Para participar na campaña haberá que solicitar a entrega dunha "cartilla" en calquera dos 91 establecementos do "centro Comercial Aberto do Carballiño" , para posteriormente completar as dez partes dun puzzle coa fotografia do vehículo que será sorteado, un peugot 107, cos gastos de maticulación incluidos, sorteo que se realizará ante notario o dia 11 de agosto na sede da Asociación de Comerciantes do Carballiño entre todos os clientes que completen o puzzle. Haberá un prazo dun mes para reclamar o premio, e se transcurrido ese periodo non aparecese o gañador, entón sería novamente sorteado o dia 12 de setembro. A campaña inciase o dia 15 deste mes de xuño no que andamos, e durante a mesma está previsto que se repartan arredor das 55.000 pegatinas para completar os puzzles.
Os rapaces entre os 6 e os 13 anos terán a oportunidade de participar no "2º campamento de verán" que se desenvolverá en Maside durante o vindeiro mes de xullo, e aberto tanto a nenos e nenas empadronados no Concello Masidao, como chegados doutros Concellos. Os primeiros aborán 12 euros como cuota de participación e os segundos 15 euros, estando aberto o prazo para inscribirse atá o 29 de xuño, nas oficinas do departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Maside. Ademaís, os cativos entre os 3 e os 6 anos poderán participar en diversos obradoiros entre o 3 e o 21 de agosto, cunha cuota de inscripción de 10 euros. E xa tanto para rapaces como para adultos, programaránse durante a tempada estival varios cursos de iniciación e perfeccionamento de natación, na paiscina da Rañoa, e tanto en horario de mañá coma de tarde, de 11 a 12 horas, e de 20 a 21 horas. Os participantes nestes cursos de natación terán que abonar 10 euros. Exclusivamente para adultos, e dous dias á semana, tamén na piscina da Rañoa programaráse a actividade do "AQUAGYM", que tan boa acollida tivo o ano pasado. Para toda a veciñanza residente no Concello de Maside van poñerse á venda bonos de tempada e mensuais, que poderán retirarse a partir do 15 de xuño.
Asunción Rivero, promotora da actividade
Os requisitos para poder participar nesta actividade son ter entre os 13 e os 19 anos e estar empadronado no Concello do Carballiño. A cuota de inscripción é de 90 euros e as prazas dispoñibles son 73, das que oito serán subvencionadas para familias en dificultades económicas. Ademáis, o número de prazas inicialmente previstas podería ampliarse en función da demanda,. unha vez aberto o prazo de incipción a partir de hoxe lúns oito de xuño, no departamento muncipal de Servizos Sociais do Concello do Carballiño, na rúa Faustino Santalices. As Xornadas desenvolveránse entre o 29 de xuño e o 3 de xullo, ambos inclusive.
Asunción Rivero, a Concelleira de Sanidade enmarcou esta actividade dentro da programación do "Carballiño Concello Saudable", conxunto de actividdes que se ven desenvolvendo no último ano subvencionadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Durante os cinco dias da súa celebración, estas " segundas xornadas para adolescentes xóvenes saudables" incluirá varios obradoiros arredor da alimentación, a educación, as relacións sexuais ou a prevención das dorogodependencias. Outras actividades terán un carácter máis lúdico, apartado no que se incluíu un concerto da banda musical "Secho e Cia" e unha actuación da Escola Muncipal de Funky, e outras de carácter deportivo. Os últimos tres días están reservados para unha excursión a Segovia e Madrid, onde se realizarán varias visitas, estando previsto o aloxamento dos participantes no camping "Alpha", nas proximidades da capital española.
A participación neste proceso electoral no Concello do Carballiño foi do 49,97 por cento, tres puntos por debaixo en relación a estas mesmas eleccións europeas do ano 2004, daquéla a participación acadara o 53 por cento. Na xornada electoral de hoxe domingo a abstención gañou por unhas décimas á participación. Un total de 5.687 carballiñeses exerceron o seu dereito ó voto. O Partido Popular obtén 2.932 votos, o que representa o 51,56 dos sufraxios escrutados. A segunda formación política foi o Psoe, que acadou 2.090 votos, e unha porcentaxe de 36,75 sobre o cómputo total. Pola súa parte, o Bng obtivo 421 votos, o que representa o 7,40 dos sufraxios emitidos polo electorado carballiñés. O resto das candidaturas que se presentaban a estas eleccións ó Parlamento Europeo obtiveron un respaldo minoritario, sumando en conxunto 147 votos. As papeletas nulas foron 48 e en blanco contabilizaronse 49 votos. O Partido popular conseguíu un claro triunfo electoral en todas as mesas do ámbito urbano, mentres o Psoe ten os seus mellores resultados na zona rural. O Partido popular gañou con claridade en todas as mesas do casco urbano, e maís apretadamente nas de A Uceira, Partovia e Mesego. Mentres, o Psoe logrou impoñerse nas mesas electorais de Costoia, Laborada e Veiga. No resto da Comarca o Partido popular tamén gaña en todos os Concellos, salvo en Punxín onde os socialistas gañan cun 48 por cento fronte o 44 por centos dos populares. A victoria do Partido popular tamén se produce nos outros dous Concellos da Comarca con Alcalde Socialista: En Maside o Partido Popular rebasa o 52 por cento dos votos fronte o 41 por cento do Psoe, mentres en Piñor tamén se impón o Partido Popular co 50 por cento dos votos escrutados neste Concello. No resto da Comarca, nos Concellos con Alcalde do Partido Popular a victoria popular é aínda moito máis ampla, con porcentaxes que van do 59 por cento de San Amaro, 67 por cento en Cea, o 71 por cento en Boborás e O Irixo, e chega atá o 91 por cento de votos recibidos no Concello de Beariz. Xa finalmente noutros Concellos, En Leiro o Partido Popular gaña co 64 por centos do votos escrutados, e no Concello de Avión a porcentaxe sobre voto emitido ronda o 90 por cento a favor dos populares.
.
Suma e segue. Á inminente supresión de prazas de aparcamento unha vez se leve a cabo a peonalización do barrio de Flores, agora séguelle a rua Cerca, onde as obras de reforma que se están a levar a cabo siñificarán a eliminación de aproximadamente unhas 30 prazas de aparcamento nesta céntrica rúa carballiñesa. A obra enmarcase dentro do proxecto de mellora da seguridade vial que o Concello Carballiñés incluíu nos proxectos finaciados con cargo o Fondo Estatal de investimento local, e conta neste caso cun orzamento de 221.000 euros, nun proxecto no que tamén se levará a cabo esta mesma actuación nas rúas Calvo Sotelo e Centro Partido do Carballiño en Buenos Aires. Polo que respecta á rua Cerca, a obra consiste na reposición das infraestucturas soterradas e a construcción de beirarúas, o que conleva a desaparición de máis prazas de aparcamento públicas nas rúas carballiñesas. Ademáis, e según anunciou recentemente o concelleiro de tráfico José Antonio Barge, esta rúa experimentará algunhos cámbeos no sentido da circulación, que terá saída tanto á rúa Curros Enríquez coma á rúa dos Canteiros.
A denuncia foi presentada ante a garda civil do Carballiño, onde compareceu L.F.R., de 74 anos de idade, facendo constar que persoa ou persoas descoñecidas accederon ó interior do seu domicilio no Carballiño, tras forzar a porta da vivenda, levandose cinco mil euros que gardaba en efectivo e unha medalla de ouro. Na nota informativa da Garda Civil non se ofrecen máis detalles. O certo é que se trata dun novo caso dentro dunha série de roubos que durante os útlimos meses se veñen producindo en pisos e vivendas do casco urbano do Carballiño, ós que os ladrós acceden aproveitando a ausencia dos seus propietarios a diferentes horas do dia, xa que se trata de vivendas habitadas.
O Alcalde de Leiro, Francisco José Fernandez, anunciou hoxe que o Concello de Leiro presentou un recurso de casación, unha vez confirmado o auto do Tribunal de Xustiza de Galicia que desentimou o anterior recurso de súplica, en relación o proceso de expropiación dos terreos nos que se construiu o acceso de entrada o novo balneario de Berán, un proceso que fora recurrido polos propietarios, e os que a xustiza deu a razón, ó declarar que a expropiación non se axustaba a dereito. Despois, o Concello de Leiro solicitara a inexecucón da sentencia, e finalmente con data do pasado 23 de abril a sala do contencioso-administrativo do alto tribunal galego desestimara o recurso de súplica. Agora, o Concello de Leiro prolonga o proceso xudicial coa única posiblidade que lle resta: o recurso de casación. Ademaís, o Alcalde de Leiro avanzou que xa se están estudiando outras soluicións a este conflicto, e que pasarían por acometer unha pequena variante do trazado deste vial. Tamén insistiu o rexidor municipal de Leiro en que este problema entre un particular e o Concello de ningunha maneira debería interferír na apertura do novo balneario, polo que agarda que en breve se aproben as bases de concesión das novas instalacións balnearias tan pronto sexan informadas polos servizos xurídicos da Deputación, e chegado ese momento espera que " o vocal socialista na Entidade Local deixe de boicotear este proceso"
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións do Alcalde de Leiro
Nin a crise económica nin a "gripe a" parece que vaian ter influencias negativas no fluxo de emigrantes residentes nos países americanos, maiormente Mexico, que se van desplazar este ano para disfrutar das vacacións de verán nos seus concellos de orixe. Todo o contrario, os primeiros datos e as previsións coñecidas apuntan a que o número de emigrantes que viaxen vaise incrementar neste 2009 en relación ós últmos anos, unha circustancia que se notará especialemnte en concellos coma os de Boborás, Beariz ou Avión, de feito a este último concello xa chegaron numerosas persoas no transcurso das útlima semana nun número superior o de outros anos. O Alcalde de Avión, Antonio Montero, confirmou nunha entrevista con Xan Pinal no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" estas optimistas previsións e explicou que se debe en gran parte "o abaratamento das viaxes de avión, con atractivas ofertas que animaron a moitos a facer o desplazamento". Montero dixo que no transcurso das vindeiras semanas, atá completar o mes de xuño, seguirán chegando centos de emigrantes que na maior parte dos casos prolongarán a súa estadia atá mediados do mes de agosto, de tal maneira que "seguramente imos doblar a poboación residente no Concello de Avión xa que rondaremos a cifra das cinco mil persoas". Axencias de viaxes consultadas por Cope O Carballiño tamén confirmaron estas boas prediccións, xa que o número de viaxes e aluguer de vehículos e superior ó dos últimos anos. De feito, no Carballiño xa se nota desde fai algunhos dias.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións alcalde do Carballiño
O vindeiro venres dia 5 convocaráse, primeiro a comisión de obras, e posteriormente a comisión de goberno do Concello do Carballiño, para proceder a aprobación incial do proxecto de acondicionamento do entorno da Veracruz. O Alcalde, Carlos Montes, adiantou que serán estimadas a maioria das alegacións presentadas durante o periodo de exposición pública, e que foron varias, e algunhas coindidentes, solicitando a creación dunha zona de xogos infantiís ou unha área de aparcadoiro para autocares, presentadas pola asociación veciñal Camiño e o Partido Popular. Tamen serán estimadas a totalidade das alegacións presentadas polo Párroco e o Bispado, entre elas que se manteña a rampa de acceso á entrada principal do Templo, a comunicación coa rectoral ou que se permita o acceso de vehículos pola parte dereita da Igrexa, tal como acontece na actualidade. Pola contra, será rexeitada a solicitude do Partido Popular en relación o ancho do vial de nova apertura que comunicará a praza de San Ramón con Evaristo Vaamonde, que será de 11 metros tal como se recolleu no proxecto promovido polo Concello e non de 16 metros, tal como fixaba o PXOM e demandaba o Partido Popular. Montes entende que un ancho de 16 metros sería excesivo e non respetaria a filosofia do proxecto, asegurando ademáis que non haberá ningún tipo de problema sobre a legalidade do novo vial, tal como plantexan os populares. Tamén deberá este vindeiro venres decidirse sobre a petición de conectar este novo vial coa rúa Adolfo Otero. Dase a circustancia que nas alegacións presentadas polo Partido Popular esta petición referíase a rúa Florentino Cuevillas, ó aparecer invertidos os nomes de ambas rúas no PXOM, un erro que fixo constar esta mañá o portavoz do PP Argimiro Marnotes a través dun escrito presentado no rexistro municipal.
Grupo Municipal do PP
Agora, por medio dunha alegación presentada ó proxecto de acondicionamento do entorno da Veracruz, o partido popular volve insistir no ancho do futuro vial que comunicará a praza de San Ramón e a rúa Evaristo Vaamonde, solicitando que o mesmo sexa de 16 metros en lugar dos 11 que contempla o proxecto promovido polo Concello do Carballiño. Precisamente, este martes 2 de xuño remataba o periodo de exposición pública e de presentación de alegacións. O partido popular ven defendendo desde que comezou a xestarse este proxecto que o ancho do futuro vial debería ser de 16 metros, para adaptarse a legalidade urbanística, xa que do contrario entende o partido popular que sería necesaria unha modificación puntual do PXOM, que podería levar varios meses de tramitación e por conseguinte retrasar a execución da obra. Ademáis, noutra alegacion, o Partido Popular solicita que o novo vial tamén teña conexión coa rúa Florentino Cuevillas.
As outras tres alegacións promovidas polos populares son as relativas a previsión dunha zona de estacionamento para autocares, a creación dunha zona de xogos infantís, e que se manteña a rampa actúal de acceso á entrada principal do Templo desde Evaristo Vaamonde, e que se suprime no proxecto que pretende levarse a cabo. Éstas, e o resto das alegacións presentadas en tempo e forma deberán ser agora resoltas polo Concello do Carballiño, antes de proceder a aprobación definitiva do proxecto, que será despois remitido á Consellería de medio ambiente, territorio e infraestucturas para proceder a licitaciòn da obra.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 769
- 770
- 771
- 772
- 773
- 774
- 775
- 776
- 777
- …
- seguinte ›
- última »