30, Xuño 2009

Manolo Dacal e Celso Fernández

Intercámbeo de experiencias e actividades entre os rapaces de Maside e O Carballiño, éste é o obxetivo do convenio de colaboración entre ambos Concellos, que presentaron o Alcalde de Maside Celso Fernández e o Concelleiro de deportes do Carballiño, Manolo Dacal. Todos os mércores e venres de cada semana, haberá servizo de transporte en autocar para trasladar ós rapaces desde O Carballiño atá as piscinas muncipais da Rañoa en Maside, con saída desde a praza do emigrante ás dez menos dez da mañá e regreso desde as piscinas de Maside á unha e media da tarde. Desta meneira pretende ademáis ofrecerse unha alternativa ó peche das piscinas municipais do Carballiño debido as obras de reforma que se están executando nestas instalacións. Pola súa banda, o concello do Carballiño organizará unhas xornadas de intercámbeo cos rapaces de Maside no campig do Carballiño, ónde poderán participar dun amplo programa de actividades no parque etnográfico do río Arenteiro.

29, Xuño 2009

A petición foi presentada persoalmente á Conselleira de Traballo e Benestar pola Concelleira carballiñesa de servizos sociais, Asunción Rivero, como unha necesiddade para O Carballiño a curto prazo e toda vez que as prazas existentes están xa cubertas para a que iniciará a súa actividade no vindeiro mes de xullo. A Concelleira recordou que a matricula para esta escola Infantil, antes chamada galescola, está aínda aberta atá o dia 10 de xullo, e se non se producen atrancos, procederíase xa a súa apertura no mesmo mes. Trátase dun servizo público de gardeiría infantil para cativos entre cero e tres anos, que se ubicará en dependencias do edificio do colexio Calvo Sotelo do Carballiño.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Asunción Rivero, Concelleira de Servizos Sociais

27, Xuño 2009

Todas as fontes consultadas coinciden en apuntar un notable descenso na participación na Xuntanza de Maiores celebrada hoxe no Carballiño, en relación ás edicións dos últimos anos. A asistencia nin xiquera cumplíu coas previsións  oficiais aportadas desde a Xunta de Galicia, que eran no transcurso da semana entre as vintecinco e as trinta mil persoas, quedandose bastante lonxe desas cifras, xa que probablemente non se pasou dos quince mil participantes na convocatoria deste ano. O descenso na afluencia era visible no parque e nos seus arredores, tanto no propio recinto da festa como na zona de aparcamentos para vehículos e autocares, e tamén nos comedores dos restaurantes carballiñeses, abarrotados o ano pasado e con escasa presencia de comensais nesta ocasión. Tamén os posto de polbo e comida no parque muncipal confirmaron este mesmo descenso de público nesta Xuntanza, e a maioria coincidía en manifestar que "non hai nin a metade da xente do ano pasado", daquéla as cifras de participación situaranse arredor das corenta mil persoas e o abarrote fora total na hostelería carballiñesa, que está a rexistrar hoxe unha discretísima xornada en canto a ocupación. A que non fallou foi a numerosa asistencia institucional e de autoridades e representacións políticas. O Alcalde do Carballiño Carlos Montes, recibía á unha da tarde na entrada do parque municipal á Conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato, á que acompañaba o Delegado Territorial na provincia Rogelio Martínez e titulares de varias Direccións Xerais.Na súa intervención, a Conselleira anunciou a implantación de centros de dia nos Concellos de maís de 1.500 habitantes. Xa na sobremesa, comparecía o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na que foi a súa primeira visita institucional á Comarca do Carballiño desde que foi investido como Presidente do executivo galego.

 

25, Xuño 2009

A partir do 30 de xuño, os veciños e veciñas do Concello de Boborás, calquera que sexa a súa idade, poderán solicitar cita no centro de saúde da localidade para someterse a unha "consulta da condición física". Trátase dunha iniciativa totalmente gratuíta que leva a cabo a Institución Municipal e que se enmarca dentro do programa dos Concellos Saudábles, dos que participa Boborás. A través desta "consulta da condición física" as persoas terán un coñecemento do seu estado físico e de saúde por medio das probas e entrevistas que realizarán con dous profesionais, un nutricionista e un licenciado en educación física, que ademáis lle marcarán distintas pautas para mellorar o estado físico en xeral, e asi acadar unha mellor calidade de vida, ademáis de prever as distintas doenzas. Para as vindeiras semanas, o Concello de Boborás organizará outro tipo de iniciativas que tamén persiguen fomentar os hábitos de vida saudábles, como serán unha andaina e actividdes deportivas.

25, Xuño 2009

A denuncia fora presentada polo Concelleiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Leiro, Manuel Rodríguez, e na mesma facíase constar que o Goberno deste Concello non lle facilitaba a información e documentación que lle solicitaba para exercer as súas funcións coma membro da Corporación Municipal. Concretamente, o Concelleiro Socialista requirira a relación de licencias  de todos os negocios de calquera tipo no Concello de Leiro, o que en consideración do Fiscal estas peticións indiscriminadas e genéricas supoñen unha dubidosa obrigación por parte do Concello para ser satisfeitas. En canto a documentación relativa a licencias de apertura de clínicas, o Concello constestou en oficio remitido ó Concelleiro Socialista. Non existe polo tanto negación de documentación, e da mesma maneira entedese que tendo en conta "criterios de prudencia e ponderación" non se xustifica que haca negación de información pola non obtención das fotocopias da documentación solicitada polo portavoz socialista, polo que "non se observa una voluntad de ocultación de datos sino un criterio de obteción de fotocopias que, aparentemente, en el presente caso puede parecer razonable, pero en culaquier caso no constituye la presunta comisión de un hecho delitivo". Con estos razoamentos, a Fiscalia decretou o arquivo das dilixencias de investigación que foran abertas.

25, Xuño 2009

Eran dúas as candidaturas que optaban a facerse coa xestión dos fondos do Leader Galicia 2007-2013 para as comarcas do Carballiño e O Ribeiro, o chamado GDR-9. Finalmente, a Axencia de Desenvolvemento Rural elexíu á "Asociación Carballiño-Ribeiro" e, en consecuencia, denegou a solicitude que fora presentada pola asociación "Terras do Noroeste Ourensán", que integraban os Concellos gobernados con marioria absoluta polo Psoe e asocacións e entidades afíns ós socialistas, que se desmarcaran da outra asociación na xestación inicial de constitución ó non compartir o criterio maioritario e amosar a súa disconformidade no proceso de elección dos órganos directivos e a representatividade, que entendian os socialistas non era proporcional. Tras varios meses de incertidume, e sen que fose posible chegar a un acordo entre ambas candidaturas, agora a administracción seleccionou á Asociación que preside o Alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e da que forman parte 14 Concellos de ambas Comarcas, 9 entidades públicas e un total de 248 entidades de carácter privado. O seu ámbito de actuación será o dos 19 Concellos das dúas comarcas e o orzamento que manexará ascende a catro millóns e medio de euros.

24, Xuño 2009

Manuel Prado, o Presidente da Mancomunidade de Concellos do Carballiño, confia en que a nova Xunta de Galicia axilice o proxecto de construcción do parque intercomarcal de bombeiros profesionais para O Carballiño-O Ribeiro, un proxecto que acumula xa varios anos de retraso, primeiro pola tardanza do Concello do Carballiño en poñer a disposición do Consorcio os terreos nos que se ubicará o edificio, na zona industrial do Carballiño, e últimamente polas diferencias de criterio que mantiñan a Xunta do Bipartito e a Deputación en relación ás aportacións económicas que ambas administraccións deberían facer para o manteñento deste parque de bombeiros, do que xa dispoñen desde fai anos outras comarcas da provincia, como Valdeorras ou Verín, e máis recentemente A Limia, un proxecto que comezou a xestarse de forma simultánea a este do Carballiño. Manuel Prado manifestou no programa "a mañá de Cope" que o acordo entre os Alcaldes para poñer en funcionamento o parque de bombeiros era total, e que polo tanto este retraso era unha consecuencia máis da "mala xestión do goberno bipartito que xestionou a Xunta de Galicia nos últimos catro anos"

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Manuel Prado Presidente Mancomunidade Concellos do Carballiño

23, Xuño 2009

Polo mesmo motivo, a colocación dunha pancarta fronte a casa do Concello do Carballiño, a Policia Local do Carballiño
tamén denunciou o Concelleiro do Bng Bernardo García, e do mesmo xeito que a Julio Fernández, o portavoz de "matar por matar non", a Subdelegación do Goberno tamén iniciou expediente sancionador contra o Concelleiro carballiñés, cunha proposta de multa de 60 euros. García manifestou quu "toda esta histoira é un esperpento, xa é ben ridículo que unha manifestación de dúas persoas e unha pancarta de catro metros alteren o orden público", polo que detecta "un claro transfondo político" na actuación da Subdelegación. Tamén recordou o Concelleiro do Bng que as preguntas formuladas á comisión informativa da canceira aínda están sen contestar por parte dos responsalbes muncipais, e polo tanto seguen sen aclararse todas as irregularidades que se deron no funcionamento destas intalacións municipais da Medela.

22, Xuño 2009

A Subdelegación do Goberno ven de comunicar ó portavoz da asociación ecoloxista "matar por matar non", Julio Fernández, o inicio dun expediente sancionador pola colocación dunha pancarta os pasados dias 20,21,22, e 23 do pasado mes de abil na escalinata da  Praza Maior do Carballiño "impidiendo asi el tránsito habitual de los ciudadanos y olbligando a estos a cambiar su trayectoria, negadonse asimismo en un primer momento a identificarse cuando fué requerido para ello". Estos son os feitos que se lle imputan ó portavoz de MatarXMatar Non tras a denuncia formulada contra él pola Policia Local do Carballiño cando se manifestaba no pasado mes de abril en demanda da convocatoria da comisión de investigación da canceira municipal, tal como acordara o Pleno da Corporación Carballiñesa para aclarar os sucesos ocurridos nestas instalacións municipais, e despois de que o Seprona ratificase as denuncias de grupos ecoloxistas nas que se constataron diversas irregularidades no funcionamento da canceira e a desaparición de preto de cen cans, unhos feitos que aínda seguen sen aclararse. A comunicación da Subdelegación a Julio Fernández indícalle que pudo infrinxir o artículo 26 da lei de protección de seguridade cidadán, advertíndolle que ten 15 dias para presentar alegacións, e senón consideraríase resolta esta proposta, cunha multa de 60 euros.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións a Cope Carballiño de Julio Fernández

22, Xuño 2009

A Directora Xeral da depencencia e autonomia persoal, Coro Piñeiro, confirmou hoxe nunha entrevista con Xan Pinal no programa "a mañá de Cope O Carballiño" que o Presidente da Xunta de Galicia asistirá este vindeiro sábado á Xuntanza de Maiores que terá lugar no parque municipal. Alberto Nuñez Feijóo realizará desta maneira a súa primeira visita institucional á Comarca do Carballiño desde que foi investido Presidente do goberno galego. En canto ás previsións de asistencia que se manexan a día de hoxe, serán entre vintecinco e trinta mil persoas as que este vindeiro sábo dia 27 de xuño se van trasladar atá  O Carballiño, procedentes de toda a xeografía galega. De confirmarse estas expectativas, a participación sería inferior á rexistrada nos últimos anos. Tamén se referíu a Directora Xeral á austeridade que presidirá este ano o orzamento previsto en relación ás pasadas edicións que estiveran a cargo da Vicepresidencia de Anxo Quintana, aínda que en palabras de Coro Piñeiro este recorte presupostario non impedirá "manter a dignidade" que se merece este día para as persoas maiores. Finalmente, A Directora Xeral tamén asegurou que esta Xuntanza seguirá  celebrandose con carácter anual na vila do Carballiño.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS