén actuará o bailarín arxentino Marco González. Para esta gala de clausura a entrada ó auditorio será de balde, mentres que para o resto dos espectáculos o prezo das entradas será de 5 euros. No acto de presentación do Festival, na casa do Concello do Carballiño, estiveron presentes o Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, e a Concelleira carballiñesa de Cultura, Asunción Rivero, que comprometeron a continuidade do apoio económico para este evento cultural, malia que as subvenciós este ano reducironse á metade, en relación ás dos ultimos anos. Este recorte das achegas públicas, levou a organización a buscar axudas no sector privado, destacando as aportadas por Frigoríficos Florindo e Hijos, Centro Comercial Aberto do Carballiño e Empresa Montañesa.
A recentemente creada plataforma contra a Planta de Compost esixe a inmediata paralización das obras da pranta de compostaxe que se está a construír no lugar das Fontaíñas, no concello de Cea. Do mesmo xeito, esixen unha explicación por parte do alcalde de Cea e da Consellería de Medio Ambiente sobre as repercusións deste proxecto nos acuíferos, nos terreos colindantes e nas poboacións próximas pertencentes ós concellos de Maside, O Carballiño e Cea. O BNG e o PSOE de O Carballiño presentaban no día de onte unha moción conxunta a prol da paralización de dita pranta e hoxe o alcalde de O Carballiño, Carlos Montes, anunciaba a convocatoria dun pleno extraordinario de urxencia para o mércores día 1 de setembro ás 21:00 horas, así como tamén o fará o concello de Maside no día de mañá. Dende hoxe a primeira hora estanse a recoller sinaturas, na Praza Maior de O Carballiño, de todos aqueles veciños afectados que queiran apoiar esta iniciativa. Mariña Arbor, ex concelleira do BNG de Cea, mostraba por unha banda, o seu apoio en contra da instalación do futuro proxecto industrial que tanto impacto medioambiental vai ocasionar nos concellos limítrofes, e por outra banda o reixamento polo modo de actuar do alcalde de Cea, José Luis Valladares que levou todo o asunto nun silencio absoluto. A campaña extenderanse a outros concellos e nestes momentos estase a realizar unha páxina web onde os afectados poderán deixar as súas queixas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 728
- 729
- 730
- 731
- 732
- 733
- 734
- 735
- 736
- …
- seguinte ›
- última »