7, Febreiro 2010

Nais, pais, nenos e tamén avós -250 manifestantes según os organizadores- recorreron esta mañá as rúas máis céntricas do Carballiño polo "dereito a decidir" o horario escolar que queren para os seus fillos no colexio público Calvo Sotelo. O sector que defende a xornada única  considera que "as medidas de presión tiveron un respaldo bastante maioritario, que debería facer recapacitar á consellería sobre a súa postura". En  representación dos convocantes da protesta, Ricardo Paz subliñou que  " O Delegado Territorial da Xunta, Rogelio Martinez, está a facer demagoxia cando afirma que a implantación da xornada única implicaría cambear horarios noutros centros, eso é mentira, porque cós 60.000 euros que tería que aportar a conselleria non hai que modificar horarios nos demáis centros". O portavoz da comsión de pais e nais a favor da xornada única  tamén pediíu. ó inicio desta  manifestción, o apoio dos 3 grupos políticos do Concello do Carballiño "xa que non estarían defendendo un modelo de horario, senón o dereito de veciños e veciñas do Carballiño para que poidan expresar a súa opinión", e solicitou expresamente do Partido Popular que diga "se está a defender ós veciños do Carballiño ou a acatar sumisamente as ordes de Santiago". Os nenos regresarán este lúns con normalidade a clases, ainda que non se descartan novas medidas de presión "atá conseguir o obxetivo, incluso a convocatoria dunha votación para ver se a postura que defendemos é a moioritaria"

5, Febreiro 2010

 A concelleira nacionalista de Igualdade e Benestar do Carballiño, Aúrea Francisco, ven de facer públicas distintas ofertas de formación para mulleres. Estas ofertas consisten nun curso de iniciación ao inglés, un de perfeccionamento de ofimática e internet e outro de maquillaxe creativa de entroido.

O Centro de Información ás Mulleres procederá a inscribir ás mulleres solicitantes dentro do prazo que comeza o vindeiro luns 8 de febreiro. Os horarios e datas son variados polo que aquelas mulleres interesadas deberán dirixirse ás oficinas do CIM, sito na rúa Faustino Santalices, ou ben facer as súas consultas por teléfono nos números 988531076 e 988531077, ou a traveso do correo electrónico cimcarballino@yahoo.es.

O número de prazas é limitado –explica a concelleira do BNG, Áurea Francisco- polo que, aquelas mulleres interesadas non deben deixar a matrícula para última hora”. “Trátase de ofertar cursos –subliñou a portavoz nacionalista- que poidan servirlles cara a mellorar os seus currículos, ao tempo que melloran a súa formación persoal ”.

4, Febreiro 2010

O programa do antroido no Concello de Boborás ábrese o domingo dia 7 de febreiro, co domingo de corredoiro. Os participantes concentraránse ás 3,30 da tarde no colexio de Boborás, para comezar seguidamente o percorrido por todas as parroquias do Concello, nunha xornada que estará amenizada coa música da charanga de Bande. Xa o domingo dia 14, dia grande do antroido en Boborás, terá lugar o xa tradicional desfile de comparsas e carrozas, e ademáis haberá concursos de disfraces para os nenos. Os interesados en particpar no desfile deberán facélo anotandose nas oficinas muncipais, atá o venres dia 12. O final do desfile celebraráse unha festa e verbena, que estará animada pola orquestra Atenas. E xa finalmente, completando esta programación organizada pola concellería de cultura de Boborás, volverá este ano celebrarse o "lúns de rodos", que como manda a tradición, sairán desde  Pazos de Arenteiro, para facer un perocorrido polos pobos dos arredores. A festa dos rodos comezará ás dez da noite e o lugar de concentración será o Bar da Ponte, de Pazos de Arenteiro.

4, Febreiro 2010

As obras do ave entre Ourense e Santiago, que afectaron no caso da Comarca a distintas parroquias dos Concellos de Maside, O Carballiño e O Irixo, contemplan diversas medidas de protección medio-ambiental e do entorno e co obxetivo de "respetar escrupulosamente o ecosistema  das zonas polas que decorre a via, e desta maneira minimizar o seu impacto visual, acústico e paisaxístico", según a nota informativa difundida polo Ministerio de Fomento. O longo do trazado da liña férrea, replantaránse unhas 346 hectáreas de arbolado e arbustos, e preto de 500 hectáreas con cuberta vexetal. A plantación de árbores, aínda que non se espeficica qué tipo de especies serán, ademáis de recuperar o terreo desbrozado durante as obras dos últimos anos, e contribuirá ademáis a minimizar o impacto acústico nalgunhas zonas. En todo o eixo Ourense-Santiago da alta velocidade, e según os datos aportados polo Adif, os investimentos a realizar neste apartado do proxecto, e para a recuperación medio-ambiental, representan o 23% do orzamento total da obra.

4, Febreiro 2010

O Concello de Maside vai asinar coa Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense un protocolo de adhesión ó Convenio subscrito no ano 2006 entre a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) para a mutua colaboración administrativa.

Esta colaboración céntrase inicialmente en dous expedientes que se poderán tramitar desde o Concello:

 

  • O trámite de cambio de domicilio no permiso ou licencia de conducir.
  • O trámite do duplicado do permiso de circulación do vehículo ou vehículos do interesado dos que sexa titular.
  • A sinatura deste Protocolo de colaboración leva consigo que os cidadáns poidan realizar estes trámites gratuítos desde o Concello, quen lles ofrece un novo servizo máis, co fin de facilitarlles a xestión.

    3, Febreiro 2010

    Arredor do 50% do alunmado do Colexio Público Calvo Sotelo do Carballiño secundou hoxe a xornada de protesta convocada polo pais partidarios da xornada única, alomenos esa foi a porcentaxe de alumnos e alunmas que esta mañá non acudiron a clases según a información facilitada desde o colexio ós pais convocantes. Esta cifra do 50% é relativa ó conxunto dos tres edificios  do CEIP Calvo Sotelo, aínda que cun seguimento bastante desigual, xa que no edficio da rúa Calvo sotelo o absentismo escolar tería chegado atá o 90%, mentres que foi moi inferior, por debaixo do 50% nos outros dous edificios, os do antigo campo da feira e A Uceira. Para os pais promotores desta xornada reivindicativa o seguimento "foi maior do esperado inicialmente, dada a premura de tempo coa que se fixo a convocatoria". Esta medida de presión continuará nos vindeiros dias da semana, demandando a oportunidade de poder votar a posible implantación da xornada única neste centro escolar. Polo demaís, a xornada desenvolveuse con normalidade para aqueles alumnos que sí acudiron a clases.

    2, Febreiro 2010

    O actúal portavoz do Partido Popular no Concello do Carballiño, Argimiro Marnotes, anunciou hoxe no transcurso dunha intervención a través desta emisora de radio, a súa intención de optar a presidir o partido no Carballiño. Marnotes fixo público este anuncio despois de adiantar que "nun prazo entre 3 e 4 meses vaise proceder a convocatoria dos congresos locais naquelas localidades da provincia onde levan tempo sen renovarse as executivas" Éste é o caso do Carballiño, concello no que o Partido Popular conta con 1.100 afilidados, e que preside desde fai 6 anos Guillermo Fernández Feijóo. Chegado o momento desa convocatoria congresual, Marnotes manifestou que " xa será entón o que  os afiliados e afiliadas queiran, e quero anunciar e xa o digo claramente, que cando ese congreso se faga, eu intentaréi encabezar unha candidatura para presidir o P.P. no Carballiño, porque éste segue a ser o meu territorio político". Marnotes forma parte do novo equipo directivo provincial do Partido Popular que preside desde o pasado sábado José Manuel Baltar, e no que o carballiñés figura como ún dos Secretarios Executivos.

    2, Febreiro 2010

    Decepcionados tras a reunión que mantiveron esta mañá na Delegación de Educación en Ourense, e na que se lle comunicou por parte das autoridades educativas a imposiblidade de facer cámbeos no servizo de transporte escolar, os pais e nais de alumnos partidarios da implantación da xornada única no Colexio Calvo Sotelo anuncian novas medidas de presión para esta semana, concretamente para os vindeiros mércores, xoves e venres, os seus fillos non asitirán a clases. O colectivo de pais que defende un novo horario escolar, en xornada continuada, non acepta ás explicacións dadas polos responsables da Consellería de Eduacción, que insisten no informe desfavorable da Unidade Técnica do Transporte Escolar, ó entender que os cámbeos elevarían os costes do servizo, e afectarían o resto dos centros de ensinanza do Carballiño que tamén dispoñen de transporte escolar. Os pais optan agora novamente polas accións de presión e protesta, e en defensa do que consideran é os seu dereito irrenunciable a votar a xornada única. Ademaís, convocan unha manifestación para o vindeiro domingo ás 12,30 da mañá na praza maior do Carballiño.

    31, Xaneiro 2010

    A sangría de puntos nesta liga en Espiñedo parece que non tén fin.  O Arenteiro volveu a repetir o guión de anteriores partidos, adiantandose no marcador, índose ó descanso por diante, e atá xogando contra un rival que se quedou con 10 xogadores os últimos 20 minutos de partido, nin asi. O Sanxexo, que non tirou a portería en todo o partido levouse outro punto do chollo de Espiñedo. E xa tén mérito, non tirar entre os tres paus en 90 mintuos e levarse o empate a un gol. E é que, para máis desgracia, efectivamente, o gol do Sanxenxo chegou ó saque dun corner que non acertaron a despexar nin Tacón nin o meta Iván, entre os dous, fixeron o gol do Sanxenxo. E o pior, a imaxe que toda a segunda parte volveu dar este Arenteiro que non sabe a qué xoga, sen patrón de xogo e sen apenas máis recursos que a vontade que poñen algunhos xogadores, e con algunhos outros en alarmante baixa forma. Adiante, por exemplo, só Nicol -autor do gol- foi quen de levar perigo á portería rival. Atrás, algo mellor coa entrada de Jorge no equipo, e no centro do campo cada quen facendo a guerra pola súa conta, sen moito acerto. Ante este panorama, os recambeos de Marquitos foron dar entrada no terreo de xogo a Oliveira no úlimo cuarto de hora, e a Marcos Castro cando faltaban 3 minutos, acaso éste último fose para perder tempo e amarrar o empate. Quen sabe.

    31, Xaneiro 2010

    El Ministerio de Fomento ha aprobado, a través de Adif, dos contratos para la ejecución de actuaciones en la construcción del Eje de Alta Velocidad Ourense-Santiago. El importe conjunto de estos contratos, aprobados por el Consejo de Administración de Adif en su reunión del pasado viernes, asciende a 36.063.077,7 euros.

    Estas actuaciones se refieren a la adjudicación del contrato de suministro y transporte de traviesas del eje y a la licitación del contrato de servicios de transporte de los materiales necesarios para la construcción de la plataforma de vía.

    El contrato adjudicado contempla el suministro en dos fases de más de 250.000 traviesas de hormigón. La función de estas traviesas de hormigón es la de sustentar y servir de fijación de las vías de ancho internacional de la línea de alta velocidad ferroviaria.

     La primera fase del contrato ha sido adjudicada a la UTE (Unión Temporal de Empresas) formada por Precón y Luso Galaica de Traviesas, mientras que la segunda ha sido adjudicada a la UTE formada por Alvisa Prefabricados y Prefabricados Delta.

    El objeto del contrato es la prestación del transporte, por vía de ancho internacional, de los materiales necesarios para la construcción de la plataforma de vía de la nueva infraestructura, así como para la realización de pruebas de carga de la relación Ourense-Santiago.

     Dicho transporte de material se realizará desde la base operativa situada en la localidad de O Irixo o desde los lugares designados a tal efecto en la propia traza ferroviaria. Las operaciones de transporte se realizarán mediante el remolque de trenes de acopio de material como balasto, traviesas o carril, con un peso que puede alcanzar las 1.200 toneladas.

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

    Páxinas

    Subscribirse a Copecarballiño.es RSS