Dez anos despois Francisco Romero volverá adestrar ó Arenteiro. A Xunta Xestora que preside Antonio Iglesias "Cadavid" comunicou hoxe a Mindo o seu cese á fronte da dirección técnica do equipo, agradecendolle o traballo feito durante os últimos meses. A derrota do pasado domingo en Ribadumia foi o detonante dunha decisión que busca un revulsivo que obre o milagre que se necesita para salvar a categoria, co equipo clasificado como penúltimo, e con só 9 puntos tralo remate da primeira volta. Para reconducir a situación, a Xestora contratou a Francisco Romero "Romerito", que se fará cargo desde esta mesma semana do equipo e xa o dirixirá o vindeiro domingo na Peroxa, iniciando asi unha nova etapa como adestrador do Arenteiro, do que antes xa fora tamén xogador. Romero regresa asi o fútbol activo, tras o seu cese no C.D. Ourense, fai xustamente agora un ano, en xaneiro de 2010.
O Centro de Servizos Sociais Alvetus de Avión incluirá, entre as súas prestacións, unha nova modalidade "as estadías nocturnas", que convertirá novamente ó Concello de Avión en pioneiro na creación de novas fórmulas de servizos , como xa o foi no seu dia coa lavandería social, o comedor e o xantar sobre rodas ou o transporte adaptado. O Pleno da Corporación Municipal ven de aproba a tariifa que deberán abonar os usuarios, mediante a creación da correspondente ordenanza fiscal, que regulará o funcionamento deste novo servizo. As "estadías nocturnas" abrirán a posibilidade ás persoas residentes no municipio que queiran pasar a noite no Centro Integral Alvetus", á inversa do que é un centro de dia, no que os usuarios pasan o dia nas intalacións municipais e regresan ós seus domicilios ó completarse o horario diurno. O Alcalde de Avión, Antonio Montero, destacaba no programa "Asi son as mañás de Cope" que coa implantación destas estadias nocturnas, O Concello avionense sigue apostando decididamente polos servizos sociais "os veciños que o desexen e cumplan os requisitos poderán benefiarse destas estadias nocturnas desde a tardiña atá as 10 da mañá do día seguinte, mentres que polo dia poderán seguir activos e desenvolvendo a vida cotián nos seus pobos". Montero dixo que a idea xurdíu "de escoitar á xente e as súas necesidades, xa que a dispersión poboacional e o envellecemento da mesma, leva a algunhos veciños a non sentirse cómodos nos seus domicilios cando chega a noite, sen embargo polo dia sintense a gusto no seu hábitat de sempre, foi o que nos levou a idear este novo servizo"
As intensas choivas caídas nas últimas xornadas provocaron o desbordamento do río Arenteiro en distintos tramos, afectando a gran parte do paseo fluvial, na zona semi-urbana do Carballiño. Como pode comprobarse na foto, na zona entre O Cornuval e Toscaña, resultaron anegados tanto o camiño como as fincas colindantes. As inundacións tamén afectaron a outras zonas, como o bañiño de Arcos, a área recreativa do Cuco ou a piscifactoria, asi como a avenida do parque municipal. O aspecto era tamén imponente na desembocadura do río Marañao, no límite dos Concellos de San Cristovo de Cea e O Carballiño, ónde varias estradas locais estiveron cortadas ó tráfico.
A Xunta xestora que preside Antonio Iglesias "Cadavid" tén moi claro que deberán chegar a Espiñedo futbolistas contrastados para complir o obxetivo de salvar a categoria, e con esta idea están a traballar contra reloxio, para poñer a disposición de Mindo ó menor tempo posible novas pezas para un Arenteiro que se quere seguir o ano que vén na preferente terá que gañar 12 dos 20 partidos que lle restan á competición, para deste maneira estar a salvo tanto dos postos directos de descenso directo como dos posibles arrastres. A marxe de erro para a segunda volta é bastante limitado e por eso os novos rectores do club saben que teñen que acertar coas fichaxes e buscar eses novos xogadores, que unidos ó grupo xa existente, deberán loitar para ir remontando postos na táboa de clasificación. Asi que ás últimas incorporacións que xa vimos en Espiñedo no partido contra o Verín, como foron o meta portugués Pedro Velho e o mediocampista marroquino Munir, poderían unirse de forma inminente novos futbolistas, que xa este pasado martes tomaron parte no primeiro adestramento da semana e con bastantes boas sensacións, trátase de futbolistas que proceden de equipos da 3ª división andaluza e asturiana, e da 2ª división portuguesa. Ademáis, o Presidente da Xestora mantiña esta semana contactos na Coruña para traer Ó Carballiño "un xogador relevante". Xa está tamén confirmado o regreso ó Arenteiro de Takón, que xa militou no club durante as últimas temporadas. En canto a nova cúpula directiva, acompañan a Cadavid, Antonio Nogueira, Maximino González e Toni Mateo, axudados polo resto da anterior directiva.
A asociación ecoloxista "Matar por matar non" considera que este proxecto é "contaminante e pestilente e toda a vila de Maside está no radio de acción das súas consecuencias perniciosas", polo que invita á veciñanza de Maside a presentar alegacións para non permitir a instalación de estas plantas "ás que traerán os lodos fecais de toda a provincia". As advertencias ecoloxistas coinciden coa apertura do prazo de 20 dias hábiles para a presentación de posibles alegacións ou reclamacións contra este proxecto, a contar desde o dia 5 de xaneiro, data posterior á publicación do Edicto do Concello de Maside no BOP, no que se da conta da petición de licenza promovida pola UTE Sercoysa-Tesagua para a instalación de 2 plantas"depuradoras nodrizas para augas residuais", no lugar coñecido como "As Varandillas", na estrada da Estación de Maside. A infraestructura está financiada pola Deputación Provincial de Ourense, dentro dun plan no que tamén están previstas outras plantas similares nas comarcas da Limia e Valdeorras. O proxecto pode examinarse na Secretaría Municipal do Concello de Maside.
Asi deste maneira escenificaron os 3 portavoces da Corporación Municipal a mensaxe unitaria na busca do consenso para o proxecto da praza no entorno da Veracruz, facendo un brinde -as copas estaban baleiras- simbólico, transmitindo á opinión pública unha postura común dos grupos políticos do Concello do Carballiño. O Alcalde, Carlos Montes, decía que "a pelota está agora no noso tellado, e a nosa responsabilidade será agora buscar o maior consenso posible". Tamén destacaba este espírito de unidade O Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, que recalcaba a necesidade de darlle a Xunta unha resposta consensuada polo conxunto da sociedade carballiñesa. Amil congratulábase do feito de que O Conselleiro garantise persoalmente a execución do proxecto, para o ano que vén co remate dos viais e o acondicionamento provisional do espazo no que xa se actúou, e tamén -sobre todo- a continuuidade do proxecto unha vez que se chegue a esa situación de consenso. O Portavoz nacionalista espera "que ningúen pretenda sacarlle rédito político a este proxecto e que sexamos capaces de actúar con espírito de grandeza". Pola súa parte, Argimiro Marnotes agradecía "o compromiso da Xunta e do Conselleiro con esta obra, como se demostrou desde o principio". O Portavoz do Partido Popular decía, finalmente, que "este debe ser o proxecto de todo o pobo do Carballiño".
Desde a "Platoforma en defensa do legado de Evaristo Vaamonde" acolleuse con satisfacción o anuncio de suspender a execución do proxecto que estaba previsto. Desde este colectivo cidadán, Jose Luis Alves agradeceu a través de esta emisora de radio "os apoios recibidos" e anuncio que desde a plataforma están na mellor disposición posible para chegar a ese consenso que pide a Xunta.
A solución definitiva chegará, moi probablemente, coa redacción dun novo proxecto, que sexa de consenso municipal, será entón cando a Xunta retomará as obras no entorno da Veracruz. Foi éste o compromiso que o Conselleiro de Medio-ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, transmitíu á comitiva municipal integrada polo Alcalde Carlos Montes, O Concelleiro de Obras, Manuel Amil, e o Portavoz do Partido Popular Argimiro Marnotes. Tras esta reunión, quedou claro que atá que se chegue a ese acordo que deberá promover o propio concello, non se acometerá o proxecto para o acondicionamento deste praza. O Conselleiro reiterou que desde a adminstración autonómica sempre se actuou desde a colaboración e o diálogo, e recordou como o pasado 14 de setembro a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas xa se desplazarara atá O Carballiño para atender as reclamacións dos gobernantes municipais. Tamén lembrou Hernández que o proxecto que se estaba a executar foi aprobado polo Concello, previo informe favorable da comisión territorial de patrimonio. Trala reunión có Conselleiro, os 3 portavoces dos grupos políticos carballiñeses que se desplazaron atá Santiago, xantaron xuntos, e acordaron seguir colaborando conxuntamente, agora, para buscar ese consenso que permita a continuidade das obras, que estaban adxudicadas en 1,1 millóns de euros.
A "Plataforma en defensa do legado de Evaristo Vaamonde" volverá a convocar ós carballiñeses o vindeiro dia 30 de decembro, ás oito da tarde, de esta vez será a un acto informativo que se celebrará no Casino do Carballiño. Tratáse, asi pois, dunha nova convocatoria trala exitosa concentracón celebrada o pasado dia 8, e na que centos de carballiñeses amosaron o seu rexeitamento ó proxecto de urbanización no entorno da Veracruz, que está executando a Xunta de Galicia. Nesa reunión do vindeiro dia 30 os membos da plataforma irformarán ós asistentes das xestións promovidas durante as últimas semanas desde este colectivo e tamén as últimas novidades en relación a esta polémica. Ademáis, para ese dia xa se coñecerá o resultado da reunión que o lúns 27 van manter en Santiago o titular de medio-ambiente, territorio e infraestructuras, Agustín Hernàndez, e os representantes dos 3 grupos políticos da Corporación Carballiñesa, O Alcalde Carlos Montes, O Voceiro do Partido Popular, Argimiro Marnotes, e o Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil. Éste último, en declaracións a esta emisora de radio, apelou "o espírito do nadal, que é o espírito da concordia" para chegar a unha solución de consenso, que pasaría inevitablemente "polo reformado do proxecto". Amil considera "unha boa señal" que se convocase esta reunión por parte do Conselleiro e agarda que desa reunión regresen Ó Carballiño có compromiso "de que se vai manter o investimento previsto por parte da conselleriía para a execución deste proxecto",
O adxudicatario da concesión deberá satisfacerlle ó Concello do Carballiño un canon fixo anual mínimo de 10.608 euros, asi como un canon variable que virá dado pola cantidade que resulte a favor do Concello pola aplicación dunha porcentaxe que, como mínimo, será do 50% sobre o posible superavit económico que se obteña na concesión, e que deberá acreditarse a través da liquidación que o concesiorario deberá presentar no Concello. O servizo público da ORA nas rúas carballiñesas, cos prezos que xa no seu dia fixou o pleno da Corporación Municipal, prestaráse mediante expendedores de tickes ou con tratamento de tarxetas ou similar. O Adxudicatario da ORA tamén prestará o servizo municipal de guindastre, que desta maneira pasa a privatizarse no Concello do Carballiño. O Prazo para a presentación de ofertas será de 15 dias naturais, a contar desde o pasado sábado dia 18. Previsiblemente, no vindeiro mes de xaneiro de 2011 poderá reunirse a mesa de contratación, que resolverá o concurso. No BOP e na Secretaría Municipal do Concello do Carballiño poden consultarse as bases que rixen a oferta pública para esta concesión administrativa.
As xestións que desde fai varias semanas se estivron levando a cabo para buscar una solución á situación transitoria que vive a Directiva do C.D.Arenteiro tras a renuncia presentada polo Ex-Presidente Antonio Valiñas, parece que se confiman como fructíferas e no transcurso da semana que ven faráse pública por parte da actúal directiva a proposta que será presentada ós socios do club. A fórmula elexida será a da constitución dunha Xunta Xestora que se fará cargo de inmediato da xestión da entidade deportiva e coa entrada na mesma dun grupo de empresarios da Comarca do Carballiño relacionados có sector da construcción, con eles integraránse na nova xestora os membros da actúal Directiva. O obxetivo inmediato do novo equipo rector do club será reforzar o equipo para salvarse do descenso de categoria na preferente sur do fútbol galego, aínda que a intención inicial vai más alá e pasaría por un proxecto sólido e ambicioso para o futuro inmediato do C.D. Arenteiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 723
- 724
- 725
- 726
- 727
- 728
- 729
- 730
- 731
- …
- seguinte ›
- última »