A Garda Civil do Carballiño detivo esta pasada madrugada a G.L.F., veciño de Esposende (Ribadavia), e de 29 anos de idade, como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio, ó apuñalar a súa ex-parella, unha rapaza de 21 anos de idade e veciña da Arnoia, causandolle feridas graves no pescozo. Os feitos ocorriron arredor da unha da madrugada de hoxe domingo á saída dun bar de copas, na rúa Marcelino Enríquez Parrondo do Carballiño. A moza foi trasladada ó Complexo Hospitalario de Ourense, en estado de sedación e con respiración asistida. Foi intervida de urxencia e o seu estado é grave. Sobre o detido, pesaba xa unha orde de afastamento por malos tratos desde o pasado mes de setembro. Instrue dilixencias o Xulgado nº 1 do Carballiño. O suceso causou fonda conmoción nas comarcas do Ribeiro e O Carballiño, sendo o caso de violencia machista máis grave que se recorda nos últimos anos.
Os datos veñen de publicarse no “anuario económico La Caixa 2009”, que recolle un conxunto de datos estadísticos e indicadores socioeconómicos da totalidade dos Concellos de España. Según o mesmo, O Carballiño retrocedeu una súa actividade industrial e de construcción un 15,2 no quinquenio entre 2003 e 2008, de maneira que as actividades neste sector no pasado ano foron de 268 no Concello carballiñés, mentres que o sector da restauración e bares experimentou un aumento nese mesmo periodo de tempo de 6,6 puntos, atá chegar no 2008 a un total de 178 establecementos neste sector da hostelería. En canto a actividade comercial minorista permanece prácticamente inalterable, xa que só se contabiliza unha actividade menos, 459 en 2008 fronte as 460 do ano 2007. Noutro apartado, recollense as variacións rexistradas no parque móbil ou nos teléfonos fixos, en ambos casos experimentaron siñificativos incrementos. A telefonía fixa pasou de 5.662 liñas en 2007 a 6.151 de 2008, e un aumento de 10 puntos no último quinquenio. No caso dos vehículos a motor, O Carballiño pasou dos 10.055 que estaban rexistrados en 2007 ós 10.607 que se contabilizaron en 2008, dos que 7.769 son automóbiles. E finalmente, o informe recolle outros dous datos, ambos negativos, que son os da evolución do paro e a chamada cuota de mercado. En canto a porcentaxe de persoas inscritas como demandantes de emprego sobre a poboación total, pasou do 5,8 de 2007 ó 6 no 2008, medio punto por enriba da media galega. En canto a cuota de mercado, esto é, a capacidade de consumo da poboación, tamén se perdeu un punto no último ano. A couta de mercado mide o poder adquisitivo do conxunto da poboación tendo en conta diferentes variables socioeconómicas. Ou o que é o mesmo, según este informe económico elaborado por “La Caixa” somos un punto maís pobres, aínda que cunha cuota de mercado de 34 puntos, O Carballiño aínda segue colocado nos postos altos neste indicador económico no conxunto dos Concellos Galegos.
(Redacción. Lolo Carril) Marquitos xa ten decido o once inicial que desde as cinco da tarde do domingo sairá en Espiñedo para enfrontarse ó Cruceiro de Hio. Na portería segue a alternacia, sendo turno desta vez para Zafra. Na defensa, regresa Xurxo no lateral dereito tras cumplir o partido de sanción, con Alfredo na parte esquerda e Valeiras e Jorge polo centro. Iago e Diego Soto no medio centro, Nicol e Oliveira polos extremos, Fran na media punta e Martín como xogador maís adiantado. Completan a convocatoria Iván, Marcos Castro, Padín, Nacho Currás e Tacón. Enfronte, un Cruceiro de Hio que despois dun inicio de liga titubeante xa acumula agora tres victorias consecutivas, as que veñen de lograr ante Ribadumia, Covadonga e Marín. Tampouco chega en mal momento o Arenteiro, que o pasado domingo recuperaba o liderato da categoria grazas o seu triunfo na Lomba de Vilagarcia ante o Arousa.
A intercesión divina, ésta parece ser a única vía posible elexida por un grupo de parroquianos de Santa Uxía de Lobás, que co seu Cura-Párroco Emilio Viétez á fronte da iniciativa, decidiron organizar unha novena na honra de San Xudas Tadeo, Patrono dos imposibles, para solicitar a restauración da Igrexa e Mosteiro de San Pedro de Lobás, o conxunto artístico de máis antigüedade no Concello Carballiñés, xa que data do século XIII, e que permanece en completo estado de abandono. Cedido o seu uso ó Concello do Carballiño por parte do Bispado da Diócese de Ourense, a institución municipal anunciou anos atrás, por medio do Alcalde Carlos Montes, a presentación dun proxecto de restauración que estaría financiado con cargo ó ún por cento cultural que o Ministerio de Fomento destina a obras de rehabilitación do patrimonio histórico artístico naquelas zonas que están afectadas polas grandes obras, como é o caso do ave. Do proxecto e das visitas de Montes ó Ministerio nada máis volveu saberse. A novena celebraráse do 15 ó 24 de outubro na Igrexa de San Pedro de Lobás, e despediráse cun xantar de confraternidade no pobo de Mosteiro o vindeiro dia 24.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións do cura-parroco Emilio Viéitez
O portavoz da executiva local do PSOE, Guillermo Dopazo, defendeu e lexitimou o proceso de negociacións que viñeron protagonizando os grupos municipais de PSOE e BNG porque "das eleccións de 2007 no Concello do Carballiño sairon 12 concelleiros progresistas e 5 conservadores", polo que non se entende na executiva socialista as críticas feitas polo portavoz do PP Argimiro Manotes, que o único que persigue -dixo Dopazo- é "buscar lio e que no BNG actúen coma hooligans do Partido Popular". Desde a executiva socialista tamén se negou algún tipo de división interna no grupo municipal de goberno e aseguorouse que o Alcalde Carlos Montes tén todo o apoio do Partido a nivel local, tanto para resolver estas negociacións cos nacionalistas como para liderar o PSOE no Concello Carballiñés.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Guillermo Dopazo portavoz executiva local PSOE
Os feitos ocurriron minutos despois das sete da tarde na beirarrúa de Conde Vallellano nas inmediacións coa rúa Aldara e nunha liorta na que se viron involucradas varias persoas, unha delas sufríu varias feridas na espalda producidas por arma branca, ó parecer un coitelo, e unha segunda resultou con contusións en varias parte do corpo trala refrega, que provocou escenas de pánico entre os moitos transeúntes que a esa hora pasaban pola rúa Conde Vallellano. A persoa que foi obxeto do apuñalamento é un home veciño do lugar de Outeiro Grande, no Concello de Maside, sufríu polo menos catro incisións na espalda, perdendo abundante sangue atá que foi trasladado para recibir asistencia sanitaria, e atópase fora de perigo. A segunda persoa ferida é veciña do Carballiño. Na refrega participaron alomenos outros dous homes, ambos de nacionalidade colombiana e residentes no Carballiño, membros dunha mesma familia, tío e sobriño, éste último foi detido pola Garda Civil como o presunto autor material do apuñalamento. Policia Local e Garda Civil iniciaron as pescudas para aclarar os feitos, non descartandose que poidan estar involucradas máis persoas na pelexa, que parece ser tivo a súa orixe en problemas personais entre os contendentes no altercado.
O Partido Popular rompeu esta mañá o silencio que mantiña en relación ó proceso negociador que manteñen PSOE e BNG para asinar un pacto municipal de goberno no Concello do Carballiño. Nunha comparecencia ante os medios, Argimiro Marnotes pedíu publicamente a unhos e outros que "clarifiquen dunha vez por todas as súas negociacións"e poñan fin á parálise que -entende o PP- vive o Concello do Carballiño desde que comezaron as conversas entre socialistas e nacionalistas. O portavoz dos populares manifestou que o equipo de goberno está "esgotado, noqueado e dividido" e tamén que o único que busca Carlos Montes con este pacto é aprobar unhos orzamentos "que lle permitan manter a rede clientelar do PSOE no Concello do Carballiño".
En canto ó BNG, Marnotes recordou que Manuel Amil pudo ser Alcalde e non quixo, e tamén lle recordou a promesa electoral coando afrimou que non pactaría a non ser que fose para ser Alcalde. Finalmente, desde o Partido Popular entedese que xa está esgotado o prazo destas negociacións porque o Concello do Carballiño non se pode permitir por maís tempo esta situación de indefinición política, e por eso, desde o Partido Popular pídeselle tanto a PSOE coma a BNG que se aclaren. E pase o que pase, o Partido Popular trasladará a unha mensaxe á cidadanía: o PP seguirá no que queda de mandato onde o situaron os votos "nunha oposición sen complexos, sen ataduras e con moita responsablidade"
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións Argimiro Marnotes voceiro do PP en Carballiño
A Garda Civil buscaba a última hora da tarde o autor dun novo roubo cometido hoxe nun céntrico piso do Carballiño, tras producirse a denuncia, parece ser que o autor do roubo -un home novo- foi localizado polos axentes pero logrou escapar ó cerco policial, antes que pudese procederse á súa detención. Desde as sete da tarde en adiante, axentes da Garda Civil peinaban o paseo fluvial do río Arenteiro e as súas inmediacións, xa que foi cara esta zona onde se dirixiu o individuo. Xa de noiite, e provistos de linternas, os axentes da Garda Civil seguian a búsqueda. O de hoxe foi o terceiro roubo nun piso do Carballiño que se denuncia no que levamos do mes de outubro.
O Alcalde do Carballiño trata hoxe de reconducir o proceso de negociacións có BNG para acadar un pacto de goberno municipal entre ambas formacións políticas. Unhas negociacións que estaban bastante adiantadas, de tal maneira que o acordo dábase por feito antes de que Montes marchase de vacacións fai quince dias atrás, pero un acordo que se complicou na súa ausencia, sobre todo ante as reticencias dos socialistas, tanto no propio grupo muncipal como noutros sectores do PSOE, e reticencias que aumentaron o coñecerse as demandas dos nacionalistas que reclaman para a súa xestión a área de obras e urbanismo, e servizos sociais. Carlos Montes encontrouse tras o seu regreso vacacional con moitas suspicacias no seu partido a ceder parte do poder municipal no Concello do Carballiño. Neste contexto, Montes trata de reconducir a situación ante os seus propios compañeiros de partido, e co obxetivo de buscar un consenso que de monteo non tén, antes de volver reunirse có BNG, e nunha semana que se agrda sexa clave e definitiva na resolución deste proceso negociador que, unhos e outros, entenden que se está alongando no tempo maís do que sería aconsellable.
O Arenteiro volve ser o lider da categoria tras a traballada victoria conseguida hoxe polos verdes no campo da Lomba de Vilagarcia, onde se impuxo ó Arousa por 1-2, con goles de Oliveira e Martín. O Arenteiro controlou en todo momento o partido. Tras unha primeira parte na que os carballiñeses estiveron mellor asentados que o seu rival no terreo de xogo chegaríase o dencanso sen que se movese o marcador. Na reanudación, ós poucos minutos chegaría o gol do Arousa que se adiantaba no marcador no lanzamento dunha falta e nun clamoroso fallo da barreira verde. Tras o gol, o Arousa pasou a facerse momentáneamente co control do partido, pero só por unhos minutos, porque sería novamente o Arenteiro quen pasou a dominar o xogo e crear as mellores ocasións de gol ante a portrería do Arousa. Aínda co 1-0 no marcador o árbitro escamoteou un claro penalti cometido sobre Nicol, antes de que chegaran os dous goles de Oliveira e Martín que finalmente farían xustiza no marcador. O mesmo Martín e Nicol terían dúas boas oportunidades para incrementar a ventaxa carballiñesa, mentres que o Arousa apenas chegou a crear perigo ante a porteria defendida hoxe por Iván. O Arenteiro foi máis equipo que o Arousa e polo tanto xusto vencedor.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 755
- 756
- 757
- 758
- 759
- 760
- 761
- 762
- 763
- …
- seguinte ›
- última »