27, Febreiro 2010

Non foi "Xhyntia" tan fero como nolo pintaban, e tan só por unhos minutos parecía asemellarse a aquél "Klaus" de xaneiro de 2009,  finalmente foise da Comarca sen facer moito ruido nin tampouco demasiádo mal. Tan só entre as cinco e as seis e media da tarde se rexistraron na xeografia comarcal refachos fortes de vento por enriba dos 100 Kms. hora. Foi entón cando se produciron cortes na subministración eléctrica, tanto na zona rural como na propia vila do Carballiño, ónde faltou o suministro por espacio de 15 minutos. E ademaís, pequenas incidencias que foron atendidas por Protección Civil, que tivo que retirar algunhas árbores caídas sobre as vias púlblicas. Na rúa Carmen, o vento derrubou a chimenea dunha casa e optouse por cerrala ó trafico, tanto automobilístico como peonil. Tamén se cortou a circulación na rúa Solana, debido ó desprendemento de tellas dun edificio, mentres que na rúa Calvo Sotelo os efectivo de Protección Civil procederon a derrubar un muro que ofrecía perigo de caída sobre a beirarúa. Varios coches, que estaban estacionados nas rúas do Carballiño resultaron danados polo desprendemento de obxetos, e tamén se contabilizaron algunhos contenedores do lixo rotos. Antes, pola mañá, as advertencias sobre a gravidade do fenómeno meteoróxico, que foi bastante menos do anunciado, reducíu a feira carballiñesa á súa mínima expresión, xa que a maioria dos vendedores ambulantes nin xiquera chegaron a instalar os seus postos e o ambiente comercial foi moi escaso.

26, Febreiro 2010

O acordo tomouse por unha estreita marxe, tan só un voto de diferencia no seo da xunta local do partido Popular, no trannscurso dunha reunión á que asistiron 24 dos 30 integrantes da actúal xunta local do partido no Carballiño, que preside Guillermo Fernández Feijóo. Na xuntanza puxeronse de manifesto dúas posturas, unha favorable á convocatoria inminente do congreso local do partido defendida polo grupo municipal có seu portavoz Argimiro Marnotes á cabeza, e a outra partidaria de retrasar a convocatoria, que apoiaron o actúal Presidente Guillermo Fernández e un sector da xunta. Por un só voto de diferencia impúxose a primeira das opcións, solicitar da dirección provincial do a convocatoria do congreso local do Partido Popular, que podería ser tan só cuestión de dias, de tal maneira que a súa celebración teria lugar entre os vindeiros meses de marzo ou abril. A esa convocatoria xa anunciou que se presentará Argimiro Marnotes, como candidato á presidencia local. Marnotes é ún dos  secretarios executivos da xunta provincial do Partido Popular, que preside desde o pasado mes de xaneiro José Manuel Baltar.

25, Febreiro 2010

O Concello de Leiro quere que as Consellerias de Cultura e Medio Rural se impliquen conxuntamente no  "museo dos sentidos do viño", un proxecto arredor da cultura e o mundo do viño que se ubicaría no anexo do Mosteiro de San Clodio, no que son as ruínas existentes na parte dereita da entrada principal do Mosteiro. O Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, trasaladou esta idea o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, co que se reuníu no seu despacho de San Caetano. No transcurso deste contacto institucional entre ambos,  o rexidor municpal de Leiro tamén recabou do mandatario galego o seu apoio para a recuperación das pinturas murais de san Clodio, e a rehabilitación do capela de San Pedro, sita na zona vella da vila de Leiro. O Alcalde de Leiro, manifestou en Cope O Carballiño que "foi unha entrevista moi cordial, e espero que moi proveitosa para levar a cabo os proxectos que tiven ocasión de expoñerlle, e estou seguro que vai ser asi porque o Presidente da Xunta sempre foi moi receptivo co Concello de Leiro". Fernández, tamén aproveitou esta visita a Santiago de Compostela para realizar xestións ante a Secretaría Xeral de Medios, e coa finalidade de solventar as deficiencias que se rexistran na implantación da TDT no ámbito municipal do Concello de Leiro.

25, Febreiro 2010

A caída de tellas e anacos dunha cornisa na rúa Juan Pajariño deixaron ferida hoxe a unha persoa, unha rapazaque necesitou asistencia médica.  No centro de saúde recibíu seis puntos de sutura na cabeza, non reviste gravidade.O suceso produciuse minutos despois das dúas da tarde. Desde o mediodia foron continúos e intermitentes os cortes no suministro eléctrico en toda a xeografia comarcal, incluida a propia vila do Carballiño, que rexistrou varios microcortes na rede eléctrica desde a unha e media da tarde. O temporal de chuvias e fortes ventos provocaron a caída de árbores sobre os tendidos, coas conseguintes averias na subminstración eléctrica.Tamén foron numerosas as incidencias no tráfico debido a caída de árbores nas vias públicas, sobre todo nas zonas de montaña, nos Concellos de Avión, Boborás, O Irixo e Cea. Protección Civil do Carballiño recibiíu avisos para retirar árbores caídos sobre a rúa San Cibrao e no Varón de Seoane. No Concello de Avión, o vento derrubou unha marquesina, e os Servizos Municipais de Emerxencias foron requeridos en varias ocasións. En Leiro, o rio Avia xa se desbordou nalgunhas zonas, e por ese motivo foi preciso evacuar a animais domésticos na localidade de Viete, para evitar que quedasen anegados pola auga. Según as previsións meteorolóxicas, o pior do temporal aínda está por chegar, a partir do mediodia deste vindeiro sábado 27 -dia de feira no Carballiño-, xa que están previstos refachos moi fortes de vento e chuvias persistentes, de intensidade localmente moderada, según avanza www.meteogalicia.es nas previsións para esta fin de semana.

24, Febreiro 2010

Casa do Concello de Avión

O Auto supón un novo pronunciamento favorable para os intereses do Concello de Avión, no litixio que mantén có Concello de Carballeda de Avia polos lindes municipais. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ven de dictar un novo Auto polo que desestima a solicitude presentada polo Concello de Carballeda de Avia de suspensión do Decreto da Xunta de Galicia, polo se resolvia o conflicto de lindes que enfronta a ambos concellos. Con esta decisión do TSXG, queda claro que desde o pasado 14 de febreiro de 2009 son de titularidade do Concello de Avión os terreos afectados polo deslinde, e tamén son propiedade municipal de Avión todas as infrastucturas e instalacións que se atopan nesta zona, como son o curro do Faro, a área de descanso e os 2 aeroxeneradores do parque eólico do Tea, que deixarán de tributar en Carballeda de Avia e pasarán a pagar os impostos no Concello de Avión. O conflicto pola titularidade desta propiedade tén a súa orixe na instalación dos postes eólicos, que reportan un importante beneficio económico, enfrontando desde entón ós comuneiros de Laceiras, localidade pertecente a Carballeda de Avia, cós de Cortegazas, que forma parte do Concello de Avión. Tras coñecerse hoxe o Auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o Alcalde de Avión, Antonio Montero declarou en Cope O Carballiño que "a pesar de todas as manifestaciós realizadas desde o Concello de Carballeda de Avia sobre este asunto, todas as resoluciós habidas atá agora sempre nos deron a razón".

23, Febreiro 2010

O Concello do Carballiño contará este ano cun plan extratéxico  para  a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, que está a promover a concelleira nacionalista Aúrea Francisco, responsable da concellería de Igualdade e Benestar. Agárdase que nun prazo arredor dos seis meses poidan completarse os traballos previos, que servirán para facer unha diagnose e establecer as liñas de actuación posteriores, unha tarefa para a que foi contratada a consultora Sánchez-Albornoz, especializada en políticas de xénero e igualdade.En base a esa diagnose, elaboraráse posteriormente o propio plan de igualdade, que incluirá diferentes áreas de actuación, como serán os da propia administración, benestar social, cultura, deportes, formación e emprego, linguaxe ou violencia. O plan de iguladade no que se está a traballar -remarcou a concelleira- "non terá como únicas persoas destinatarias as mulleres, senón que tamén haberá que incluír actuacións para o conxunto da poboación, para homes, nenos e nenas, mozos e mozas, mulleres e homes, de todas as idades". No proceso de elaboración deste plan municipal de igualdade invitaráse a participar nos distintos grupos de discusión ás asociacións carballiñesas, e tamén se farán entrevistas ó persoal técnico e político do concello carballiñés.

22, Febreiro 2010

 O Concello do Carballiño aínda non dispón da cesión por parte do Bispado do mosteiro de San Pedro de Lobás, para poder optar ó 1% cultural, e poder levar a cabo o proxecto de restauración que os responsalbes municipais veñen anunciando nos últimos anos. O convenio que debe asinarse entre a institución municipal e a administración do Estado prevé que esta cesión sexa por un periodo de 52 anos, unha condición que non cumple o convenio establecido a principios dos anos noventa entre Bispado e Concello. O Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, recoñecía que a dia de hoxe o Concello aínda non dispón desa cesión por parte do Bispado, paso previo e inprescindible para poder tramitar a solicitude ante o ministerio de cultura. O curioso, é que fai tres anos que o Concello do Carballiño ven anunciando a súa intención de acometer a obra de restauración do mosteiro a través da financiación do 1% cultural, incluso no seu dia o Alcalde viaxara atá Madrid para realizar xestións ante o ministerio na tramitación desta solicitude, e mesmo chegara a presentarse por parte do rexidor municipal un anteproxecto, que incluía -entre outras actuacións- a construcción dun pequeno auditorio, unha sala de exposicións permanente, un centro de interpretación do patrimonio da Comarca, e atá un servizo de hostelería para os visitantes.

21, Febreiro 2010

Nin Barbadás nin Arenteiro demostraron esta tarde ser dous dos equipos que forman parte do pelotón que loita por meterse nos postos de privilexio desta liga. Os locais, moi lonxe do equipo sempre perigoso dos últimos anos, e o Arenteiro na súa liña de irregularidade á que xa nos tén acostumados esta tempada, cun primeiro tempo no que foi tan malo coma o Barbadás, e algo mellor na segunda parte, curiosamente cando se quedou con dez xogadores no campo por doble amarela ó defensa Padín. Foi entón cando mellor controlaron o partido os carballiñeses, que tiveron unha inmellorable ocasión para adiantarse no marcador nun balón que, co porteiro local batido, non lograron cabecear nin Tacón nin tampouco Fran. A dez minutos do final, Juan José -que acababa de entrar no lugar de Fran- protagonizou outra curiosa xogada: desde caseque o centro do campo vé adiantado ó porteiro do Barbadás e lanza un chupinazo sobre a porteria local que vai por enriba do traveseiro por moi pouquiño, de tal maneira que o efecto óptico fai que pareza que o balón acabase dentro da portería, incluso o linier dá o gol e provoca unha curiosa confusión, que logo aclara o árbrito sinalando saque de portería. Tivo que quedarse o Arenrteiro con 9 xogadores no campo, por expulsión de Gil, para que o Barbadás lograse fabricar unha clara ocasión na portería de Iván, pero cando xa os seguidores locais cantaban o gol, apareceu providencial baixo paus Nacho Currás para despexar o balón. Malia acabar o Arenteiro o partido con dous expulsados a arbitraxe foi correcta e o reparto de puntos fixo xustiza os poucos méritos de unhos e outros, nun partido malo que pudo gañar ou perder calquera dos dous.

20, Febreiro 2010

A asociación ecoloxista considera que houbo manifestas irregularidades tanto na licitación da obra coma na posterior execución do proxecto, levado a cabo polo Concello do Carballiño na construcción da canceira muncipal. Según o grupo que lidera o activista Julio Fernández, non está claro que existese un proxecto do que se contratou, nin tampouco as modificacións feitas e as cantidades licitadas, polo que "temos indicios de serias irregularidades no manexo dos fondos que se concederon para estas obras durante o ano 2006, e a relación dos feitos parecen indicar o gasto de case 300.000 euros que deberían adecuar as intalacións á normativa, sen que tales fins fosen cumpridos". Os ecoloxistas tamén entenden que é moi sospeitosa a rapidez coa que se executaron as obras, que "permitíu que unha obra licitada en setembro de 2006, adxudicada en outubro e modificada en decembro, fora certificada e pagada nese mesmo mes de decembro de 2006". "Matar Por Matar Non" decide agora remitir toda a documentación da que dispón -non aclara qué tipo de documentación- á fiscalia de Ourense, e á vista de que "se están dando largas á tan cacareada comisión de investigación, aprobada por unanimidade no pleno do Concello do Carballiño de data 26 de marzo de 2009, ou sexa, hai case un ano e medio". Finalmente, o grupo ecoloxista recorda que "o único claro atá o momento é que a pesar de todo o diñeiro que se moveu, a maioria dos cans foron eliminados e tirados nun enorme burato nas instalacións da canceira". A obras da polémica, executadas polo Concello Carballiñés, foron financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, durante o ano 2006, sendo daquéla o seu titular Pachi Vázquez.

19, Febreiro 2010

RECORD DE PARTICIPACION: 105 mushser y 105 perros  se dieron cita en MADRID.  El domingo 14, a las 11,30  al pié de los cordeles de la sierra del  GUADARRAMA, en MORALZARZAL,tomaron la salida los 105 equípos participantes  en la séptima carrera de la LIGA NACIONAL DE CANICROSS. En una mañana soleada, los equipos procedentes de distintos puntos de la geografía nacional y con una temperatura de -4 grados,( ideal para la  práctica del canicross), pudieran disfrutar de un circuito que estaba en perfectas condiciones , siendo llano en casi su totalidad, pues solo tenia una pequeña cuesta en el medio del recorrido, hacia que éste fuera 
rápido..Por otra parte destacar  la amplitud de los caminos, en donde era muy fácil adelantar, así como también recordar  que gran parte del circuito,transcurria por una CAÑADA REAL (camino que en su momento se usó  para la trashumancia) En esta ocasión el equipo de CARBALLIÑO, tuvo  que conformarse con el 
tercer puesto, siendo el protagonista el perro LEO que en los  últimos 500 metros llevó en volandas a sú mushser y así adelantar a un rival  directo,llevandole al  tercer cajon del podium, y poder continuar en ese 
segundo puesto en master-50 de la LIGA NACIONAL DE CANICROSS.
Agradecer a ,los colaboradores:GIMNASIO ESPARTA, ARION Y AGROBOTICA, por sun colaboración con el equípo de ACADE. FELICITAR al ayuntamiento de MORALZARZAL Y A LA ORGANIZACION , por el gran  
trabajo que hicieron.
saludos ANUBIS

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS