O Carballiño e Ourense quedarán desde esta semana conectados por estrada en apenas 15 minutos, unha vez se proceda a apertura ó trafico do acceso directo desde O Carballiño coa AG-53, a autoestrada Ourense-Santiago. Según pudo saber Cope O Carballiño o ramal quedará aberto ó tráfico tras un acto oficial de inauguración que contará coa presencia do Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo e o Conselleiro de Medio ambiente, Teriritorio e Infraestructuras, Agustín Hernández. O acto, xa confirmado oficialmente,cebraráse ás cinco da tarde deste xoves dia 29 de outubro, de tal maneira que desde entón quedará xa aberto o vial á circulación de vehículos. Desde as catro da tarde, e cada 15 minutos, sairán autocares desde a estación de renfe do Carballiño para aqueles veciños que queiran acudir a este acto institucional que terá lugar no enlace deste vial coa autoestrada, nas inmediacións do viaducto do Viñao.
O ramal, que arranca na N-541 na nova rotonda da Fontela, tén unha lonxitude de 5,2 kilómetros que transcorren na súa totalidade dentro do ámbito municipal do Concello de Maside. Tén sección de autovia, con dous carrís para cada sentido da circulación, e ademáis conta cun doble enlace á altura da vila de Maside. Para a súa execución foi precisa a expropiación de 414 fincas, todas elas no concello de Maside, e na obra da súa execución investironse 27,3 millóns de euros, e outros 2,6 millóns que se destinaron ó pago das expropiacións.
Outros Concellos da Comarca que tamén presentaran os seus proxectos deberán seguir agardando, xa que de momento as súas peticións non foron atendidas pola consellería de traballo e benestar da Xunta de Galicia. Quenes sí resultaron benficiarios neste reparto foron os Concellos de San Cristovo de Cea e Leiro, que terán os seus respectivos obradoiros de emprego, no caso do concello panadeiro será a primeira vez no que se vai desenvolver un proxecto destas características, mentres que no Concello de Leiro será xa o terceiro. A mediados do mes que ven levaránse a cabo os procesos de selección do director, persoal e alumnado de ambos obradoiros, que terán unha estructura parella, con 25 alumnos en cada caso e tres módulos. En Cea, serán de xardinería, carpinteiría de albanelería, que se ocuparán na recuperación de fontes e fornos comunais existentes nas distintas parrroquias do municipio. Mentres, en Leiro adicarán a súa actividade na obra de construcción dun centro social en Gomariz, aproveitando unha casa propiedade dos veciños da localidade, asi como no acondicionamento dun camiño peonil no campo de abaixo de Leiro e dúas actuacións maís na parroquia de Berán, onde se acondicionará a praza da sede da Entidade Local e o acceso ó balneario de Berán. Para elo, contará con módulos de Albanería, canteiría e outro de recuperación de áreas degradadas. De cumplirse as previsións anunciadas a través desta emisora de radio polos Alcalde de Cea e leiro, en ambolosdous casos os obradoiros iniciarán a súa actividade a finais do mes de novembro ou principios de decembro, e terán continuidade durante doce meses.
O Grupo municipal do Partido Popular no Concello do Carballiño, ven de comunicar que no Diario oficial de Galicia de hoxe luns 26 de outubro, publicase unha resolución do 23 de setembro de 2009, da Consellería de Economía e Facenda, dentro do marco denominado “actuacións para infraestructuras en polígonos industriais” na que se concede unha axuda que vai facer posible unha demanda dos empresarios do Polígono da Industrial da Uceira, a mellora da iluminación pública nesta zona industrial.
A aportación da Xunta de Galicia para a execución deste Proxecto é de 71.257,67 €.
Dende o Grupo Popular do Carballiño, insístese na boa disposición da Xunta de Galicia coas solicitudes que se presentan dende o Carballiño, sendo esta unha nova mostra.
Finalmente, o Grupo municipal do Partido Popular, aprovéita esta ocasión para recordarlle ao Equipo de Goberno, que se deben de recuperar as conversas que o Partido Popular do Carballiño iniciara cos promotores e constructores para darlle un novo impulso a este sector "con vistas á promoción conxunta do Carballiño e das das súas vivendas, iniciativa ésta, a que dende o Concello se lle fixo caso omiso, e que por parte dos empresarios do sector fora moi ben recollida".
O pacto ó que chegaron esta semana PSOE e BNG para gobernar xuntos o Concello Carballiñés foi un acordo "dirixido, orquestado e firmado polas cúpulas autonómicas de ambolodous partidos", ésta é a interpretación que se fai desde o PP do Carballiño, un pacto "fora de tempo e electoralista, que non busca o benestar dos veciños do Carballiño, senón salvagardar a xestión política dos dirixentes autonómicos destas dúas formacións ca vista posta en fucturos pactos nas vindeiras eleccións municipais de 2011". O Patido Popular entende, desta maneira, que o pacto decidíuse desde Santiago, eso sí, polo tanto no mesmo tería xogado un papel decisivo un carballiñés, o ex-Alcalde Pachi Vázquez e actúal secretario xeral do PSOE galego. Esa é a lectura que fan os populares, que agora e unha vez que entre en vigor o acordo, exercerán unha oposición muncipal xa en solitario e que pasará a ser minoritaria dentro da Corporación Municipal, con cinco concelleiros fronte ós 12 que sumará o grupo de goberno bipartito de socialistas e nacionalistas.
Mentres, desde o PSOE, e por medio dun comunicado de prensa, defendese a lexitimidade do pacto e "dun acordo de goberno democrático e lexítimo, e no que priman os intereses xerais dos veciños do Carballiño". Destacan os socilaistas que será o grupo de goberno maís numeroso da historia democrática , consecuencia "das eleccións municipais de 2007 que conformaron unha maioria progresista e de esquerdas que conseguíu deixar o partido popular cos peores resultados electorais da súa historia no Carballiño". Finalmente, os socialsitas critican o PP do Carballiño por "estar máis preocupado en enchufar ós membros do seu grupo que en preocuparse dos problemas dos veciños do Carballiño".
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións portavoz do PP Argimiro Marnotes
O sábado día 24 de outubro terá lugar no Pobo de Maside a conmemoración do Día da Muller Rural. Este acto está organizado pola Asociación de Mulleres Rurais “Sta. Agueda” de Maside, que conta coa colaboración da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, a Deputación provincial de Ourense e o Concello de Maside. Nesta xornada participarán máis de 370 mulleres pertencentes a Asociacións de Mulleres Rurais da Provincia de Ourense, e que forman parte da federación provincial.
As actividades comezaran ás 10:30 h. coa chegada das Asociacións participantes e unha recepción na Praza Maior de Maside, polo Presidente da Deputación Xosé Luís Baltar Pumar, o Alcalde do Concello de Maside Celso Fernández López, a Concelleira de Servizos sociais deste mesmo concello, e o portavoz do Partido Popularen Maside; a xornada será amenizada pola Grupo de gaitas “ Xalundes”.Pasando a degustación dun chocolate con biscoitos, que as mulleres da Asociación Sta. Agueda prepararan como recibimento os/as convidadas/dos.
O propósito e potenciar e que se valore o papel femenino no traballo do medio rural, intentando promover a igualdade de oportunidades das mulleres no medio rural e incentivando unha maior presenza en tódolos ámbitos ( social, político, económico, laboral...)
Ao mesmo tempo pretendese que sexa unha xornada de aprendizaxe e coñecemento do nosos entornos, realizando unha serie de visitas que fagan coñecer os nosos pobos mais pretos, neste caso o Pobo de Maside, como forón nos casos de anos anteriores Bande, Baltar, ou O Carballiño.
As asambleas locais de PSOE e BNG deron luz verde o pacto que ambas formacións políticas suscribirán para conformar un novo goberno municpal bipartito no Concello do Carballiño, que pasará a contar cunha ampla maioria de 12 concelleiros. Na oposición quedase en solitario o Partido Popular, con cinco concelleiros. O acordo entre socialistas e nacionalistas deixa atrás cinco meses dunhas negociacións que estiveron por varias veces ó borde da ruptura, pero que finalmente pudo consumarse salvando as diferencias que durante este tempo foron xurdindo por ambas partes, sobre todo no tocante o recelo de unha parte do grupo socialista polo reparto das áreas que reclamaba o BNG para a súa xestión, as de obras e urbanismo, medio-ambiente e servizos sociais. Nos últimos dias, as presións das cúpulas de ambos partidos foi determinante para a resolución favorable das negoaciacións. Desta maneira, e coa integración do Bloque Nacionalista Galego no goberno Municipal do Carballiño, Manuel Amil asumirá as responsabilidades da área de Obras e Urbanismo, aínda que compartindo a xestíón da brigada de obras conxuntamente coa área do medio rural, que seguirán dirixindo os socilaistas. A área de medio ambiente terá á fronte a Bernardo García, mentres que as outras dúas concelleiras do BNG, Aúrea Francisco e Maria Jorge faránse cargo de servizos sociais.
Queda agora por definir a reubicación de responsabilidades e concellerias que obstentarán os oito representantes que os socialistas aportan o novo goberno bipartito, que liderarán o Alcalde Carlos Montes e o poirtavoz do BNG Manuel Amil, que ademáis será Teniente Alcalde. O acordo recolle que o novo grupo de goberno funcionará coma un ente sen fisuras e baseado en tres principios fundamentais, os de unidade de xestión, autonomia con delegacións plenas ás diferentes concellerías, e eficacia. Entre os compromisos acadados figuran a realización dunha auditoria, a realizaciòn dun estudio de potenciaciòn dos recursos da radio municipal, a implantación dun plan económico dirixido a apoiar ós pequenos empresarios locais e de contención dos gastos muniicpais, ou buscar unha nova ubicaciòn para a nave de protección civil.Finalmente, o acordo fai referencia a importancia que para o novo goberno muncipal terán proxectos tales como a aprobación dun novo plan urbanístico , ou manter unha liña de transparencia e igualdade na política de persoal e contratación.
O xuizo quedou visto para sentencia, despois de que tanto a defensa como a fiscal pedisen a libre absolución dos ecoloxistas ós que se lles acusaba de entrar sen autorización á canceira da Medela. A denuncia fora presentada polo traballador do departamento de medio-ambiente e encargado das instalacións, José Angel Hermida, contra catro ecoloxistas pertecentes as asociacións Amigos da Terra, Matar por matar non e Adega, que o dia 3 do pasado mes de marzo acudiran á canceira para interesarse polo seu funcionamento, do que viñan facendo un seguimento desde tempo atrás. Ese dia, ademáis encontraronse coa existencia dunha fosa na que estaban depositados varios cans mortos, o que dera lugar a unha investigación do Seprona na que se certificara tanto a existencia desta fosa como doutras irregularidades no funcionamento deste servizo municipal, asi como a desapariciòn de 76 cans. Nos dias posteriores, o traballador municipal denunciara ós ecololxistas por entrar sen permiso nas instalacións. No transcurso da vista oral, o denunciante recoñeceu que non coñecia ós ecoloxistas e que foran axentes da Policia Local os que identificaran posteriormente ós denunciados, e tamén adimitíu que no día de producirse os feitos que motivaron a denuncia non existía cartel algún que indicase a prohibición de entrada ó recinto municipal. Pola súa parte, os ecoloxistas manifestaron que detrás da denuncia agochabanse criterios políticos, en referencia ós responsables municipais do Carballiño e coa idea de "amedrentalos" na súa labor de control e denuncia pública de todas as irrregularidades que veñen delatando en relación á canceira do Concello do Carballiño. Tamén aclararon os ecoloxistas ante a Xuíz que non existía ningún tipo prohibición que advertise desta circustancia para acceder a estas instalacións públicas. Ó xuizo non compareceu ningún representante do Goberno Municipal.
O detido, tras prestar declaración esta mañá no Xulgado nº 1 do Carballiño, foi trasladado ó cárcere de Pereiro de Aguiar. Nas súas manifestacións ante a Xuíza, G.F.L. asegurou non recordar os feitos tras consumir drogas e alcohol, modificando desta maneira a declaración que onte realizara ante a Garda Civil do Carballiño, tras a súa detención, xa que daquela recoñecera a autoria dos feitos, utilizando para a agresión un coitelo que levaba no coche que despois tirara a unhas silveiras. Tamén se soubo tras a súa comparecencia ante Xuiíz, que o preso tiña en vigor dúas órdes de afastamento distintas, unha respecto da víctima deste suceso, desde o pasado mes de setembro, e outra anterior respecto de outra ex-parella. Mentres, Sofia Rial, a xoven víctima deste grave episodio de violencia machista, permanece no servizo de reanimación do CHOU, permanece sedada e con respiración asistida e o seu estado segue sendo grave.Tras romper co agresor, co que mantivo relacións durante catro anos, a moza regresara ó domicilio dos seus país na Arnoia, onde os veciños aseguran que malia a orde de afastamento tiñan presenciado como en varias ocasións o home se aproximara á víctima en actitude agresiva.
A Garda Civil do Carballiño detivo esta pasada madrugada a G.L.F., veciño de Esposende (Ribadavia), e de 29 anos de idade, como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio, ó apuñalar a súa ex-parella, unha rapaza de 21 anos de idade e veciña da Arnoia, causandolle feridas graves no pescozo. Os feitos ocorriron arredor da unha da madrugada de hoxe domingo á saída dun bar de copas, na rúa Marcelino Enríquez Parrondo do Carballiño. A moza foi trasladada ó Complexo Hospitalario de Ourense, en estado de sedación e con respiración asistida. Foi intervida de urxencia e o seu estado é grave. Sobre o detido, pesaba xa unha orde de afastamento por malos tratos desde o pasado mes de setembro. Instrue dilixencias o Xulgado nº 1 do Carballiño. O suceso causou fonda conmoción nas comarcas do Ribeiro e O Carballiño, sendo o caso de violencia machista máis grave que se recorda nos últimos anos.
Os datos veñen de publicarse no “anuario económico La Caixa 2009”, que recolle un conxunto de datos estadísticos e indicadores socioeconómicos da totalidade dos Concellos de España. Según o mesmo, O Carballiño retrocedeu una súa actividade industrial e de construcción un 15,2 no quinquenio entre 2003 e 2008, de maneira que as actividades neste sector no pasado ano foron de 268 no Concello carballiñés, mentres que o sector da restauración e bares experimentou un aumento nese mesmo periodo de tempo de 6,6 puntos, atá chegar no 2008 a un total de 178 establecementos neste sector da hostelería. En canto a actividade comercial minorista permanece prácticamente inalterable, xa que só se contabiliza unha actividade menos, 459 en 2008 fronte as 460 do ano 2007. Noutro apartado, recollense as variacións rexistradas no parque móbil ou nos teléfonos fixos, en ambos casos experimentaron siñificativos incrementos. A telefonía fixa pasou de 5.662 liñas en 2007 a 6.151 de 2008, e un aumento de 10 puntos no último quinquenio. No caso dos vehículos a motor, O Carballiño pasou dos 10.055 que estaban rexistrados en 2007 ós 10.607 que se contabilizaron en 2008, dos que 7.769 son automóbiles. E finalmente, o informe recolle outros dous datos, ambos negativos, que son os da evolución do paro e a chamada cuota de mercado. En canto a porcentaxe de persoas inscritas como demandantes de emprego sobre a poboación total, pasou do 5,8 de 2007 ó 6 no 2008, medio punto por enriba da media galega. En canto a cuota de mercado, esto é, a capacidade de consumo da poboación, tamén se perdeu un punto no último ano. A couta de mercado mide o poder adquisitivo do conxunto da poboación tendo en conta diferentes variables socioeconómicas. Ou o que é o mesmo, según este informe económico elaborado por “La Caixa” somos un punto maís pobres, aínda que cunha cuota de mercado de 34 puntos, O Carballiño aínda segue colocado nos postos altos neste indicador económico no conxunto dos Concellos Galegos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 754
- 755
- 756
- 757
- 758
- 759
- 760
- 761
- 762
- …
- seguinte ›
- última »