(Remitido) Carballiño fs "objetivo conseguido " segundo clasificado y a esperar el play off .....pero bueno como siempre lo importante es el Arenteiro asi que, semana soporifera sobre ese tema otra vez. Colmenero campeón de España con la selección gallega ......pero lo importante es quien va a hundir al arenteiro para el año si la directiva saliente si sale o la entrante si entra. Los benjamines de futbol sala (E.M.F) subcampeones gallegos pero hablareis de la derrota del arenteiro durante toda la semana. Oscar juvenil del carballiño fs campeon de españa con la seleccion gallega .....pero no importa lo importante sera saber como van las obras de espiñedo.
A moción que o Partido Popular presentou polo trámite de urxencia e na que se pedia o acordo plenario para instar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras a que proceda a eliminación do muro construído no proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, non se incluíu finalmente na órden do dia da sesión ordinaria celebrada pola corporación carballiñesa, xa que PSOE e BNG impediron esa posibilidade ó votar en contra da urxencia. O Alcalde, Carlos Montes, tildou a iniciativa dos populares de "oportunismo político" e propuxo -nada se concretou tampouco- que unha representación integrada por él mesmo e os portavoces dos partidos políticos solicitasen unha entrrevista có Conselleiro para trasladarlle esta "inquietude dun sector do pobo do Carballiño". Desde o BNG, Manuel Amil volveu insistir en que "a solución é política" e asegurou que esta sensibilidade maioritaria da sociedade carballiñesa xa é do coñecemento dos responsalbles da execución da obra. O portavoz do PP, Argimiro Marnotes, intentou -sen éxito- explicar os motivos da urxencia desta moción, pero de inmediato o Alcalde retiroulle a palabra, tras aclararlle que non procedía o debate ó non admitirse a urxencia por parte do pleno.
A Corporación tamén aprobou unha nova operación de tesoureira por importe de 1.300.000 euros, cos votos en contra da oposición e tras manifestar Argimiro Marnotes que o Partido Popular non vai apoiar este tipo de operacións mentres no se execute o acordo plenario no que se acordou a realización dunha auditoria das contas municipais. Marnotes tamén recordou a alta débeda que arrastra o Concello do Carballiño "a máis alta entre os concellos das súas características no ámbito provincial, según os datos do Ministerio de Economia e Facenda". Montes restou importancia a eses datos do Ministerio e en relación á auditoria admitíu que o Consello de Contas xa contestara negativamente a solicitude feita polo concello carballiñés "pero si queren facela poden", concluíu. Mentres, o portavoz do BNG, Manuel Amil, xustificou esta operación crediticia "porque sempre será mellor deberlle ós bancos que os pequenos empresarios".
Houbo unanimidade entre os 3 grupos políticos para demandar da adimistración autonómica o arranxo das rúas Ourense e O Irixo, e tamén para propoñer á Consellería de Sanidade a actúal estación de autobueses como posible ubicación do novo centro de saúde do Carballiño. A Corporación acordou o apoio institucional á manifestación en defensa do galego convocada pola plataforma "Queremos galego" para o vindeiro lúns 17 de maio en Santiago, acordo do que se desmarcou o Partido Popular.
O grupo municipal do Partido Popular presentará polo trámite de urxencia unha moción no pleno da Corporación Carballiñesa a celebrarse este xoves dia 13 de maio, na que demandará un acordo plenario para instar á Xunta de Galicia a que modifique o proxecto que está executandose no entorno da Veracruz, e máis concretamente que se proceda á retirada do muro de contención e se busque outra solución técnica máis axeitada co entorno, tal como se ven pedindo nos últimos meses por parte da maioria da sociedade carballiñesa, tanto por parte de colectivos e asociacións, como veciños a título persoal. O Partido Popular quere que no transcurso do pleno os grupos políticos municipais se posicionen claramente sobre esta petición, e o posterior acordo sexa comunicado de inmediato á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, solicitandolle que se rectifique ese aspécto concreto da obra.
Os datos do paro seguen en cotas históricas na Comarca do Carballiño, en tan só un ano -no periodo que vai de abril de 2009 a abril de 2010- sumaronse 323 novos traballadores en paro no conxunto dos 9 concellos da Comarca, deles 249 son residentes no Concello do Carballiño. O único dato positivo é que no pasado mes de abril o paro descendeu en 35 persoas, en relación o mes anterior, o de marzo. En total, temos 2.307 persoas inscrítas como demandantes de emprego, das que 1.321 pertencen á capitalidade comarcal, ó Concello do Carballiño, 605 homes e 716 mulleres. A franxa de idade con máis numero de parados é a que vai entre os 25 e os 44 anos, que son 701, os maiores de 45 anos suman 497, e finalmente 123 son menores de 25 anos. No resto da Comarca, o concello con máis parados é Maside, con 275 persoas en paro, 33 máis que fai un ano. Boborás tén 196 persoas en situación de desemprego, 35 maís en relación a fai un ano atrás. San Amaro e O Irixo teñen-curiosamente- o mesmo número de veciños en paro, 104 en cada concello. Punxín suma 66 parados e Beariz 41. Os únicos dous concellos onde descende -aínda que simbólicamente- o paro no cómputo do último ano son San Cristobo de Cea e Piñor, que teñen 123 e 77 persoas, 17 e 6 menos -respectivamente-en relación os datos de fai un ano.
O Templo da Veracruz contará con dous accesos para vehículos fúnebres unha vez que se remate a urbanización da nova praza, ún deses accesos será desde o novo vial en construcción e o outro desde a rúa dos Canteiros. Desta maneira, quedaría suprimida a actúal rampa de acceso desde a rúa Evaristo Vaamonde. Foi éste ún dos acordos acadados na reúnión celebrada esta mañá en Santiago de Compostela, na sede da dirección Xeral de Urbanismo, e na que participaron o párroco Xosé Benito Sieiro, o responsable de patrimonio do Bispado, Miguel Angel González, xunto ós representantes do Concello do Carballiño. Os redactores do proxecto tamén se comprometeron a asumir outra das alegacións presentadas pola parroquia, a relativa a manter o acceso desde as inmediacións da rectoral á praza, na actualidade en forma de escalinata, que se vai manter aínda que se desplazará a súa ubicación achegandose máis á parte esquerda. Finalmente, os responsables da obra tomaron nota doutras peticións, en relación á canalización de augas e que se deixe cotemplada a conexión da rede de gas ó Templo. Nesta reunión non se abordou a polémica sobre a construcción do muro, e a posible reconsideración deste aspecto concreto do proxecto, tal como demanda unha ampla maioria da sociedade carballiñesa.
Por vez primeira neste tipo de competicións, O Concello do Irixo acollerá este domingo dia 9 da maio a celebración da 3ª proba puntuable para o campionato galego de Enduro, que atraerá a centos de afecionados procedentes de toda a xeografía galega. O Tenente-Alcalde Manuel "Lito" Cerdeira salientou "a importancia de que este acontecento se celebre no Irixo, xa que desta maneira serán centos de persoas as que coñezan o noso Concello e pasen entre nós a fin de semana". Son en total 90 os pilotos que tomarán parte nesta competición, como avanzou José Canda, en representación da organización, que conta coa colaboración do "Club Sobre Rodas", o "Moto Club Móvete na Moto", e o propio Concello do Irixo. O ambiente moteiro xa comezará a notarse na xornada do sábado, con motivo das verificacións técnicas e administrativas que se farán na praza do concello do Irixo. Desde este mesmo lugar, sairán os participantes neste campionato galego de Enduro o domingo ás 9 da mañá, para dirixirse atá montes próximos á localidade da Ermida, ónde terá lugar un circuíto especial de 5 kilómetros, para continuar despois polos por dintintos pobos no entorno do Irixo, atá completar un recorrido de 37 kilómetros. A entrega de premios faráse ás 4,30 da tarde. Entre os pilotos participantes estará Xacob Agra, que foi recentemente subcampión mundial desta modalidade deportiva.
El Ministerio de Fomento, a través de Adif, ha aprobado la adjudicación de dos contratos de obras en el Eje Ourense-Santiago de Compostela, perteneciente al Corredor Norte-Noroeste de Alta Velocidad, por un importe conjunto de 163.939.856,1 euros. La adjudicación de mayor volumen es la referida a las obras de ejecución y mantenimiento de las instalaciones asociadas del Eje Ourense-Santiago. Estas instalaciones permiten la explotación comercial de la infraestructura, así como dotarla de los adecuados estándares de seguridad, regularidad y confort.
El contrato comprende la ejecución de las instalaciones de señalización, telecomunicaciones fijas, control del tráfico centralizado (CTC), protección y seguridad y los sistemas de protección del tren ERTMS (European Rail Traffic Management System) y ASFA (Anuncio de Señal y Frenado Automático). El contrato ha sido adjudicado a la Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por las compañías Thales, Dimetronic, Cobra y Antalis, por un montante de 135.712.996,9 euros.
Montaje de vía
El segundo contrato adjudica los trabajos de montaje de vía de alta velocidad del Eje Ourense-Santiago, desde la capa de subbalasto hasta la recepción final de la vía. La nueva LAV conectará Ourense y Santiago mediante una línea férrea de doble vía electrificada, con ancho internacional o UIC (1.435 mm).
Las obras se dividen en dos lotes o tramos, tomando como referencia la base de montaje de vía de O Irixo (Ourense). Por un lado, el tramo entre Ourense y O Irixo, de 25,2 km de longitud, y por otro, el tramo O Irixo-Santiago, de 56,8 km.
Desde la base de O Irixo se llevarán a cabo las operaciones relacionadas con el suministro, abastecimiento, transporte y acopio en puntos intermedios de los elementos necesarios para el montaje de la vía en los 87 kilómetros de trazado de la línea, incluyendo los accesos a Ourense y Santiago. La base servirá en el futuro para realizar las labores de mantenimiento de la infraestructura.
Entre las ventajas que aportará su puesta en servicio destacan la disminución de la distancia de recorrido entre Ourense y Santiago en 38,9 km, pasando de los 126 actuales a 87,5 km (incluyendo el acceso a ambas capitales). El trazado prevé la conexión con la línea de alta velocidad del Eje Atlántico.
O Concelleiro de obras e urbanismo do Carballiño, Manuel Amil, espera que nun prazo aproximado dun mes poida poñer a disposición dos veciños e veciñas ó equipo redactor do novo plan eral de ordenación municipal do Concello do Carballiño (PXOM), coa finalidade "de que todos os veciños que me viñeron trasladando as súas suxestións relativas as súas propiedades e que teñen determinadas problemáticas, o que quero é poñelos en contacto co equipo redactor e asi ver se as súas propostas teñen encaixe no novo plan urbanistico". Antes, e no transcurso das vindeiras semanas, o arquitécto e o técnico municipal asistirán a unhas charlas informativas que se van celebrar en Ourense, sobre a nova lei do solo de Galicia, que ven de aprobarse recentemente e entrou en vigor o pasado dia 21 de abril, e asi comprobar "en qué medida a nova lei pode afectar ó PXOM carballiñés". Amil recordou cómo os cámbeos introducidos nesta nova lei van afectar sobre todo á zona rural "e entendo que de forma positiva, xa que a normativa agora aprobada é menos restrictiva cá anterior e permitirá que poidan construirse vivendas máis alá dos 200 metros dos núcleos rurais, algo que antes non se contemplaba". O Concelleiro nacionalista, e máximo responsable do departamento municipal de obras e urbanismo fixou no horizonte do ano 2013 a aprobación do que deberá ser o futuro regulamento urbanístico do concello carballiñés.
O portavoz socialista no concello de Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, apuntou que “ O Grupo dos socialistas de Leiro votamos en contra da aprobación dos presupostos para 2010, despois dun tenso debate. Neste senso o socialista engadiu “que o alcalde claramente nervioso propinou unha serie de insultos dirixidos a miña persoa, ademais, mentres facía uso da palabra fun interrompido en numerosas ocasións”
O concelleiro socialista explica que “a razón pola cal votamos en contra dos presupostos e porque están pensados para uns poucos e non para o conxunto da cidadanía de Leiro”. Neste senso engadiu que “non aparece recollido un imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, non hai unha taxa sobre as terrazas das prazas, se esixe de xeito irregular por vía executiva impostos a moita xente que carece de recursos, non se fan bonificacións do IBI e non se aplican bonificacións nas taxas municipais”
Deste xeito apuntou que “ademais, incúmprese o prazo de presentación e de aprobación dos presupostos. Se tiña que presentar a pleno antes do 15 de outubro e aprobarse antes do 31 de decembro. “Por non falar de que o estado dos gastos e ingresos non está en lingua galega, como así debe ser cando é documentación pública e oficial”recalcou o socialista. “Falta documentación anexa, en concreto o Plan cuatrienal de investimentos, falta detallar investimentos anuais e a liquidación do presuposto anterior”.
Rodríguez denunciou que “o gasto destinado o alcalde e os concelleiros ascende a 34.0007,02 euros sen incluír gasto de teléfono, mentres que a partida adicada a novos investimento e de 16.536.00 Euros, non se pode consentir é semellante despropósito, recalcou o socialista.
Notificacións da mancomunidade
O concelleiro apuntou que “nos presupostos aparecen partidas de ingresos dudosos, xa que a maioría están prescritas e a Mancomunidade do Ribeiro, presidida polo alcalde, os inclúen por si colan”.
Rodríguez denunciou que “nas notificación que se están enviando hai irregularidades, por exemplo non se identifica o nome do xefe de servizo de recadación. Indícase un regulamento que xa non está en vigor. Tampouco se informa do dereito dos cidadáns a consultar e obter copias do expediente, así como, non se diferenzan os procedementos iniciados antes e despois da entrada en vigor do regulamento 939/2005.
Neste senso Rodríguez apuntou que “ isto non so é denunciada polo PSOE senón que hai un escrito dun particular que reflexa está situación e que nos ensinamos o plenario para que tivera coñecemento do mesmo”. Ademais engadiu que “ queremos transmitirlle os veciños que dispomos de escritos para que non teñan que pagar estes atrasos nas notificación da Mancomunidade.
Propostas socialistas
O socialistas de Leiro presentaron unha serie de propostas, que non foron aprobadas, nas que se recollían por exemplo, a revisión e modificación do IBI, a aplicación xusta do imposto de actividades económicas o control das canteiras, a redución do gasto e das dietas dos membros da corporación, o control dos gastos correntes, especialmente de alumbrado comunicacións e renegociar créditos e empregar as cantidades asignadas, e deste xeito poder amortizalas en pequenas obras no rural. Ademais os socialistas quixeron saber que ordenanzas están aprobadas polo concello, o criterio co cal se conceden as subvención as diferentes asociación, os ingresos en vía executiva e a canto ascende e débeda do concello.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 737
- 738
- 739
- 740
- 741
- 742
- 743
- 744
- 745
- …
- seguinte ›
- última »