En 94 minutos de partido o Arenteiro foi incapaz de tirar nin tan xiquera unha vez con perigo entre os tres paos da portería rival, e eso que enfronte tiña ó colista da categoria, o Nogueira de Ramuín, que polo visto no municipal de Espiñedo é un equipo máis propio da primeira rexional que da preferente. Pois este endeble rival foi capaz de tutear ó Arenteiro e, se temos en conta as ocasións que creou nos primeiros vinte minutos de partido, tampouco sería unha inxustiza que se houbese levado os tres puntos, e se non aconteceu asi foi pola candidez dos seus dianteiros e tamén, nun par de ocasións, polas excelentes intervencións do meta local Iván, acaso o único que pode salvarse do grotesto espectáculo que ofreceu este Arenteiro. Sen entrar a valorar que no equipo faltaban por lesión varios titulares, o certo é que sobre o terreo de xogo, os que sairon estiveron completamente perdidos e sen saber qué facer co balón, sen dar sensación de equipo en ningún momento. Na defensa, un coladeiro que non soubo aproveitar o Nogueira; un obtuso centro do campo e adiante un ataque romo ou practicamente inexistente, salvo dúas xogadas personais e ailladas, unha de Oliveira e outra de Martín, na que estivo a punto de soar a flauta. Foi todo o que ofreceu este paupérrimo Arenteiro que nos últimos seis partidos como local suma dous puntos, con catro derrotas e dous empates. E aínda así os máis fieis seguen achegandose a Espiñedo, eso si, unha afección tan decepccionada e fria como a tarde deste domingo 13 de decembro, festividade de Santa Lucía, a protectora da vista, á que deberiámos encomendarnos porque a este Arenteiro parece ser que a vista élle a dun "tuerto" .
A páxina vweb do Concello do Carballiño aparece desde fai varias semanas presidida pola fotografía dunha mezquita turca, tralo ataque da que ven de ser obxeto por parte de piratas informáticos, e sen que os responsables municipais advertisen esta circustancia. Ademáis da foto da mezquita, tamén aparecen varios textos en inglés, ún deles co nome dos piratas informàticos que "hackearon" www.carballino.org, a páxina oficial do concello carballiñés. asi como outro texto no que figura un E-Mail de conctacto e a dirección dunha páxina web turca que acolle varios foros de debate. O insólito é que transcurridas varias semanas, os responsables municipais recoñeceron esta mañá descoñecer a situación.
A empresa Iberbanda foi a adxudicataria do contrato de concesión para desenvolver o proxecto de implantación e posterior explotación dunha rede de banda ancha para o acceso á internet nas comarcas do Carballiño e o Ribeiro, que financia a Deputación Provincial mediante axudas Feder para o desenvolvemento rural e urbano, cun investimento que ronda o millón de euros. Trátase do programa "Terras do Avia", que abrangue os concellos de ambas comarcas, cunha pobación total de 49.261 habitantes, dos que o 85% dos mesmos, é decir, 41.858 terán a posibilidade de conectarse o sistema WIMAX de banda ancha para acesso a internet, coas prestacións da alta velocidade, a implantar progresivamente durante o vindeiro ano 2010, coa instalación de estacións base WIMAX e radioenlaces punto a punto, que darán cobertura atá o 85% da poboación intercomarcal. Iberbanda desenvolverá un plan de implantación técnica da rede en tres fases, estando prevista a primeira delas para maio de 2010, cunha cobertura arredor do 37% da poboación á que se lle ofertará o servizo. No mes de xullo de 2010 a cobertura deberá chegar ó 83%, e finalmente, no mes de setembro de 2010 deberá quedar cuberta o 100% da poboación. Cada usuario que elixa este sistema de conexión a internet pagará unha cuota de 39 euros ó mes.
Xusto reparto de puntos no campo redondelán de Santa Mariña, nunha tarde de sábado típicamente invernal, con chuvia durante todo o partido e un terreo de xogo en moi deficientes condicións para a práctica do fútbol. Con este panorama, non quedaba outra táctica que xogar ó pelotazo e eso foi o que fixeron unhos e outros que, asi e todo, puderon marcar algún gol. Para o Arenteiro, a mellor oportunidade foi para Martín, sen embargo xa nos últimos suspiros do encontro o meta Iván, nunha extraordinaria intervención, impedíu que Kennedy sentenciase o partido a favor do Choco. No Arenteiro, os mellores volveron ser Diego Soto e Iago, asi como o regreso de Nacho Currás,dando maior solvencia á liña defensiva, que despois de varias xornadas por fin consigue deixar a porteria a cero.
Coincidindo coa conmemoración do "dia internacional da discapacidade" que se celebra o dia 3 de decembro, a Mancomunidade de Concellos, que integran Boborás, Beariz, O Irixo, San Amaro e San Cristovo de Cea, presentou o programa de actividades organizadas polo departamento de servizos sociais en colaboración coa secretaría Xeral de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Trátase dun conxunto de actividades orientadas as persoas con discapacidade, e tamén ás súas familias e colaboradores, e consistirán nunhas xornadas de convivencia que se desenvolven durante esta semana e obradorios de sensiblización que terán lugar nos colexios públicos dos distintos concellos entre os vindeiros dias 9 ó 12 deste mes de decembro. O edificio multiusos de Cea acolleu esta mañá o primeiro destes actos, que contou coa presencia dos responsables da Mancomunidade e numeroso público, que tivo ocasión de participar en obradoiros de habilidades, tanto manuais como sociais. O alumnado do centro ocupaciónal de ASPADISI fixo unha demostración de traballos, e posteriormente os participantes trasladaronse atá a Casa Grande de Dadín, xa no Concello do Irixo, onde se celebrou un xantar convivencial, seguido dunha tarde de xogos e animación musical. Estas xornadas de convivencia continuarán con outras iniciativas no resto dos dias da semana, como serán obradoiros de memoria, unha visita programada á "ruta do pan de Cea" ou a práctica de distintas modalidades deportivas adaptadas ás persoas con discapacidade.
Os plantexamentos de Bernardo García para que o concello do Carballiño e a Deputación asinasen un convenio para que a Entidade Provincial se fixera cargo do servizo da recollida de lixo encontraronse coa oposición frontal dos socialistas. Asi se puxo de manifesto no transcurso dunha reunión celebrada hoxe entre a representación dos dous partidos, PSOE e BNG, que integran o goberno bipartito do Concello do Carballiño, e que -tal como estableceron no pacto de gobernabilidade-manteñen xuntanzas periódicas para analizar o desenvolvemento da actividade muncipal. A proposta do concelleiro nacionalista de medio ambiente foi rexeitada polos socialistas, que xa antes e por medio do Alcalde Carlos Montes, discreparan púlblicamente coas manifestacións de Bernardo García, partidario de ceder a xestión do servizo ó organismo provincial. De pouco valeron os plantexamentos técnicos e mesmo económicos feitos polo concelleiro de medio ambiente para defender a súa proposta ante os razonamentos máis políticos do PSOE, partidarios de manter a xestión directa da recollida do lixo, reforzando se é necesario os medios ou incluso explorando outras posibles vías, unha delas, como se ven apuntando, sería integrar o Concello do Carballiño no Consorcio que constituiron varios Concellos das comarcas do Carballiño e o Ribeiro gobernados polos socialistas.
A entrevista tivo lugar esta mañá, e trala mesma, o concelleiro de medio ambiente manifestouse abertamente favorable a que sexa a organismo provincial quen se faga cargo da xestión do servizo da recollida do lixo no Concello do Carballiño. Bernardo García asegura que con esta decisión o concello carballiñés aforraría arredor dos cen mil euros, tendo en conta os datos do coste deste servizo correspondentes ó exercicio do ano pasado. Ademáis da cuestión económica, o titular do departamento muncipal de medio ambiente afirma que a entrada da Deputación na xestión deste servizo traería consigo diversas melloras, tales como o lavado periódico dos contenedores. Ademáis, o Presidente da Deputación tamén se comporometeu a atender as peticións carballiñesas en relación á canceira, xa que aportaría 2 traballadores e 1 veterinario á futura Fundación, que se fará cargo deste servizo e que terá carácter intermunicipal. Baltar tamén comprometeu o apoio da entidade que preside para facerse cargo da execución do proxecto de mellora do ácceso ó punto limpo da Medela. Unhas aportacións por parte da Deputación que siñificaría o aforro doutros cen mil euros para o Concello Carballiñés. Agora, resta que o grupo municipal de goberno dea luz verde a sinatura do convenio de colaboración, que tería inicialmente unha vixencia dun ano. Na reunión, celebrada na sede da Deputación Provincial, tamén estivo presente o portavoz do PP na Corporación Carballiñesa, Argimiro Marnotes, que amosou o seu incondicional apoio a esta iniciativa xa que sería "un primeiro paso, xa que despois de moitos anos alguén comprende a necesidade de mancomunar servizos, que dan mellores prestacións e resolven mellor calquera imprevisto" e engadíu que "A Deputación estivo sempre no mesmo sitio, só estaba esperando que se lle pedise colaboración". Finalmente, Marnotes agarda que "esta cuestión remate coa idea dos socialistas de potenciar un consorcio de Concellos nos que só teñen cabida os que estén rexidos por socilaistas e se den conta que dar mellores servizos públicos está por enriba de cores políticos". Opinión ben distinta é a dos socialistas, que por medio do Alcalde Carlos Montes amosou as súas reticencias a esta proposta do concelleiro de medio ambiente. Montes dí que "hai que mirar, pero a opción da Deputación non me parece a mellor".
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Bernardo García, concelleiro Medio Ambiente
Espiñedo viviu unha nova tarde de derrota para o Arenteiro, esta vez foi o Estradense quen se levou os tres puntos, a cuarta vez no que vai de liga, 14 xornadas, antes xa o fixeron Barbadás, Portonovo e Caselas. Se ás catro derrotas sumamos o empate ante ó Cruceiro de Hio, estamos segurante ante o pior Arenteiro como local das últimas temporadas. O equipo segue sendo incapaz de dar unha alegría á sufrida parroquia carballiñesa, e eso que desta vez o Arenteiro púxose por diante no marcador grazas a un gol de Diego Soto e atá conseguíu irse ó descanso por diante no marcador. E incluso nos primeiros vinte minutos da reaunudación, o Arenteiro foi controlando o partido, aínda que os da Estrada, moito mellor posicionados no campo, xa avisaran da súa perigosidade en varias ocasións. Sen embargo, e despois de que Martín fallase cando tivo a oportunidade de sentenciar o partido, todo se veu abaixo tras unha desgraciada xogada na que Valeiras marcou en propia meta e empatou o partido. A partir de entón, o Arenteiro desapareceu do partido e un Estradense con maior oficio aproveitou para gañar o partido con dous novos goles. Con este resultado, os da Estrada abren unha brecha de seis puntos sobre o Arenteiro, que descende atá o séptimo posto na táboa de clasificación.
Técnicos da Xunta de Galicia achegaronse esta mañá atá as instalacións da canceira do Carballiño, sita na Medela, onde realizaron varias fotografias das instalacións, e posteriormente solicitaron no Concello diversa documentación sobre a execución desta obra, según confirmou a esta emisora de radio o concelleiro de medio ambiente do Carballiño, Bernardo García. O proxecto de construcción da canceira fora financiado pola conselleria de medio ambiente da Xunta de Galicia, sendo Pachi Vázquez o seu titular, con diversas achegas económicas por importe de 250.000 euros, por medio de convenios asinados có concello carballiñés. Sobre a execución deste proxecto, viñeronse producindo durante os últimos anos varias denuncias públicas por parte de grupos ecoloxistas, poñendo de manifesto diversas deficiencias observadas na execución da obra.
O Concello do Carballiño dispón do prazo dun mes para concretar as actuaciós necesarias para a demolición dos áticos do edficio do antigo hotel Rogelia, esto é, a redacción do proxecto e a súa posterior contratación, para dar así cumprimento a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ven de ser notificada ós actuais reponsables municipais. Ademáis, a sentencia tamén require ó concello para que ordene ós veciños que ocupan os aticos, pisos e locais, o desaloxo necesario do edifcio para a execución da demolición, e para que o desaloxo se leve a cabo nun prazo máximo de 6 meses, e apercíbese ó Alcalde do Carballiño de que "no caso de incumplir os requerimentos poderá deducirse testimonio por delito de desobediencia". Finalmente, o TSXG solicita á Alcaldia para que informe con frecuencia mensual sobre a execución da sentencia. O Concelleiro de obras e urbanismo Manuel Amil e o Alcalde Carlos Montes deron a coñecer os extremos do dictámen xudicial no transcurso dunha reunión que a última hora da tarde mantiveron cós propietarios afectados, tras ese encontro, as familias afectadas xa adiantaron os mandatarios muncipais que "iniciarán acciós legais contra o Concello". Nunha posterior comparecencia ante os medios, Montes dixo que as posilbles solucións eran moi complicadas e recoñeceu a gravidade da situación "tendo en conta a capacidade económica e patrimonial do Concello, e tamén son consciente da responsabilidade que se deriva do feito que como Alcalde non poida facer efectivo o que manda a sentencia, o que é moi probable". O rexidor municipal, que recordou como "foi outra corporación e outro grupo de goberno os responsables da licencia concedida", e afirmou sentirse ante un "trauma social para as familias e para o Carballliño". Pola súa parte, Manuel Amil fixo un recorrido por este conflicto urbanístico e xudicial que se remonta ó ano 1989 cando o Concello concede a licencia de obra para a construcción deste edficio á promotora "Fanjol"´. Posteriormente, un grupo de veciños dun edficio colindante recurren esa licencia, que consideran non se axusta ás normas urbaísticas daquéla en vigor no concello do Carballiño, primeiro ante o Concello e ante o silencio déste, acuden ó contencioso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que estima o recurso dos demandantes e xa a finais dos anos noventa recoñece que a quinta planta excede a altura permitida en 54 cms, e ordena a demolición dos áticos do edficio. A partir de entón sucedense unha série de recursos por parte do Concello do Carballiño, conseguindo que o TSXG estime parcialmente a inexecución da sentencia no que respecta o exceso de altura dos 54 cms. da quinta planta, que na practica siñificaría tamén a súa demolición, pero non así dos áticos que agora ordena novamente derrubar.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 750
- 751
- 752
- 753
- 754
- 755
- 756
- 757
- 758
- …
- seguinte ›
- última »