5, Xaneiro 2010

O aforo da casa da cultura do Carballiño quedouse pequeno para escoitar ó candidato á Presidencia provincial do Partido Popular, arredor de 130 persoas –unha parte delas tivo que seguir a intervención de pé- acudiron a esta primeira chamada de José Manuel Baltar para explicarlles ós populares carballiñeses o seu proxecto político. Entre os presentes, atopábanse os responsables locais e Alcaldes do PP na Comarca do Carballiño, con dúas ausencias siñificativas, as dos Alcaldes de San Amaro e Beariz.

Antes, nunha entrevista con Xan Pinal nos estudios de Cope O Carballiño,  tivo ocasión de responder a diversas preguntas relativas a este proceso electoral dentro do Partido Popular na Provincia de Ourense, que culminará o vindeiro dia 30 deste mes de xaneiro coa elección dun novo Presidente Provincial, cargo que José Manuel Baltar desputa ó Alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán. Na súa intervención radiofónica, José Manuel Baltar defendeu un Partido Popular “todo o galeguista que se poida ser, porque nós temos un compromiso con Galicia desde que nacemos, non só coa nosa lingua, senón tamén coas tradicións, e con ese pensamento político galeguista que tanto contribuiron a conformar moitos ourensáns, membros da Xeneración Nós”. Tamén incidiu noutros principios e propostas programáticas, nas que “Ourense, persoas e equipo” son palabras claves do seu ideario político para conseguir que “o PP de Ourense siga sendo un referente tanto a nivel autonómico como nacional”. O actúal Vicepresidente do Parlamento de Galicia e candidato a presidir o partido na provincia tén claro que as Comarcas son parte da identidade e a realidade social do país, e por eso “potenciará as xuntas comarcais do partido e unha estructura comarcal, porque a forza dos Concellos e as Comarcas son eixos fundamentais, e creemos nesta realidade comarcal”. Ademaís, José Manuel Baltar adiantou  que O Carballiño será sede “dunha escola de verán polos dereitos cidadáns e as libertades públicas”, que se organizará no vindeiro mes de xullo.

3, Xaneiro 2010

O Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, asinou un escrito dirixido ó Consello de Contas de Galicia no que solicita "a realización dunha auditoria especifica pola que se poida determinar con exactitude a solvencia financieira do Concello do Carballiño", o escrito tivo a súa saída desde o rexistro municipal do Concello do Carballiño o pasado día 30 de decembro, según deu a coñecer o Bloque Nacionalista Galego por medio dun comunicado difundido hoxe. Tamén aclaran os nacionalistas que esta petición do Alcalde foi "a requirimento do Grupo Municipal do BNG no Concello do Carballiño". A "solicitude" dunha auditoria ó Consello de Contas fíxose coincidir, pois, coa aprobación dos orzamentos municipais para o 2010 cos votos favorables de PSOE e BNG, e foi precisamente nesa sesión da Corporación cando se adiantou a decisión de presentar esta petición ante o Consello de Contas de Galicia. Desta maneira, o novo goberno bipartito desbota a posibilidade de contratar unha auditoria externa das contas municipais dos últimos anos no Concello Carballiñés, tal como acordara o Pleno da Corporación Muncipal, tras unha moción que presentara o Bloque Nacionalista Galego, xa no mes de xullo de 2008. O Consello de Contas de Galicia, ó que os concellos teñen a obriga de presentar os seus balances económicos anuais, xa advertira tempo atrás da complicada situación financieira do Concello do Carballiño e incluso recomendara á instituación municipal carballiñesa un plan de saneamento económico.

3, Xaneiro 2010

Por fín unha alegría en Espiñedo, que rexistrou unha boa entrada. Tiveron que pasar tres meses, desde setembro do ano pasado, para que a parroquia carballiñesa volvese ver gañar o Arenteiro, e aconteceu neste primeiro partido do 2010 ante o Gran Peña, ó que os carballiñeses derrotaron con dous goles e nun partido con bó xogo a ráfagas e no que os vigueses tamén tiveron as súas oportunidades. Sen embargo, desta vez quen mellor definíu foi o Arenteiro. Na primeira parte, un balón de ouro de Marcos Castro sobre a frontal da área foi aproveitado por Martín, deixando atrás a defensa e cruzando o balón de forma impecable ante a saída do porteiro visitante. Na reanudación, o segundo gol cos mesmos protagonistas, galopada de Martín atá atá o fondo e centro sobre a área pequena que cabecea Marcos Castro. E aínda tería o Arenteiro algunha ocasión maís para ampliar o resultado nunha xogada persoal de Nicol, o seu tiro saíu rozando a portería. Tras esta victoria, e tendo en conta o resto dos resultados da xornada, o Arenteiro sitúase quinto na clasificación, a catro puntos dos dous postos de ascenso que agora ocupan Estradense e Choco.

2, Xaneiro 2010

Un home de 89 anos de idade foi encontrado morto no dia de fin de ano na súa infravivenda, sita no pobo de Señorín. Juan P.G. presentaba parte da roupa e do corpo queimado, en posición de tendido sobre o braseiro que utilizaba para quentarse e facer de comer, según a información facilitada pola Garda Civil, que tivo coñecemento do suceso arredor das catro e media da tarde. Tras certificar a súa morte, a autoridade xudicial autorizou o levantamento do cadáver e ordenou que lle sexa paracticada a autópsia, a fin de determinar as casuas concretas que provocaron a morte do ancián. As primeiras hipóteses da investigación apuntan a que o home pudo perder o coñecemento pola inhalación do fume e caer posteriormente sobre o braseiro.

30, Decembro 2009

As rúas Castelao, Ourense, 25 de Xullo, avda. do balneario ou Astureses, entre outras, todas elas dentro do ámbito urbano carballiñés, serán o escenario de controis de velocidade mediante radar móbil por parte da Policia Local do Carballiño. Os controis iniciaránse na tarde do 31 de decembro e prolongaránse atá o dia 5 de xaneiro, e sucederánse máis adiante de forma periódica, utilizando este novo sistema de radar móbil do que dispón a policia carballiñesa tras a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello do Carballiño e a Xefatura Provincial de Tráfico. O Xefe da Policia Local, Francisco Valeiras, explicou que esta iniciativa tamén se vai levar a cabo nas principais poboacións da provincia, naquélas localidades que contan con policia local, e que a coincidencia desta campaña no Carballiño con estas datas de celebracións festivas foi un casual, xa que "nos tocou asi  para adaptarnos as disponibilidades do servizo e coordenarnos coa xefatura provincial de tráfico". Valeiras tamén adiantou que durante os primeiros dias "tratarémos que os controis teñan un carácter informativo, ainda que nun futuro haberá tolerancia cero para os conductores que non respeten as normas, e advertindo ademáis que aqueles automovilistas que rebasen as velocidades permitidas, serán sometidos a controis de alcoholemia".

29, Decembro 2009

Sensibilizar a toda a poboación no esforzo por facer un contorno máis saudáble e respetuoso có medio ambiente, éste é o obxetivo dunha iniciativa que se pón en marcha desde a axencia local de sostibilidade, e coa que colabora a asociación de comerciantes do Carballiño. Consistirá no reparto de 20.000 bolsas de papel e 1.500 almanaques de parede, que serán distribuídos a través dos establecementos do centro comercial aberto do Carballiño. No acto de presentación desta campaña de sensibilización cidadán, tanto o concelleiro de medio ambiente Bernardo García coma o presidente do colectivo comercial carballiñes Adolfo Nogueira, incidiron na importancia deste tipo de actividades para lograr un Carballiño máis saudáble e menos agresivo có medio ambiente. E para lográlo son varias as recomendacións que se nos fan nas doce follas deste singular almanaque, consellos que teñen que ver co consumo da auga, a enerxía eléctrica, a calefacción, o transporte e o combustible, os verquidos ás augas e a atmósfera, os ruídos e o tratamento do lixo.

29, Decembro 2009

O Portavoz do grupo municipal do Partido Popular no Concello do Carballiño criticou hoxe no transcurso dunha intervención nesta emisora de radio a premura coa que o grupo de goberno abordou o proceso de aprobación dos orzamentos municipais do 2010, metidos de cheo nas festas do nadal e convocando o pleno en vísperas da noitevella. Para Argimiro Marnotes as datas non son a máis apropiadas e proba delo foi o acontecido esta mañá na convocatoria do consello de participación cidadán, unha reunión á que non acudíu ningún representante veciñal. Ás once da mañá, hora fixada para esta convocatoria, preceptiva antes da celebración do pleno, tán só estaban no salón de actos da casa do concello o Alcalde Carlos Montes e a concelleira e representante do Partido Popular Anayansi Rodríguez. Ante a ausencia da representación cidadán procedeuse a levantar acta da fallida sesión. Marnotes tamén manifestou que "estou vendo cousas moi raras nos últimos dias" en alusión as ausencias dos representantes do BNG nas respectivas comisións informativas, previas a celebración do pleno da Corporación Municipal, convocado para as 13 horas deste mércores 30 de decembro, tendo a sensación "de que maís que un pacto de goberno entre PSOE e BNG, polo visto cos orzamentos, esto parece máis un rodillo do PSOE sobre o BNG", apostillou o portavoz do PP no concello carballiñés.

28, Decembro 2009

Axentes da Garda Civil do Carballiño prenderon ás catro da madrugada de onte domingo a Juan José V.V., de 30 anos de idade, natural de Avión aínda que na actualidade con domicilio en Barcelona, como presunto autor dun delito de lesións ó apuñalar nunha perna a Julio D.P., de 37 anos, veciño de Avión, despois de manter unha discusión no interior dun bar na localidade de Avión. A víctima da agresión foi trasladado o CHOU, con pronostico reservado, según a información facilitada pola Subdelegación do Goberno. O agresor pasará hoxe a disposición xudicial.

Doutra parte, e na madrugada da noiteboa, arredor das catro e media , autores descoñecidos accederon ó interior da sucursal de Caixanova na localidade de San Amaro, tras fracturar os barrotes dunha ventá. Xa no interior da sucursal, forzaron o sistema de apertura da caixa forte, que non conseguiron abrir. A Policia Xudicial practicou unha inpección ocular das instalacións, e procederá o visionado da cámara do sistema de seguridade.

24, Decembro 2009

A campaña desenvolveráse en diversos soportes publicitarios, prensa, radio, tv e folletos nos que se oferta o Carballiño como lugar de residencia. Para atraer ós futuros veciños e antes clientes do sector inmobiliario local, incidiráse na boa cobertura de servizos e tamén na variada oferta de actividades para o ocio, o deporte e a cultura, coas aventaxes de poder acceder a unha vivenda con prezos moi competitivos en relación ós que se ofrecen na cidade de Ourense, onde se centrará a maior parte desta campaña. Outro factor que se tén moi en conta é a calidade de vida que pode atoparse nunha poboación rodeada de natureza cunha ubicación xeográfica privilexiada, a 14 minutos de Ourense por autoestrada, asi como a 48 minutos, tamén por autoestrada, dos aeroportos de Peinador ou Lavacolla, e mesmo a apenas 50 minutos das praias da rías baixas.  A iniciativa promocional, ideada desde a Agrupación de Promotores e Constructores, conta cun orzamento de 40.000 euros, dos que 10.000 euros son aportados polo Concello do Carballiño, e contase tamén coa colaboración do Centro Comercial Aberto e da Asociación de Comerciantes do Carballiño. 

22, Decembro 2009

Un grupo de nais e pais do colexio púlblico Calvo Sotelo do Carballiño -arredor de 70- manifestaronse  este mediodia na Praza Maior do Carballiño en favor da implantación da xornada única neste centro educativo, unha petición que está sendo contestada por outro sector de nais e pais, partidarios da continuidade do horario en horario partido, de mañán e tarde, como está fixado na actualidade. Non é a primeira vez que se plantexa este debate no seo da comunidade escolar, a implantación da xornada única, unha postura que sí é maioritaria entre o profesorado e mesmo no consello escolar do centro, tal commo se puxo de manifesto no acordo adoptado meses atrás, cando se solicitou da administracción que leve a cabo o proceso que regula o decreto para a implantación da xornada única. Precisamente, onte, a Consellería de Educación remitíu ó colexio o informe desfavorable en relación a esta petición no Colexio Calvo Sotelo, un informe do servizo do transporte escolar -que é vinculante- e que desautoriza esta peticiòn, ó entender que a xornada única provocaría trastornos co transporte que nestes momentos non poden ser asumidos. Un  argumento que resulta esperpéntico para os pais partidarios da xornada única, ó entender que co novo sistema horario non se aumentaría o custo do servizo, tal como se manifesta no informe. A comisión de nais e pais que convocou a protesta desta mañá, pide que se revise ese infome, que se permita a votación na que os pais deberán pronunciarse nun ou noutro sentido, e de non ser así anuncian que levarán a cabo outras medidas de presión.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS