10, Febreiro 2011

O Concello de Boborás suspenderá este ano a organización institucional da festa do antroido, renunciando á celebración das distintas actividades que se viñan promovendo desde a institución municipal, como a contratación dunha orquestra, concursos, asi como as subvencións que se concedian ás comparsas e grupos que acudian a Boborás o domingo de antroido, un capítulo no que o Concello viña gastando cada ano arredor dos 10.000 euros. En declaracións ó programa "Asi son as mañás de Cope O Carballiño", o Alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, manifestou que "quen queira fuxir para adiante a base de bailes e mascaradas, alá eles". Caamaño razonou que "non se pode gastar en festas cando hai familias que teñen necesidades básicas que compre atender", e explicou que nesta situación de crise económica pola que estamos atravesando "hai que priorizar gastos, e este Alcalde entende que é moito máis importante axudar ás persoas maiores, os nenos, manter servizos como o Punto de Atención á Infancia, ou o xantar sobre rodas e a asistencia á domicilio". Desta maneira, o Concello de Boborás suprime os actos que se celebraban durante a festa do antroido "dentro desta política de austeridade, e tendo en conta os grandes recortes nas aportacións do Estado ás adiminstracións locais". Finalmente, Caamaño aclaraba que "O Concello de Boborás invitará a toda a veciñanza a manter esta festa do antroido, como expresión da nosa cultura popular".

8, Febreiro 2011

Un grupo de veciños de Maside traballa na presentación dunha candidatura independente, coa intención de concurrir ás eleccións municipais do vindeiro 22 de maio. Entre os promotores da candidatura atópase Gustavo Alvarez Pérez, e con él un grupo de persoas que fai 4 anos apoiaron a Celso Fernández, o actúal Alcalde do PSOE. Agora, entenden que non se cumpliron as expectativas polas que apostaron daquéla e por eso -declarou Alvarez a esta emisora de radio- "decidimos crear unha candidatura independente, porque estamos nas mesmas de sempre, aquí en Maside non se fixo nada do que se prometeu, e desta maneira Maside non tira". Gustavo Alvarez Pérez xa tén unha coñecida traxectoria política, e aínda que nas eleccións de 2007 apoiara o PSOE, xa en 1991 encabezara a candidatura do PP en Maside, e obtivera daquéla 4 concelleiros, que sumados os 5 de Centristas deran a Alcaldia de Maside a Benigno Alvarez. Incluso, durante 4 anos, Gustavo Alvarez fora deputado provincial do PP pola Comarca do Carballiño, e exercera a responsabilidade como Deputado de Cultura na entidade provincial.

6, Febreiro 2011

O accidente tivo lugar ás 12,30 do mediodia nunha finca, no lugar de O Pazo, na carballiñesa parroquia de Madarnás. O tractor co que traballaba Domingo Barja Fernández., de 55 anos de idade, envorcou. A victima quedou atrapada debaixo do vehículo e faleceu no mesmo lugar do sinistro. Era veciño desta mesma parroquia de Madarnás, no Concello do Carballiño.

2, Febreiro 2011

A Parroquia do Carballiño está aínda pendiente de algunas facturas para completar a avaliación económica dos danos causados por esta avería, aínda que polas estimacións feitas calcúlase que "serán entre 13 e 14 mil euros euros o que coste reparar os danos provocados", según confirmou o Párroco Xosè Benito Sieiro. Tamén manifestou o responsable da Parroquia que os técnicos certificaron que a avería fora provocada polas obras no exterior da Veracruz. Desde que se producíu esta incidencia aínda non pudo recuperarse o funcionamento da calefacción "e non poderá facerse aínda por unhos dias xa que os danos son cuantiosos", ademáis tamén quedou inutilizado todo o sistema eléctrico da Igrexa, o reloxio e as alarmas. A asesoría xuridica da Parroquia prepara unha denuncia para reclamar a contía económica dos danos causados. Precisamente, coíncidindo con esta incidencia, a empresa adxudicataria do proxecto de construcción da praza na contorna da Veracruz ven de abandonar a obra, ó parecer xa de maneira definitiva. Na reunión que a finais do pasado mes de decembro mantiñan os responsables municipais có Conselleiro Agustín Hernández, éste comprometerase a que a Xunta negociaría coa empresa para que rematase a construcción dos viais e continuase os traballos fora dos muros do recinto do bispado, mentres non se chegase o consenso social para darlle contiuidade o resto do proxecto. Agora, e cos viais aínda sen rematar, como demandaban as autoridades municipais, a empresa retirou esta semana os operarios que mantiña traballando nesta obra.

 

31, Xaneiro 2011

Os rumores, cada vez máis extendidos,  apuntan a algún Concello da Comarca do Carballiño para a ubicación da futura Sogama-2, a planta que tratará o lixo do sur de Galicia, das provincias de Pontevedra e Ourense. A oposición social que o proxecto suscita no Ribeiro, e as continuas manifesacións de algunhos políticos, entre eles o Presidente da Deputación de Ourense José Luis Baltar, que descartan ó Ribeiro, aumentan as posiblidades para que esta infraestructura se sitúe na comarca carballiñesa, xa que no Plan xeral de resíduos urbanos de Galicia indícase que "o lugar axeitado para a ubicación da planta sería algún concello limítrofe entre as provincias de Ourense e Pontevedra no eixo da A-52". A futura planta construiràse cun orzamento de 250 millóns de euros, que en gran parte procederian da empresa privada, xa que a a adxudicataría do proxecto será a empresa "Estela Eólica", unha das concesionarias do recente concurso eólico.
O BNG presentará no pleno que celebrará este vindeiro xoves a Corporación do Carballiño unha moción na que se pide un pronunciamento intitucional do Concello no que "se manifeste o rexeitamento á implantación da planta incineradora e do complexo de residuos urbanos do sur de Galiza na Comarca do Carballiño e limítrofes, xa que este tratamento dos residuos afecta de xeito prexudicial e irreversibel ao noso medio ambiente e á saúde das persoas". En declaracións a "Cope O Carballiño", o concelleiro de medio ambiente, Bernardo García, decía que "falan da creación de 500 postos de traballo, pero non se pode xustificar a creación de traballo a calquera prezo, se esto fora para adiante, xa nos podemos ir olvidando do turísmo e da promoción dos balnearios". O Concelleiro do BNG insistiu en que este proxecto "é altamente contaminante" e no seu lugar, aposta "pola reciclaxe, en vez da incineración que representa o modelo de SOGAMA, criticado non só desde o ámbito político, senón tamen desde o cientfico e o ecoloxista"

31, Xaneiro 2011

Comezou ben o Arenteiro nesta visita ó campo de Burgáns, controlando o xogo durante os primeiros minutos, e incluso se adiantaba no marcador cun gol de Lamín, atá que os despistes defensivos e do porteiro Pedro servianlle ó Cambados para darlle a vota ó  marcador en apenas un cuarto de hora. O empate, o executar unha falta lateral que roza un dianteiro do Cambados e o balón vaise ó fondo da portería, e  o 2-1 nun contragolpe que colle a contrapé a defensa carballiñesa e no que tamén pudo facer algo máis o meta carballiñés. Marcos e Martín, éste último de cabeza, desaprobeitarían a oportunidade de empatar o partido. Tralo descanso, e na primeira aproximación a portería do Cambados chegaba o terceiro gol local. Xa en pleno desconcerto do Arenteiro caía o cuarto, nunha bonita combinación da dianteira do Cambados, que estivo moi efectiva durante toda a tarde. Xa na recta final do partido o Arenteiro maquillaba o marcador có segundo gol, obra de Pereiro. Como noutros partidos anteriores, as carencias defensivas e as pérdidas de balón no  medio do campo volven condenar ó Arenteiro a una nova derrota.

27, Xaneiro 2011

Maria del Carmen Cives Martinez tomará posesión como nova Concelleira da Corporación Municipal de Boborás, o seu esposo, o Alcalde Cipriano José Caamaño Castro, convocou para este venres dia 28 de xaneiro ás 9 da mañá, o pleno extraordinario no que a súa esposa tomará posesión como Concelleira do grupo municipal do Partido Popular. Maria del Carmen Cives sustituirá na corporación bobarense a outra muller, a que fora 1ª Tenente de Alcalde Eva Pardo, que no pasado mes de novembro de 2010 presentara a súa demisión, alegando motivos personais. A seguinte na lista do PP nas municipais de 2007 renunciou a tomar  posesión, polo que correspondía facélo a Cives Martiínez, que sí aceptou. Asi que desde esta semana, daráse esta singular circustancia na vida política da nosa comarca: o matrimonio Caamaño-Cives forma parte da mesma Corporación Municipal, neste caso do Concello de Boborás.

O outro punto da orden do dia desta convocatoria plenaria extraordinaria será a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Boborás, para remitir o documento novamente á Xunta de Galicia, e asi dar continuidade a súa tramitación con vistas a súa aprobación definitiva.

26, Xaneiro 2011

A próximidade das eleccións de maio e a anunciada retirada de Manuel Amil da política municipal, levan o grupo municipal do BNG a inutroducir varios cámbeos no seu organigrama, que estaban acordados desde fai xa algún tempo no seo do grupo nacionalista, pero que tiveron que retrasarse porque como explicou o propio Manuel Amil "desde que me reincorporéi á docencia no instituto, a miña dispoñibilidade para este Concello en tempo real quedou moi disminuida, os cámbeos xa os tiñamos desde entón acordados , o que pasa é que por problemas personais e de saúde de Aurita non se puderon facer antes". Desta maneira, Aurea Francisco, a actúal Concelleira de Igualdade e Benestar, ocupará a Primeira Tenencia de Alcaldia do Concello do Carballiño, es sustitución de Amil. Ademáis, a futura candidata do BNG á Alcaldia do Carballiño tamén asume a portavocía nacionalista durante o que queda de mandato municipal. Os cámbeos tamén afectan á área muncipal de obras e urbanismo, xa que desde agora o actúal concelleiro de medio ambiente, Bernardo García, tamén asumirá as competencias de obras, xa que Amil quédase únicamente con urbanismo. A outra concelleira do BNG, Maria Jorge, a única que non está afectada polos cámbeos, continuará á fronte da concellería de dinamización social. 

24, Xaneiro 2011

A familia do PSOE deuse cita na casa da cultura para acompañar a Francisco Fumega no seu primeiro acto público como candidato socialista á Alcaldia do Carballiño nas vindeiras eleccións municipais de maio. Na casa da cultura, ante afiliados, simpatizantes, Alcaldes e o seu mentor político, Pachi Vázquez -agora Secretario Xeral dos socialistas galegos- Fumega proclamou que chega á política local coa intención de traballar polo Carballiño e defender "unha política para as persoas". O Candidato Socialista utilizou unha metáfora para explicar o que pretende facer "nestes 16 anos fixemos o edificio, as zapatas, as planchadas, os tabiques e algo tan importante como o tellado...agora fáltanos amoblalo para que a xenta viva ben e se sinta cómoda". Fumega referíuse os 3 eixos fundamentais nos que vai incidir no seu programa electoral, como serán "unha concellería de traballo e promoción económica, que capte diñeiro de Europa e Madrid, ónde sabemos movernos moi ben, unha concellería de participación cidadán e outra gran concellería de servizos sociais". Tampoco obviou o Candidato Socialista a actúal problemática económica e demográfica que nos afecta "con aldeas e casas cunha sola persoa maior" polo que prometeu que se traballará en programas de asistencia a domicilio. Francisco Fumega, de 49 anos de idade, é doctor en xeografía, na actualidade é xerente da Sociedade Empresarial do Atlántico, e antes foi Delegado Provincial de Medio Ambiente na etapa do bipartito.

24, Xaneiro 2011

Non pudo ser, o mal partido dos locais e unha actuación arbitral desafortunada foron as claves desta derrota do Arenteiro en Espiñedo, que volveu rexistrar unha gran entrada de público. Se a afección cumplíu e asistíu en masa ó partido, non se pode decir o mesmo do equipo, que nin moito menos estivo á altura das circustancias, e de pouco valen nestos casos ás lamentacións como as baixas que deibido a lesións presentaba o once titular, entre as que se atopaba o dianteiro Lamil, que causara unha moi grata impresión no partido da Peroxa. Tan só nalgunhos momentos do primeiro tempo o Arenteiro deu sensación de poder gañar ó Porriño, que axudado pola polémica labor arbitral levouse os 3 puntos de Espiñedo, mermando aínda máis as posiblidades de loitar pola permanencia na categoria.  Moito terá que mellorar o equipo de Romero, sobre todo en defensa se quere manter algunha opción para eludir o descenso. Mención aparte merece a actuación árbitral deste domingo en Espiñedo, o lucense e de orixe familiar carballiñesa García Pinal tragouse dous penaltis na área do Porlriño, ún sobre Viñas e outro a  Kennedy, ó que ademáis expulsou nesta xogada, e concedeu os dous goles visitantes en clarísimos foras de xogo, o segundo con atá 3 xogadores do Porriño en posición irregular.  Breogán Pereiro anotou o gol local de falta directa ós 13 m. do segundo tempo, que empataba o partido, pero o Porriño sentenciaría o partido ós 69. Xusto é recoñecer que, sen contar cos favores arbitrais, O Porriño dispuxo dun par de claras ocasións de marcar, desaprobeitando as facilidades da defensa local.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS