Onta xoves, remataba en principio, o prazo de reflexiòn e paralizaciòn momentànea das obras da pranta de compostaxe das Fontaìñas (Cea). A iste acordo de mìnimos chegaban, Compost Galicia - empresa adxudicataria da licencia- e os representantes da Plataforma Cidadà en contra da ubicaciòn de dita pranta,na reuniòn informativa mantida o luns dia 4.
Abrìase, deste xeito, un prazo prudencial de 10 dìas para a bùsqueda de soluciòns e calmar a axitaciòn veciñal. Asemade, tamèn, pretendìase, niste tempo, aclarar a titularidade dun camiño pùblico, que segundo os veciños, pasa entre as dùas parcelas onde se executa a pranta e tentar dilucidar os lìmites entre os concellos de San Cristovo de Cea e Maside
Non hai de momento, ningùn tipo de acordo, segundo Josè Mosquera, voceiro da plataforma; mentras tanto dende a empresa comunìcase que non hai data para a reanudaciòn dos traballos, a pesares, de que a legalidade os ampara, o ter tòdolos permisos esixidos para o desenvolvemento do proxecto.
Trala penosa imaxe amosada polo C.D Arenteiro ante o Nigràn o pasado domingo en Condominguez, os homes de Mindo acadaron un valioso empate ante o Barbadàs no encontro xogado no Municipal dos Carrìs (1-1), na ida da eliminatoria de oitavos de final da Copa Deputaciòn.
O vixente campiòn de Copa adiantàbase no marcador no minuto 2 de xogo, aproveitando un erro da zaga carballiñesa que durante os primeiros 20 minutos non foi capaz de controlar o potencial do seu rival.
Xa na segunda metade, o Arenteiro mudou radicalmente de mentalidade, cun xogo mais sosegado e vertical, conquerindo Kennedy o tanto do empate mediada esta etapa complementaria.
A seguinta cita do cadro verde serà iste vindeiro domingo na oitava xornada de liga, cando en Espiñedo reciba a visita do co-lìder do grupo, o Ràpido Bahia da comarca pontevedresa do Morrazo
Os catros concelleiros do grupo municipal do BNG do Concello do Carballiño veñen de asinar unha mociòn pedindo a retirada do canon da auga recollido no proxecto de lei de Augas de Galiza.
Un dos puntos mais polèmicos da nova lei e que ista obriga a instalar contadores homologados nos pozos particulares, baixo a ameaza de multas de atè 30.000 euros.
Polo tanto o grupo nacionalista vai presentar na pròxima sesiòn plenaria ista mociòn cas seguintes demandas:
garantir o acceso ao ciclo completo da auga para tòdolos cidadàns en igualdade de condiciòns; unha regulaciòn e ordenaciòn dos usos da auga que recolla tòdalas peculiaridades do territorio galego e, ademais, crear un rèxime fiscal progresivo ,que de ningùn xeito, supòña un incremento da carga impositiva na situaciòn actual de crise ploa vìa dos impostos indirectos.
O actual concelleiro de Tràfico, Jose Antonio Barge, manifestaba en declaraciòns a Cope-O Carballiño a sùa mais que posible renuncia a continuar coa sùa actividade polìtica, despois das vindeiras elecciòns municipais a celebrar o dia 22 de maio de 2011.
Deste xeito, unha das grandes apostas do actual Secretario Xeral do PSG-PSOE, "Pachi" Vàzquez para apuntalar a hexemonìa socialista no Concello do Carballiño, abandonaria a vida polìtica, catros anos despois, por motivos de incompatibilidade profesional e achaques de saùde.
Quinta derrota consecutiva nesta liga dun Arenteiro que segue empeñado en cometer os mesmos erros, tres pérdidas de balón no centro do campo sobraronlle a un práctico Lalín para levarse os 3 puntos de Espiñedo, os dezanos incluso poideron conseguir un marcador más abultado, ó fallar David Soares un penalti e non estar fino Matelo en dúas claras ocasións ante o meta local Samuel. Se a esto unimos que o Arenteiro amosase cada domingo como un equipo moi limitado técnicamente para a categoria da preferente, o resultado non podía ser outro que unha nova derrota, ésta vez por 1-3, que mantén os carballiñeses no antepenultimo posto da clasificación, en posto directo de descenso. O equipo entregase en cada partido, pero as limitacións e a falta de oficio son considerables. Ante este panorama non queda outra máís ca reforzar con urxencia o equipo se se quere competir na categoria. De feito, durante esta semana deberíanse concretar a fichaxe de alomenos tres xogadores, un defensa, un medio-centro e un dianteiro. Ademáis, está por aclararse a situación de Kennedy, xa que este domingo o xogador nigeriano volveu chegar tarde á convocatoria, sendo reincidente, polo que Mindo non contou co seu concurso para o partido ante o Lalín.
A sentencia é firme e contra a mesma non cabe recurso, e condena o Alcalde de Punxín, Alfredo Cruz a unha inhabilitación especial para o exercicio de cargo público durante un periodo de oito anos e seis meses, o quedar probado que cometeu un delito de prevaricación no exercicio das súas funcións como Alcalde. A Audiencia provincial tén en conta a apelación da Fiscalia e revoca a sentencia anterior do Xulgado Penal nº 1 de Ourense, que absolvera o rexidor municipal. Os feitos que deron lugar a esta condena o Alcalde de Punxín, que deberá abandonar o seu cargo no Concello, remontanse o 21 de xuño de 2007, ós poucos dias de tomar posesión como Alcalde, éste asina unha carta de despido a Ramona Lema, traballadora do servizo municipal de limmpeza, que formara parte da lista do Partido Popular nas elección municipais. A sentencia condenatoria resalta que o Alcalde adoptou o acordo "pese a ser conocedor de que el mismo no se ajustaba a derecho, habiendo sido informado de tal extremo, tanto verbalmente como a través de infome por la Secretaria de la Corporación Municipal". Alfredo Cruz, foi unha das fichaxes do actúal Secretario do PSOE galego, Pachi Vázquez, encabezando a lista socialista de Punxín nas eleccións de 2007, nas que conseguíu maioria absoluta, polo que foi elexido Alcalde, un cargo para o que agora está inhabilitado por parte da Xustiza.
O Concello de Maside pon en marcha o I Programa de actividades lúdicas-saudables para adultos, que se realizarán ó longo do mes de outubro deste ano 2010 e que está orientado a persoas maiores de 30 anos. Este programa está incluído dentro da Campaña de Citymarketing ¡VIVE MASIDE!, na que se promociona Maside como un concello que ofrece Calidade de Vida e benestar.
Os obxectivos que se buscan con este programa son:
- Ofrecer unha actividade de lecer divertida e innovadora, ó mesmo tempo que beneficiosa para o corpo e sobre todo para a mente dos nosos veciños e amigos.
- Potenciar os lazos de veciñanza e a sociabilidade entre as nosas xentes.
- Dar a coñecer e potenciar a valorización de puntos importantes do noso Concello, como son o Puzo do Lago ou a Rañoa, tanto ós nosos veciños como ós foráneos que se sintan atraídos por estas actividades.
- Informar e Concienciar sobre a importancia terapéutica do termalismo, da natureza e do deporte como elementos imprescindibles nunha vida de calidade.
As actividades que se levarán a cabo son:
- Taichi: 3 de outubro ás 17.00 horas na Paraxe Natural do Puzo do Lago.
- Risoterapia: 17 de outubro na Casa de Cultura de Maside.
- Termas de Outariz: 22 de outubro.
- Yoga: 24 de outubro na Rañoa.
Os datos corresponden o informe elaborado pola concellería de turismo do Carballiño, dos mesmos despréndese que o perfil do turista tipo que este verán estivo no Carballiño é aquél que se corresponde cunha persoa entre os 35 e os 45 anos de idade, procedente prefentemente de Andalucia, Cataluña ou Madrid, e que tivo unha estadía dentre os 7 e os 15 dias de duración. Por grupos de idades, estaría en segundo lugar a franxa entre 45 e 54 anos, e en terceira posición os menores de 35 anos. Chama a atención o descenso rexistrado entre os mariores de 65 anos. Entre as cinco e as seis mil persoas pasaron este verán de 2010 pola oficina de turismo, e entre os meses de maio e setembro, o camping municipal recadou 16.500 euros. Con difrencia, agosto foi o mellor mes en canto a ocupación na hostelería carballiñesa, "seguramente o mellor dos últimos anos" aseverou Manolo Dacal, o concelleiro de turismo, tamén dixo que "se batiron records non antes recordados, nos só nos hoteis e restaurantes, senón tamén en bares e cafeterias". Según os datos facilitados polos propios hosteleiros tiveron unha ocupación entre o 70% e o 80%, e nalgúns casos rondou o 100% da capacidade. En canto os recursos turísticos do Carballiño, os visitantes valoran de maneira especial a calidade de vida, o clima, a natureza, as comunicacións e sobre todo, a nosa gastronomia, con mención especial ó polbo á feira. Finalmente, en canto os factores que influiron neste excelente verán para a hostelería carballiñesa, Dacal citou a gran cantidade de actividades celebradas, tanto festivas como culturais, de ocio e deportivas, "sendo tamén un elemento destacado a climatoloxia e a celebración do Xacobeo"
O Arenteiro non da a talla e na súa visita o campo porriñés de Atios colleitaba a súa cuarta derrota consecutiva no actúal exercicio liguiero, e menos mal que no primeiro partido pasou por Espiñedo A Peroxa, ó que os carballiñeses gañaban por 2-0, porque senón moi probablemente o Arenteiro faría pleno de derrotas. En Atios, o equipo de Mindo ofreceu o mesmo guión que nos anteriores partidos e en tres erros de bulto -3 goles- e entregou o partido, especialmente siñificativo foi o terceiro encaiaxado cando comezaba a segunda parte, nun balón sen perigo entre o defensa Simón e o porteiro Samuel regalan o gol ós locais, de auténtica verbena. "Apaga e vámonos", asi será complicado volver gañar un partido. A partir de entón, curiosamente, víuse o mellor Arenteiro, é un decir, porque o Atios co 3-0 no marcador, xa estaba a outra cousa, e ahí foi entón cando o Arenteiro comezou a deixarse ver no campo, xa era tarde, aínda que Kennedy recortaría distancias no minuto 60 e máis tarde os carballiñeses reclamaron un penalti na área local, pero o árbitro desentendeuse e ademáis momentos despois deixaba o Arenteiro con 10 xogadores por doble amarela a Toño. A ahí morría definitivamente un partido no que podemos salvar a César e Kennedy, e pouco máis. Ou se reforza este equipo ou o Arenteiro vai en picado para a 1ª autonómica.
A Vila de Cea celebra durante esta derradeira fin de semana e atá o lúns 27 inclusive, as Festas da Saleta, sen dúbida que por tradición e tirón popular, o outro gran acontecemento festivo da comarca xunto as Festas do Setmbro no Carballiño. Durante catro dias, a vila de Cea volverá revivir o extraordinario ambiente de fai aínda unhos dias atrás, cando se celebraba o Festival Internacional de Orquestras, que según avanzou esta semana en Cope O Carballiño o Alcalde da localidade, José Luis Valladares, seguirá a celebrarse en Cea nos vindeiros anos. Se daquéla, una representación das mellores orquestras internacionais pasaron por Cea, non ten nada que desmerecer o extraordinario cartel que presentan estas Festas da Saleta, xa que volve contarse con afamadas orquestras para animar as verbenas, entre elas Paris de Noia e Panorama, que a bó seguro volverán levar atá cea a milleiros de persoas, Completan a programación musical as bandas de música de Muimenta e Celanova, e as Pandereiteiras de Cea. A Capela da Saleta acollerá as celebracións relixiosas, con misas ás 9,10,11 da mañá, e solemne con procesión, tanto o domingo 26 coma o lúns 27, que será festivo de carácter local no Concello de San Cristovo de Cea. Unha comisión integrada por veciños da vila encargase da organización do festexos, que se financian por medio das cuotas que pagan as familias de Cea, a recadación por publicidade e a aportación municipal. O orzamento deste ano supera os 50.000 euros.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 729
- 730
- 731
- 732
- 733
- 734
- 735
- 736
- 737
- …
- seguinte ›
- última »