Un numeroso grupo de veciños residentes na rúa Mosquera acudiron esta mañá á casa do Concello do Carballiño en demanda de información dunha obra da rede de gas ciudad, que se está executando desde fai varios dias nesta zona, e que provocou intranquilidade entre a veciñanza, ó descoñecer o proxecto que se está levando a cabo, e ante a sospeita que pudera tratarse da instalación dalgún deposito de gas. O concelleiro de Obras e Servizos, Edelmiro Mateo, e técnicos da propia empresa instaladora, explicaron os veciños, no transcurso dunha reunión,que se trata dun "armario de control" no que se instalarán válvulas reguladoras de presión, que non supoñen ningún perigo "máis que o que pode supoñer unha bombona de butano nunha vivenda" e que en ningún caso "se trata da instalación dun depósito de almacenaxe de gas". As explicacións non convenceron ós veciños que foron moi críticos coa falla de información por parte do Concello do Carballiño sobre este proxecto, do que non tiveron coñecemento atá que principiaron as obras. Entenden que o lugar elixido non é o máis apropiado, e ademáis pode afectar a cimentación de edificios que están apenas a un metro de distancia do lugar no que se está procedendo a instalar esta infraestructura. Mentres, desde o Concello asegurase que o lugar é o maís idóneo e a obra conta con todas as medidas de seguridade e legais esixidas. Veciños e responsables municipais quedaron emplazados para unha nova reunión a celebrar proximamente.
A Comunidade Cisterciense de Santa María A Real de Oseira conta desde hoxe con novo Abade, tras a xornada electoral que tiña lugar este dia 18 de maio de 2009. Trátase do monxe Juan Javier Martín Hernández, que viña exercedo durante os últimos anos como Superior, é desde hoxe moi probablemente, con 39 anos, ún dos Abades de idade maís nova de toda a historia da Abadia de Oseira. A elección foi xa confirmada polo Abade Xeral. Neste acto electoral actuou como presidente Enríque Trigueros, Abade de San Isidro de Dueñas, e como notario Pablo Gordillo, Abade de Santa María de Oliva (Navarra). Así pois, tras unhos anos de transición, a comunidade cisterciense de Oseira tén como novo Abade a Juan-Javier Martín Hernández, que exercerá este cargo por un periodo de seis anos.
O portavoz do bng no concello carballiñés, Manuel Amil, pronosticou hoxe que o Alcalde do Carballiño non presentará a anunciada cuestión de confianza atá dentro de dous anos, cando se celebren as eleccións muncipais do 2011, e "teño a impresión que daquéla xa non será él o candidato do Psoe". Amil tamén se referíu a posiblidade de que o bng chege a plantexar unha moción de censura no que resta de mandato municipal, manifestado que non pode descartarse ningunha hipótese, e máis tendo en conta que en épocas de crise coma a que vivimos necesítanse gobernos estables e fortes para poder superar situacións económicas tan adversas como a que estamos atravesando. Pero non deixa de ser unha conxectura máis que, eso sí, non pode desbotarse. (DECLARACIÓNS EN AUDIO).
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Entrevista Manuel Amil portavoz do BNG no Carballiño
Por segundo ano consecutivo COPE O CARBALLIÑO e coincidindo coa celebración do día das letras galegas, comezou a emisión a través da súa emisora de radio -91.9 FM - dunha campaña de fomento do galego na que unha representación dos alumnos e alunmas dos centros de ensinanza da Comarca do Carballiño son os protagonistas coas súas mensaxes, nas que reflexionan sobre a súa experiencia persoal arredor da lingua galega. A iniciativa partíu o ano pasado do equipo de normalización lingüística do Colexio Público de Maside, á que se sumaron nesta segunda edición outros centros educativos do ámbito local, como os dous institutos de ensinanza secundaria do Carballiño ou o colexio Vila do Arenteiro.
As mensaxes promocionais emítense polo sistema de rotación na programación local - de 12,30 da mañá ás 3 da tarde-
e nas desconexións locais, dentro da programación en cadea, repartidas no resto do día. A súa emisión prolongaráse atá finais deste mes de maio no que andamos. Os profesores de galego dos centros respectivos, que colaboraron nesta inciativa, veñen constatando nos últimos anos un paulatino e cada vez máis preocupante descenso do número de galego falantes entre o alunmado, incluso entre os procedentes de zonas rurais, ónde o galego mellor resitía atá o de agora. A Comarca do Carballiño tampouco é unha excepción en relación a esta problemática, e os datos son certamente reveladores. Na última década avanzou o monolingüismo castelán, que pasou do 27 ó 39 por cento, mentres que retrocedeu moi siñificativamente o das persoas que se expresan só en galego, que baixou do 55% por cento ó 40 por cento, incluso na zona rural. E eso que o paulatino avellantamento da poboación comarcal fai que as estadísticas non sexan aínda máis negativas para o galego. As voces desta campaña son as de Lara, Alba, Rocio, Igor, Brais e Alexandre, do ies nº 1 do Carballiño. Lucía, Israel, Iria, Alex, Uxía, Cielo, Mailén, Román, Adrián e Hugo, do Colexio Vila do Arenteiro. E Miriam, Saúl, Borja, Tania, Alber, Alex, Raquel, Almudena, Xurxo, José Manuel, Carlos, Andrea, Nacho e Nuria, do colexio púlblico de Maside.
"Sine die", a locución latina é a que mellor expresa a nova postura que facía pública o Alcalde do Carballiño en relación coa anunciada cuestión de confianza que ía presentar ante o pleno da corporación muncipal, despois de que ésta rexeitase por maioria os orzamentos para o ano 2009. Durante as últimas semanas de forma reiterada, e xa menos durante o desenvolvemento da sesión plenaria, Montes desafiara ós grupos da oposición coa presentación dunha cuestión de confianza no caso de que os presupostos fosen rexeitados. Agora, este repentino xiro na súa postura, deixando en suspenso e sen data a presentación da cuestión de confianza, volve dar unha "vuelta de tuerca" que o propio Alcalde trataba de xustificar "porque nos próximos dias hai asuntos que teñen que ver con actuacións do Estado moi impotantes para o Carballiño". A xustificación non convence os grupos da oposición, que ven na actitude do Rexidor Municipal outras razóns ocultas e que terían que ver directamente co seu seu propio grupo político no Concello Carballiñés. Según estas sospeitas que se apuntan en círculos políticos próximos tanto a PP como a Bng, Montes tería dado marcha atrás no seu órdago de presentar a cuestión de confianza porque dentro do propio grupo socialista algún dos seus integrantes estaría postulandose para sustituír a Montes. Por eso, o alcalde, que ademáis está a ver como desta vez parece que os grupos da oposición van en serio e poderían incluso buscar un candidato alternativo á Alcaldia do Carballiño, tería recuado na súa idea de someterse a unha custión de confianza, que podería apartalo da Alcaldia. Ante ese risco, Montes parece que prefire aquelo de "Virgencita, Virgencita déjame como estoy".
Nunha entrevista na edición fin de semana do programa "A mañá de Cope O Carballiño" o nº 1 do Bgn no Concello do Carballiño, Manuel Amil, referíuse precisamente a esa circustancia " o feito de que poidan moverlle a silla no seu grupo fixo que recuara na súa postura, e é que ademáis tampouco descartarmos no bloque que con outro posible candidato socialista á alcadia poideramos chegar a enterdernos ". Amil criticou duramente a "prepotencia dun alcalde en minoria o que lle vimos tendendo a man desde o pasado mes de novembro" sen obter ningún xesto e "chegando á decir fai unhas semanas que se non lle aprobaban os orzamentos presentaría unha cuestión de confianza, pero sen abrir ningún tipo de negociación e poñendo a venda antes da ferida". Xa finalmente, o portavoz nacionalista saíu ó paso dalgunhos rumores que apuntaban á súa retiradada da actividade política no Concello do Carballiño, afirmando que "para ben e para mal o bng é unha formación política na que o conxunto da militancia ten voz e voto na toma das decisións, e teño moi claro que seguirei en política moitos anos". Amil respondia as a esos rumores tras permanecer en segundo plano nos útlimos dias, e cedendo protagonismo o resto do grupo municpal no debate dos orzamentos.
Se o Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, cumple a súa palabra, someteráse a unha cuestión de confianza ante o Pleno da Corporación Municipal. Se a supera, os orzamentos quedarán automáticamente aprobados, en caso contrario cesará como Alcalde e a Corporación terá un mes de prazo para presentar un novo candidato á Alcaldia do Carballiño e procederáse a convocatoria do Pleno para a votación que elixirá o novo Alcalde. Se transcurrido este periodo a maioria da Corporación non presenta Candidato, Montes recuperaría entón a Alcaldia e tamén neste caso, os orzamentos daríanse por aprobados. Previo ó debate e votación sobre os orzamentos, os dous grupos da oposición xa rexeitaran a Relación de postos de traballo -RPT- maila os esforzos do concelleiro de persoal José Antonio Barge por mostrarse dialogante, aínda que ben é certo que Carlos Montes matizaba neste punto que estaría aberto a unha mesa de negociación coa condición de que fose para tratar asuntos colectivos do persoal e nunca casos individuais, argumentos que non convenceron a ningún dos dous grupos da oposición.
Xa en canto o debate orzamentario, o Alcalde Carlos Montes, na súa primeira exposición xustificou a rebaixa de maís dun millón de euros neste proxecto de presupostos en relación os do ano pasado, debido ó descenso no imposto de construccións , intalacións e obras -icio- e na reducción nas transferencias do Estado. No apartado de gastos, Montes defendeu o aumento no capítulo de persoal en base o incremento do dous por cento por imperativo legal, ainda que en realidade o gasto en persoal sube varios puntos máis. Tamén deixou sen resposta a pregunta da oposición sobre o aumento da súa nómina de Alcalde, cando había un acordo plenario para conxelar os soldos e dietas dos cargos políticos no Concello Carballiñés. Aúrea Francisco, portavoz do Bng, preguntouse como é posible que se aumente o gasto de persoal en nove puntos porcentuais nestes orzamentos en relación os do ano pasado.
O portavoz do PP, Argimiro Marnotes, manifestou a pouca fialbilidade que lle merece o Alcalde e este grupo de goberno, anunciando o seu voto negativo e criticando o feito de que non se contase co seu grupo para unha posible negocaciación, agora que o PP obstenta o goberno da Xunta de Galicia. Pola sua banda, Aúrea Francisco calificou éstes como "os orzamentos de Macondo" porque "as obras proxectadas no capítulo de investimentos repetíanse ano tras ano sen ser executadas e poñendo énfase no posible recoñecemento extraxudicial das debédas do Concello.
Finalmente, o bng votou en contra, ainda que manifestando que "estamos dispostos a seguir dialogando pero non a ser cómplices de políticas erráticas, sempre e cando falemos en pé de igualdade e poñamos enriba da mesa os intereses do Carballiño". Abrese pois, unha etapa de incertidume na vida municipal carballiñesa. A pelota está no tellado de Carlos Montes, ou se pón a negociar en serio co Bng ou presenta a cuestión de confianza que anunciou. Tamén cabe a posiblilidade de que o órdago lanzado por Montes se quede nunhos orzamentos prorrogados indefinidamente.
A cita prevista e anunciada para esta tarde de mércores non chegou a celebrarse. Finalmente, suspendeuse o encontro que estaba programado repetir entre o grupo de goberno, representado polo Alcalde Carlos Montes, e o bloque, que designara a Aúrea Francisco e Bernardo García como representantes para esta negociación de última hora. Os nacionalistas pediron tempo morto e aplazaron calquera decisión para esta xornada de xoves, non descartandose unha reunión no transcurso da mañá, antes do inicio do pleno, convocado para as doce e media do mediodia. Nunhas declaraciós a Cope O Carballiño, Aúrea Francisco manifestou que o bloque acudira "in extremis" a esta chamada do Alcalde coa "mellor vontade posible e con espíritu constructivo" e " en todo caso buscando o mellor para o Carballiño". A decisión a partir das doce e media da mañá. Ademáis dos orzamentos para o 2009, a Coroporación Municipal tamén deberá votar a RPT, a relación dos postos de traballo, ainda que a súa aprobación vai unida a dos orzamentos
O alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, entrevistouse co Delegado Territorial da Xunta na provincia de Ourense, Rogelio Martínez, ó que recordou diversas actuacións e proxectos, algunhos xa comprometidos polo anterior goberno bipartito, para sacalos adiante na nova lexislatura da Xunta de Galicia, agora cun goberno do Partido Popular. Asi, Caamaño puxo en antecedentes o representante da Xunta dun convenio pendiente de execución e xa asignado polo Concello de Boborás coa anterior consellería de medio-ambiente para a adquisición dun tráctor desbrozadora, unha operación avaliada en noventa mil euros, dos que 60 mil terían que corresponder a aportación da administracción autonómica e os trinta mil restantes o propio concello. Outra das prioridades nas que insistíu Caamaño foi no proxecto de adecuación do pavillón polideportivo, que presenta graves carencias que dificultan a práctica deportiva. A intención é a reforma integral das instalacións ou , incluso, acometer unha obra de nova construcción.
A implantación de novas tecnoloxias no territorio municipal foi outra das peticións nas que incidìu o Alcalde de Boborás nesta entrrevista co Delegado Territorial da Xunta. Máis concretamente, esperase completar a cobertura da banda ancha de acceso a internet en todas as parroquias que ainda non dispoñen deste servizo, xa implantado nalgunhas localidades do Concello de Boborás a través do sistema wimax. Finalmente Cipriano Caamaño solicitou a intermediación da Xunta, por medio da Dirección Xeral de Turismo, para a apertura da antiga rectoral de Pazos de Arenteiro, rehabilitada para o turismo rural con fondos públicos e adxudicada a súa explotación a unha empresa privada mediante concesión administrativa, sen que atá o de agora se inciase a actividade hosteleira.
Todo parece indicar que haberá que agardar á celebración do Pleno da Corporación Municipal, para este xoves dia 14 ás doce e media da mañá, para saber con que posibliidades conta o Psoe á hora de someter a votación os orzamentos do Concello do Carballiño para este ano 2009. Tras unha nova reunión, celebrada a última hora da tarde entre socialistas e nacionalistas non se produciron grandes avances na negociación, que presentan os seus maiores puntos de fricción na política de persoal e a Relación de Postos de traballo, a RPT que vai unida a aprobación dos orzamentos. Outra das desavenencias entre Psoe e Bng que dificulta o acordo é o compromiso de pago ós acreedores e un plan de saneamento das contas municipais, tal como demanda o bng.
O Alcalde Carlos Montes, polo psoe, e os concelleiros Bernardo García e Aurea Francisco, polo bloque nacionalista galego, volverán reunirse novamente este mércores dia 13 pola tarde. Será, con toda seguridade o último intento para chegar a un posible, e de momento dificil acordo, antes da celebración da sesión plenaria do xoves. O voto afirmativo ou a abstención dos nacionalistas facilitaría a aprobación dos orzamentos, do contrario serían rexeitados pola maioria do pleno, toda vez que co partido popular nin xiquera se intentou algún posible achegamento por parte dos socialistas.
O Partido Popular volveu posicionarse en contra de novos acordos intermunicipais por parte do Concello de Maside, para xestionar distintos servizos que antes se levaban a cabo a través da Mancomunidade de Concellos do Carballiño, na que causou baixa o Concello Masidao. Co voto en contra dos populares, o pleno -onde o psoe tén maioria- aprobou os convenios de cooperación entre os Concellos de Maside e Punxín, para xestionar a recollida do lixo e os servizos sociais. Sí houbo unanimidade para a desafectación dun sendeiro público para unha operación de permuta cun veciño, na capitalidade muncipal. E tamén se aprobou, coa abstención do pp, dar o nome de Alfonso Róo Gil a unha praza, no centro da localidade de Dacón, da que era veciño atá o seu falecemento o ano pasado despois de sufrir un accidente laboral, recoñecendose asi a traxectoria publica de quen durante 16 anos foi concelleiro da Corporación de Maside e ún dos promotores de actividades como o antroido ou o belén viviente de Dacón, organizadas desde a asociación de veciños daconense. O Partido popular abstivose nesta proposta, xa que según explicou o seu portavoz, Casimiro Campo, no mes de outubro do ano pasado xa presentara a súa propia proposta, que consistía na adquisición da carballeira da Garrida e darlle a esta paraxe o nome de Alfonso Róo Gil.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 772
- 773
- 774
- 775
- 776
- 777
- 778
- 779
- 780
- …
- seguinte ›
- última »