O Concelleiro de obras e urbanismo do Carballiño, Manuel Amil, espera que nun prazo aproximado dun mes poida poñer a disposición dos veciños e veciñas ó equipo redactor do novo plan eral de ordenación municipal do Concello do Carballiño (PXOM), coa finalidade "de que todos os veciños que me viñeron trasladando as súas suxestións relativas as súas propiedades e que teñen determinadas problemáticas, o que quero é poñelos en contacto co equipo redactor e asi ver se as súas propostas teñen encaixe no novo plan urbanistico". Antes, e no transcurso das vindeiras semanas, o arquitécto e o técnico municipal asistirán a unhas charlas informativas que se van celebrar en Ourense, sobre a nova lei do solo de Galicia, que ven de aprobarse recentemente e entrou en vigor o pasado dia 21 de abril, e asi comprobar "en qué medida a nova lei pode afectar ó PXOM carballiñés". Amil recordou cómo os cámbeos introducidos nesta nova lei van afectar sobre todo á zona rural "e entendo que de forma positiva, xa que a normativa agora aprobada é menos restrictiva cá anterior e permitirá que poidan construirse vivendas máis alá dos 200 metros dos núcleos rurais, algo que antes non se contemplaba". O Concelleiro nacionalista, e máximo responsable do departamento municipal de obras e urbanismo fixou no horizonte do ano 2013 a aprobación do que deberá ser o futuro regulamento urbanístico do concello carballiñés.
O portavoz socialista no concello de Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, apuntou que “ O Grupo dos socialistas de Leiro votamos en contra da aprobación dos presupostos para 2010, despois dun tenso debate. Neste senso o socialista engadiu “que o alcalde claramente nervioso propinou unha serie de insultos dirixidos a miña persoa, ademais, mentres facía uso da palabra fun interrompido en numerosas ocasións”
O concelleiro socialista explica que “a razón pola cal votamos en contra dos presupostos e porque están pensados para uns poucos e non para o conxunto da cidadanía de Leiro”. Neste senso engadiu que “non aparece recollido un imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, non hai unha taxa sobre as terrazas das prazas, se esixe de xeito irregular por vía executiva impostos a moita xente que carece de recursos, non se fan bonificacións do IBI e non se aplican bonificacións nas taxas municipais”
Deste xeito apuntou que “ademais, incúmprese o prazo de presentación e de aprobación dos presupostos. Se tiña que presentar a pleno antes do 15 de outubro e aprobarse antes do 31 de decembro. “Por non falar de que o estado dos gastos e ingresos non está en lingua galega, como así debe ser cando é documentación pública e oficial”recalcou o socialista. “Falta documentación anexa, en concreto o Plan cuatrienal de investimentos, falta detallar investimentos anuais e a liquidación do presuposto anterior”.
Rodríguez denunciou que “o gasto destinado o alcalde e os concelleiros ascende a 34.0007,02 euros sen incluír gasto de teléfono, mentres que a partida adicada a novos investimento e de 16.536.00 Euros, non se pode consentir é semellante despropósito, recalcou o socialista.
Notificacións da mancomunidade
O concelleiro apuntou que “nos presupostos aparecen partidas de ingresos dudosos, xa que a maioría están prescritas e a Mancomunidade do Ribeiro, presidida polo alcalde, os inclúen por si colan”.
Rodríguez denunciou que “nas notificación que se están enviando hai irregularidades, por exemplo non se identifica o nome do xefe de servizo de recadación. Indícase un regulamento que xa non está en vigor. Tampouco se informa do dereito dos cidadáns a consultar e obter copias do expediente, así como, non se diferenzan os procedementos iniciados antes e despois da entrada en vigor do regulamento 939/2005.
Neste senso Rodríguez apuntou que “ isto non so é denunciada polo PSOE senón que hai un escrito dun particular que reflexa está situación e que nos ensinamos o plenario para que tivera coñecemento do mesmo”. Ademais engadiu que “ queremos transmitirlle os veciños que dispomos de escritos para que non teñan que pagar estes atrasos nas notificación da Mancomunidade.
Propostas socialistas
O socialistas de Leiro presentaron unha serie de propostas, que non foron aprobadas, nas que se recollían por exemplo, a revisión e modificación do IBI, a aplicación xusta do imposto de actividades económicas o control das canteiras, a redución do gasto e das dietas dos membros da corporación, o control dos gastos correntes, especialmente de alumbrado comunicacións e renegociar créditos e empregar as cantidades asignadas, e deste xeito poder amortizalas en pequenas obras no rural. Ademais os socialistas quixeron saber que ordenanzas están aprobadas polo concello, o criterio co cal se conceden as subvención as diferentes asociación, os ingresos en vía executiva e a canto ascende e débeda do concello.
A mairoría de concelleiras e concelleiros dos tres grupos políticos que integran a corporación do Carballiño -poucos fallaron á cita- protagonizaron a enésima presentación do camping muncipal "Arenteiro". Desta vez, para anunciar a apertura da tempada 2010, prevista para esta primeira fin de semana do mes de maio, data teórica para o inicio da actividade nestas instalacións muncipais e a chegada dos primeiros campistas. Entre a actuacións de mellora que se levaron a cabo últimamente, atópanse as reformas das que foron obxeto as vivendas vacacionais "Pallozas do Arenteiro", sitas na parte máis próxima á chamada "Pena dos Namorados", dentro do conxunto etnográfico do río Arenteiro. Construídas a imitación das antiquísimas pallozas, de planta circular e teito cónico, estas vivendas vacacionais foron obxeto recentemente de diversas melloras para adaptálas á normativa deste tipo de instalacións, con actuacións que consistiron no aillamento térmico, mellora dos sistemas eléctrico e de seguridade, e instalación de antenas de tv e televisores LCD. Ademáis, por medio do Plan E acometeronse outras obras no resto das instalacións do camping, como a construcción de bocas de incendio e máis torres de instalación eléctrica, novo abastecemento con caudal suficiente para un servizo de calidade, e instalación dun depósito para a evacuación e tratamento das augas residuais para as autocaravanas, servizos dos que estas instalacións muncipais carecían atá o de agora. O Alcalde Carlos Montes, manifestou no transcurso desta nova presentación do camping muncipal que "a partir de agora O Carballiño e Comarca recibirán un novo pulo no seu desenvolvemento turístico, exemplo de modelo sostible e de promoción turística da nosa vila".
A Garda Civil de Leiro procedeu a dentención de catro mozos, dous deles menores de idade, e todos veciños de Ourense, como presuntos autores dun delito de roubo con forza, no que ademáis causaron destrozos no interior dunha vivenda en Leiro, onde se apoderaron de moedas e billetes antigos, asi como varias botellas de bebidas alchohólicas, valorando o propietario en mil euros a contía do roubo. Ademáis dos dous menores de idade, a Garda Civil de Leiro tamén prendeu a D.S.R. de 18 anos, e O.R.M. de 20 anos, que hoxe pasarán a disposición xudicial.
Os datos son os facilitados polo Ministerio de Economia e Facenda, e recollen a débeda viva das Entidades Locais con data de referencia a dia 31 de decembro de 2009. Según os mesmos, o Concello do Carballiño tén unha débeda viva de 5.668.000 euros, sendo desta maneira o Concello da provincia -agás a capital- coa débeda maís elevada, e moi por enriba dos outros dous concellos pronvinciais que teñen idénticos orzamentos anuais e somellante poboación, como son O Barco de Valdeorras e Verín, que contan -respectivamente- cunha débeda de 3.201.000 e 4.307.000 euros. Tampouco sae moi ben parado nesta comparativa o Concello do Carballiño se a mesma a establecemos có veciño concello de Lalín, con maior poboación e un orzamento anual moi superior ó do Carballiño, e sen embargo cunha débeda inferior, de 4.100.000 euros. A chamada débeda viva é aquela que os concellos manteñen coas entidades bancarias en forma de préstamos a curto ou longo prazo, e mesmo os compromisos adquiridos có propio Ministerio de Economia e Facenda. Nesta débeda non se contabilizan outras obrigacións pendientes de pago, como poden ser as que se manteñen cós preveedores. Durante o pasado ano 2009, o concello carballiñés aumentou a súa débeda en 796.000 euros, mentras que na maioria dos concellos permaneceu inalterable ou incluso nalgunhos casos conseguiron rebaixala.
O Xulgado nº 1 do Carballiño ven de dictar unha resolución pola que se propón o arquivo da causa incoada pola morte masiva de cans, feitos denunciados polos grupos ecoloxistas "Matarpormatarnon" e "Amigos da Terra", fai agora algo maís dun ano. Según os ecoloxistas e a denuncia que presentaran ante a Garda Civil, entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 1 de marzo dese mesmo ano, resultaron mortos un número moi elevado de cans, moitos deles apareceron enterrados e con sinais de morte vilolenta nunha fosa aberta nas propias intalacións, xestionadas polo Concello do Carballiño, como constatou posteriormente unha impección oficial do Seprona da Garda Civil, que daquéla, contabilizara a desaparición de de 79 cans e advertira doutras deficiencias varias nas instalacións, nas que a Consellería de Medio Ambiente investira 250.000 euros e carecían de auga corrente e suministro eléctrico, ademáis doutras irregularidades administrativas no seu funcionamento. Despois, o pleno da corporación municipal carballiñesa acordara crear unha comisión de invstigación, que logo quedaría desactivada ante a pasividade dos grupos políticos. Agora, un ano despóis, o xulgado entende que "de lo actuado no aparece debidamente justificada la perpetración de delito". Os grupos ecoloxístas anunciaron xa que recurrirán esta decisión xudicial. Máis información en www.matarpormatarnon.org
Dous favores arbitrais e consecutivos abriron o camiño do triunfo para o líder da categoria no partido xogado esta tarde no campo de Espiñedo. Xa se consumía o primeiro cuarto da segunda parte e o Choco, atá ese momento, fora incapaz de superar ó Arenteiro, que se defendía con órden e criterio ante as acometidas en ataque do equipo redondelán. O primeiro gol dos visitantes chegaba tralo lanzamento dun córner e precidido de falta na área pequena ó porteiro local Pachi, que o árbitro non quixo ver. Practicamente na seguinte xogada, invéntase un penalti e ademáis deixa ó Arenteiro con 10 xogadores por expulsión do defensa Diego. O Choco tranforma a pena máxima e acabase o partido, descaradamente condicionado por dous erros arbitrais de bulto. Despois, viñeron os outros tres goles, cando o arenteiro xogaba con 9, xa que o árbitro aínda se encargaría de desequilibar aínda máis o partido expulsando ó local Juan, por doble amarela.
Atá o vindeiro dia 14 de maio poderán presentarse as solicitudes de inscrición para participar neste sorteo, que será o primeiro que se faga conforme ás novas condicións do rexistro único de demandantes de vivenda. Poderán participar no sorteo os inscritos no rexistro de demandantes atá o 22 de abril de 2010, data na que se iniciou o prcedemento para o sorteo, debendo presentar as solicitudes na xefatura da área provincial do Instituto da Vivenda e o Solo na provincia de Ourense, na rúa Sáenz Díez, 1-baixo, en Ourense. As 57 vivendas que se ofertan no Carballiño teñen prezos que van desde os 60.000 ó 99.722 euros, e foron promovidas por Construcciones Joenfe S.L. e Proyecon Galicia S.L. e pertencen á categoria de vivendas de protección autonómica, de promoción privada. Do total de vivendas, 10 xa están rematadas e as outras 47 teñen previsto o seu remate neste mes de abril de 2010. No caso de que o número de solicitantes sexa igual ou inferior ao número de vivendas da promoción, procederáse á adxudicación directa das mesmas sen necesidade de sorteo. Ademáis destas 57 vivendas no Carballiño, entrarán neste sorteo 20 na cidade de Ourense, 4 no Barco de Valdeorras e 48 en Xinzo de Limia.
O rexidor municipal masidao fixo hoxe balance dos investimentos públicos feitos no pasado ano 2009 no municipio, destacando as obras executadas a través do plan E. Tamén estaba previsto a asistencia do Subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, que non pudo chegar a hora prevista ó mediiodia, por motivos de axenda, xa que a esa hora presidía na casa do concello do Carballiño a reuníon da xunta local de seguridade. Asi que foi o Alcalde de Maside, Celso Fernández, quen compareceu ante os medios para facer un repaso polos proxectos desenvolvidos nos últimos meses e financiados por medio do fondo estatal de investimento local, un total de 8 proxectos, que tiveron un orzamento de 540.000 euros, e deron emprego a 38 traballadores. Entrre as actuacións que se levaron a cabo contase o acondicionamento de varios camiños en distintas localidades, asi como a reforma da rúa Sanjurjo, na capitalidade municipal, a obra cun investimento máis elevado, 78.000 euros. Tamén se acometeu a reforma da cuberta da pista polideportiva de Dacón, o acondicionamento de zonas verdes e un plan municipal de aforro enerxético. Ainda sen ter en conta outras infraestructuras, como a autovia, os investimentos públicos feitos durante o pasado ano 2009, levaron o Alcalde a manifestar que "sen dúbida podemos asegurar que éste foi o mellor ano da historia para Maside, en canto a investimentos feitos". Celso Fernández tamén adiantou que para este 2010 contemplase unha inversión de 330.000 euros, con cargo a este mesmo plan E, que se adicarán a un proxecto de aforro enerxético, a reforma da rede de abastecemento de auga, o acondicionamento de locais, e a financiar actividades de servizos sociais.
O caso está rodeado dun total mutismo por parte dos responsables municipais do Concello de Piñor, e do mesmo nada trancedeu oficial ou oficiosamente atá o dia de hoxe, cando se desvelou no programa "A Mañá de Cope O Carballiño". O roubo xa tería acontecido fai case un mes atrás, concretamente na noite do dia 23 de marzo pasado, aínda que atá tres dias despois, o dia 26 á unha da tarde non compareceu o Alcalde de Piñor, Francisco Fraga, ante a Garda Civil para presentar a correspondente denuncia. Según consta na mesma, entre as 8 da tarde do dia 22 e as 8 da mañá do dia seguínte, persoa ou persoas descoñecidas accederon ó interior das dependencias municipais, levandose 11.111 euros en diñeiro efectivo, ademáis de 5 ordenadores portátiles e 3 cámaras fotográficas, material que foi valorado en 11.200 euros. A tardanza en presentar a denuncia foi, según manifestou o propio Alcalde, seguindo recomendacións da policia, para facilitar a investigación. Malia a gravidade do acontecido, desde o Concello de Piñor non se facilitou ningunha información pública sobre o roubo e as circustancias nas que ocorreu, e tampouco evidentemente, polo tanto, se deron explicacións do motivo da existencia nas dependencias municipais dunha cantidade tan elevada de diñeiro. Os representantes da oposición muncipal, que se enteraron do acontecido a través desta emisora de radio, anunciaron que pedirán explicaciós ó Alcade de Piñor no transcurso do pleno municipal que está convocado para este xoves dia 22 ás 8,30 da tarde.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 740
- 741
- 742
- 743
- 744
- 745
- 746
- 747
- 748
- …
- seguinte ›
- última »