9, Xuño 2010

Coa atención posta nas previsións meteorolóxicas, que avanzan unha melloria do tempo para o vindeiro sábado dia 12, o Xefe Territorial da Consellería de Traballo de Benestar, José Selas Souto, confirmou no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" que xa están contratados 270 autocares, ós que haberá que sumar os vehículos particulares, para trasladar atá  O Carballiño ós participantes á Festa dos Maiores. As previsións que manexa a dia de hoxe este departamento autonómico é que asistan a esta convocatoria entre as 25.000 e as 30.000 persoas, procedentes de toda a xeografía galega e incluso doutras comunidades autónomas limítrofes. Selas tamén adiantou a asistencia a esta festa do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que estará no parque municipal carballiñés á unha menos cuarto da tarde. O programa para ese dia abriráse ás 10,30 da mañá coa chegada dos primeiros autocares, ás 12 ofrecerá un concerto a Banda Escola de Música do Carballiño, e as dúas da tarde terá lugar un acto institucional no que se lle fará entrega dun recordo conmemortivo ós centros sociais participantes. Un total de 33 postos de venda de polbo instalarán as súas caldeiras no parque  carballiñés e varios postos de comida ofrecerán os seus servizos, mentres que un operativo integrado por 130 persoas, no que colabora activamente o Concello do Carballiño, cuidará da seguridade e da asistencia sanitaria para esta esta xornada.

8, Xuño 2010

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ven de informar desfavoblamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Leiro, aprobado inicialmente pola Corporación deste Concello, polo que deberá introducir diversas modificacións no documento, fundamentalmente relativas á incorporación  de bens no catálogo de elementos patrimoniais protexidos, que non figuraban no proxecto que o Concello de Leiro remitíu á Dirección Xeral de Urbanismo e Infraestructuras da Xunta de Galicia. O infome da comisión de patrimonio cultural detectou a ausencia de 7 elementos patrimoniais protexidos que deberán incorporarse ó catálogo, entre eles a necrópolis recentemente descuberta en montes da parroquia de Orega. Tras o achádego, a asociación cultural Castela Auriense solicitara a patrimonio o recoñecemento desta necrópolis medieval, que según posteriores investigacións podería remontarse ó século X. O Alcade de Leiro, Francsico José Fernández restou importancia a este informe negativo de patrimonio e manifestou que "dentro dos informes desfavorables é o menos negativo que podía esperarse, e incluso nos advierte que nalgunhos casos pecamos de proteccionismo como sucedeu coa igrexa parroquial de San Pedro, que non tén interés patrimonial". Agora. o Concello de Leiro deberá corrrexir os erros detectados e remitir novamente a documentación á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. O rexidor municipal agarda que os trámites non supoñan un retraso na  aprobación definitiva do PXOM de Leiro.

7, Xuño 2010

O Grupo municipal do BNG defenderá no próximo pleno que celebre a Corporción do Carballiño unha moción de apoio á proposta que os nacionalistas veñen de formalizar por medio do Senador Xosé Manuel Pérez Bouza, demandando a posta en marcha dun tren de próximidade entre as comarcas do Carballiño e o Ribeiro coa cidade de Ourense. Pérez Bouza e o portavoz do BNG no Concello Carballiñés, Manuel Amil, incidiron na necesidade de colaboración entre as distintas administracións, local, autonómica e estatal, para crear un servizo púlbico de transporte de viaxeiros como o que se prretende. Entende o BNG que o custe de creación desta liña de ferrocarril de cercanías non sería moi alto, xa que aproveitaría as vias e infraestructuras que logo quedarán en desuso, a partir do ano 2015 coa chegada do AVE. O novo servizo, comunicaría Ribadavia e O Carballiño con Ourense, onde completaría un percorrido con varias paradas, entre as que estarían a estación intermodal da Ponte, o campus universitario, a estación de San Francisco e o complexo hospitalario, e tería aínda continuidade atá a zona industrial de San Cibrao e O Pereiro. Na moción que o BNG trasladará á Corporación do Carballiño, solicítase o acordo plenario para instar, tanto ó Ministerio de Fomento como á Xunta de Galicia, para que poñan en marcha os mecanismos necesarios cara a creación e posta en marcha deste tren de cercanías. No Senado, o Bloque xa demandou do Ministerio de Fomento unha partida orzamentaria dun millón de euros con cargo ós orzamentos xerais do Estado de 2011 para iniciar o estudio informativo e de viabiliade deste proxecto.

4, Xuño 2010

As dúbidas quedaron finalmente disipadas e a asamblea de socios do club confirmou a continuidade da actúal Xunta Directiva que preside Antonio Valiñas, xa que por ampla maioria rexeitou a posibilidade promovida por un grupo de socios liderado pola Ex-Presidenta Katy Alvarez, que viñan demandando  nas últimas semanas a convocatoria de eleccións anticipadas, ó enteder que a xestión levada a cabo pola Directiva de Valiñas levou ó Club a un calexón de dificil saída. O Certo é que, tamén por ampla maioria, os socios aprobaron as contas da tempada 2009-2010, e desta maneira, implícitamente, tamén deron o seu parabén a xestión económica do actúal equipo directivo, que presentou un deficit acumulado de 22.942 euros. Tamén se aprobou a previsión orzamentaria para a vindeira tempada, que se fixou en 121.000 euros. Tal como se foron desenvolvendo as votacións no transcurso da asamblea xa se podía intuir que a intención do grupo opositor de forzar a saída da actúal directiva non tería éxito. E asi foi, chegado o punto de rogos e preguntas, Katy Alvarez entregou un escrito asinado por 33 socios, no que se pedia a convocatoria inmediata de eleccións á xunta directiva. Tras a discusión sobre algunhos aspéctos dos estatutos, finalmente a proposta someteuse á votación e a maioria dos socios presentes rexeitaron esa posibilidade. Valiñas e o seu equipo continuarán polo tanto á fronte do C.D.Arenteiro, xa que aínda lle quedan dous anos de mandato. Ademáis, tras a celebración desta asamblea a actuál directiva sae reforzada no seu apoio pola masa social do club, xa que a convocatoria tivo unha moi alta asistencia, arredor de 80 persoas, a maioria socios, e algunhos afecionados ós que se lle perimitíu a entrada. Xa no plano deportivo, confirmouse que Mindo será o adestrador ó que se confia o novo Arenteiro, do que se adiantou que "será un 75% carballiñés na composición do seu plantel" cara a vindeira tempada.

3, Xuño 2010

Charlas informativas, obradoiros e a Praza Maior do Carballiño convertida nunha feira de productos procedentes da agricultura ecolóxica e o consumo responsable, forman a oferta de "Bioterra 2010" que se celebra no Carballiño esta vindeira fin de semana, organizada pola asociación cultural "Pepa Loba" e a colaboración da concellería de medio ambiente do Carballiño. A Presidenta da asociación promotora, Rebeca Carreiro, adiantou no programa "A Mañá de Cope" que "serán polo menos 25 postos os que os vindeiros sábados e domingos se instalarán na Praza Maior do Carballiño" ofrecendo os seus productos, en horario de 11 da mañá atá as 9 do serán, os dous dias". Entre as actividades máis novidosas encontrarémonos cun "Banco de Sementes" no que poderémos trocar todo tipo de sementes. Celebraránse charlas informativas sobre o proxecto AEFER, de agricultura ecolóxica como fonte de emprego rural,  outra sobre o funcionamento da Cooperativa de Consumo Consciente Árbore de Vigo, e unha xuntana dos grupos de consumo responsable. O sábado ás 6 da tarde, terá lugar un obradoiro de plantas mediciñais, e o domingo a mesma hora, outro obradoiro de cestería con materiais de refugallo. Desde a Concellería de medio ambiente do Carballiño, Bernardo García manifestou o apoio incondicional con esta incicitava "tan importante para o desenvolvemento sostible"

2, Xuño 2010

El Ministerio de Fomento ha aprobado, tal y como publica hoy el Boletín Oficial del Estado, el expediente de información pública y el Estudio Informativo de la línea de alta velocidad Ourense–Vigo. El Estudio Informativo define el trazado de la línea para la circulación de trenes de alta velocidad, diseñado con vía doble electrificada y ancho internacional. El trazado cuenta ya con la correspondiente Declaración de Impacto Ambiental formulada recientemente por el Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino.Tras la aprobación del estudio informativo, Fomento procederá a licitar los proyectos básicos necesarios para la construcción de la línea.

 Características de la solución aprobada

El trazado finalmente aprobado es el contemplado en el Estudio Informativo por la denominada alternativa 3, integrada por los trayectos O Carballiño Norte y Cerdedo Sur, con las modificaciones en la rasante necesarias para evitar afecciones medioambientales. Dicho trazado se inicia en la conexión con la Línea de Alta Velocidad Ourense-Santiago (en el término municipal de O Carballiño) y finaliza en la conexión con el Eje Atlántico de Alta Velocidad (10 km al norte de Pontevedra), en dirección a Vigo.

La longitud total de la alternativa aprobada es de 54.6 km., desarrollándose gran parte mediante dos plataformas paralelas de vía única para posibilitar el empleo sistemático de túneles, formados por dos tubos paralelos interconectados por galerías cada 250 metros y vía sobre placa de hormigón. En el recorrido se prevé construir un total de 7 túneles y 14 grandes viaductos, lo que determina que el 82% del mismo tenga lugar a través de este tipo de estructuras. Se proyecta un gran túnel central, de prácticamente 18 km de longitud, con comienzo tras el cruce del río Testeiro, una vez superada la localidad de Nogueiro, y final al norte de la localidad de Cerdedo.

 

 

 

 

 

31, Maio 2010

A decisión política estaría xa adoptada, aínda que de momento nada transcendeu oficialmente. A Consellería de medio ambiente, territorio e infraesctructuras, accederá finalmente -asi pudo sabelo Cope O Carballiño- a modificar o proxecto e retirar do mesmo o muro de contención que na parte frontal da igrexa acadaría unha altura de 3,7 metros. A decisión sería consecuencia tanto da presión social que desde O Carballiño se está exercendo sobre este asunto, e tamén do posicionamento contrario que sobre este aspecto concreto do proxecto veñen facendo distintos persoeiros do ámbito da cultura, que trasladaron ó propio Director Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, Xosé Manuel Rey Pichel. Esta pasada fin de semana sumábase a este movemento opositor contra o muro a Real Academia Galega de Belas Artes, da que forma parte o arqueólogo, museólogo e estudioso da Igrexa da Veracruz, o carballiñés Felipe-Senén López Gómez.

31, Maio 2010

O Concelleiro de medio- ambiente do Carballiño, Bernardo García, considera que é necesario exercer unha maior vixiancia para evitar que sigan producindose os actos de gamberrismo das ultimas semanas, sobre todo coincidindo coas madrugadas dos domingos. Nesta derradeira fin de semana de maio, ademáis de novos destrozos en distintas instalacións municipais e no mobiliario público, tamén foron obxeto dun roubo de material as dependencias do departamento municipal de medio-ambiente, no campo da feira de Framia, onde os ladróns levaronse diversas ferramentas e maquinaria por valor de 3.000 euros, según a denuncia presentada polo Concelleiro ante a Garda Civil. Bernardo García considera que é importante tanto a colaboración cidadán como un aumento nas medidas de control policial para evitar estos actos de vandalismo, entre os que citou os cometidos esta pasada fin de semana, con diversos destrozos nas instalacións do Punto Limpo e a Canceira Municipal, e nas xardineiras da Praza da Mina.

29, Maio 2010

La Cadena Cope ha decidido incorporar a su equipo de comunicadores al periodista Ernesto Sáenz de Buruaga, para hacerse cargo, a partir del próximo uno de Septiembre, del programa matinal  “La Mañana de la Cope”.  Ernesto Sáenz de Buruaga es un periodista con una dilatada y destacada carrera profesional.Licenciado en Ciencias de la Información, ha sido Consejero-Delegado de Antena 3 TV, Director General de los Servicios Informativos de Antena 3 TV, Director del Área de Producción de Programas Informativos de TVE, y editor y presentador de los Telediarios de la noche en Televisión Española y en Antena 3. En Radio, ha sido director y presentador de todas las franjas horarias de informativos de Radio Nacional de España: España a las 6, a las 7 y a las 8. El Diario de las dos, el Diario de la Tarde y el Diario 24 horas. Además en la Radio pública ha sido responsable de los programas Tarde a Tarde o Escrito en el AireErnesto Sáenz de Buruaga ha sido también Director de los Servicios Informativos de Onda Cero, en donde dirigió y presentó el Diario 14:30 y La Brújula. Toda esta actividad le ha hecho acreedor de numerosos premios profesionales. Ha sido galardonado con cuatro Antenas de Oro, con el Premio Internacional Club de Prensa, el Premio Libertad de Expresión, el TP de Oro, el Premio de la Asociación Profesional de Radio y Televisión y el Premio de los Reporteros Gráficos Españoles.  En la actualidad, Sáenz de Buruaga dirige y presenta, con gran éxito de audiencia, el programa semanal de debate Madrid Opina, en Telemadrid, la televisión Autonómica de la Comunidad de Madrid.

Carta a unha mimosa ( II )

Parece que está definindo o noso Ribeiro, lendo o que nos falan as nosas pedras máis antergas, e que se pode conxugar o viño co teu perfume. Dona Emilia Pardo Bazán, pola contra, relaciona o teu perfume con Madrid  “…las acacias prodigaban su rica esencia…”, “…y el olor fragante de las flores de acacia le parecía el de las silvestres mentas que crecen al borde de los linderos en el valle de Ulloa…”. A ela non lle coincideu estar en Banga e contemplar como as túas flores visten de amarelo o val do río Avia, anunciando luminosas a Primavera.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS